Club Arao Polas terras do Bierzo

Page 7

Club de Lectura ARAO

Por terras do Bierzo

León

É unha cidade monumental con moito que visitar. A catedral, emblema da cidade, tanto no seu exterior como no interior, e a Colexiata de San Isidoro xa a temos nos nosos plans, pero hai moitas máis cousas, desde o legado romano ata o Parador de San Marcos (de estilo renacentista e prisión de Quevedo durante 4 anos e tamén prisión na guerrra civil), por exemplo, e sen deixar de dar unha voltiña polas rúas estreitas e empedradas do “Barrio Húmedo” co seu tapeo, xa que León ten unha excepcional gastronomía.

A orixe do nome da cidade provén da palabra latina legio, que fai referencia á Legio VII Gemina, a Lexión Romana que fundou a cidade no seu actual emplazamento. Entre otras cousas León albergou as primeiras Cortes da historia de Europa, no 1188, baixo o reinado de Alfonso IX, gracias ao que no 2011 foi proclamada por la UNESCO e pola Junta de Castilla y León como “Cuna del Parlamentarismo”.

Como productos típicos da cidade, e do Bierzo en xeral, podemos destacar a cecina e o chourizo, queixo de Valdeón (azul), o botillo e os viños con denominación Bierzo. Tamén podemos adquirir as famosas mantecadas deAstorga ou os Imperiales de Las Bañeza...

Catedral

Sta. María de Regla, tamén coñecida como a “Pulchra Leonina” (La bella leonina) está levantada no lugar que ocupou a anterior catedral románica e antes un pazo real, sobre unhas antigas termas da VII Legio Romana, remontando a súa historia ata o S. X.

Acatedral actual, considerada un dos mellores exemplos de arquitectura gótica española e europea, iniciouse no S. XIII (ano 1205) co último Rey de León, Alfonso IX, en pleno Camiño de Santiago.

O gótico desenrólase en Europa, sucedendo ao románico, desde o S. XII ata ben entrado o XVI. É un estilo doado de recoñecer por tres típicos elementos constructivos: o arco apuntado, a bóveda de crucería e o arbotante, que conduce cara aos piares exteriores, os empuxes laterais das bóvedas. Os muros, moi grosos no románico, perden gran parte do papel de sustentadores do edificio e así gáñase altura e ao mesmo tempo abrénse grandes ventanais, e rosetóns, con vidrierias, que dan ao edificio gótico unha grande luminosidade e colorido.

Gótico

Arco oxival (apuntado) e bóveda de crucería. Muros lixeiros con arbotantes.

Arco de medio punto e bóveda de canón. Muros densos con contrafortes.

Vidrieiras

A catedral de León é ben coñecida polas súas 130 ventás e 3 rosetóns, verdadeiras xoias góticas: 1.800 metros cadrados de vidreiras policromadas de orixe medieval, consideradas entre as mellores do mundo, que cobren de colorido e luminosidade o interior. Destacan o gran rosetón central situado entre as dúas torres de agulla, así como as da Capela Maior, o transepto norte e a Capela de Santiago. Teñen una grande variedade de motivos: vexetais, faenas do campo, Santos, Reis do Antigo Testamento e Profetas. Con toda probabilidade os primeiros vidreiros que traballaron nesta Catedral eran franceses, e centraron o seu labor nos ocos das capelas da xirola. Durante o século XIII aparecen varios talleres procedentes da catedral de Burgos, traídos a León polo arquitecto Juan Pérez. Desta primeira etapa consérvanse varios paneis moi localizados e a vidreira da "Cacería", que ocupa o quinto lugar das altas, polo lado do evanxeo (esquerda segundo miramos). Nela mestúranse escenas de cetraría, asuntos circenses, xograres, cabaleiros con ballestas, anxos, músicos, etc. Polos seus temas, parece que non se fixo para a Catedral. É moi probable que proceda do palacio de Berenguela e sexa obra de finais do século XII.

San Isidoro

tuarios románicos que se puideron conservar. O conxunto foi construído e engrandecido durante os séculos XI e XII.

Presenta a particularidade de ter un Panteón Real situado aos pés da igrexa, con pintura mural románica e capiteis orixinais, todo o cal fai que sexa peza única do mundo románico da época. O Panteón que acubilla vinte e tres corpos de reis (entre eles o noso rei D. García de Galicia, morto no castelo de Luna en 1090, onde o recluíra cargado de cadeas o seu irmán Afonso VI), doce infantes e nove condes.

Entre 1160 e 1170 o Panteón Real foi cuberto de pinturas murais, de aí que sexa considerada a “Capela Sixtina da pintura románica”. As pinturas son case contemporáneas ó Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, pois en 1168 o rei Fernando II de León e Galicia outorgáballe unha pensión vitalicia ó mestre Mateo para esta obra.

Especial detemento merece o Pantocrátor, na bóveda central del Panteón, donde aparece a figura do Creador do Universo enmarcado por unha orla de chamas, nubes ou olas. No centro, como é habitual, Cristo en Maxestade, dentro da “mandorla” (almendra) mística bendecindo e co libro na man, co fondo da bóveda celeste.

