Nome Vulgar: En galego: Abeleira, avelaira, avelรกn, abelaneira, abraira, abeladoira, abelรกn, abelao, abeleiro, avelairo, aveleiro. En castelan: Avellano En ingles: Hazel En frances: Noisetier Tronco:
O tronco é robusto. A cortiza é lisa e de cor marrón tirando a gris. A copa é variable. A copa da árbore e densa e irregular por regra xeral.
As Follas:
Sin lugar a dúbidas esta árbore identifícase polas súas follas xa que xon moi características: alternas, rugosas e ásperas, dobremente aserradas, cunha punta moi peculiar e unha base en corazón.Ten peliños no envés, ou sexa, na parte de atrás.
No dibuxo vense as súas características. A folla remata en lanza ou cunha puntiña,
moi característica, ademais xusto a base son acorazonadas. As follas son doblemente aserradas
Flores: Florece xa o chegar a primaveira. Bota o fruto (a abelรก) no outono.
A floraciรณn faina entre xaneiro e abril. Presenta uns ramilletes amarelos, que son as flores masculinas. As femininas son mรกis pequenas e dan como fruto a abelรก.
Froito:
As famosas abelás que tanto se utilizan en repostería e como froitos secos. As primeriras en Ourense cómense polo San Lázaro era toda unha tradición. A abelá sae no outono.
O froito é unha abelá. Nesta fotografía de Ame Anderberg figura na árbore e a fotografía de arriba, é a abelá, xa madura e recollida. Madura a finais do verán ou principio do outono.
Habitat:
Atópase fácilmente en lugares sombríos e frescos, hai moitos a carón dos ríos galegos, non en primeira liña (inda que tamén se ven as veces). Vese moitísimo na provincia de Ourense, na zona oriental (sobre todo polo Barco, Chandrexa de Queixa, etc.) e tamén en Lugo pola zona do Courel.
Vive entre os cuarenta e os sesenta anos.
Proporcions para a humanidade: A abeleira ou abelaneira tense usado para todo e nunca falta nunha casa de campo: como comestible e de utilidade na repostería ata polas súas propiedades medicinais, pasando pola súa plantación para fixar terrapléns.
Da abelá sácase de todo, dende aceite que se usa como alimento ata pinturas, xabróns, perfumes, etc.
A madeira da abeleira é dura e utilízase para moitas cousas. Curiosamente utilízase para facer carboncillos para dibuxo, entre outras cousas.
Actitudes que debemos ter cando nos achegamos a un bosque: Non podemos andar sen coidado, temos que ter coidado para non pisar ningunha planta nin arbusto.
Non podemos tirar lixo nin tampouco facer unha fogueira no bosque, porque pode haber un incendio forestal e morrerian moitos arbores.
Non podemos desviarnos dos camiĂąos dos montes para asi non perdernos.
De Jorge Luis, Clase de 5Âş B del colegio C.E.I.P Balaidos.