Revista Tangaraño 2016

Page 1

2016 CPI A CAÑIZA

O TANGARAÑO

REVISTA ESCOLAR


O Tangaraño é a revista escolar na que se persegue a participación e o encontro de inquietudes e opinións de toda a comunidade escolar. Esperamos que gocedes léndoa como nós gozamos facéndoa.

Que festexamos ? ..............3 Hoxe viaxamos a... ...........34 Paleta de cores ...............52 Pasatempos ....................72 Con boa letra ..................79

*Imaxe da portada Sara Carballo 5ºB EI

2


Que festexamos?

3


As festas e celebracións son unha parte vital da nosa vida escolar e o plan de estudos incorpóraas nos temas e actividades de clase. Estas celebracións, festas e actuacións permítennos invitar a toda a nosa comunidade escolar: pais, familiares, veciños e amigos da escola. Moitas das nosas festas baséanse nas festas tradicionais españolas e galegas (Nadal, Pascua, Letras galegas, Entroido, magosto) e tamén hainas da nosa comunidade escolar como os mercados e as festas trimestrais. As estacións do ano rexen as nosas festas e tamén o desenvolvemento de certos valores e calidades significativas para o desenvolvemento humano. Toda a temática das nosas celebracións preséntase nas clases a través de contos, cantigas, teatro, decoración. Algunhas das nosas festas realízanse na intimidade das clases pero a maioría delas son celebradas por toda a comunidade escolar. Estas son algunhas das nosas festas máis importantes...

4



Un ano máis, chegou o Samaín tamén ao noso centro. Neste curso festexámolo con dous concursos entre o alumnado de Infantil e Primaria. O primeiro, Concurso de relato curto, estivo dirixido ao alumnado de 3º a 6º de EP. Nel os participantes debían realizar uns relatos curto de terror. A continuación podedes ler os relatos gañadores.

O COLEXIO DOS MORTOS Hai moitísimo tempo, no mesmo sitio que se atopaba o colexio do noso pobo, había unha casiña vella, moi vella... Nela vivía un avó, unha avoa e os seus dous netos. Un chamábase Xián e o outro Xosé, os dous case da mesma idade, o primeiro de once e o segundo doce. Os dous sufriran un accidente cos seus pais canso só tiñan tres e catro aniños, no cal os pais perderon a vida. O raro do accidente e que foi pola noite nesa mesma casiña. Os cativos eran moi pequenos, e case non o lembraban. Os veciños máis próximos contan que na noite do Samain algo terrible pasou; escoitáronse berros, alaridos e choros de cativos tan fortes que todos os que vivían preto espertaron de súpeto e con moitísimo frío, como se de repente caesen as temperaturas dez graos centígrados. Correron todos os que se atreveron a saír da cama, o resto taparon a cabeza e esperaron. Os que chegaron non foron quen de superar o que viran, foi aterrador. Un dos cativos, cheíño de sangue, miraba pola fiestra e sorría. Un dos veciños decidiu entrar a ver que pasaba, pero unha vez dentro xa non saíu, a súa muller comezou a chamar por el a berros, de súpeto Xosé tamén se asomou a ventá xunto co seu irmá, tamén cheíño de sangue, pero este mastigaba algo mentres sorría. Aos pais non se lles vía por ningures. Tres veciños 6


máis decidiron entrar. O que contan é que os nenos rían sen parar e que non deixaban de mirar para a porta da habitación dos seus pais. Alí atoparon ao outro veciño que entrara primeiro mirando cara o teito nun estado de “shock”. Alí pegados ao teito estaban os dous, papá e mamá mortos e co corpo cheo de sangue e de golpes, cos ollos abertos e a súa impresión de pánico. Non se soubo nada do que aconteceu. Créese que foi un ladrón quen os colgou no teito. Os nenos rían polos feitos e os nervios, o que nunca se explicou foi como eles estaban cheos de sangue, e nunca se lles notou nada, coma se non pasasen por aquilo. Contan as malas linguas que foran Xián e Xosé os que os mataron, porque estaban posuídos polas almas de dous homes, dous asasinos que viviron antes naquela casa e que os propios aldeáns mataran colgándoos e dándolles unha tunda. E que deste xeito atoparan a maneira de vingarse. Aínda hoxe no colexio público desta vila, chamada A Cañiza, din que polas noites cando non hai alumnos nin profesores, escóitanse risas de cativos e dúas voces de persoas que agonizan...Este colexio construíuse sobre as cinzas do Mal.

