TANGARAテ前
2014 CPI A CAテ選ZA
SamaĂn.........................3 Nadal............................6 Falamos con ..............23 Pasatempos................41
Con boa letra.........9 A onde imos?.........17 Paleta de cores......44
2
3
O SAMAÍN Unha vez máis, celebramos no noso centro o concurso de cabazas polo día do Samaín. A participación foi moi elevada e os deseños moi orixinais.
Os gañadores foron Esperanza Pérez González de 1ºB, Oriol Martínez Domínguez de 3ºA e Brian Gómez Martínez de 5ºB. O premio e o diploma entragáronse o día do festival de Nadal. Deixámosvos algunhas fotografías da exposición.
4
5
6
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL Coma todos os anos, celebrouse polo Nadal o concurso de postais do CPI A Cañiza, entre os alumnos de Educación Infantil e Primaria. Coas postais gañadoras deseñouse unha nova que se enviou ás familias para felicitarlles o ano novo.
O xurado destacou a orixinalidade de Aline Carmen Raña de 3º EI, Iria Oliva Otero de 2ºA, Alba Afonso Castro de 4º e Andrea Fernández de 6º. Coma sempre é difícil a elección das gañadoras xa que moitas outras estiveron a piques de ser elixidas.
7
8
Con boa letra 9
CANTIGA DE AMIGO
Onte marchou por ese camiño, Onde iría o meu amigo? Non sei se voltará! Onte marchou por ese sendeiro Onde iría o meu gaiteiro? Non sei se voltará! Onde iría o meu amigo? Espero por el neste río. Non sei se voltará! Onde iría o meu gaiteiro? Espero por el neste castiñeiro. Non sei se voltará! Melanie da Silva Márquez 3ºA
10
XOGOS TRADICIONAIS Os xogos tradicionais son moi típicos en toda España, pero sobre todo en Galicia. Neste apartado da revista imos describir e falar sobre algúns moi típicos da parte Pontevedresa, concretamente na parte da Paradanta.
BILLARDA É un dos xogos tradicionais de Galicia mais complexos, pero niso reside precisamente o seu atractivo. Necesítanse dous paus: un duns 4050 cm de longo, "pau" e outro duns 15 cm, afiado polas dúas puntas cal un lápiz ,"billarda". Xógase nun campo no que non haxa preto elementos susceptibles de ser danados, xa que a debe lanzarse polo aire con forza. Ao mesmo tempo é importante que o chan sexa duro ou de terra pois pola contra a billarda perderíase entre a herba. Xógase entre dous ou máis
exemplo" Xogamos unha paixón a 1000 puntos". Para xogar é necesario ter a habilidade de golpear co pau a punta da billarda, que estará no chan, a cal saltará polo aire, momento no que se lle atizará de novo co pau para lanzala o máis lonxe posible. Para determinar quen empeza, lánzase do modo anterior, sucesivamente, un xogador por equipo(tirador). Aquel que a lance máis lonxe será o que comeza. Existen dúas fases no xogo: "a escardar" e "a puntos".
equipos dun ou varios xogadores cada un. O obxectivo do xogo é conseguir o número de puntos predeterminado para alcanzar o final decidido de antemán polos xogadores. O xogo así acordado chámase "paixón". Dise por
11
CARRILANAS As goitiberas ou carrilanas son o deporte de inercia máis antigo que existe. Basicamente trátase de descender portos de montaña en vehículos de 3 ou 4 rodas equipados con dirección e freos e, por suposto, sen ningunha propulsión. - En Euskadi e Navarra son coñecidos como Goitik Behera ( literalmente, significa "de arriba cara abaixo" en euskera) ou Goitibeheras. - En Catalunya, Comunitat Valenciana e Balears chámanselles Carretons ou Cars de Coixinets. - En Galicia, Asturias, Cantabria, Castilla e León e o resto de España chámaselles Carrilanas. Tradicionalmente, córrese desde fai moitos anos nas festas patronales e combínase a competición, o bo ambiente e ata un signo de identidade cultural da zona.
