MOCIÓN CONTRA O REPAGO DE FÁRMACOS HOSPITALARIOS

Page 1

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Ferrol, a través da súa voceira, Natividad González Laso; conforme ao disposto no regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación a presente MOCIÓN CONTRA O REPAGO DE FÁRMACOS HOSPITALARIOS, ó obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno Ordinario e debatida en base ás consideracións seguintes: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A Lei 14/1986 de 25 de abril, Xeral de Sanidade foi quen de establecer un Sistema Nacional de Saúde coa premisa de dar cumprimento o dereito de tódolos cidadáns á protección da saude, requerindo dos poderes públicos medidas idóneas para satisfacelo, recollidos nos artígos 43 e 49 da Constitución. Lonxe de seguir afondando na mellora deste piar básico do noso Estado de Benestar, as medidas impostas polo Gobernos do Partido Popular fánnos retroceder dun plumazo case trinta anos. Dende a posta en marcha, no ano 2012, do Real Decreto-ley 16/2012, mal chamado de medidas urxentes para garantir a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saude e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións, moitos teñen sido os pasos dados pola Administración en contra dos dereitos dos doentes, algúns singularmente graves. Neste mesmo senso de recortes de dereitos, o pasado 19 de setembro se publicaba no Boletín Oficial do Estado la Resolución de 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiación de medicamentos incluidos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de aportación do usuario, en desenvolvemento do Real Decreto-ley 28/2012, de 30 de novembro, de medidas de consolidación e garantía do sistema da Seguridade Social. Con esta publicación, sin notificación ou información previa do Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade, o Goberno obviaba publicitalo tratando de evitar a reacción adversa dos profesionais da sanidade e dos pacientes afectados e as súas familias, presentándoo así como un feito consumado.

1


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

A mencionada regulación contempla a modificación das condicións da financiación de medicamentos de dispensación ambulatoria nos hospitais quedando dende entón sometidos a aportación do usuario, establecendo a consideración de “aportación reducida” que dispón o cálculo da achega da persoa usuaria do 10% do medicamento, cun máximo de 4’20€ por envase, cando se trata na maioría dos casos de persoas que teñen prescritos múltiples medicamentos para tratar a súa doenza (polimedicamentados). A citada normativa non pode escudarse na aplicación dun suposto criterio disuasorio nin de racionalización do uso, por canto non poden establecerse novas pautas de conduta na utilización de medicamentos de dispensación ambulatoria en hospitais, que son necesarios e en moitos casos vitais para estos enfermos. A devandita medida, ademáis de atentar contra dos criterios de xustiza e equidade, tería unha escasa repercusión en termo de aforro de gasto público e engadiría unha gran complexidade na xestión das achegas correspondentes, provocando de seguro un empeoramento na saúde e na calidade de vida das persoas e xerando unha enorme inxustiza social e desigualdade entre os cidadáns. Nembargantes, a inxusticia destas medidas se agrava como consecuencia de ser doentes crónicos quenes teñen que pagar este tipo de medicación, lo que sen dúbida, únese á xa difícil situación persoal derivada da gravidade das súas doenzas, tratamentos oncolóxicos, VIH, hepatite, fertilidade, artrite reumatoide, entre outros. Diante desta circunstancia moitas teñen sido as asociacións e colectivos de doentes, profesionais sanitarios e consumidores que amosaron a súa protesta á Administración. Do mesmo xeito fixeron algunhas Comunidades Autónomas, como Andalucía, Asturias, Castilla e León, e o País Vasco, que deixaron patente a súa incomprensión ante unha medida tan ineficaz como inxusta. Asimesmo este mesmo mes, no que se conmemorou o Dia Internacional do Cancro de Mama compre poñer de relevo o impacto de xénero que provocan unhas medidas que rachan coa equidade e a igualdade e que veñen a sumarse a outras, como a retirada de máis de 400 fármacos do financiamento público.

2


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Por todo elo, o Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol somete a votación a siguiente PROPOSTA DE RESOLUCIÓN: 1.- Rexeitar o novo repago para os fármacos que se dispensan nos hospitais de manera ambulatoria. 2.- Urxir á Xunta de Galicia que inste ao Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade a derrogar a Resolución de 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiación de medicamentos incluidos na prestación farmacéutica del Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación da aportación da persoa usuaria. 3.- Instar a que a Xunta de Galicia, ao igual que teñen anunciado outros Gobernos Autonómicos, acorde e manifeste publicamente que a citada Resolución no se fará efectiva no territorio da nosa Comunidade Autónoma, e que polo tanto os ciudadáns afectados no terán que realizar ningún tipo de pago polo suministro de fármacos nos hospitais da Comunidade Autónoma.

Ferrol, 28 de outubro de 2013

Asdo: Natividad González Laso Voceiro do Grupo Municipal Socialista

ILMO.SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

3


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.