MOCIÓN SOBRE O REXEITAMENTO DAS POLITICAS DE AXUSTE ESTRUTURAL, E OS DESASTROSOS EFECTOS NO CONXUNTO

Page 1

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Ferrol, a través da súa portavoz, Natividad González Laso, de conformidade co disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a presente MOCIÓN SOBRE O REXEITAMENTO DAS POLITICAS DE AXUSTE ESTRUTURAL, E OS DESASTROSOS EFECTOS NO CONXUNTO DA SOCIEDADE DOS RECORTES E ADELGAZAMENTO DOS SERVIZOS PUBLICOS , ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo, en base ós motivos e consideracións expresadas na seguinte: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS No mes de setembro, coincidindo coa reunión de ministros de economía da Eurozona, a Organización internacional de promoción do desenvolvemento e loita contra a hambruna, Oxfam ( Oxford Committee for Famine Relief ) emitiu o seu informe anual, neste caso, referido ás consecuencias das políticas de axuste estrutural que se están aplicando en Europa. Súmase así, ás voces de alarma que poñen en dubida a eficacia das medidas de redución do gasto público, advertindo de que non se cumpren as previsións de xerar confianza os mercados, de dispoñer de crédito e inversión, nin de crear emprego. O documento advirte que as medidas de austeridade para equilibrar as contas, despois dos 4,5 billóns de euros invertidos no rescate de Europa á banca, están causando máis pobreza e desigualdade, e que, de seguir así, se pode tardar máis de dúas décadas en volver aos índices de pobreza do ano 2008. Amosa como as esixencias de redución do déficit e as políticas económicas restritivas, non impiden o incremento da débeda, e están provocando unha alarmante desigualdade no peso da crise e na riqueza dos países, desprezando as leccións extraidas da experiencia en América Latina, Este Asiático e África subsahariana, onde estas políticas manifestaron a súa ineficacia para saír da crise. Experiencias que demostran a influencia negativa na calidade de vida dos seus pobos, provocando un retroceso de vinte anos en benestar e pobreza, cun custe extenuante que sufragaron centos de millóns de persoas, alleas ao orixe da crise, de xeito que, aínda hoxe os salarios reais non se recuperaron da caída dos anos 80, tal como esta acontecendo na Europa de hoxe. Afortunadamente, tamén esta acreditado que o modelo de sociedade implantado ata agora na UE, conseguiu incorporar un gran número de persoas á súa ampla clase media, grazas á concepción do estado de benestar, baseado na redistribución da riqueza e poñendo á economía ao servizo das persoas. 1


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Así, as dúas ultimas xeracións, puidemos dispoñer de maiores ingresos relativos que os nosos pais e nais, de mellores indicadores de formación e de saúde e de máis oportunidades de traballo digno, que posibilitaron o progreso a concordia e a tolerancia nos nosos países, e mesmo fomos quen de facer a maior contribución da historia á cooperación cos países en vías de desenvolvemento. Desenvolvendo un concepto de progreso inclusivo, acorde cunha sociedade civilizada, avanzada e democrática, impulsando un crecemento para a toda a sociedade coa colaboración colectiva e responsable dos axentes económicos e sociais. Pero agora, Europa está poñendo en risco esa prosperidade acumulada durante xeracións co esforzo de todos e todas, e mesmo fai tambalear o propio proxecto europeo de cohesión e progreso, dentro de cada un dos países e mesmo no seo da UE, metidos como estamos na senda dos recortes e da mal chamada austeridade. De seguir nesta senda política, Europa tardará 25 anos en recuperar os niveis de benestar de 2008, e mentres tanto, milleiros de fogares asfíxianse cada día, pagando o prezo dunha recuperación das que se lles exclúe. Pois se graves son os recortes de gasto público, tan grave é a liberalización dos mercados laborais coa falsa premisa de que o sector privado compensaría os despedimentos do sector público. E tamén o desmantelamento dos sistemas de negociación colectiva que reducen os dereitos da xente traballadora, sen que ditas decisións estiveran acompañadas de medidas de protección social para amparar ás persoas con ingresos inestables. Así, unha vez máis na historia, os custes das políticas de axuste recaen exclusivamente sobre o común das persoas, como esta a acontecer en España, onde se diminúen as oportunidades laborais, descenden os salarios, se reducen ás pensións, se eliminan ás axudas á vivenda, se adelgazan perigosamente os servizos públicos, se poñen barreiras no acceso e á educación, se privatizan os servizos sociais básicos, e se elimina a equidade no acceso á saúde coa implantación dos copagos e a exclusión da xente nova que aínda non iniciou a vida laboral e outros colectivos sen recursos. A maiores se incrementan os prezos dos alimentos, dos combustibles e da enerxía, e mesmo se constata, a enorme presión das organizacións internacionais que presionan aos gobernos de Grecia, Portugal, España e Italia para que vendan ás súas empresas públicas de enerxía, auga e transporte, así como as institucións sanitarias para entrar en nichos de actividade, que ata de agora eran alleas ao lucro.