Nos últimos anos convertéronse nun verdadeiro vivero de pilotos para as disciplinas do bobsleigh, skeleton e luge sobre xeo pola gran cantidade de puntos que teñen en común. Tipos de carrilanas Neumáticas: caracterízanse por empregar rodas neumáticas tipo moto. Son as máis rápidas, chegando a exceder os 130 km/h Dentro destas carrilanas neumáticas distínguense dúas subcategorías: - Categoría europea. Mono-prazas de 4 rodas moi baixos e aerodinámicos, con suspensións e freos de disco independentes. A saída efectúase desde parado. O piloto vai protexido por un arnés multipunto e arcos de seguridade. Empréganse na Copa e o Campionato de Europa cun reglamento unificado entre os 8 países participantes. - A categoría tradicional do noso
12
país.Trátase de vehículos biplaza de 3 ou 4 rodas: O piloto controla a dirección e os freos e o copiloto inclínase nas curvas. A saída efectúase empuxando o vehículo e saltando en marcha nel. Rodamientos: non dispoñen de neumáticos senón que viran sobre ¡rodamientos metálicos! O agarre das rodas é moi reducido polo que a condución parécese á dun coche sobre xeo. CRAVO Necesítase un terreo brando (días de choiva) e un cravo ou obxecto semellante que lanzado coa man contra o chan quede cravado no solo. Trázase un campo de tamaño e forma discrecionales pero que sexa susceptible de dividirse en dúas metades. Xógase entre dous xogadores, por quenda. Para decidir quen empeza, trázase unha pequena raia e lánzase o cravo a ela. Comezará quen se aproximou máis á mesma. É condición indispensable que o cravo quede afincado no terreo cunha inclinación superior a +- 30º, o cal compróbase introducindo catro dedos da man entre o cravo e a terra. Comeza o xogo co xogador situado
na súa metade de terreo e lanzando sobre a metade contraria. Se consegue cravar, collerá o cravo e pisando un punto fixo do seu campo trazará unha liña que pasando polo punto onde cravou abarque a maior parte posible do campo contrario e toque cos seus extremos a algún bordo do campo, de tal forma que unha das fraccións do campo contrario así determinada poida quedar unida ao campo propio só con borrar a liña que as dividía. É dicir trátase de incorporar ao campo propio fragmentos do campo contrario por anexión do enmarcado coa liña que se traza. Sempre a pegada deixada polo cravo e a lonxitude do brazo determinan a distancia máxima á que se pode trazar dita liña. Para trazar a liña anteriormente descrita non se pode tocar con parte algunha do corpo ao campo contrario. 13
Esta sorte repítese ata que o campo alleo queda reducido a unha porción na que non é posible pisar. Si é así, acaba o xogo e gaña o que conseguiu a totalidade do campo alleo desta forma. Se un xogador non afinca correctamente o cravo ou o fai fóra do campo contrario, perde a quenda e pasa ao outro xogador. Se un xogador, na súa quenda, non consegue situarse no seu campo para lanzar o cravo sobre o campo contrario tamén perde o xogo.
estou chantado! (Non quero que estou cravado). BUXAINAS As buxainas eran un material que principalmente usábanse para esnaquizar ou danar o resto de buxainas, pero ao longo dos anos foise perfeccionando este mecanismo. Non fai moitos anos as buxainas eran soamente de madeira pero en 1992 este mecanismo cambio. Un día en México alguén tivo a brillante idea de construír a primeira buxaina de plástico.
ARRÍNCATE NABO Colócanse todos os xogadores menos un, sentados, o primeiro nun chanzo e os demais sucesivamente nos xeonllos do anterior, collidos pola cintura. O que non está sentado tratará de asir as mans do último dos sentados e tirando procurará desprendelo dos demais. O xogador desprendido collerase por detrás do que tira para axudar a desprender sucesivamente aos que quedan, ata que o fixeron todos. No momento de tirar dirá: ¡Arríncate nabo! (Arríncache nabo) Responderanlle: ¡Non quero que
A razón da creación foi para poder realizar máis trucos aéreos e terrestres xa que as outras non se podían elevar apenas debido ao seu peso. José María Estévez Vázquez Adrián Branco Alfonso Jonathan Riveiro Vázquez 4ºA
14
O que pensou un átomo de hidróxeno
