Centro de Estudios para Iberoamérica (IAZ) Centro de Estudos Galegos (CEG) Universität Heidelberg Propostas:
Organización de coloquio
Data:
Martes, 25 de febreiro de 2014
Hora:
Por determinar
Lugar:
Raum 020, Romanisches Seminar
Título:
Arte, lingua e pensamento: figuras da transferencia cultural iberoamericana
Organizan:
Centro de Estudios para Iberoamérica (IAZ) Centro de Estudos Galegos (CEG)
Coordinan:
Gabriel
Pérez
Durán,
lector
de
galego
(Univ.
Heidelberg)
Mario de la Torre Espinosa, bolseiro predoutoral do IAZ (Univ. Granada) Miguel Riera Font, bolseiro predoutoral do IAZ (Univ. Illes Balears)
Resumo: o intercambio de coñecemento quer de tipo formal (a través das canles institucionais habituais como as universidade, os eventos culturais ou de financiación artística, entre outros moitos), quer de tipo informal (a través do traspaso e a apropiación de coñecemento froito das correntes intelectuais, os fluxos migratorios ou os acontecementos de índole política, etc.) provocou tradicionalmente fenómenos novos froito da transformación, interpretación ou da tradución de ideas, obras, obxectos ou discursos. Por razóns históricas xa coñecidas, o eido da lingua hispana preséntase como un terreo vizoso para estes devanditos fenómenos culturais. Igualmente, sábese que a historia contemporánea, en particular, supón un dos episodios especialmente fecundo en semellantes procesos de transformación.