Moción de vivenda PAH

Page 1

MOCIÓN DOS GRUPOS MUNICIPAIS DE BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, GRUPO SOCIALISTA

E

ESQUERDA

UNIDA,

PARA

A

SANCIÓN

DOS

INMOBLES

PERMANENTEMENTE DESOCUPADOS, PROPIEDADE DE ENTIDADES FINANCEIRAS E OUTRAS GRANDES EMPRESAS

INTRODUCCIÓN A actual crise impactou de forma dramática na vida de miles de persoas, que por mor das dificultades económicas sobrevidas non poden cubrir as súas necesidades máis básicas. Esta situación levou a miles de familias á imposibilidade de facer fronte ás cotas hipotecarias ou de aluguer da súa casa. A súa tradución social foi a de miles de desafiuzamentos en todo o Estado Español e centenares de miles de persoas que viron vulnerado o seu dereito a unha vivenda digna, enfrontándose a situacións de grave vulnerabilidade, precariedade extrema, pobreza, e exclusión social, económica e residencial. Segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial, desde 2007 até setembro de 2013, no Estado Español, xa se chegou a 500.000 execucións hipotecarias. Segundo o informe presentado polo Colexio de Rexistradores da Propiedade, só durante o ano 2012, a banca quedouse con máis de 30.034 primeiras residencias por falta de pagamento de créditos hipotecarios. Isto supón 115 desafiuzamentos de vivenda habitual por día hábil. Atopámonos ante unha situación de emerxencia habitacional que constitúe unha auténtica anomalía no contexto europeo. Como denuncia o informe Emerxencia Habitacional no estado español, elaborado polo Observatorio DESC, esta situación vese agravada polo feito de que o Estado Español é o país de Europa con máis vivendas baleiras, un 13,7% do parque existente (3 millóns e medio de pisos, segundo o último censo estatal de vivenda do 2011), e cun parque de vivenda social claramente insuficiente (menos dun 2% das vivendas existentes). As administracións locais, infradotadas de recursos, son as que reciben en primeira instancia o impacto social desta situación, en tanto que a máis próxima á cidadanía. O contexto descrito e a situación de emerxencia en que se atopa gran parte da poboación está a traducirse, tamén, nun significativo aumento das ocupacións de vivendas nos municipios. Unha forma de acceso á vivenda que aumenta o grao de vulnerabilidade social de quen ven abocados a recorrer.

1


A falta de recursos das administracións locais para facer fronte á problemática, contrasta cos miles de pisos en desuso que acumulan as entidades financeiras e as súas inmobiliarias, actores principais e parte responsable na burbulla inmobiliaria. Estes inmobles, a miúdo obtidos como consecuencia de execucións hipotecarias, mantéñense baleiros, xa sexa á espera de que o prezo do mercado volva subir, ou ben porque se atopan á venda ou aluguer a prezos inaccesibles para a maioría da poboación. O resultado son miles de vivendas destinadas exclusivamente a unha función especulativa, eludindo a función social que segundo o artigo 33 da constitución Española (CE) ten que cumprir o dereito á propiedade. Ante a enorme cantidade de poboación con necesidades habitacionais e a falta de recursos públicos para facerlle fronte, resulta urxente mobilizar a vivenda baleira en mans das entidades financeiras. Fomentar e garantir a función social da vivenda, desincentivar a utilización anómala e penalizar, se é necesario, o uso antisocial convértese nun dos poucos mecanismos efectivos ao alcance da administración para dar resposta á vulneración do dereito. Por todo isto solicitamos do Pleno do Concello de Ferrol a aprobación das seguintes PROPOSTA DE RESOLUCIÓNS: •

Primeiro.- Manifestar o compromiso de pór en marcha medidas municipais en base á legalidade e competencias existentes e aos efectos que sinala esta moción, co obxectivo de garantir o dereito á vivenda da poboación e facer fronte á emerxencia habitacional.

Segundo.- Elaborar e aprobar un Plan Municipal de Vivenda actualizado, que contemple e regule debidamente as medidas de fomento para evitar a desocupación permanente e inxustificada de vivendas.

Terceiro.- Elaborar e aprobar Programas de inspección co fin de detectar, comprobar e rexistrar os inmobles que se atopan en situación de permanente desocupación, empezando polos que son de entidades financeiras e outras grandes empresas. Esta tarefa pódese facer a través do cruzamento de datos en disposición da administración e a outorgación de audiencia ao interesado/a, ou ben realizando unha inspección física desde a administración.

Cuarto.- Instruír procedementos administrativos contraditorios onde se determine, coñézanse ou comproben os feitos, unha vez detectada a desocupación. Estes procedementos terán que finalizar cunha resolución que declare se se está producindo unha situación de desocupación permanente constitutiva dunha utilización anómala da vivenda. En caso afirmativo, terase que requirir ao propietario/a o cesamento na súa actuación nun prazo concreto, informando as actividades de fomento que está a levar a cabo a administración para facilitarlle a finalización desta situación. 2


Quinto.- Instar á Xunta de Galicia e ao goberno do estado, a enviar urxentemente ao Parlamento e ao Congreso, respectivamente, as iniciativas lexislativas necesarias para darlle cobertura legal ao procedemento que permita, dentro do marco das súas competencias, emprender accións neste ámbito coa seguinte finalidade: ◦ Impor até 3 multas coercitivas que poden chegar aos 100.000 euros, previa advertencia, de se transcorrido o prazo fixado non se produciu a ocupación do inmoble. ◦ Iniciar un procedemento sancionador por infracción moi grave en caso que se manteña a desocupación da vivenda unha vez esgotado o prazo outorgado para corrixir a situación.

Sexto.- Dar conta da presente moción ás asociacións veciñais de Galicia, á FEGAMP, á Xunta e ao Parlamento de Galicia, así como ao goberno do estado e ao Congreso dos Deputados.

En Ferrol, a 22 de febreiro de dous mil catorce

Asdo.: Javier Galán

Asdo.: Natividad González

Voceiro do Grupo Municipal EU

Voceira do Grupo Municipal Socialista

Asdo:: Iván Rivas Voceiro do Grupo Municipal BNG

ILMO. SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL 3


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.