Revista O tangaraño 2018

Page 1

O TANGARAÑO

2018

CPI DA CAÑIZA


O T A N G A R A Ñ O

SUMARIO Relatos Samaín

3

Activa o teu maxín

7

Postais de Nadal

8

Nadal 2017

10

Carreira solidaria

11

Entroido

12

Día do Peón

13

Día contra a Violencia de Xénero

14

Aula CEMIT

15

Obradoiro de banda deseñada

16

Ramón Caride

18

Caligramas

20

Cross escolar

21

Día da árbore

22

Día do Libro

25

Educación vial

28

Magosto

30

Subida ao Montouto

32

Os mellores fotógrafos

33

Visita a Cerceda

35

Día do cancro infantil

36

Os pobos dos nen@s de 6ºA infantil

37

O espazo

38

Letras Galegas 2018

46


Relatos de SamaĂ­n

O tangaraĂąo

3


Relatos de SamaĂ­n

O tangaraĂąo

4


Relatos de SamaĂ­n

O tangaraĂąo

5


Relatos de Samaín

O tangaraño

O HOME ESCURO Esta é a historia de dous irmáns xemelgos nados na cidade de Ourense, chamados Braulio e Carlos. Un día pola noite estaban vendo unha película de terror. Esta película trataba dun señor chamado “O home escuro”. A historia trataba de que cando os nenos se levantaban pola noite para ir ó baño escoitaban unha voz descoñecida que dicía “tin ton tin, vou por ti”, e cando abrían a porta do baño o señor escuro aparecía e de repente arrastrábaos cara a dentro tapándolles a boca e co seu dedo pingando de sangue , rodeaba o corpo dos nenos e… quitáballe a vida de repente. Os nenos sempre quedaban tirados no chan e o señor escuro desaparecía no momento. Cando acabou a película, os xemelgos foron para a cama, e Braulio (o máis miedica dos dous) non daba durmido co medo. A Braulio entráronlle as ganas de ir ao baño, pero tiña tanto medo de ir el só, que tentou avisar a Carlos. Carlos non espertaba e o irmán empezouse a preocupar moito. Pensou que o home escuro lle quitara a vida sen que el se decatase. O neno tentou aguantar as ganas de mexar, pero non foi capaz. O neno levantouse da cama para ir ao baño e de súpeto, escoitou unha voz descoñecida que dicía: “tin ton tin, vou por ti”. O neno tragou saliva e seguiu para adiante. A porta do baño estaba pechada, o neno cruzando os dedos abriu a porta e… non había ninguén. Braulio deu un suspiro de alegría, pero de súpeto deu a volta e apareceu xusto detrás del …o home escuro!!! Braulio tentou saír escopeteado de alí pero non foi capaz. Á mañá seguinte, Carlos espertou e viu que non estaba Braulio. Carlos empezou a chamar por el pero non contestaba , cando de súpeto pasou polo baño e ...pegou un berro moi alto. Carlos empezou a chorar e atopouse detrás del o home escuro e pasou o que pasou…

ALBA RAÑA RODRÍGUEZ 6ºA

6


Samaín

O tangaraño

Co gallo da celebración do Samaín no noso centro puxemos en marcha unha nova edición do concurso de monstros feitos con material de refugallo. Os gañadores foron en 3 anos Gael, en 4 anos Matheus, en 5 anos Manuel, en 1º de Primaria

Candela, en 2º de primaria Carolina e en 3º de primaria

Cristián.

7


Postais Nadal

O tangaraño

POSTAIS NADAL Co gallo da celebración do Nadal, convocouse un concurso de postais na que os gañadores foron Vanesa (5ºB), Lucía (3ºA), Izan (1ºA) e Pablo (5ºB Ed. Infantil). Coas postais gañadoras fixemos a felicitación de Nadal do cole. Quedou moi chula!

8


Postais Nadal

O tangaraĂąo

9


Nadal 2017

O tangaraño

NADAL 2017 Aproveitando o derradeiro día de clases no primeiro trimestre, asistimos a unha obra de teatro na casa da Cultura da Cañiza. Alí o alumnado gozou dunha representación un tanto alternativa ao tradicional nestas datas, xa que os propios actores foron algúns dos alumn@s do colexio. O éxito da función estaba ben asegurado antes de comezar.

Aproveitando a ocasión fixemos entrega dos premios Activa O teu maxín.

10


Carreira solidaria

O tangaraño

Os alumn@s de primaria celebramos o Día da Paz cunha “Carreira solidaria” na que o lema era: Unha volta, un quilo de comida. Xuntamos unha morea de comida que se repartiu entre a xente máis necesitada, como deber ser!

11


Entroido

O tangaraĂąo

ENTROIDO Que viva o Entroido! Do cinco ao nove de febreiro festexamos a semana do ENTROIDO. Este ano decidimos disfrazarnos de personaxes dos contos. Quedaron moi chulos! PasĂĄmolo moi ben!