É certo que desde o momento no que nacín, nunca comprendín que lle pasaba aos demais cos gases nobres, e sempre tiven os meus motivos. Ter unha configuración electrónica con oito electróns no último nivel (ou dous, si es ese odioso helio) é o que diferencia un átomo traballador e explotado, coma min, dun átomo que pertence á burguesía e pásase a vida buscando outros elementos periódicos cos que unirse e aparentar que teñen unha configuración nobre. Eu pola miña banda tiven varias ofertas de formar unha molécula, unha oportunidade de enlace covalente cun átomo de fluor pero, negueime rotundamente ía en contra dos meus principios. A verdade é que aínda non se si a miña opinión durará moito máis tempo, espero que si, pero mentres terei que aguantar ao estúpido helio ríndose na outra esquina da táboa periódica presumindo, dos seus electróns, coma se fosen moitos máis que os meus. Asinado: Hidróxeno José Manuel Álvarez Pérez 3ºA
15
Ser máis estable Había unha vez un átomo de carbono perdido no medio da táboa periódica. Sentíase mal e baleiro, coma se estivese incompleto. Estivo falando con outros átomos da táboa e contáronlle que se atopaba lonxe de onde debería estar, tiña que atravesar algúns lugares da táboa para poder chegar ata os gases nobres. O átomo un pouco perdido comezou a moverse dun lugar cara a outro. Atravesou muros de potasio, montañas de ferro, minas de ouro, bosques de aluminio e mares de mercurio. Ata que finalmente se atopou cun par de átomos de osíxeno que parecían tan perdidos coma el. Aproximouse a eles e despois de falar durante máis de tres cuartos de hora chegaron entre os tres a un bo acordo. Como todos se sentían inestables e incompletos decidiron compartir os seus electróns para que todos se sentisen mellor. Ao compartilos déronse conta de que agora a súa configuración electrónica era igual que a de un gas nobre. E así foi como os tres átomos viviron felices e unidos para sempre formando unha molécula de CO2. Clara Domínguez 3º A
16
A onde imos? 17
Excursión de fin de curso de 4º ESO Madrid- Barcelona Comezamos a nosa viaxe o día 7 de Abril. Saímos tarde porque tivemos que esperar por un compañeiro que quedara durmido, pero dúas horas despois xa estábamos en Zamora, onde fixemos unha parada. Ó mediodía chegamos á Serra de Guadarrama, pouco despois comemos no Escorial. Tras a parada, o noso conductor Xaime levounos á Madrid, alí visitamos o Congreso dos Deputados e a Catedral da Almudena. Deixamos Madrid para ir a Fuenlabrada, onde se atopaba o noso hotel. Non éramos os únicos que estaban de excursión, tamén había xente da Coruña e Granada, cos que nos levamos moi ben. Ó día seguinte volvemos a Madrid, fomos no autobús de Xaime cunha guía que nos explicaba a historia dos monumentos que íamos vendo. Paramos na Estación de Atocha e no Bernabeu para sacar unhas fotos e logo comemos no Parque do Retiro. Todos tíñamos ganas de quedar a durmir alí, xa estábamos moi cansados, pero fomos ó Museo do Prado e non nos arrepentimos. Foi unha visita moi interesante, puidemos apreciar obras como Las Meninas, de Diego de Velázquez e tamén outras menos coñecidas pero igual de boas. En fin, o Museo do Prado é un lugar para perderse… Saímos do museo para atoparnos de novo baixo o intenso Sol da capital. Os profesores deixáronnos tempo libre para, comprar e investigar a cidade pola nosa conta. Despois do paseo volvemos ó hotel, para pasar a nosa última noite en Madrid. O mércores pola mañá atopabámonos camiño a Barcelona. Paramos a comer en Zaragoza e aproveitamos para visitar a súa catedral. Pola tarde chegamos a Barcelona, fomos a Monserrat, onde fixemos una andaina acompañados dunhas vistas excepcionais. Á noitiña chegamos ó hotel, en Salou. Antes de cear, fomos á praia, aínda houbo alguén que se meteu una auga, co fría que estaba… Ó día seguinte pola mañá subimos ó autobús que nos levou a Barcelona. Fixemos un recorrido pola cidade, acompañados dun guía, esta vez un home. Visitamos o Estadio onde se celebraron as Olimpíadas do 92 e leváronnos a 18
un mirador dende o que se vía toda a cidade onde aproveitando as vistas o noso fotógrafo Luís fíxonos unha foto de grupo. Despois de comer nun parque visitamos un dos monumentos máis visitados de España, a Sagrada Familia. Todos coincidimos en que é tan impresionante por fóra coma por dentro, incluso ten ascensores! Estamos desexando que estea acabada para visitala de novo. Despois tivemos tempo libre para visitar as Ramblas, compramos, paseamos e logo reunímonos no Museo de Cera, no que alguén levou máis dun susto. O venres fomos a Port Aventura, cada un pola súa conta montou nas atraccións que quixo. Tamén había varios espectáculos para os que non querían pasar medo. Había moitos restaurantes onde