Aitana Feijoo 6ºA EP

A VINGANZA Fai anos aconteceu algo magnífico, extraordinario, pero sobre todo TERRORÍFICO. Aconteceulle ao meu neto Cristóbal. Eu oin que aquí en Galiza, onde nos mudamos hai un par de anos, había moitas lendas interesantes, pero nunca crin que en Mondariz, a miña vila, ía acontecer o sucedido, estades listos para facervos pis enriba?

7


Era 1 de novembro, o ceo comezou a pórse MOI escuro, os lóstregos cubrían o ceo. Eu rematara de cear pero aínda me quedou un oco para unha cunca de chocolate quente. O meu neto que fora cos amigos, non chegou á hora acordada. Non me preocupei pensando que co frío fora durmir á casa do seu curmán. Deiteime, foime imposible coller o sono, posto que oía ruídos estraños na cociña e o ñeec, ñeec! dunha porta. Non me sorprendín ata que.... Alguén entrou na habitación. UFF, era o meu neto pero, por que a esas horas? Estaba raro e coa pel descolorida como cando está enfermo. - Que pasa Cristobal? -Nada "NADA" foi a súa última palabra antes de caer sobre a cama e morrer. Eu, agora teño 94 anos, sigo investigando por que faleceu, e por fin o pescudei. Así que escoitade: Era verdade, e vós direi o que. A lenda de Grefey, que é unha especie de E.T. feo que, cando tiña 3 anos empregárono para facer experimentos, e agora quere vingarse. Escolleu ao meu neto porque estaba festexando o Samaín cos amigos e fixérono esa noite porque o traballo non llo permitira antes. Cristóbal disfrazárase de científico e Grefey viuno (porque Grefey veo todo porque o demo contratouno de secretario) e quixo matalo para cumprir ca débeda pendente cos científicos. Grefey tamén mata aos nenos mentres dormen pero, tranquilos! Só mata a os que se rín das imperfeccións das persoas. Así que como vexades, pero Grefery NON PERDOA.

Claudia Machado 6º A EP

8


O alumnado de Educación Infantil e do 1º, 2º e 3º nivel de Primaria realizaron a actividade creativa “Activa o teu maxín” con material de refugallo. Entre todos os monstros presentados, seleccionáronse os de: 4º E. 5º E. 6º E. 1º E. 2º E. 3º E.

Infantil: Celia Barba Infantil: Ana Gil Infantil: Lois Domínguez primaria: Xoel Sendín primaria: Icia Montes primaria: Zaira Estévez

9


Tamén contamos cun contacontos, Anxo Moure, para infantil, primaria e 1º ESO que presentou o tema dos contos do "Carballo con Botas" que fomentaba o coñecemento das árbores a través da diversidade do seu nome.

10


11


NADAL

12


Para festexar o Nadal, celebrouse o concurso de postais do CPI A Cañiza, entre os alumnos de Educación Infantil e Primaria. Coas postais gañadoras deseñouse unha nova que se enviou ás familias para felicitarlles o novo ano. O xurado destacou a orixinalidade de Alexia Miguélez Gómez de 5ºA de E. Infantil, Marola Pérez-Labaca Rocha de 2ºA, Alba Raña Rodríguez de 4ºB e Laura Prieto Álvarez de 5ºA de E. Primaria.

Coma sempre é difícil a elección das gañadoras xa que moitas outras estiveron a piques de ser elixidas. Con elas fíxose unha exposición no edificio de Infantil e Primaria.

13


Como todos os anos no Festival de Nadal os alumnos participaron con panxoliñas, cantigas e distintas representacións.