2


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

O certo é que se esta cambiando, pola vía dos feitos o que era un modelo solidario de sociedade que busca a protección e benestar das persoas, por un modelo individualista, onde impera a lei do mais forte e do máis rico, que ó é, por certo, grazas á deturpación dos dereitos de todos en beneficio deses poucos. Un modelo inxusto e regresivo, no que a xente nova e as mulleres son as mais afectadas polos recortes e de xeito mais desproporcional, véndose de novo relegados e relegadas ao ámbito familiar impedindo a súa autonomía e proxecto vital. Europa no pode permitirse o luxo de continuar por esta senda e enfrontarse a una década perdida, e dende logo España e Galicia tampouco. Pois mentres a porcentaxe de gasto público se reduce, en España, nun 12% , a débeda pública xa equivale ao 92,6% do PIB, crecendo 23 puntos en ano e medio, dende a chegada do Presidente Rajoy. Hoxe estamos diante do inicio de curso escolar máis difícil para as familias españolas, dende fai moitos anos, pois por segundo año consecutivo, o sistema educativo perde moitos dos logros obtidos co esforzo de anos. Así, o orzamento en Educación tense reducido en máis de 5.200 millóns de euros, hai 30.000 profesores menos no ensino público, mentres crece o alumnado e se incrementa o ensino privado. Se eliminan as axudas á compra e rehabilitación de vivenda protexida, non so a futuro, se non tamén con carácter retroactivo, provocando un grave perxuízo e indefensión a unhas 300.000 persoas afectadas. Quítanse 33.000 millóns de euros ás persoas pensionistas, facendo máis pobres ás persoas que xa non poden mellorar o seus ingresos. En materia sanitaria os novo copago de medicamentos hospitalarios ambulatorios que e entrará en vigor o 1 de outubro, de xeito sorpresivo e sen dar conta no Congreso, semella un novo exemplo para impresionar á inspección europea, que teremos estes días de avaliación do rescate á banca española. Así dáselle un pao definitivo ás persoas enfermas crónicas que padecen enfermidades graves como o cancro ou tumores cerebrais, de xeito que a partir de agora os pacientes en vez de preguntar, Dr. É grave?, preguntará Dr. É caro? Desgraciadamente este despropósito de recortes en cuestións vitais para a poboación, non están servindo para mellorar a débeda nin o déficit público,que era a causa dos 3


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

recortes, pois neste mes acabamos de saber que os 7 primeiros meses do ano, xa temos un déficit público acumulado do 5,27%, cando o estipulado para este ano era do 6%. So causan sufrimento ás persoas con mais dificultades e están provocando unha grande brecha na participación da riqueza, pois mentres a poboación máis rica do noso país incrementou os seus ingresos nun punto, os máis pobres acadaron a porcentaxe máis baixa de ingresos da UE, é dicir o 1,6%. É por iso que o Grupo Municipal Socialista , presenta esta MOCIÓN diante do Pleno desta Corporación para que se tomen os seguintes acordos de resolución: O Pleno do Concello de Ferrol insta ao Goberno de España e a Xunta de Galicia a: 1) Rexeitar as políticas de axuste estrutural que deprimen á nosa economía e incrementan a desigualdade, poñendo fin ao recorte no gasto público. 2) Investir nas persoas e no crecemento económico reactivando o gasto de capital, e a creación de emprego. 3) Investir nos servizos públicos, garantindo unha educación e sanidade públicas, universais e de calidade. 4) Implantar medidas de protección social para amparar ás persoas con ingresos inestables e permitir ás persoas vulnerables vivir con dignidade e saír da pobreza. 5) Fortalecer a democracia institucional coa participación, a transparencia e a rendición de contas. 6) Desenvolver sistemas fiscais xustos e equitativos co nivel de riqueza das persoas, evitando a evasión de impostos, apoiando a taxa de Transaccións Financeiras e o desenvolvemento de leis contra os paraísos fiscais. Ferrol, a 23 de setembro de 2013

Asdo.: Natividad González Laso Voceira do Grupo Municipal Socialista

ILMO.SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL 4


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.