comer, para tódolos gustos: chinos, mexicanos, americanos… Ninguén pasou fame. Ás oito da tarde volvemos ó hotel, ceamos e puxémonos guapos para saír. Fomos a un pub próximo ó hotel, pasámolo moi ben e a unha e media volvemos ó hotel. O venres pola mañá fixemos as maletas e deixamos o hotel para ir de novo a Portaventura. Esta vez visitamos o Parque en grupo, comezando forte na montaña rusa Shambala, a máis alta de Europa. Despois dispersámonos para comer e xuntámonos de novo para probar unha nova zona do parque, Angkor unha atracción acuática. Regresamos ó autobús moi cansados, moitos quedaron durmidos. Fixemos unha parada para cear e logo de volta ó bus. Doce horas despois estábamos de volta na Cañiza. Alba Pastoriza 4ºB
19
20
ECOPARQUE DE MARÍN
A actividade foi o martes 27 de marzo no ecoparque de Marín. Foi unha actividade moi instructiva a vez que divertida, e realmente satisfactorio acabar todos os circuitos. Cando chegamos non pensamos que fora ser tan épico pero si que resultou selo. O que máis resaltaban eran as grandes tirolinas. Había exercicios de varias dificultades, os niveis estaban a varias alturas: 3, 5, 8, 12m respectivamente e con diferentes dificultades. Na actividade participou 3º e 4º de ESO. En xeral gustaríanos volver outra vez porque o pasamos ben. Aarón Gil e Ismael Gil 3ºB Máis fotografías en: https://plus.google.com/photos/107043971897570808436/albums/6026224 486354672337?authkey=CL-67sXAhtrFoAE
21
22
Falamos con.... 23
“SEMPRE TIVEN UNHA SEMENTE DENTRO QUE SABIA QUEN TIÑA QUE FACER XERMOLAR”
José Castro é un dos deseñadores españois máis recoñecidos internacionalmente; membro da Federación Francesa da Couture, é un dos deseñadores do novo concepto Desigual. Desfilou en tres ocasións na Courruse du Louvre, París, así como no Palais Omni Port de París, facendo que as súas prendas teñan proxección e recoñecemento en todo o mundo.
24
- Cando e por que decidiu ser deseñador? Eu penso que como me gustaba moito o cine e a decoración, todo o que me facía soñar, sentinme atraído primeiro polo cine e logo pola moda. - Tivo que aprender inglés para poder estudar en Londres e lograr ser deseñador? Claro, de feito hai que estudar inglés en calquera carreira do mundo. O inglés é moi importante igual que o é Photoshop e Internet. É como saber escribir ou non hoxe en día, non só para a moda senón para calquera carreira. É súper interesante. - Que é o que máis lle gusta do seu traballo? O que máis me gusta é cada vez diferente, sempre tes que superarte a ti mesmo. É bonito ver como a xente gozar coa túa roupa. Ao facer o teu traballo comunicas coa xente. Todo o que sexa comunicar ou transmitir paréceme moi interesante. - E o que menos lle gusta? O que non é tan bo é o pouco tempo que tes para xerar as coleccións, a presión das vendas, e tamén hai moita xente que se achega porque es famoso e iso é o que menos me gusta. - Que se sente ao ser un dos deseñadores españois máis
recoñecidos internacionalmente? Para min é un orgullo estar dentro do grupo de deseñadores sobre todo porque se me quere e respecta polo meu talento. Diferénciame como código e linguaxe as miñas creacións. Iso paréceme moi interesante. - Que lle gustaría lograr que non acadara aínda? Pois facer que a miña empresa se consolide, vender no estranxeiro. Que sexa autosuficiente para medrar, evoluír e chegar a máis xente. Por agora aínda non o logrei. - Cando era neno pensaba que podía lograr o que logrou? Sempre pensei que era un pouco rariño, que estaba predestinado a ser algo; iso non o conseguín tampouco. Como todos se metían comigo e me criticaban, entón visualiceime un pouco. Non o imaxinei nunca así porque me imaxinába mais no cine. Sempre tiven unha semente dentro que sabia que tiña que facer xermolar. Uxía Fernández Giráldez 1ºC
25
“O
MEU MAIOR ORGULLO É LEVAR O NOME DE A CAÑIZA ASOCIADO A MIN”
D. Miguel A. Domínguez Alfonso, de 39 anos, é o actual dirixente do Concello de A Cañiza tras 35 años de goberno do anterior alcalde. Fillo e neto de cañicenses, natural e veciño de A Cañiza, D. Miguel Domínguez está casado e ten dous fillos; cunha diplomatura en Ciencias Empresariais, estudos de economía e un máster en asesoría fiscal e tributaria, tras crear a súa propia empresa, da o salto a política asumindo a responsabilidade de encabezar a candidatura ao Concello de A Cañiza contando co apoio e o aval do Partido Popular, e gaña as eleccións municipais en maio del 2011.