Este ano en Secundaria contamos coa actuación do dúo Os Monifates: Alberto Millán Betanzos e José Piñeiro Pérez. Ambos artistas, que contan cunha ampla traxectoria no mundo da música e no traballo de recuperación de instrumentos tradicionais galegos, explicáronos a orixe e o proceso de fabricación dalgúns instrumentos antigos.

Tamén tivemos campionatos deportivos, e o partido profesores alumnos.

14


15


O día 30 de Xaneiro conmemóramos o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz, unha data na que aproveitamos para traballar máis especificamente co alumnado distintos aspectos da cultura da paz axeitados ás idades diversas e con actividades de centro e de aula.

16


17


O alumnado de 4ºESO decorou o centro coas máscaras feitas durante o entroido na materia de Plástica. Aquí podedes ver unha sensacional mostra da súa creatividade.

18


19


Festexamos o entroido co concurso de disfraces. A participación foi elevada, incluíndo aos profesores. Este ano o motivo elixido foron as bandas deseñadas.

20


21


No concurso de doces houbo tamén unha elevada participación. As gañadoras foron: Iria Alonso Rivera e Carla Gómez Troncoso (1º B), Ana Pérez Machado e Nadia Filipa Simoes De Carvalho (3º A) e Sara Portugués Fernández (4º B).

22


Teatro Kamishibai Os nenos colaboradores da biblioteca de primaria (alumnado de sexto), contáronlles contos aos nenos de infantil, nas sesións de “hora de ler”, despois dos recreos. Os contos representados en Kamishibai, “Teatro de papel", tocaron temas e sentimentos xerais de acordo coa súa idade. Estes asistiron a un espectáculo no que todos, puideron gritar, rir..., compartindo os mesmos sentimentos.

23


24


25


Co gallo do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Manuel María, no edificio de primaria fixemos unha declamación de poemas do autor (un por cada nivel de infantil e primaria) e completáronse uns murais exteriores (tamén un por cada nivel).

26


27


Mentres, o alumnado de secundaria festexaba o Día das Letras Galegas coa interpretación por parte do coro dos alumnos da Cañiza da Cantiga “O Carro” e as lecturas de poemas do homenaxeado.

28


Entregáronse os premios do concurso de caligramas, convocado polo dpto. de Lingua Galega e o dpto. de EDLG, e os alumnos de secundaria asistiron á actuación dun monólogo a cargo de Cándido Pazó.

29


Día da Saúde Este día a clase de 3ºC fomos facer pinchos de froitas variadas. Foi moi divertido. Baixamos á cafetería na hora de lectura e na terceira hora. Comezamos pelando as froitas: mazás, plátanos, mandarinas, uvas e fresas. Xa troceadas, fixemos as brochetas de froita para todo o colexio, arredor de duascentas cincuenta. Tivemos que poñer en bandexas o mesmo número de brochetas que alumnos había en cada aula. Finalmente fómolas repartir polas clases e creo que a todos lles encantaron. Non quedou unha! Marta Paramés Riveiro 3ºC

30


Mes do Libro Este ano, aproveitando a conmemoración do IV Centenario da morte de Cervantes, tamén tivemos a nosa aportación cunha exposición de carteis sobre Cervantes elaborados polo alumnado de 2º e 4º ESO.

31


32


33


Festival de fin de curso Para rematar o curso, e organizado polo departamento de música, o alumnado de secundaria festexou o festival de fin de curso na Aula de Cultura do Concello da Cañiza. Na gala, presentada por Mª Isabel Iglesias e David Esteso de 3º A, participaron os alumnos dos distintos cursos de música e o coro do CPI. Finalizou coa actuación dun ex alumno, Julio Iván Iglesias que amenizou o fin de festa.

34


35


Visita á E.D.A.R. de A Cañiza O mércores, 16 de decembro, pola mañá os alumnos e alumnas de primeiro da ESO foron de visita á Estación depuradora de A Cañiza.

Desprazáronse en autobús ata as instalacións da depuradora, primeiro os alumnos de 1º C, seguidos dos de 1ºB e por último os de 1ºA. Foron acompañados das profesoras de Bioloxía e Xeoloxía, Irene e Ilda.

