1 minute read

As Médulas

Next Article
Ponferrada

Ponferrada

As Medulas conforman unha impresionante paisaxe formado como resultado das explotacións romanas para extraer ouro. Son a maior mina deste metal ao descuberto de todo o Imperio Romano. O traballo de enxeñaría que se realizou para extraer o ouro alterou considerablemente o medio ambiente da zona, dando como resultado unha inusual paisaxe de areas avermelladas cuberto de castiñeiros e carballos.

Os grandes movementos de terra que se sucederon conformaron chairas artificiais que serven como vías de acceso a outras zonas como o Lago Carucedo, formado á súa vez polo taponamento dun val cos residuos da mina, e hoxe considerado humidal protexido.

Advertisement

O sistema utilizado para extraer o ouro era o chamado Ruína Montium: a auga dos regatos de montaña canalizábase e embalsábase na parte superior da explotación; a montaña se furaba cunha coidadosa rede de galerías moi pendentes, soltando a auga a través delas. A forza da auga desfacía a montaña e arrastraba as terras auríferas ata os lavadoiros, onde se recollía o ouro.

As Medulas non foron unha zona escollida ao azar polos romanos, había abundante auga e suficiente pendente como para utilizar esa auga como forza hidráulica, ademais de existir suaves pendentes cara ao Sil que se podían utilizar como desaugadoiros. Tendo en conta a cantidade de auga utilizada, a lonxitude e o número de ramificacións das súas canles, podemos considerar o sistema hidráulico das Medulas o máis espectacular dos coñecidos. Estímase que a lonxitude das canles era de aproximadamente 300 quilómetros. Aconstrución destas canles, que en determinadas zonas discorren baixo a roca, foi a obra máis difícil e cara de toda a explotación.

O militar e Historiados romano Plinio el Viejo, (23-79 d.C.) única fonte informativa directa coa que contamos, explica o proceso:

"En nuestro mundo [...] el oro se extrae de tres modos: en primer lugar en las partículas [o pepitas] de los ríos , como en el Tajo en Hispania [...], y ninguno es oro tan puro, ya que está pulido por la corriente y el flotamiento. Se extrae de otra forma mediante pozos o se busca derrumbando los montes”.

O emperador Trajano, nado en Hispania e un dos máis grandes de Roma, estivo coa VII Legio en León, controlando o funcionamento das Médulas. Podemos saber máis desta época no primeiro libro da triloxía sobre Trajano, de Santiago Posteguillo “Los asesinos del emperador”.

Hoxe en día as Médulas son un punto de atracción do turismo de senderismo, e conta cun centro de interpretación e con varias rutas sinalizadas de diferentes lonxitudes e dificultades.

This article is from: