Somos
4ยบ ESO A
1
IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO A. Curso 2016-2017 Edita: Departamento de Lingua Galega
2
ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES: 1.
Noa Calvo Soto
2.
Celia Canda Ferreiro
3.
Nerea Docasar Rodríguez
4.
Noa Faílde Fernández
5.
Carmen Fuentes González
6.
Fátima Gallego García
7.
Tania García Vales
8.
María González González
9.
Alba Janeiro Silva
10. Paula Martínez López 11. Rosa Núñez Martínez 12. Patricia Otero Batán 13. Celia Pedreira Jordedo 14. Diego Portas González 15. Andrea Ramos Diéguez 16. David Rey Cuñarro 17. Roi Sierra Pereira 18. Mario Vilar González
3
GĂşstame:
4
As cereixas moi maduras, camiñar coa miña nai pola praia, viaxar, as apertas que nunca se acaban, nadar, os museos, a química, as ideas de Castelao, as cóxegas, as noces, quedarme durmida escoitando a choiva, debuxar, as patacas fritas, a risa do meu avó, as rosas brancas e vermellas, andar descalza, A Guerra da Galaxias, os sorrisos inesperados, aprender, a personalidade tan orixinal da miña avoa, a voz de Morrissey, o tiramisú, mirar as estrelas, os lunares, a tranquilidade, o mar, os cadros de Van Gogh, rir, os xeados, os ollos tan azuis de meu pai, o rock alternativo, montar en bicicleta, a Primavera de Botticelli, as “Martens”, falar horas e horas coa miña irmá, a cebola na ensalada, a cor azul, xogar ás cartas coa familia, o zume de laranxa, as nubes, a primavera, xogar co can e os gatos, as mazás, o café con leite, o perfume de miña nai, a natureza, montar a cabalo, pasear polo campo, contemplar as árbores e as flores, durmir, a comida de miña madriña, pasar tempo cos amigos e a familia, escoitar contos dos avós, ver a tele, tirar fotos, escoitar música, a neve, o marisco, o chocolate, axudar a outras persoas e animais, ver a choiva desde a ventá, viaxar a outros lugares, 5
Galicia, ir ao instituto, sacar boas notas nos exames, ler libros en inglés, participar en competicións de equitación, que me axuden a estudar, comer amodo e sen présa, rir a cachón, as festas, ir á moda, as películas de acción, a praia, a Plástica, a cor vermella, a froita, o galego, o peixe, os coches, a pintura, comprar cousas, os insectos, as gominolas, ducharme longo e tendido, o bádminton, os gatos, os meniños, comer coa familia, xogar cos meus primos, os cereais sen leite, a bioloxía, a música clásica, tocar a frauta traveseira, as sinfonías de Bethoveen, as películas de misterio, a fisioterapia, axudar a xente que o precise, a cor morada, o verán, a piscina, a roupa de verán, as flores, as noites de inverno, os lóstregos, o fútbol, o deporte en xeral, durmir sestas, xogar a videoxogos, os refrescos e a comida lixo, os animais, sobre todo os cans e os gatos; ter intimidade, as persoas humildes e graciosas, as vacacións, gañar, viaxar en avión, tren ou barco; ir de compras, levantarme tarde, as ceas familiares e os aniversarios dos meus amigos, ir ao río, as motos, bañarme logo de pescar, os bonecos de neve, as plantas de cores alegres, os combates legais, os descansos, cambiar a rutina do día a día, 6
intentar ser diferente aos demais, as persoas que fan calquera cousa por ti, tomar un vaso quente de leite pola mañá, ir de acampada, escoitar a xente rir, dar longos paseos pola praia, que me digan quérote, estar cos meus avós, ler un libro pola noite, que me dean apertas, escoitar música cos cascos postos, rir e estar cos meus amigos, as cores do outono, as lembranzas, Leonardo DiCaprio, estar co móbil, xogar coas miñas primas pequenas, as mandarinas, as xirafas, os festexos, a cor azul clara, as tatuaxes, estar descalza, o número trinta e tres, os lapis de cores, o cheiro do meu perfume preferido, que me toquen o pelo, que me fagan cóxegas, que me murmuren ao oído, os bolígrafos de cor rosa, escribir relatos, a hora da sesta, que me acaricien o pescozo, as masaxes, tomar baños longos, a comida de miña avoa, a miña familia, saír cos meus amigos, ir ao cine, as vacacións de verán, facer deporte, querer, o italiano, os cambios, xogar cos meus cans, recibir mensaxes no móbil, as cidades grandes, as fotos de cando era pequena, a cor branca, o Nadal, os agasallos, os bicos e as apertas, as películas que me fan chorar, soñar, as atraccións, espertar á hora que queira, o pelo liso, a pizza, os gorros de la, 7
as películas de terror, os nenos pequenos, Pablo Neruda, xogar ás cartas, a solidariedade, lograr boas notas, os venres, patinar, falar inglés, os ollos claros, a pel escura, o Real Madrid, as gomas de mascar, a comida picante, a boa letra, Dani Martín, falar, os peluches, os detalles pequenos, conseguir o que me propoño, escribir, aproveitar o tempo, a paz, coñecer xente nova, as diferentes culturas, os xogos olímpicos, a liberdade, a cheminea, xogar ao balonmán, escoitar chover mentres estou na cama, ver películas, a fin de semana, que miña nai se ría das bromas de meu pai, conversar con meus irmáns, que miña familia estea alegre, comentar partidos con meu pai, os macarróns, saír pola noite, as sorpresas, o leite con galletas (sobre todo Oreo), comer pan, ver fotos, pensar, a praia no verán, poñerme morena, comer gofres con nata, chocolate, amorodo e plátano; a torta de Nutella, que me digan cousas bonitas, ir a Benidorm coa miña familia, que me feliciten por facelo ben, meter sustos, almorzar tarde, os churros con chocolate, durmir acompañada, xogar ao balonmán cos meus amigos, non estar triste, viaxar coa familia, probar comidas exóticas, xogar na neve, saír de festa, 8
xogar a xogos de ordenador, ver vídeos en Internet, saír a tomar algo, ir a parques acuáticos, as películas de ciencia ficción, espertarme tarde, a carne, relaxarme na bañeira, ir sen présa, as lambetadas, buscar cogomelos, ir con roupa cómoda, os cómics, escoitar chistes, vivir sen preocupacións, durmir a fartar, os Sugus, ensaiar coa banda e expoñer o resultado nun concerto, a historia, o pimpón e a Play, a néboa, as películas e as series curtas, a paisaxe galega, o FC Barcelona, o Celta de Vigo, a xente humilde, alegre e extravertida; a NBA, os calcetíns longos, os tenis de Nike, pasar o verán en Botos e alí facer os cafés de máquina mais os tés, a maioría dos estilos de jazz, a literatura, a química, os bebés, xogar partidos de fútbol sala durante os festivos, ver o Lalín, sobre todo cando xogan amigos; coidar o pelo con regularidade, os suadoiros e as chaquetas sen abrochar, os días de frío na cama, o punk, a zooloxía, as películas con viaxes no tempo, trasnoitar para ver películas co meu irmán, espertar após de durmir toda a tarde (o malo vén despois), escoitar boa música nun bo altofalante, o hardcore, tirar por primeira vez no día á canastra e que entre limpa, a microbioloxía, 9
chegar á casa despois do instituto e poder deitarte na cama, as gomas de mascar de sandía, aprender cousas sobre o mar, os videoxogos de rol, a bica de miña tía, o son do piano, xogar ao Moniopoly; montar en bicicleta coas miñas primas, o anoitecer, as cores dos tulipáns no inverno, as aldeas, ver balonmán con meu pai, os bocadillos de chourizo da casa e queixo de Anzuxao quente, ver as estrelas deitada na herba, os libros de Carlos Ruiz Zafón, as cancións de Melendi, ir de compras coa miña prima, a biblioteca, escoitar como chove, escoitar o silencio, bailar, máis concretamente o estilo hip hop; escoitar música pop, por-rock e rap; o cantante Shawn Mendes, navegar pola rede, ver vídeos de baile e videoclips das cancións que me gustan, xogar ao baloncesto, ao fútbol e ao balonmán; pero máis ao béisbol; ver películas como Star Wars, Los juegos del hambre, Divergente, Los vengadores, Fast and Furious e todas as relacionadas co baile; o zume de laranxa polas mañás, o café, ver series no portátil, o outono, o rock dos anos setenta, a biotecnoloxía, ir ao cine coa miña irmá, debuxar mandalas, ir ás aldeas os domingos, o número oito, os baños no mar mentres chove, os libros de Tolkien, deitarme polas noites, 10