Alí foron recibidos por dous traballadores da depuradora, José Joaquín e Pablo, que lles mostraron as instalacións e os procesos tan curiosos que se realizan para devolver as augas limpas ao río Deva.

36


TamĂŠn lles deron uns pequenos consellos para facer do noso planeta un lugar mellor. Alejandra Carballo Rivas 1ÂşC

37


Visita aos Museos científicos de A Coruña

Na excursión de Bioloxía fomos a Coruña, onde visitamos distintos museos, como a Domus, o Museo da Ciencia e o Acuario Finisterre. Primeiro visitamos o Museo da Ciencia. Alí tivemos a sorte de ver no planetario as distintas constelacións. Tamén interactuamos cos distintos experimentos que había. Entre eles, puidemos observar o nacemento duns pitiños.

38


Ao rematar a primeira visita, acudimos á Domus ou Museo do Home. Alí había un corazón xigante para observar por dentro. Tamén vimos o vídeo dunha muller dando a luz. Neste museo había moitas actividades interesantes relacionadas co home. Despois da visita comemos no propio museo.

Pola tarde, e por último, visitamos o Acuario Finisterre. Pola nosa conta, observamos distintos animais mariños: quenllas, medusas e variedade de peixes. Debido ao temporal non puidemos ver ás focas. 39


A excursión gustounos moito, foi entretida. Recomendámoslla ao alumnado do próximo ano para que goce tanto coma nós. Sofía Fidalgo Fernández e Sheila González Barcia 3ºC

40


O club de lectura visita Allariz

Foi un día xenial! Visitamos e coñecemos moitos lugares. En primeiro lugar, fomos a Allariz. Alí ensináronnos moitas igrexas, as pontes, os seus parques espectaculares e as historias destes marabillosos lugares. Como alí estaban en festas, contáronnos a historia do pobo e o que facían por esas datas. Estes para celebralo, corrían diante ou detrás dun boi, evidentemente atado. Despois fomos ao museo da moda onde nos ensinaron moitísima roupa e...deixáronola probar! Como nos sobraba tempo fomos a Ourense, onde nos deixaron comprar nas tendas da rúa do Paseo e dar unha volta por alí. Pasámolo moi ben! E para o ano gustaríame volver. Noemi Fernández Álvarez 2ºESO

41


42


Visita a San Cibrao de Lás

O mércores 25 de maio fomos ver os castros de San Cibrao de Lás. Os castros eran as casas onde viviron os celtas hai moitos anos. O guía amosounos as cousas que tiñan os poboados de castros. Entramos pola rúa principal e polos camiños que agora serían como as actuais estradas, só que estaban feitos de terra. Como nos dixo el, os castros eran casas de pedra cun buraco grande no centro onde se espetaba un pau grande que suxeitaba o segundo piso onde estaban as súas habitacións, e por debaixo delas estaba a cociña.

43


Estes poboados tiñan foxo e dúas murallas de pedra para protexerse dos inimigos. Onde acababa a muralla máis pequena estaba unha especie de corte para gardar aos animais e posiblemente fora alí onde soterraban as cinzas dos defuntos e facíanlle o culto aos deuses. Tamén había unhas pedra onde estaban representadas unhas letras que daban lugar ao nome dun deus ou dunha deusa, isto polo tanto era un petroglifo. Seguimos camiñando e subimos enriba dunha das murallas. Baixamos cara a entrada principal e vimos canles de regadio e un pozo. Así rematou a nosa experiencia no castro de San Cibrao. Cristina Esteves Estévez 1° C

44


Visita a Celanova Grazas á esta excursión os nenos de 2º ESO do CPI da Cañiza coñeceron moitas cousas. O 11 de maio do 2016 os alumnos foron a Celanova a tocar a frauta e de paso a coñecer o mosteiro e un pouco do órgano que hai alí. Máis tarde, cando acabaron, comeron e foron coñecer as Burgas e pasear pola cidade de Ourense. Vera Riveiro Rodríguez 2º C

45


Visita a Pontevedra

O alumnado de 3º ESO, grazas as actividades no marco do Proxecto terra, visitamos o 26 de abril a cidade de Pontevedra. A visita inicióuse cun percorrido en autobús pola ría ata chegar ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán, onde paseamos polo parque de Lourizán con explicacións a cargo dos guías.

