Código Cero 204

Page 28

videoxogos Xbox One | PC

Está de volta 6 anos despois de que o clásico xogo de loita Battletoads chegase a salóns recreativos, Dlala Studios en colaboración con Rare recuperan a franquía cun xogo homónimo que chega a Xbox Game Pass, Xbox One e PC (Windows 10 e Steam), de xeito que pode adquirirse por 19,99 euros ou gozarse do mesmo mediante unha subscrición a Game Pass. Este xogo de para até 3 xogadores permite controlar a Zitz, Rash e Pimple, as Battletoads, que protagonizaran todo un brawler clásico (incluído na recompilación Rare Replay), e que agora recuperan ese

2

tipo de xogo cun estilo gráfico debuxado a man e cunha historia narrada a través de cinemáticas totalmente animadas e dobraxe profesional, ou sexa, que estamos ante unha produción de peso que ofrece doses de acción e humor a partes iguais. Estamos ante un xogo de loita tipo beat’em up que agradecerán os amantes do xénero que tan popular foi en máquinas recreativas a finais dos 80 e comezos dos 90, así como todos aqueles que gozan de xogos moi tolos e absurdos, así como os que buscan simplemente un xogo co que xogar cos amigos en modo cooperativo, para o que este tipo de título resulta ideal.

PS4 | Xbox One | PC | Nintendo Switch

Estrea versión para PlayStation 4 n 2017 chegou a Xbox One e PC un fermoso xogo inspirado nos debuxos animados dos anos 30, contando co apoio de Microsoft (que amosara este título na súa conferencia do E3 dous anos antes, provocando a que esta creación conseguise grande relevancia), conseguindo que Cuphead pasase a verse como todo un referente do que pode chegar a facer un estudio independente con moita paixón e traballo. O apoio de Microsoft a este xogo daba a entender que sería difícil velo en consolas de Sony, o que confirmouse ao ver que en 2019 deu o salto a Nintendo Switch, pero finalmente os usuarios de PlayStation 4 poden gozar deste xogo de correr e disparar que está dispoñible na

E

28 |

PlayStation Store por 19,99 euros. Os usuarios poden optar por xogar como Cuphead ou Mugman, en individual ou cooperativo, explorando curiosos mundos e derrotando a inimigos sorprendentes mentres se goza de coidadas animacións feitas a man, decorados pintados a acuarela e unha banda sonora de jazz que non pasa inadvertida, e da que por fin pódese gozar na PlayStation 4, pechando así o círculo de plataformas nas que está dispoñible Cuphead, o que debería facer máis doado que de cara á vindeira xeración de consolas o Studio MDHR poida sorprendernos coas súas creacións.

Número 204


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook

Articles inside

A Fundación Carlos Casares volve mesturar xogos e li teratura nas súas segundas xornadas

2min
pages 30-32

Debullamos con todo luxo de detalles os trebellos tecnolóxicos da tempada

7min
pages 26-27

Repasamos o máis salien tábel dos días pasados en materia de xogos e consolas

4min
pages 28-29

Henrique Neira lévanos aos estudos binarios que se desenvolvían en 1670

3min
page 24

Damos conta dalgunhas das principais novidades tecnolóxicas da tempada

5min
pages 22-23

Entrevistamos á respon sábel compostelá das Lanzadeiras de Emprego

7min
pages 20-21

O CiTIUS organiza en formato online o evento europeo sobre IA máis referencial

3min
page 25

Turismo de Galicia contri búe a converter o Camiño nun destino seguro

3min
page 15

Convocadas 10 bolsas de formación e proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro

2min
page 14

As JAI regresan en outubro baixo a fórmula do xemelgo dixital

3min
page 7

Vitae impartiu formación online a máis de 300 profe sionais entre marzo e xuño

4min
page 10

GAIN apoia catro novas unidades mixtas de investi gación centradas no motor intelixente

3min
page 9

A Deputación de Lugo con tribúe a revitalizar A Mariña cunha app turística

3min
page 6

O director xeral do CIXTEC avalía os grandes retos postCOVID das administra cións

2min
page 11

O CPEIG fai un chamamen to a asumir os novos tem pos (tecnolóxicos) políticos e formativos

3min
page 8

A ferramenta galega PassCOVID colle impulso para estar lista en setembro

3min
page 4

O CITIC recibe un importan te recoñecemento polo seu traballo contra a COVID

2min
page 5
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.