26
- Quen te animou a meterte en política, ou gustábache dende sempre? Non sei si era o gusto pola política, pero desde sempre me gustou participar en todo lo que significaba traballar para un grupo ou representalo. Fun sempre delegado de clase no instituto e membro da Xunta de Facultade durante os meus estudios universitarios… Cando era o presidente do club de fútbol xurdiu a proposta de encabezar una lista para las eleccións municipais de 2011; crin que era unha oportunidade de representar e traballar por e para o meu pobo, e aceptei. Todo o demais fíxoo a xente que co seu voto depositou a súa confianza en min. - Que tal a experiencia na túa nova faceta como alcalde? A experiencia é positiva e sobre todo bonita. Traballar e representar ao teu propio pobo, o pobo que te viu nacer, crecer e facerte como persoa é una gran satisfacción e orgullo. Ten momentos agridoces debido a grave situación económica que sufrimos, pero en xeneral a experiencia é gratificante. - Crees que cambiaron moito as cousas dende que es alcalde? Por que? Cando la xente depositou a súa confianza no proxecto que eu
encabezaba era consciente de que se ía a producir un gran cambio, unha nova era con novo alcalde despois de 35 anos co mesmo. Eu representaba e represento a renovación democrática necesaria despois de tantos años. - De que te sentes máis orgulloso neste tempo? Sen ningún tipo de dúbida o orgullo de representar ao meu pobo, o orgullo de traballar para os veciños de A Cañiza e actuar de representante de todos eles. O meu maior orgullo é levar el nome de A Cañiza asociado a min. - Cal é o próximo proxecto que tes en mente? Temos motos en mente e outros importantes en marcha para por en valor todo o noso potencial e mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, agora ben, se o que buscas é sacarme algunha iniciativa o proxecto que aínda non se coñece, dicirte que en breve prazo presentaremos un proxecto encargado por Augas de Galicia que garantirá o abastecemento de auga para consumo humano e industrial da nosa poboación coa mellor calidade. Con este proxecto solucionaremos as escasezas que sufrimos nos meses de verán e tras a inauguración das EDARES (Estación Depuradora de Augas Residuais) urbana e industrial 27
celebraremos o ciclo da auga no noso pob. Despois ven o seguinte: recuperación de marxes de ríos e regatos, do seu entorno… - Vas volver a presentar candidatura nas próximas eleccións?Si, como te dicía anteriormente, temos moitos
proxectos en marcha e o noso proxecto ten continuidade. Presentareime novamente as eleccións municipais para revalidar a alcaldía co ánimo de seguir traballando e mellorando noso concello.
Sofía Fidalgo Fernández 1º A
28
CLUB BALONMÁN CAÑIZA: "GRAZAS Á AFECCIÓN"
O
Club Balonmán Cañiza é unha escola de deporte onde tanto os máis pequenos como os maiores poden practicar este marabilloso deporte. Tanto o equipo como o pobo estamos entregados a este club. No club de balonmán, tanto directivos como xogadores, agradécenlle á afección todos os seus logros, como di o seu presidente Rubén: "Grazas á afección, conseguimos chegar ata onde estamos agora". Con isto quere dicir que o alicerce do club somos tamén todos os habitantes de Cañiza que os apoia. Un dos seus maiores logros foi gañar o ascenso a primeira nacional, o pasado 18 de maio. No club consideran o equipo senior como un premio, xa que os nenos son o seu maior obxectivo, isto significa que queren adestrar ben a eses nenos para que cheguen lonxe. Para eles é unha sorpresa chegar tan lonxe, aínda que iso non o opinan todos, xa que certas persoas xa esperaban conseguir semellantes logros, como o delegado Carlos. 29
Entrevista ao presidente Rubén: Na túa infancia xogaches ao balonmán? Xoguei a partir dos nove anos.
Que opinas dos xogadores? Valoramos o traballo. Nós somos unha escola gratuita, queremos que traballen para poder conseguír cartos. Creemos que están facendo un gran esforzo, tanto pícaros como pícaras.
