Ordenanzas fiscales 2014 propostasgms

Page 1

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

PROPOSTA DE EMENDAS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA Á PROPOSTA DE ORDENANZAS FISCAIS PARA O ANO 2014 DO CONCELLO DE FERROL As ordenanzas fiscais teñen gran importancia porque fixan a capacidade do Concello para financiar a actividade pública local e, polo tanto, garantir a prestación de servizos públicos aos que está obrigada. Por iso, as propostas do Grupo Municipal Socialista van na liña mantida ata o de agora, que se basea nos seguintes principios: - Principio de beneficio, polo que as persoas que se benefician dun servizo publico individualizado, e con escasa dimensión redistributiva, deben financiar tamén o seu custo a través do tributo que corresponda. - Principio da capacidade de pago, garantido a prestación dos servizos en condicións de equidade, facendo uso das bonifacións cando sexan necesarias, e habilitando mecanismos que faciliten o cumprimento da obriga fiscal e a diminución da morosidade. - Non deben comprometer os ingresos municipais, de xeito que impidan prestar os servizos necesarios. - Facer uso da capacidade normativa e reguladora das taxas fiscais para fomentar o emprego, fomentar a fiscalidade verde para incorporar definitivamente as tres RRR, fomentar a mobilidade sostible, e garantir que esa mobilidade mellore as condicións de vida de tódalas persoas, facilitando ademais o seu disfrute para as persoas con diversidade funcional. - Facilitar a comprensión e aplicación das ordenanzas. Por todo elo, as nosas propostas se concretan en: 1.- Mellora da transparencia 1.1.- É convinte un Texto Refundido de Ordenanzas Fiscais do Concello de Ferrol, para facilitar a súa consulta. 1.2.- Ao mesmo tempo, consideramos necesario que en cada unha dos impostos ou taxas se faga referencia á normativa lexislativa marco na que se fundamenta. 1


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

2.- Fomento do emprego: Propostas de apoio a autónomos e pequeno comercio A grave crise económica que estamos a sufrir e que se ceba especialmente na cidade de Ferrol, está a provocar efectos devastadores no pequeno comercio e na actividade dos emprendedores, que precisa de medidas de apoio, tamén no ámbito local. Por elo presentamos unha serie de propostas, co obxecto de alcanzar un máis xusto equilibrio no reparto da carga impositiva entre as grandes superficies comerciais, o pequeno comercio local e as persoas emprendedoras. Neste senso, propoñemos unha modificación na ordenanza fiscal nº 14, reguladora da taxa pola recollida, e taxa polo tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos: 2.1.- Pequeno comercio e autónomos. Para a taxa de recollida de lixo: Secuenciar a tarifa comercial (3A) por tramos, en función dos metros cadrados de superficie do local adicado a negocio, quedando como segue: Superficie Recollida Ata 25 m2.......................................tarifa 3B......................10,18€/mes Dende 26 m2 ata 100 m2 .......tarifa 3BX1,5.............15,27€/mes Dende 101 m2 ata 250 m2......tarifa 3A......................20,15€/mes Máis de 250 m2............................tarifa 3AX1,5............. 30,22€/mes 2.2.- Para a taxa de tratamento de lixo: Secuenciar a tarifa comercial (3A) por tramos, en función dos metros cadrados de superficie do local adicado a negocio, quedando como segue: Superficie Tratamento Ata 25 m2.......................................tarifa 3B................................. 7,18€/mes Dende 26 m2 ata 100 m2 .......tarifa 3BX1,5......................10,77€/mes Dende 101 m2 ata 250 m2......tarifa 3A................................14,13€/mes Máis de 250 m2............................tarifa 3AX1,5........................21,19€/mes