12


Día do Peón

O tangaraño

Día do Peón Co gallo da celebración do magosto no noso colexio, celebrouse unha nova edición do concurso do peón. Participaron @s alumn@s de primaria, cronometrándose o tempo que bailaba cada buxaina. Os gañadores foron: Rubén Costas de 1º de Primaria Ismael Gómez de 4º de Primaria David Sendín de 6º de Primaria

13


Violencia de Xénero

O tangaraño

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Quinto A

O 25 de novembro celébrase O Día Internacional contra a Violencia de Xénero. ¿Que é a violencia de xénero? É calquera tipo de violencia, xa sexa física ou psicolóxica contra outra persoa de distinto sexo. Hoxe, na clase preparamos un mural contra este tipo de violencia. Nel fixemos un traballo con métodos que axuden a acabar coa violencia de xénero. Algúns son: falar coa túa familia, denunciar ao acosador, chamar ao 016, etc. Pintamos as nosas palmas das mans e puxémolas no mural, dicindo con este acto que non estamos de acordo coa violencia de xénero. Hai moitos homes que maltratan ás mulleres, a eses homes chámanselle machistas. É necesario resolver este problema xa que, durante estes últimos anos, morreron moitas mulleres, e cada ano vai a máis. As mulleres son iguais que os homes e tamén teñen os mesmos dereitos que os homes. Por todo isto berramos BASTA XA!

.

= 14


O tangaraño

VISITA Á AULA CEMIT DA CAÑIZA Co gallo da celebración do ano de Rosalía , a secretaria xeral de política lingüística promoveu entre os centros galegos a iniciativa “ De fiestras para fóra”. O concello da Cañiza convidou ao noso centro a diferentes actividades entre as que se enmarcaron unha pequena obra de teatro (O souto dos prodixios) e a realización de actividades online na aula CEMIT.

15


O tangaraño

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA NA ESO Outro ano máis o alumnado da ESO participou nun obradoiro de banda deseñada. Esta iniciativa, que se vén facendo anualmente, consiste na exposición maxistral dun ilustrador que se achega ao centro para orientar ao alumnado neste bonito mundo do deseño gráfico. O alumnado de secundaria participa despois nun concurso a nivel interno do centro, para poñer en práctica imaxinación e capacidade de deseño.

16


O tangaraño

V concurso de banda deseñada O alumnado de secundaria participou no V concurso de banda deseñada do CPI da Cañiza. O gañador foi Anxo Álvarez Sánchez de 1º ESO B. Deixámosvos o traballo do gañador.

17


Ramón Caride

O tangaraño

VISITA AO CENTRO DO ESCRITOR RAMÓN CARIDE No segundo trimestre visitou o centro o escritor, de San Cristovo de Cea, Ramón Caride. Escritor de renome, ten unha extensa obra de literatura infantil-xuvenil entre as que destacamos títulos coma:

O alumnado de primaria escoitou, con inusitado interese, a explicación das motivacións que levaron a escribir a este xenuíno novelista.

18


RamĂłn Caride

O tangaraĂąo

Coa colaboraciĂłn dos equipo de biblioteca, acondicionamos a mesma, para pasar un divertido anaco con esta figura das nosas letras.

19


Caligramas

O tangaraño

CALIGRAMAS DA ESO O alumnado de secundaria participou nunha nova edición do concurso de caligramas. Aproveitando a xenerosa participación dos rapac@s, quixemos facer unha escolma dos traballos tan orixinais que nos deixaron no taboleiro da entrada do centro de secundaria.

20


O tangaraño CROSS ESCOLAR Os alumnos de 6º de primaria asistiron no mes de novembro ao cross escolar de Guláns. A representación do colexio foi moi ampla e os resultados foron excepcionais.

Así mesmo, fomentamos a participación de todo o alumnado e agradecemos á asociación ADECONPAR a organización tan boa deste tipo de eventos.

21


O tangaraño DÍA DA ÁRBORE O centro conmemora tódolos anos o día da árbore en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente.

Aproveitamos para plantar árbores no anexo do campo de terra.