En que equipo empezaches? Na Cañiza, sempre, desde o principio ata o final.
Entrevista ao delegado Carlos:
Esperabas que o equipo chegase tan lonxe? Nunca, nunca esperamos chegar a este punto, pero grazas á afección conseguimos chegar.
Como delegado do club, que tarefas desempeñas? As miñas funcións son moi variadas, por exemplo; preparar as instalacións, recibir aos árbitros e ao equipo contrario, presentar fichas federativas, solucionar problemas...
Que obxectivos esperas que alcance o equipo? Sobre todo manter as escolas deportivas. Os nenos son o maior obxectivo, o dos adultos é só un premio. Como presidente do equipo, que tarefas desempeñas? Falar con empresas para patrocinio, co concello, organizar todos os eventos deportivos... Son o presidente pero hai tres ou catro persoas que exercen case como presidente. Que desafíos afrontades? Repítome, manter as escolas deportivas, tanto desde a categoría masculina como feminina.
Canto tempo fai que te adicas a isto? Fai uns 3 anos. Esta parte do teu traballo tómala como un pasatempo? Como un reto, conseguir que os nenos aprendan e divírtanse co balonmán, aprender ao que é competir e o traballo en grupo. Que opinas sobre os xogadores? Os xogadores sexan senior, nenos ou directivos somos como unha gran familia, apoiámosnos e preocupámosnos uns polos outros. Esperabas que chegase tan lonxe como está agora? Si, a verdade é que si. 30
Que obxectivos esperas que alcance o equipo? Conseguir que o club este entre uns dos mellores de Galicia. Cales foron os logros máis importantes? Conseguir a clasificación á fase de ascenso.
No equipo, como ben dixo Carlos, son como unha gran familia, na que a afección tamén estamos incluída. Alba Bouzó Aldara Rincón 4ºA
31
"O MÁIS IMPORTANTE, SER UN EXEMPLO PARA OS NENOS E QUE SE FIXEN NUN PARA MEDRAR"
Yoel Rodríguez Oterino, coñecido como Yoel, orixinario de Arbo, é o porteiro do Celta de Vigo. Tras varios anos no fútbol base vigués, o club celeste decide contar con el como membro do primeiro equipo para a tempada 2009/2010. O seu debut co primeiro equipo é na Copa do Rei, o 2 de setembro de 2009 ante o Real Unión de Irún. Non obstante, non é ata o 20 de marzo de 2010 cando a baixa por sanción do seu compañeiro Ismael Falcón lle permite ser titular e debutar en Liga no partido fronte ao Cartagena Club de Fútbol.
32
- Onde empezaches a xogar?
fixen nun para medrar.
Nun equipo que se chamaba "Julimar" que adestraba o meu tío. - Sempre quixeches xogar como portero?Cómo o decidiches?
- Cal é a mellor afección de España á parte da de Balaidos? Por que?
Non… O que pasa é que daba moitas patadas; entón non podía xogar nesa posición.
A do Atlético de Madrid sen dúbida. Por como animan, por como te podes sentir como futbolista nese campo.
Obrigáronme; por dicilo así, obrigáronme un pouco a ser porteiro. - De pequeno quen era o teu exemplo a seguir? E agora?
- Gustaríache xogar noutros equipos que non fosen o Celta?
Cañizares, sen dúbida; era o meu modelo.
- Gustaríache xogar noutra liga?
E agora... Ben, agora, teño que ser eu o meu exemplo a seguir. - Como te ves como porteiro? Sempre hai que intentar o mellor e que a xente estea contenta. - Es supersticioso? Tes algún amuleto? Porque sendo o 13... Non nada. Aínda que… sempre adoito entrar co pé dereito ao campo e nada máis.
Non, ao final o fútbol obrígate algunhas veces a irte pero sempre intentas estar ben no teu equipo Como xa dixen antes, ao final o fútbol obrígate a irte. - Algunha vez pensaches na posibilidade de ir á selección? Xa me tocou ir de pequeno agora touca traballar por se algún día soa a campá. - Como te sentiches no teu primeiro partido en primeira?
- Que é o que máis che gusta da afección de Balaídos?
Sempre tes esa incerteza que ata que levas 15 ou 10 minutos de partido non te dás asentado no campo.
Si. Gústame que canten a "Rianxeira".
- Se non foses futbolista, que te gustaría ser?
- Como te sentes ao saber que hai moitos nenos que te teñen como referencia?