3.- Centros comercias 2


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

Na actualidade, a tarifa pola recollida, tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos e a taxa pola subministración de auga potable para centros comerciais é do mesmo importe que para un bar. Isto resulta absolutamente desproporcionado, polo que propoñemos homologar as devanditas tarifas dos centros comerciais coa dos hipermercados, quedando do seguinte xeito: 3.1- Ordenanza fiscal nº 14: Os centros comerciais encadraranse na tarifa 1A 3.2- Ordenanza fiscal nº 15: Os centros comercias encadraranse na tarifa Industrial 1 3.2- Ordenanza fiscal nº 16: Os centros comerciais encadraranse na tarifa Industrial 1 4.- Academias 4.1.- Ao respecto das ordenanzas nº 14, nº 15 e nº 16, propoñemos a inclusión no ámbito comercial (tarifa 3A), da actividade de academias que na actualidade se encadra no ámbito industrial (2D). 4.2.- A tarifa da ordenanza nº 14 para estas academias, axustarase aos novos tramos por superficie adicada a negocio propostos anteriormente para a tarifa comercial, e recollidos nos apartados 2.1 e 2.2. 5.- Locais sen actividade A consecuencia da condición de recepción obrigatoria das taxas de recollida, tratamento e eliminación de residuos sólidos urbanos, incorpóranse ao pago destas taxas os locais baleiros, dado que o servizo ten que deseñarse pola administración en función dos inmobles existentes en cada zona da cidade. 5.1.- Co obxecto de facer máis equitativa a taxa, propoñemos unha tarifa en función dos metros cadrados do local, que sería a seguinte: Ata 50m2.................................Grupo 4/2......................... 5,09€ Dende 51 ata 200 m2 …....Grupo 4............................ 10,18€ Máis de 200 m2....................Grupo 4 X 1,5....................15,27€ 3


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

5.2.-Asemade se solicita que estes locais queden exentos do pago polo tratamento e eliminación de residuos, mentres estean sen actividade, dado que o custe para o concello deste servizo está en función das toneladas de residuos xerados na cidade e levados a tratar a planta de Sogama. Dado que estes locais non xeran residuos parece lóxico que estean exentos do pago da taxa. 6.- Vivendas baleiras Propoñemos que a taxa de tratamento das vivendas baleiras sexa eliminada, polas mesmas razóns expostas para os locais baleiros. 7.- Facilitar o pago das obrigas tributarias ás familias Proponse ampliar o período de pago do IBI ao 5 de decembro para facilitar as familias a súa liquidación con cargo a paga extra de nadal, se fora o caso. 8.- Fomento da utilización das instalacións deportivas Propoñemos que o pago da utilización das instalacións deportivas se poida facer a través da administración electrónica, e que tamén poidan aboarse nas máquinas habilitadas ao efecto na casa do Concello, e nas instalacións deportivas. 9.- Fiscalidade verde e mobilidade sostible 9.1.- Propoñemos unha bonificación do 10% do IBI a aquelas empresas que poñan a en marcha un plan de transporte para os seus empregados, colaborando así na desconxestión do tráfico de vehículos particulares, e na mellora das condicións medioambientais e acústicas na cidade. 9.2.- Unha bonificación do 50% na taxa de tratamento de residuos sólidos urbanos a todos aqueles veciños e veciñas do rural que poñan en marcha un plan de compostaxe caseiro. 9.3.- Queremos fomentar a utilización do servizo de préstamo de bicicletas, para elo propoñemos impulsar a facilidade de pago a través da administración electrónica.

4


GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

10.- Aposta pola accesibilidade universal. 10.1.- Bonificación do 90% do imposto sobre a construción, instalación e obras, para todas aquelas obras de reforma destinadas a favorecer a accesibilidade. 10.2.- Incorporar un recargo dun porcentaxe no IVTM, a aqueles vehículos de transporte público que non estean adaptados para seu uso por persoas con mobilidade reducida. 11.- Mellora na recadación de ingresos: cobro do IBI ás confesións relixiosas. Co obxecto de camiñar cara a equidade fiscal, e que ninguén quede exento de contribuír a obriga de colaborar no financiamento dos servizos públicos, propoñemos o cobro do IBI a tódolos inmobles rexistrados a nome da Igrexa Católica e doutras confesións relixiosas, que non teñan vinculado o seu uso ao culto relixioso ou actividade pastoral, de conformidade co marco normativo existente. Ferrol, a 24 de outubro do 2013

Asdo.: Natividad González Voceira do Grupo Municipal Socialista

ILMO.SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

5


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.