camiñar sen rumbo, as fotos da National Geographic, ir a clase de piano, a roupa negra, madrugar para xogar ao baloncesto, as cancións de Queen, tocar o clarinete e o piano, facer sobremesas (sobre todo de chocolate), nadar e correr, pasear o meu can, comer larpeiradas, ir tocar coa banda, ler libros, os xogos de mesa, quedar coas amigas para tomar algo ou dar un paseo, pasear coa miña familia, pasar todo o día en pixama, ir ao dentista, a ciencia, tocar o violín e o piano, que me fagan rir, cantar, chorar co final dun libro, o cine, aprender cancións en italiano, almorzar cereais con leite, que neve, a xente educada, espertar pola noite e ver no reloxo que aínda queda bastante para ir a clase, informarme sobre enfermidades, as filloas que fai miña nai, a xente divertida, as noites estreladas, percorrer o monte pola noite, o ouveo do lobo, o son que emiten as curuxas, falar co meu pai da vida mirando a nada, cantar co meu avó, as paisaxes de Galicia, as tardes de verán, o reguetón, o rock, a lúa chea, a sopa de miña avoa, o churrasco que fai meu padriño, os bicos de boas noites de miña madriña, os días de verán en Bilbao, que polo acento saiban que son galega, a fotografía, percorrer a miña terra coa familia, 11
ver vídeos de miña prima e mais eu de cando eramos pequenas, chorar coa risa, tirarnos na herba todos os primos, Galiza, os abrazos coas persoas que levas tempo sen ver, o raxo, os libros de amor, mollarnos coa mangueira en Cercio cos meus primos, razoar co meu primo Xurxo, a astronomía, o son da choiva e o seu cheiro, andar, cantar, aínda que sexa mal; as noites de inverno de manta e peli, a tortilla de meu tío, xogar cos cans dos meus tíos, a leituga que prepara a miña avoa, o sol na cara, facer bromas pesadas, o chocolate con améndoas, espertarme antes de tempo e seguir durmindo, a neve antes de que a pisen, mirar para o ceo cando chove, tombarse na herba, as ondas do mar, subir descalza polos acantilados de Ribadeo, levar sandalias no verán, pasar toda a noite esperta coas miñas amigas, o xeado de nube, o olor a vainilla, as pipas de xirasol...
12
Non me gusta:
13
A roupa axustada, as pingas de auga polo lombo, saír da ducha, as eternas colas da compra, desaproveitar o día, o inverno, o frío nas dedas dos pés, a neve pisada e sucia, a xeado de amorodo, non encontrar as chaves, poñerme a estudar e suspender, os crebacabezas de mil pezas, o olor a fame, as quenllas, as mazás acedas, a impuntualidade, os silencios incómodos, o polo, o café sen azucre, os anuncios, as arañas, o ruído, o egoísmo, non saber que dicir, o debuxo técnico, as mentiras, a carne pouco feita, camiñar soa pola rúa, as pombas, a violencia de xénero, os cambios de temperatura, facer exames de Matemáticas, o estrés, a xente infantil, as iguanas, sangrar, o machismo, as guerras, as algas na praia, a falsidade, a escuridade, as persoas que camiñan moi devagar, o caldo, os cemiterios, os espirros, ter os beizos secos, o leite, a explotación laboral, que me berren, a xente que imita a outra, os espárragos, a xenofobia, que fumen preto de min, os lóstregos, as enfermidades, que lle caian bágoas a alguén que quero, a desigualdade económica entre homes e mulleres, chorar, ir á praia, suspender os exames, os programas do corazón, perder nunha competición, estragar o medio ambiente, 14
algunhas hortalizas, como os pementos; as películas antigas, enfermar, recoller a mesa, as ditaduras que hai nalgún país, o fútbol, madrugar no inverno, deitarme cedo, poñerme nerviosa, estudar toda a fin de semana, vivir na cidade, levar zapatos incómodos, o lume, a escola, os deberes, as murmuracións, a cor branca, o Barcelona, a torta de mazá, as nubes de gominola, as matemáticas, os contiñeiros, os cans sen pelo, as botas, os toureiros, os sanfermines, os mentireiros, a xente que fala sen saber, os maltratadores, BobEsponxa, as vestimentas longas, as pistolas, o lacón, as silvas, as tormentas, as discusións, os ascensores, as alturas, o cheiro a tabaco, os ratos, pelexar coas miñas amigas, o pelo mollado dos cans, a cor amarela, o leite enteiro, a manteiga do leite, as muiñeiras, beber a auga quente, tomar medicamentos, o cheiro da carne fresca, durmir con moitas mantas, os pendentes no nariz, a poalla, os caramelos de limón, os polvoróns, as películas de medo, as persoas que se meten nos temas de conversa que non son da súa incumbencia, non facer as tarefas da casa nin as do instituto, as noites de verán, durmir con moita calor, as persoas chulas, as persoas caladas, os exames, os mércores que hai clase, 15
as persoas que andan todo o tempo co teléfono móbil, tirar moitas fotografías, a leituga e os tomates, as persoas falsas, perder, quedarme sen plans, a roupa de cor alegre, as persoas que queren controlar todo, o meu aniversario, facer cousas en público, sentirme observado, as pelexas nas rúas, que a miña vestimenta me quede máis grande do que debería, recibir corrente, as desigualdades sociais, os ladróns, a xente armada, as duchas que duran pouco tempo, a cor laranxa, o tictac do reloxo, escoitar a un ser querido chorar, o fume do tabaco, que me falen cando estou concentrada, morder as uñas, madrugar, a xente que trata mal os demais, os cans pequenos, os programas de telerrealidade, a xente que aparenta o que non é, os ruídos molestos, ter frío, os dónuts, o maltrato ás mulleres, cambiarme as cousas de lugar, que non me deixen falar, os domingos á noite, os luns á mañá, os libros cun final inacabado, as mochilas con rodas, ver borroso, ter as mans sucias, as feridas, os plátanos, os exercicios que non sei facer, o vento xélido, dicir “non podo”, os malos olores, durmir con moita calor, as persoas chulas, as persoas caladas, os exames, os mércores que hai clase, quedarme sen plans, 16
as persoas que andan todo o tempo co teléfono móbil, tirar moitas fotografías, a leituga e os tomates, as persoas falsas, perder, a roupa de cor alegre, as persoas que queren controlar todo, o meu aniversario, facer cousas en público, sentirme observado, as pelexas nas rúas, que a miña vestimenta me quede máis grande do que debería, recibir corrente, as desigualdades sociais, os ladróns, a xente armada, as duchas que duran pouco tempo, a cor laranxa, o tictac do reloxo, escoitar a un ser querido chorar, o fume do tabaco, que me falen cando estou concentrada, morder as uñas, madrugar, a xente que trata mal os demais, os cans pequenos, os programas de telerrealidade, a xente que aparenta o que non é, os ruídos molestos, ter frío, os dónuts, o maltrato ás mulleres, cambiarme as cousas de lugar, que non me deixen falar, os domingos á noite, os luns á mañá, os libros cun final inacabado, as mochilas con rodas, ver borroso, ter as mans sucias, as feridas, os plátanos, os exercicios que non sei facer, o vento xélido, dicir “non podo”, os malos olores, ter que estudar para os exames, ver moitas figuras xeométricas xuntas, a dodor, o sabor do sangue, a música electrónica, o racismo, 17
o silencio, ver a alguén chorar, o tabaco, enfadarme, a contaminación, os pesadelos, o acoso escolar, deitarme polas noites, erguerme polas mañás, o maltrato animal, que me fagan dano, a inxustiza, o baloncesto, as matemáticas, o número sete, as aves, os insultos, o viño, deixar as cousas a medias, as ceras, os funerais, o medo, camiñar soa de noite, os accidentes de coche, o cheiro da gasolina, que os meus irmáns pelexen, os castigos, esquecerme de algo, non escribir cos meus bolígrafos, as operacións, os hospitais, as vacinas, a choiva, non ter nada que facer, a morriña, a pobreza, o abuso de menores, a incultura, pasar moita calor, a carne, que miña familia e as miñas amigas estean tristes, a xente que non ten personalidade e que se cre superior, a ignorancia, discutir, que as persoas estean enfermas, a morte, os libros obrigatorios, que me fagan dano, que non confíen en min, que me oculten as cousas, que meus pais se poñan a discutir, as lambetadas, os domingos, os biscoitos, os pantalóns de pana, que se me avaríe o móbil, que me baben os nenos pequenos e que choren cando os teño no colo, que a xente non recoñeza os seus erros, os nenos e as nenas mimados, a xente que se queixa por todo, 18
as persoas maleducadas, que os nenos non respecten os seus pais, que me peguen, que non me expliquen as cousas, que me digan que son pequena, a cebola, a pera, esperar polo bus, facer redaccións, ler libros, estar coas miñas irmás, durmir pouco, ir moito á praia, estar anoxado, atender en clase, perder o tempo, tirar o lixo, o pemento, o polbo, o marisco, as présas, Donald Trump, as alarmas, ter medo, debuxar, que rematen as vacacións, os luns, estar forzado a facer cousas, facer a cama, pór a roupa no tendal, ir de compras, chegar tarde, estar aburrido, a desigualdade, ir á misa, a xente prepotente, os políticos, que me molesten cando estou ocupado, erguerme cedo, a torta de queixo, os piercings, a Física, nin o rugby nin o béisbol, as choivas torrenciais, as persoas que sempre queren ter a razón mais as que falan sen saber sobre temas que non lle deberían importar, os comentarios racistas e machistas, as camisetas amarelas, os plátanos moi maduros, o free jazz, a xente que cospe na rúa, a xente que esaxera baixo o efecto do alcol e a que se toma todo a mal, pasar os festivos na casa, a política, o reggaeton, espertar cedo unha fin de semana, ir á praia no verán, ter fame, 19
as mesturas de comida salgada con doce, o pop actual, memorizar temas para un exame, que me caia o móbil na cara cando estou na cama, ter os pés conxelados, espertar de noite, a xente á que lle dá igual a contaminación, tocar música do clasicismo, os catarros, os acuarios, esquecerme do que ía dicir, a homofobia, a música do Renacemento, a primeira hora do luns, que vaia frío, pero non neve; os que me interrompen cando falo, ter exames seguidos, escoitar o son do reloxo cando intento durmir, os pallasos, a crema de verduras, a cor rosa, os cómics, perder partidos, a xente falsa, coidar de miña prima pequena case todas as semanas, mollar os pés, as películas que me fan chorar, quedar na casa, non ir adestrar, o café só, levantarme cedo os domingos, ver Sálvame Deluxe, que miña nai se preocupe demasiado por min, queimarme por culpa do sol, ler libros de misterio, porque non me gusta a intriga; as películas de medo, xa que o paso moi mal véndoas; as cenorias e o brócoli, as serpes,
20
a hipocrisía, que os gatos pasen de min, a violencia, a positividade en exceso, a apropiación cultural, estudar con sono, ver como se esvaece o arco da vella, vender rifas, a desorde, as maniotas, poñer vestidos para os concertos, estudar escalas, o impo, as bebidas con gas, usar o paraugas, a envexa, a normalización do amor tóxico, estar enfadada cos meus pais, as verduras e os purés, as pelexas, que non me deixen saír, ir a clase, estudar o que non me gusta, a xente irrespectuosa, sobre todo cara ás persoas maiores; as panxoliñas, o maltrato, as películas nas que se utiliza a violencia cara aos nenos, que non se acorden de min, que collan o meu móbil, ducharme en auga fría, ir en coche ou autobús, que a xente faga ruído ao comer, os ronquidos, os días chuviosos, a harmonía, os berros, subir costas cando vou en bicicleta, terme que erguer cedo as fins de semana, a discriminación, que gañe Eurovisión xusto quen a min non me gusta, a xente sen humildade, os maltratadores de animais, que a xente sexa hipócrita ou que se meta con outros, simplemente porque é diferente; os traxectos longos no coche, a menstruación, a música techno, o especismo, as persoas que non saben perder, a caza, 21
que se metan na miña vida, que me utilicen, que os galegos falen castelán porque pensan que así son mellores, a sociedade de hoxe en día, a distancia, pelexar por parvadas cunha persoa que quero, que a xente pense que é guai por fumar e beber, as persoas que se cren mellores que os demais, a xente que non ten vida e se mete na dos demais, as persoas que non coidan o medio ambiente, os centros comerciais con moita xente, vivir nas grandes cidades, as persoas que se meten con físico, que me digan que non vallo para nada, o comezo das clases despois do verán, a area nos meus zapatos, ver animais atropelados, o son dos porcos ao morren, perder todas as fotos da infancia, as faltas de respecto, ter moito frío, os pantalóns de campá, o peixe...
22
Febreiro-2017 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO A Coordinador: Xosé Payo
23
24