A min encántanme os cabalos así que algo relacionado con eles. Paula Antón e Iria González 4º C
Iso é o máis importante, ser un exemplo para os nenos e que se
33
"CANDO CHEGA A INSPIRACIÓN, SIMPLEMENTE A SOLTAS"
O beatbox é a arte de imitar os instrumentos coa boca co fin de crar música. Iván, naceu en Torrevieja, lugar do cal foise para vivir en Galicia. Con tan só dezasete anos de idade practica un beatbox digno dun profesional, o cal é digno de admirar xa que os seus inicios no mundo da música viñeron no 2013.
34
Como empezaches no mundo do beatbox? Todo empezou un dia que dous dos meus mellores amigos e eu vimos ao youtuber "O Rubius" facer catro cousiñas, e vendo máis e máis en internet acabamos practicándoo. Tes algunha aspiración con el? Si, gustaríame chegar a ser un famoso beatboxer e poder ir á beatbox world championship. Valo a tomar como profesión futura? Se sigo con este ritmo, si. Gustaríame bastante poder vivir de algo que me gusta tanto e dáseme tan ben. Canto tempo lle adicas ao beatbox? O beatbox para o min non ten horario. Podo estar todo o día facendo beatbox, porque non é algo que se practique de tal hora a tal hora. O beatbox cando chega a inspiración, simplemente a soltas. En que ou quen te inspiras? No beatboxer Reeps One, Markooz, Skiller, Slizzer, Vathang, etc... Como aprendes novos estilos ou "trucos"?
Mediante tutoriales en youtube ou ao escoitar algún son que me gusta intento repetilo coa boca. Pensaches algunha vez en participar nalgún concurso?, Fixéchelo? Si, gustaríame xa que así podería darme a coñecer. Polo momento non, pero espero que nun futuro próximo participe nalgún. Cal é o teu beatboxer favorito e por que? Slizzer e Reeps One. Slizzer gústame os seus beatbox, a imitación de cancións son incribles e bastante difíciles. Reeps One, polo seu estilo, ten un estilo moi "solto" por así dicilo, non é tan estirado como outros e o seu beatbox é fascinante, único. Ves futuro con isto? Eu, sinceramente, si. Se me poño en serio creo que podería ter bastante futuro, pero como todo nesta vida fai falta traballo duro e esforzo para lograr que as miñas prácticas se convertan en triunfos. Abel 4º C
35
"ESTE XOGO É O CENTRO DOS TORNEOS E DA ATENCIÓN"
Daniel Moure é o 480 xogador de España ao Black Ops II en Playstation 3, algo bastante meritorio tendo en conta que neste país xogan aproximadamente unhas setenta mil persoas. Ficha persoal do entrevistado: Nome en playstation 3: Dcs_Beast_OMG Idade: 14 anos Traballo: Estudante de 3º ESO Lugar de residencia: A Cañiza
36
Xogas todos os días á Playstation? Pois non, debido aos estudos xogo só os fins de semana, ás veces algún outro día, pero ten que ser por algunha cousa importante. Cantas horas diarias xogas eses días á Playstation? Eu diría que unha media de catro ou cinco horas co equipo practicando e facendo ts (amistosos con outros equipos da LVP) Que é a LVP? Son as iniciais de Liga de Videoxogos Profesional, é a nivel nacional e compítese nunha grande diversidade de xogos Tes pensado seguir xogando a saga Call of Duty co novo Call of Duty Ghost? Claro, a competición vai avanzando e agora mesmo este xogo é o centro dos torneos e da atención. Outra cousa diferente é a opinión que teñas do xogo ou que sexa mellor ou peor, pero se de verdade queres dedicarte profesionalmente a isto, tes que seguir a innovación. A que xogos ademais do Call of Duty Black Ops II xogas? Un pouco de todo en xeral, sobre todo xogos de fútbol (FIFA 13) e de condución (Gran Turismo 6).