A continuación fixemos un roteiro en autobús desde Lourizán por distintos barrios de Pontevedra, rematando o percorrido na Alameda, diante do Concello.

46


Acompañados por unha guía visitamos o centro histórico de Pontevedra facendo fincapé nas actuación de peonalización e restauración así como na arquitectura histórica do casco. Rematamos á hora do xantar na Peregrina.

Pola tarde xuntámonos na praza da Ferrería para encamiñarvos cara o Museo de Pontevedra desde onde encamiñámonos de volta cara o centro.

47


Excursión 4º ESO O primeiro día fomos a Segovia, de camiño a Madrid, ali vimos o acueduto e comemos pola nosa conta. Chegamos a Madrid pola tarde e fomos aos bungalows, onde distribuímos as habitacións. Pola noite vimos o musical "El rey León", pareceunos impresionante.

O segundo día tivemos unha visita guiada por Toledo. Visitamos a catedral, a sinagoga e o barrio antigo. As vistas desde o parador de turismo de Toledo son espectaculares. Pola tarde visitamos o Museo de El Prado.

48


O terceiro día estivemos visitando Madrid, a zona dos Austrias, o parque de El Retiro, ao Hard Rock,… Pola tarde visitamos o Santiago Bernabeu.

Ao día seguinte estivemos na Warner. Ao haber tantas atraccións pasamos todo o día no parque e pasámolo moi ben. O último día íamos visitar Salamanca, pero choveu, polo que aproveitamos para descansar durante a viaxe de volta. Esther Ogando, Alexandra Alonso e Natalia Sendín 4º ESO

49


Excursión ao Parlamento de Galicia O 3 de maio, os nenos e nenas de terceiro dirixímonos ao Parlamento de Galicia. Cando chegamos ao noso destino, tivemos que pasar un control para acceder ao edificio. Unha vez dentro atopámonos cun guía moi simpático que nos explicou moitas cousas interesantes. Visitamos algunhas salas importantes do Parlamento e vimos nun televisor un debate en directo. Despois fomos á biblioteca e algúns compañeiros realizaron un debate. Fixérono moi ben.

Como visita final, o guía levounos a unha sala onde tiñan lugar os debates máis importantes. Os máis atrevidos incluso saíron a falar. Alí coñecemos a unha periodista moi agradable que era da Cañiza.

50


Unha vez rematada a visita ao parlamento galego, camiñamos polas rúas de Santiago. Fomos á catedral e vimos algunhas facultades. A continuación xantamos na Alameda e tamén compramos xeados. Rematamos o roteiro polas rúas da parte nova de Santiago, e regresamos á Cañiza. Sara Gónzalez e Samuel Lorenzo 3ºB

51


PALETA DE CORES 52


III Concurso de Banda Deseñada Convocouse o III concurso de banda deseñada entre o alumnado de secundaria. O xurado elixiu como gañador do primeiro premio a "Kiwiro" de Nacho Domínguez, Alejandro Carballo e Brian Gómez de 1º C. O segundo premio correspondeu "Menudo día no monte" de Marcos Álvarez e Nacho Álvarez de 1ºB. Os premio entregouse no festival de fin de curso.

1º Premio

2º Premio

A continuación podédes ver as bandas deseñadas gañadoras:

53


54


55


56


57


58


Recollemos algúns dos traballos artísticos realizados polo alumnado ao longo do curso. Gozade co seu talento!

