B R E V E GAT OPE DI A I LUS T R A DA
• Zoraida Zaro
Zoraida Zaro Breve Gatopedia Ilustrada
Título orixinal: Breve Gatopedia Ilustrada © do texto: Zoraida Zaro, 2016 © das ilustracións: Zoraida Zaro, 2016 © Lata de Sal Editorial, 2016 www.latadesal.com info@latadesal.com © da tradución: Rafa Salgueiro e Susana Collazo Rodríguez © do deseño da colección e a maquetación: Aresográfico ISBN: 978-84-944698-7-9 Depósito legal: M-6706-2016 Impreso en España Nas páxinas interiores usouse papel offset de 160 g e encadernouse en cartoné plastificado mate, en papel de 150 g sobre cartón de 2,5 mm. O texto escribiuse en Eames Century Modern. As súas dimensións son 210 × 297 mm.
E grazas a Logan e a Chasis sabemos que o saber gatuno si ocupa lugar. O do noso corazón.
O GATo D E B I B LI O T E C A
I
nsiste o señor Etiqueta (neto e avó de bibliotecarios,
respectado membro da comunidade, amigo dos seus amigos e despistada molestia dos seus inimigos) en falar da existencia
do misterioso Gato de Biblioteca, moito menos coñecido que o seu homólogo roedor e, en teoría, responsable directo das bólas de pelo que rodan polos andeis máis altos dos estantes, entre os tratados de física cuántica e as teses de zooloxía descritiva. Convive pacificamente co Rato de Biblioteca, porque os seus intereses alimentarios son puramente literarios e parece ser da opinión de que o rato, malia ser sonoro, é tipograficamente pobre. Coñece a teoría do elegante camiñar dos felinos da sabana, a axilidade dos felinos selváticos e o hieratismo dos felinos exipcios, pero prefire, claramente, adoptar a postura de rosca invertida en calquera andel, coidando que os seus cuartos traseiros reciban convenientes raios solares ao mesmo tempo que proxectan sombra sobre o libro que estea lendo nese momento, nun complicado exercicio de contorsionismo bibliófilo que realiza sen aparente esforzo.
o M.I.A.U.
T
odos os gatos nacen cun carné do M.I.A.U. (Movemento de
Intercambio Astronómico Universal). Móstranse moi fachendosos por isto, e non é para menos; emporiso, cada vez que lles acorda, proclámano aos catro ventos e todo son gritos de «miau, miau, que viva o M.I.A.U.». O carné do M.I.A.U. dálles dereito por nacemento gateiro a unhas cantas estrelas pequenas. Cando a curiosidade os vence, póñense en contacto con outro membro e realizan un intercambio para ver como son as estrelas dos demais. As regras son simples: poden xogar con elas, pero non amordicalas, e hai que devolvelas antes de que abra o día. Para gozar das súas estrelas, os gatos levan a cabo misteriosos trámites que unicamente eles coñecen. Se cadra, isto está relacionado con eses momentos en que miran absortos o ceo nocturno á vez que emiten un longo rosmar en voz baixa, e o que é seguro é que as súas demandas sempre son atendidas… unhas cantas noites máis tarde. As estrelas non chegan por correo, elas mesmas atopan o seu propio camiño para reunirse cos seus gatos. Os gatos, pola súa banda, en canto quedan sós, dedícanse a abrir as fiestras, as trapelas, os armarios e mesmo a levantar a tapa do váter; calquera sitio é bo para que entren as estrelas. No inverno, as peticións aumentan, pois as estrelas dan unha caloriña estupenda, como todas as cousas pequenas. De cando en vez ocorre algo extraordinario. Xúntanse varios socios e fan unha reserva colectiva. Se alcanzan o número estipulado, reservan a Lúa para eles sós durante unhas cantas horas. E iso recibe o nome de ‘eclipse’.
os P eixes G ato
O
tema de conversa favorito dos cans lobo de mar son os
peixes gato, eses felinos sirenios de natureza esquiva con clara predilección polas augas cálidas que gozan amordicando augamares e provocando desbandadas súbitas entre os bancos de atúns, e que son responsables directos das táboas de madeira rabuñadas que ás veces se atopan nas beiras das praias. O mellor método de avistamento consiste en lanzar un nobelo de la atado a unha cana de pescar mentres se di, non moi alto, «bsbsbs», preferiblemente nun día cálido á hora da sesta.
o G AT I LLO
A
expresión «Alto, ou aperto o gatillo!», un clásico das
películas do Oeste, non sempre se empregou para o mesmo. Antes de que se inventasen as armas de fogo, as persoas xa coñecían o poder de persuasión dos gatillos orixinais, que non eran outra cousa que os gatos máis pequenos e rebuldeiros das camadas. O gatillo é diminuto, pero o seu tamaño contrasta coa súa natureza explosiva. Apertar un gatillo (suavemente na tripa ou dándolle un lixeiro belisco na cola) adoita ter como consecuencia que saia disparado e que leve por diante, como mínimo, un floreiro da avoa, dúas fotos enmarcadas e un número de obxectos fráxiles realmente variable. É imposible ter boa puntaría apertando un gatillo, pois a súa traxectoria é totalmente imprevisible (aínda que con toda certeza, se hai algo que poida romper, acabará roto). Apertar un gatillo é algo que realmente é mellor non facer, por iso a expresión de advertencia «Alto, ou apértoo» adoitaba funcionar ben. Coa idade, os gatillos adoitan atoarse e volverse máis lentos, malia que algúns conservan parte da súa fogosidade e se disparan sós.
• Zoraida Zaro Reúne por primeira vez os mellores libros ilustrados de gatos nunha selección que deixará pegada. Libros de calquera parte do mundo con protagonistas enigmáticos, curiosos, independentes, elegantes… Para miañar de emoción. Son libros para as túas sete vidas. I S B N 978-8 4-94 4698-7-9
www.latadesal.com
B R E V E GAT OPE DI A I LUS T R A DA
Colección Gat