Ponferrada

A cidade de Ponferrada ten a súa orixe na Idade Media como asentamento ao longo do Camiño de Santiago. A finais do S. XI, o bispo astorgano Osmundo, e o rei Alfonso VI de León, ordearon a construción dunha ponte sobre o río Sil que facilitase o paso aos peregrinos a Compostela, ponte que foi reforzada con ferro. Era a "Pons-Ferrata" que cambiou así o nome do primitivo núcleo de poboación de “San Pedro", así chamado pola igrexa románica construída no século XII na honra deste santo.

Ese primitivo barrio uniuse ao pequeno poboado que o rei de León, Fernando II, creou na outra beira, sobre un promontorio rochoso ao que rodeaba unha cerca. Este recinto será ampliado nos séculos seguintes como fortaleza dos monxes Templarios (primeiro arrebatado e logo donado por Alfonso IX) e tamén como residencia de señores feudais, sendo este o barrio que se consolida no tempo como a cidade de Ponferrada.

Neste Castelo, na segunda Revolta Irmandiña, iniciada en Galicia e que se expandiu ao Bierzo, refuxiouse boa parte da nobreza galega que fuxía dos irmandiños. O Castelo sufriu danos antes de ser sofocada a revolta.

En 1440, Ponferrada pasou a mans de Pedro Álvarez Osorio, primeiro Conde de Lemos, e foi este importante persoeiro galego do S. XV quen realizou as grandes obras que configuran a actual fortaleza, que comprende: un Castelo (o chamado Castillo Viejo), un recinto amurallado e un palacio renacentista nun total de 8.000 metros cadrados.

É Monumento Nacional dende 1924 e alberga no seu interior o Templum Libri, unha estupenda colección de códices e manuscritos, o máis antiguo o Libro de Kells, do S. IX.

As Médulas

As Medulas conforman unha impresionante paisaxe formado como resultado das explotacións romanas para extraer ouro. Son a maior mina deste metal ao descuberto de todo o Imperio Romano. O traballo de enxeñaría que se realizou para extraer o ouro alterou considerablemente o medio ambiente da zona, dando como resultado unha inusual paisaxe de areas avermelladas cuberto de castiñeiros e carballos.

Os grandes movementos de terra que se sucederon conformaron chairas artificiais que serven como vías de acceso a outras zonas como o Lago Carucedo, formado á súa vez polo taponamento dun val cos residuos da mina, e hoxe considerado humidal protexido.

O sistema utilizado para extraer o ouro era o chamado Ruína Montium: a auga dos regatos de montaña canalizábase e embalsábase na parte superior da explotación; a montaña se furaba cunha coidadosa rede de galerías moi pendentes, soltando a auga a través delas. A forza da auga desfacía a montaña e arrastraba as terras auríferas ata os lavadoiros, onde se recollía o ouro.

As Medulas non foron unha zona escollida ao azar polos romanos, había abundante auga e suficiente pendente como para utilizar esa auga como forza hidráulica, ademais de existir suaves pendentes cara ao Sil que se podían utilizar como desaugadoiros. Tendo en conta a cantidade de auga utilizada, a lonxitude e o número de ramificacións das súas canles, podemos considerar o sistema hidráulico das Medulas o máis espectacular dos coñecidos. Estímase que a lonxitude das canles era de aproximadamente 300 quilómetros. Aconstrución destas canles, que en determinadas zonas discorren baixo a roca, foi a obra máis difícil e cara de toda a explotación.

O militar e Historiados romano Plinio el Viejo, (23-79 d.C.) única fonte informativa directa coa que contamos, explica o proceso:

"En nuestro mundo [...] el oro se extrae de tres modos: en primer lugar en las partículas [o pepitas] de los ríos , como en el Tajo en Hispania [...], y ninguno es oro tan puro, ya que está pulido por la corriente y el flotamiento. Se extrae de otra forma mediante pozos o se busca derrumbando los montes”.

O emperador Trajano, nado en Hispania e un dos máis grandes de Roma, estivo coa VII Legio en León, controlando o funcionamento das Médulas. Podemos saber máis desta época no primeiro libro da triloxía sobre Trajano, de Santiago Posteguillo “Los asesinos del emperador”.

Hoxe en día as Médulas son un punto de atracción do turismo de senderismo, e conta cun centro de interpretación e con varias rutas sinalizadas de diferentes lonxitudes e dificultades.

Acerca de:

Acidade de León:

https://www.youtube.com/watch?v=IIiJBeLzOgI

Aarquitectura gótica:

https://www.youtube.com/watch?v=Di5HXPfYiMI (Vídeo).

Esquema construcción Catedral de León:

https://www.youtube.com/watch?v=6x0eGzQbVsM (Vídeo).

Vidrieiras:

https://www.youtube.com/watch?v=M7kkp5_B1uI (Vídeo).

Pinturas Panteón San Isidoro:

https://www.mavipastor.com/las-pinturas-de-san-isidoro-de-leon/

O Parador de san Marcos:

https://paradores.es/es/historias-de-san-marcos

Ponferrada e o Castelo:

https://youtu.be/_H-1pvkVttI (Vídeo).

As Médulas:

https://www.patrimoniocastillayleon.com/es/las-medulas#

Xuño2023

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.