22


O tangaraño

Os alumn@s de quinto A celebramos o Día da árbore. Foi unha xornada na que tod@s reflexionamos sobre a importancia das árbores no mundo en que vivimos. “O

día da árbore é moi importante porque as árbores son parte da natureza.” (Hugo)

”Nestas datas reflexionamos sobre a importancia das árbores e por todo o que fan que mellore o mundo.” (Érika) “As árbores son moi importantes para nós e

paréceme moi ben que teña un día especial solo para demostrar os relevantes que son.” (Lucía)

“O día da árbore celébrase o 21 de marzo é moi importante porque sen árbores non respiramos.” (Jeremy) “Sen árbores e sen plantas non estaríamos vivos por iso son tan importantes.” (Noelia)

“O día da árbore é un recordatorio de que hai que respectar e coidar as árbores.” (Diana)

23


O tangaraño

“O día da árbore celébrase porque nos dan osíxeno e se nos quedamos sen osíxeno morremos (Yago)” “ O día da árbore celébrase o 21 de marzo para concienciar á xente sobre a necesidade de protexer e coidar as superficies arboradas.” (Zaira)

“Grazas a eles estamos vivos eles dannos osíxeno, e recollen o dióxido de carbono.” (Noa) “As árbores, entre outros beneficios, transforman o CO2 en O2, contribúen á biomasa, minimizan os riscos de inundacións, evitan a erosión…” (Bruno) “ O día da árbore é moi importante para o mundo porque, hoxe en día, o planeta está moi contaminado e as árbores proporciónannos osíxeno” (Jorge) “Non temos dereito a cortar as árbores, non podemos deixar sen vida os bosques nin deixar aos animais sen alimento senón seríamos monstros nos ollos da natureza” (Marcos) “Debemos inculcar á xente máis no respecto pola natureza” (Álvaro) “As árbores dannos osíxeno e toman dióxido de carbono, obtemos madeira, produtos como papel, froitos, as súas follas son alimentos para algúns animais…” (Miguel)

“As árbores son fundamentais para a nosa vida, sen árbores non habería vida na terra.” (Ismael)

AS ÁRBORES SON IMPORTANTES…COIDÉMOLAS! (Martín)

24


Feira do Libro

O tangaraño FFEEIIR RA AD DO O LLIIB BR RO O A biblioteca de primaria organiza tódolos anos a feira do libro do CPI da Cañiza. Coa colaboración do alumnado dos últimos niveis de primaria realízase un verdadeiro troco de libros. Este ano celebrouse o día 18 de maio na aula de psicomotricidade.

O equipo de biblioteca engalanou dun xeito fermosísimo a aula de psicomotricidade.

25


O tangaraño

DÍA DO LIBRO Neste curso 2017/18 para celebrar o Día o libro fixemos una copia do noso libro favorito da biblioteca da clase: “Un libro” de Hervé Tullet

Convertémonos en ilustradores e escritores, e pasamos uns momentos moi divertidos. Mirade que chulis quedaron. Somos uns profesionais!

26


O tangaraĂąo

27


O tangaraño

EDUCACIÓN VIAL Nos últimos anos a DXT ponse en contacto co colexio para poder dar unha clase de educación vial no centro.

Achegan uns karts eléctricos e montan un circuíto no pavillón (con sinais, semáforos, pasos de peóns...).

28


O tangaraño Coa axuda do policial local da Cañiza, Santi, os rapac@s aprenden a respectar as normas de tráfico e convértense durante uns minutos en verdadeiros condutores.

29


Magosto

O tangaraño

MAGOSTO Chegaron as castañas, chegou o outono. No campo de terra do colexio da Cañiza celebrouse unha festa tan tradicional coma fermosa. Xuntamos ao alumnado e repartimos castañas e bebida. Coa axuda do concello, que nos mandou uns operarios para asaren as castañas, distribuímos entre os nen@s quilos e quilos deste manxar.

30


Magosto

O tangaraño

Os rapac@s maiores da primaria colaboraron en todo momento cos máis cativos e pintáronse coa cinza para cumprimentar coa tradición.

A esperar outro ano para seguir desfrutando desta festa tan nosa.

QUE VIVA O MAGOSTO!

31


O tangaraño

SUBIDA AO MONTOUTO

Os nen@s de terceiro de primaria fixeron unha excursión ao Montouto, nun programa de actividades enmarcado nos programas de desenvolvemento do rural da Xunta de Galicia. Acompañados dos seus titores botaron toda unha mañá coñecendo ben a fondo un lugar moi preto, pero non por elo menos bonito.

No curuto deixáronnos esta fermosa foto de grupo.

32


O tangaraño OS MELLORES FOTÓGRAFOS Os nen@s de 5º de primaria, no terceiro trimestre fixemos unha exhibición de fotografía. Sacamos fotos por todo o colexio, de diferentes temas como os sentimentos, o medio ambiente... Ao editalas ( ca axuda da teacher Ana) as fotos quedaron moi chulas!!!!!

33


O tangaraĂąo

34


O tangaraño Visita ao parque acuático de Cerceda O alumnado de 6º de Primaria visitou a mediados do mes de xuño o Aquapark de Cerceda. Aínda que o tempo non acompañou nos primeiros intres do día, a xornada foi divertida e os cativ@s desfrutaron dunhas marabillosas instalacións.

