Deseño de actividades TIC para o ensino de linguas estranxeiras
Comprensión e produción escritas con aplicacións 2.0. Análise e usos na aula.
Título da actividade
Notre carnet de voyage! Revista sobre as actividades desenvoltas durante o intercambio escolar.
Nivel educativo
3º / 4º ESO – A2
Recursos necesarios Ordinateur Internet EDI Isuu Obxetivos Recompilar os artigos preparados por grupos de alumnos participantes no intercambio escolar (elaborados en GoogleDrive ou nunha wiki). Publicar e difundir o documento en Issuu con formato de revista dixital. Contidos a tratar O texto expositivo: estrutura, características e conectores discursivos. Vocabulario do turismo. A expresión da opinión. Contidos socioculturais. Descubrimento dunha rexión francesa: Bretagne. Integrar diferentes tipos de soporte. Fomentar a competencia dixital do alumnado. Difusión dunha actividade. Procedemento a seguir para levala á práctica Esta actividade é unha continuación da actividade con Wiki e pode desenvolverse nun blog. Cos textos, artigos e imaxes preparados na actividade anterior, o docente xunta todo nun só documento que publica en Google Drive ou na mesma Wiki. Usando os mesmos grupos ou mesturándoos, o alumnado deberá ler os traballos presentados polos compañeiros e facer comentarios co galo de que o documento final sexa consensual. Podería ser unha lectura e comentario nunha posta en común no EDI e edición conxunta. O docente supervisa a edición do documento final. Unha vez estea a edición finalizada, o profesor xera un documento PDF común e o publica e difunde en Issuu. Esta tarefa tamén podería ser responsabilidade dalgún representante do alumnado (responsabilidade que irían rotando con outras actividades). Podería dárselle continuidade á actividade colgando a revista nalgún blog ou na páxina web do centro. Con Calaméo, tamén podería enriquecerse o documento con vídeos. Esta actividade, tamén podería ser individual coa elaboración do Carnet de Bord individual e publicación en Isuu por cada alumno que despois faría unha presentación oral na clase.
Sandra Rodríguez Nieto www.sandrillana.blogspot.com Janvier 2014