Moción recurso da reforma local

Page 1

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Tel. 981-944034 Fax 981-945198 psoe@ferrol.es

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Ferrol, a través da súa voceira, Natividad González Laso, de conformidade co disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN para que o Concello de Ferrol, inicie diante do Tribunal Constitucional, a tramitación da formalización de conflito en defensa da autonomía local, contra os artigos 1º, 2º e demais disposicións afectadas da lei 27/2013 de racionalización e sostenibilidade da Administración Local, en adiante LRSAL, en base ós motivos e consideracións expresadas na seguinte: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A Constitución ten posibilitado aos entes locais disfrutar do maior marxe de autogoberno da súa su historia , definindo un modelo de administración local baseada nas institucións, democraticamente elixidas, representativas de núcleos territoriais de poboación, dotadas de autonomía e con de capacidade para decidir e xestionar. Por elo o concepto clave que preside a arquitectura constitucional do réxime local é o da autonomía local, que ten a virtualidade principal de proporcionar protección constitucional fronte ás decisións do lexislador, tanto estatal como autonómico, que non pode descoñecer o contido xenuíno do réxime local. Con este marco xurídico político, en España construímos, dende o diálogo e o consenso, un sistema local que posibilitou a transformación, o desenvolvemento e a prosperidade dos pobos e cidades, e por tanto da cidadanía que os habita. Así, a democracia, no ámbito local, converteu aos pobos e cidades, no primeiro espazo de participación cidadá, de xeito que sen os servizos prestados polos municipios non se podería entender o Estado de Benestar. Pero, hoxe os concellos de toda España, vense na obriga de sumar as súas forzas para pedirlle ao Tribunal Constitucional que paralice e anule a Lei 27/2013 LRSAL, de reforma da Administración Local, que o Goberno do PP aprobou a golpe de maioría absoluta, plantexando un conflito en defensa da autonomía local, garantida pola Constitución e lesionada por esta Lei. Un procedemento complexo, de autodefensa da autonomía local, que esixe a suma de vontades políticas e un esforzo sen precedentes, impulsado por o PSOE e outras forzas políticas , como son CiU, IU-ICV, ERC, CC, Chunta Aragonesista, Compromís, Nueva Canarias e UPyD. 1


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Tel. 981-944034 Fax 981-945198 psoe@ferrol.es

Pois, o Goberno do PP, promoveu a reforma da administración Local en solitario, rachando coa traxectoria histórica de consenso existente ata dea agora. Partindo da convicción política errónea de que, as entidades locais, supoñen un alto custe para o Estado, unhas veces porque realizan tarefas que non lles corresponden, e outras porque son ineficientes, no gasto das súas actividades. Así, co pretexto da crise económica e da Lei de estabilidade presupostaria, deciden modificar a lexislación de réxime local, de xeito innecesario, pois dita lei xa contén suficientes medidas preventivas, correctivas e mesmo coercitivas, para lograr os seus obxectivos. Pero o certo, é que, a explicación desta reforma, só se atopa na vontade de impoñer un modelo de administración local con competencias cada vez máis limitadas, que presten uns servizos obrigatorios, tamén cada vez máis reducidos, sen autonomía política. Tutelados mediante técnicas de control dubidosamente constitucionais, por outros niveles administrativos e sen a previsión de ningún financiamento adicional, que segue sendo o gran problema das entidades locais. E o que é aínda peor, coa desculpa de evitar duplicidades, se camiña cara a privatización da xestión dos servizos públicos locais. Así esta Lei articula una serie de medidas, moitas delas, consideradas inconstitucionais: 1. Redución das competencias propias (art. 25 da Lei Básica de Réxime Local), focalizando dita redución, na non atribución de capacidade para prestar servizos sociais, ao que hai que engadir a redución dos servizos municipais de prestación obrigatoria. 2. Xeneralización da técnica de competencias delegadas, que choca coa Carta Europea de Autonomía Local, que a contempla con carácter excepcional. 3. Limitación da prestación de actividades complementarias, as “competencias impropias”, supeditadas sempre a criterios económicos.

chamadas

4. Consideración da iniciativa económica local con carácter subsidiario, en favor sempre da iniciativa privada. Outro claro xiro ideolóxico do proxecto.