35


O tangaraño

Día internacional do cancro infantil O pasado 15 de febreiro celebrouse o día internacional do cancro infantil. No CPI da Cañiza fixemos un lazo dourado para manifestar o apoio e toda a nosa forza para os cativ@s , que teñen que pasar por tan duros e inxustos momentos. As distintas clases do centro fixeron un círculo adornado con palabras e debuxos de alento para eses verdadeiros superheroes.

36


O tangaraño

O pobo dos nen@s de 6ºA Infantil Os alumn@s de 5 anos de Infantil construíron un pobo no que cada un deseñou a súa casiña ou o seu piso. Elixiron o tipo de teito, as ventás, as portas.... e que serviu para decorar a entrada da aula.

37


O espazo

O tangaraño

O ESPAZO Neste curso 2017/18 os nenos e nenas de 5 anos convertémonos en expertos sobre o espazo. Este foi un dos proxectos traballados durante varios meses. Investigamos, exploramos, fixemos actividades varias…e contamos coa axuda das familias, a quen lle queremos agradecer a súa colaboración; pois escola e familia deben camiñar da man para lograr un óptimo desenvolvemento dos cativos/as. Fixemos un cohete súper chuli para viaxar polo espazo!

38


O espazo

O tangaraño

Pero antes tivemos que por un traxe espacial. Pois non podíamos ir ó espazo en mandilón. Ji,ji,ji…

39


O espazo

O tangaraño

Tamén fixemos un mural chulísimo que colocamos fora da clase para que os nosos compañeiros/as puideran aprender moitas cousas sobre o espazo. Pouco a pouco, fómolo completando cos planetas e información sobre cada un,cos astronautas máis importantes ( quen máis nos gustou foi a cadeliña Layka, a primeira astronauta),

co

resto

de

elementos

espaciais

nebulosas…..Canto aprendemos!

40

como:

meteoritos,

cometas,


O espazo

O tangaraĂąo

Incluso deixamos a nosa pegada na lĂşa, igual que fixo Neil Armstrong, o primeiro home en pisala.

41


O espazo

O tangaraño

Despois de investigar porqué a Lúa non sempre se ve igual, fixemos un mural das súas fases con galletas. E claro, para facelo ben primeiro tivemos que probar o material a usar, ja, ja, ja, ja…

42


O espazo

O tangaraño

Investigamos e traballamos moito, así que para rematar o proxecto do espazo fixemos unhas “Rochas do espazo” de chocolate. Mmmmm….ben as merecemos pois traballamos moito!

43


O espazo

O tangaraĂąo

44


O espazo

O tangaraño

Menuda pintaza!!! Ñam,ñam….

E despois de tanto traballar por fin conseguimos os nosos carnés de astronautas!!!

Foi un proxecto que nos encantou e pasámolo xenial !

45


O tangaraño

LETRAS GALEGAS 2018 As letras galegas deste ano foron dedicadas a María Victoria Moreno. O equipo de Normalización organizou unha vídeo exposición da biografía da autora. Contou coa colaboración de toda a etapa de primaria. Dividiuse a vida da autora en doce momentos. O profe Javier de 5ºA deixou manifesto das dotes creativas cun vídeo montaxe espectacular.

46


O tangaraĂąo Fixemos varias fotos de grupo nos distintos pases que organizamos na biblioteca de primaria.

En secundaria os rapac@s fixeron un marcapĂĄxinas da autora homenaxeada

47


O tangaraño

María Victoria Moreno

1. BIOGRAFÍA María Victoria Moreno Márquez nacida en Valencia de Alcántara, Cáceres o 1 de maio do 1940 e falecida o 21 de novembro do 2005 en Pontevedra. Faleceu con 65 anos. Foi escritora e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Madrid. Casou con José Luís que era cego e faleceu. Logo casou con Pedro Ferriol. Tivo dous fillos, Begoña e Carlos.

2. OBRAS Mar adiante, Sada, edición do Castro, 1973. A festa no faiado, Vigo, Galaxia, 1983. Leonardo e os fontaneiros, Vigo, Galaxia, 1986. 3º Premio O Barco de Vapor. Anagnórise, Vigo, Galaxia, 1988. Despois incluída na biblioteca Galega 120. O cataventos, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1989. Verso e prosa, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991. ¿Un cachiño de bica?, Vigo, SM, 1994. ¿E haberá tirón de orellas?, Vigo, Galaxia, 1997. A brétema, Vigo, Ir Indo, 1999. Guedellas de seda e liño, Vigo, Galaxia, 1999. Eu conto, ti cantas, Vigo, edición Xerais de Galicia, 2005.

3. FOTOGRAFÍAS

Lucía Barros Álvarez

48



O NOSO AGRADECEMENTO A TODOS OS QUE PARTICIPARON NA ELABORACIÓN DA REVISTA.

1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.