1 minute read

Ponferrada

Next Article
San Isidoro

San Isidoro

A cidade de Ponferrada ten a súa orixe na Idade Media como asentamento ao longo do Camiño de Santiago. A finais do S. XI, o bispo astorgano Osmundo, e o rei Alfonso VI de León, ordearon a construción dunha ponte sobre o río Sil que facilitase o paso aos peregrinos a Compostela, ponte que foi reforzada con ferro. Era a "Pons-Ferrata" que cambiou así o nome do primitivo núcleo de poboación de “San Pedro", así chamado pola igrexa románica construída no século XII na honra deste santo.

Ese primitivo barrio uniuse ao pequeno poboado que o rei de León, Fernando II, creou na outra beira, sobre un promontorio rochoso ao que rodeaba unha cerca. Este recinto será ampliado nos séculos seguintes como fortaleza dos monxes Templarios (primeiro arrebatado e logo donado por Alfonso IX) e tamén como residencia de señores feudais, sendo este o barrio que se consolida no tempo como a cidade de Ponferrada.

Advertisement

Neste Castelo, na segunda Revolta Irmandiña, iniciada en Galicia e que se expandiu ao Bierzo, refuxiouse boa parte da nobreza galega que fuxía dos irmandiños. O Castelo sufriu danos antes de ser sofocada a revolta.

En 1440, Ponferrada pasou a mans de Pedro Álvarez Osorio, primeiro Conde de Lemos, e foi este importante persoeiro galego do S. XV quen realizou as grandes obras que configuran a actual fortaleza, que comprende: un Castelo (o chamado Castillo Viejo), un recinto amurallado e un palacio renacentista nun total de 8.000 metros cadrados.

É Monumento Nacional dende 1924 e alberga no seu interior o Templum Libri, unha estupenda colección de códices e manuscritos, o máis antiguo o Libro de Kells, do S. IX.

This article is from: