1 minute read
Rosalía de Castro (páx
A xustiza pola man
Aqués que tén fama de honrados na vila roubáronme tanta brancura que eu tiña, botáronme estrume nas galas dun día, a roupa decote puñéronma en tiras.
Advertisement
Nin pedra deixaron, en donde eu vivira; sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas, ó raso cas lebres dorm ín nas campías; meus fillos... ¡meus anxos!... que tanto eu quería, ¡morreron, morreron, ca fame que tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronme a vida, fixéronme un leito de toxos e silvas; i en tanto, os raposos de sangre maldita, tranquilos nun leito de rosas dormían. Salvádeme, ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería! De min se mofaron, vendeume a xusticia. -Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda... Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra. Estonces cal loba doente ou ferida, dun salto con rabia pillei a fouciña, rondei paseniño... ¡Ne-as herbas sentían! I a lúa escondíase, i a fera dorm ía cos seus compañeiros en cama mullida. Mireinos con calma, i as mans estendidas, dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sin vida.
I ó lado, contenta, senteime das vítimas, tranquila, esperando pola alba do día.
I estonces... estonces, cumpreuse a xusticia: eu, neles; i as leises, na man que os ferira.
María Reimóndez
Velázquez Moreno: Galatti
Manequíns sen cabeza e sen roupa. Como todos eses corpos no telexornal Unha nova vítima da violencia doméstica aparece morta a puñaladas
nas películas Nesta nova produción o asasino en serie elixe a mulleres con cara de boneca
no piso de enriba Cala, puta! Desta vez vas aprender... na rúa Eh, cu, pasa para aquí, o que necesitas é que te fodan ben. Corpos golpeados, corpos violados, corpos acosados corpos sen cara e sen nome. Mais temos cara e nomes e latéxanos o corazón no peito a cada unha de nós. Habédelo ver.
Moda galega. 2002