2


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Tel. 981-944034 Fax 981-945198 psoe@ferrol.es

5. Atribución forzosa ás Deputacións da prestación de servizos obrigatorios nos municipios de menos de vinte mil habitantes (preto do 95 % dos concellos de España), e que só poden eludir os concellos se acreditan que a xestión municipal ten un custe efectivo menor. Isto é, atribución da xestión a unha institución que non é elixida directamente pola cidadanía, rompendo así, o principio democrático. 6. Imposición dun novo Plan económico-financiero, outro mais, aos concellos que incumpran o obxectivo de estabilidade presupostaria, débeda pública ou regra de gasto; plan que necesariamente debe incluír medidas tales como a supresión de competencias, traslado de servizos obrigatorios para a súa xestión integrada, supresión de entidades locais menores e mesmo unha proposta de fusión. Medidas, en fin, de carácter estrutural e permanente,para tentar solucionar unha situación coxuntural. Estas e outras medidas e preceptos sobre os que pivota a Lei, vulneran a autonomía local garantida constitucionalmente, e mesmo os principios que informan a Carta Europea de Autonomía Local. Así ocorre coa regulación da fusión de municipios, o reforzamento de controles preventivos e xenéricos sobre toda a actividade municipal, a potenciación da función interventora e fiscalizadora en detrimento das facultades dos órganos locais democraticamente elixidos. Mención destacada merece o tratamento que reciben as entidades locais menores, ás que se priva da súa condición de entes locais e de personalidade xurídica, desprezando o seu arraigo e función de cohesión do mundo rural, outro caso máis de intromisión no ámbito das comunidades autónomas. Pois, efectivamente, invaden a esfera das Comunidades Autónomas, sen respectar o sistema de atribución competencial que establece a Constitución e os Estatutos de Autonomía, e que ata agora respectaban a Lei de Bases de Réxime Local. Sacrifican a calidade democrática das institucións locais, en aras dunha pretendida eficiencia. E o que é , máis grave, é un ataque frontal á igualdade do territorio e da cidadanía que os habita, e por tanto unha grande barreira para a cohesión social. Lamentablemente, o 19 de decembro de 2013 o Congreso cos únicos votos do PP, aprobou definitivamente a mal chamada Ley de Racionalización e Sostenibilidade de Administración Local, que entrou en vigor o 31 de decembro de 2013. 3


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Tel. 981-944034 Fax 981-945198 psoe@ferrol.es

Establecendo mecanismos de tutela, condicionantes e controis de oportunidade sobre as Administracións locais, por parte de outras administracións (provincial, autonómica e estatal) que sitúan aos concellos nunha posición de subordinación o dependencia xerárquica, como si de menores de idade se tratase. Por todo elo, o Grupo Municipal Socialista presenta esta MOCION diante do Pleno da Corporación de Ferrol, para que se tomen os seguintes acordos de Resolución: PRIMEIRO.- Iniciar a tramitación para a formalización do conflito en defensa da autonomía local contra os artigos primeiro e segundo, e demais disposicións afectadas da Lei 27/2013 de Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local, de 27 de decembro de 2013, (BOE nº 312 de 30 de decembre de 2013), de acordo ao texto que se adxunta, segundo o sinalado nos artigos 75 bis e seguintes da Lei Orgánica 2/1979, de 3 de outubro, do Tribunal Constitucional. SEGUNDO.- A tal efecto, solicitar Ditame do Consello de Estado, conforme ao establecido no artigo 75 ter 3 da Lei Orgánica 2/1979, de 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, por conduto do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, a petición da entidade local de maior poboación (art. 48 Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local), así como outorgar a dita entidade a delegación necesaria. TERCEIRO.- Facultar e encomendar ao Alcalde de Ferrol para a realización de tódolos trámites necesarios para levar a cabo os acordos primeiro e segundo, e expresamente para o outorgamento de escritura de poder tan amplo e bastante como en dereito se requira a favor da Procuradora Dna. Virginia Aragón Segura, col. nº 1040 do Ilustre Colexio de Procuradores de Madrid para que, no nome e representación do Concello de Ferrol, de forma solidaria e indistinta, interpoña conflito en defensa da autonomía local contra a lei 27/2013, de 27 de decembro de 2013 (BOE nº 312 de 30 de decembro de 2013), de Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local, levándoo por tódolos seus trámites e instancias, ata obter sentencia firme e a súa execución. En Ferrol, a 24 de Febreiro de 2014

Asdo.: Natividad González Laso Voceira do Grupo Municipal Socialista ILMO.SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL 4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.