Si falamos de xogos que me marcaron, a saga Uncharted foi a mellor á que xoguei nunca. Xogas co mando de serie da Playstation ou che compraches un adicional? Teño un mando profesional. Chámanse mandos scuf e son usados por xogadores profesionais Que modelo é o do teu Playstation actual? Teño o modelo de Playstation 3 estándar de 360 Gb Tes pensado adquirir unha unidade da nova PS4? Si fóra por min claro que a compraría, pero a estas alturas todo o mundo sabe como esta España, neste momento é probable que non a compre. Tes pensado subir vídeos xogando a youtube tal como fan variedade de youtubers? Pois a verdade é que si, estou pensando seriamente esa posibilidade. Gustaríame empezar a subir vídeos simplemente para entreter á xente, para que vexan do que son capaz. Manuel, Laura, Fabián e Diego 4ºC
37
"O QUE MÁIS ME GUSTA É ESQUIAR E GOZAR DAS SENSACIÓNS CANDO ESTÁS NO AUGA"
O Wakeboard é un deporte que se realiza de pé sobre unha táboa que se desliza pola superficie do auga. A persoa se calza unhas botas que van unidas a unha táboa similar á de surf e á súa vez suxéitase coas mans a unha cordo que vai enganchada a un mecanismo de tracción que tira dela. Alberto Búa nos fala deste deporte e das súas experiencias.
38
Ola Alberto, por que non nos falas un pouco de ti? Chámome Alberto Búa Torrado, teño 33 anos e son de Vilagarcía de Arousa, pero me podedes atopar no cablesquí de Vieira do Minho a poucos quilómetros de Braga (Portugal). Cales son os teus patrocinadores e cando che iniciaches neste deporte? Hyperlite, Nautique, Vans, Arnette, Bench, Rough. A miña primeira vez foi no 2003 e desde entón nunca deixei de practicalo. Que prefires: barco ou cablesquí? Gústanme os dous, pero está claro que o cablesquí é moito máis económico que o barco. Creo que o mellor do cablesquí é o ambiente que se crea debido a que poden esquiar entre 5 e 8 persoas á vez e iso é o que realmente engancha á xente a este deporte. Cal foi o teu primeiro campionato? A miña primeira competición foi en Galicia no Campionato Galego do cal proclameime campión. Que é o que máis che gusta do Wakeboard? Viaxar, coñecer xente e lugares impresionantes pero sen dúbida o
que máis me gusta é poñerme a táboa, esquiar sen pensar en nada, esquecer os problemas e gozar das sensacións cando estás no auga. A túa mellor virtude e o teu peor defecto? Non son nada avaricioso e penso que o meu é dos meus amigos e o meu peor defecto é que son moi competitivo. Que fas no teu tempo libre? Pois un pouco de todo, en Galicia o clima non nos permite estar todo o ano facendo wakeboard así que no inverno practico snowboard e motocross ou calquera cousa que teña que ver co risco e o deporte. Qúe trucos son os que máis che gustan? Os que máis me gustan son os aéreos e os de corte porque creo que é onde se ve o estilo e nivel do esquiador. Xa que nos falas dos trucos de corte: cal é o tipo de cortada que máis empregas? Depende sempre do truco que vaiamos realizar, si necesitamos chegar máis lonxe utilizaremos unha cortada de pé e si necesitamos máis altura e menos lonxitude usaremos unha cortada media, por exemplo para un invertido. Grazas polas túas palabras Búa, para acabar podes saudar a 39
quen queiras. A todo aquel ou aquela con quen pase un bo intre en calquera cable ou simplemente falando de wake.
Á miña familia, á miña noiva, aos meus amigos, a toda a xente do cable de Vieira e a todos os que practican este deporte. ¡Un saúdo!
40
Pasatempos 41
BUSCA AS SETE DIFERENZAS
42
ADIVIÑAS Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca. Estou pensando, pensando; de pensar vólvome tola. Coa sogra da muller de meu irmán, que parentesco me toca? ...adiviña adiviñanza, que cousiña é, que canto máis lle quitas, máis grande é?
SUDOKU Completa as celdas de xeito que todas as filas, as columnas e os cadros 3x3 conteñan os números do 1 ao 9.
43
Paleta de cores 44
I CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
Convocouse este ano un concurso de banda deseñada entre o alumnado de secundaria. O xurado elixiu como gañadora do primeiro premio a Sofía Fidalgo de 1º A ESO. O segundo premio quedou deserto. O premio, consistiu nunha colección de novelas gráficas, entregouse no festival de fin de curso.
45
O CENTRO VISTO POR ALUMNOS DE INFANTIL
46
E ALGUNHAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
47
ADIVIÑADES CALES?
48
49
SOLUCIÓNS
Adiviñas: o muíño, a miña nai, o furado Sudoku: 6 8
7
5
1
7 7
9 9 6
1
3
2
2 8
5
2
3
2 6
9
4 8
6
9
7
9 3
5
4
8
5
3
1
3
3
7 1
50
O noso agradecemento a todos os que participaron na elaboraci贸n da revista. EDLG
51
52