Candela Pazos 4ºB EI

Alba Cayetano 4ºB EI 59


Joana Domínguez 4ºB EI

Lía Rivera 4ºB EI 60


Lucía Iglesias 5ªB EI

Teresa Lago 5ºA EI 61


Carmen de Sá

Noemi Fernández

Noemí González

Jorge Gómez

62


Obradoiro de Nadal na aula de EPV

63


Exposición dos traballos de Bioloxía de 1º ESO

64


65


Aarรณn Giraldez 1ยบA

Carla Gรณmez 1ยบB 66


Iria Alonso 1ºB

Jésicca Dominguez 1ºC

67


Nacho Domínguez 1ºB

Xiria Pérez 1ºC

68


"Movemento do vento" Obradoiro de EPV de 4ยบ

69


Amine Bensoultana e Xoel Pintos 1ยบ A

70


Andrea Fernández 2º B

Sara Benítez e Claudia Susana Cazapal 4º A

71


Iria Gómez e Alba Castro 4º

Sara Benítez e Claudia Susana Cazapal 4º A

72


Club de lectura 1ยบ ESO C

Carla Gรณmez 1ยบB

73


Rubén Gómez 1ºB

Nacho Álvarez 1ºB

74


PASATEMPOS

75


 Que cousa cousiña corre, corre e nunca chega á casiña?.

 Unha saba branca, sen algodón cobre o mundo e o río, non.

 É longo como un camiño e vai fozando como un cochiño.  Saimos cando anoitece ímonos ao cantar o galo e hai que di que nos ve cando lle pisan un calo.

Completa as celas de xeito que todas as filas, as columnas e os cadros 3x3 conteñan os números do 1 ao 9.

76


Carballo Sobreira Maceira Faia Sanguiño Piorno Piñeiro Salgueiro Freixo Amieiro Eucalipto

77


78


CON BOA LETRA


Hei morrer polo teu amor A estrela Polar namorouse do cometa Halley pero unicamente o podía ver cada 76 anos. Cada vez que viña traíalle algún agasallo: un anel de Saturno, un pixama de Venus.... Ela quería marchar con el, pero non podía deixar de orientar a xente cara o Norte. Xurou que cando pasara, iría con el. Cando chegou 2061 el volveu pasar por alí a saudar, e ela díxolle que se ía con el. Sorprendeuse porque non podía deixar o traballo, pero ela dixo que un satélite que andaba por alí ocuparíase de todo. Cando lle foi dar a man sentiu frío pero non lle importou. El tamén quería deixar de facer sempre o mesmo percorrido. QUE PASARÁ ?

Iria Alonso 1º B

80


81


82


Ana Rodríguez, Noemi Fernández, Nerea Montero, Emma Pérez, Vera Riveiro e Iolanda Gil 2ºC

83


84


85


CANTIGA DE AMIGO Boto de menos ao meu amigo, Sabe Deus cando virá comigo Ai Deus, onde estará?

Boto de menos ao meu amado Sabe Deus se cumplirá o acordado Ai Deus, onde estará?

Sabe Deus cando virá comigo Sigo sen novas do meu amigo Ai Deus, onde estará?

Sabe Deus se cumplirá o acordado Sigo sen novas do meu amado Ai Deus, onde estará?

Marta Álvarez Lorenzo 3º B

86


87


TORTILLA DE VEXETAIS Ingredientes: - 6 ovos - 1 cebola -3 patacas -1 pemento vermello -1 pemento verde - champiñóns 1 cabaciña - olivas negras - 1 tomate - aceite - 1 chisco de sal - espárragos Pasos a seguir: Primeiro pelamos as patacas e lavámolas, o mesmo proceso facémolo ca cabaciña e coas cebolas. Cortamos os vexetais. Segundo, poñemos aceite na tixola. Cando este quente engadimos os vexetais cun chisco de sal. Terceiro, cando os vexetais estean cociñados botamos os ovos, mesturámolo coas verduras. Cuarto, na tixola fritimos as patacas e mesturámolas cos ovos e os vexetais. Por último, botamos a mestura na tixola... e a comer! Mª José e Érike 2º A

88


SOLUCIÓNS AOS PASATEMPOS ADIVIÑAS  A auga

 O río

 A neve

 As estrelas

SUDOKU

DIFERENZAS

SOPA DE LETRAS

ALPHABET SOUP

89


O noso agradecemento a todos os que participaron na elaboraciรณn da revista. EDLG

90


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.