Somos
4ยบ ESO B
1
IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO B. Curso 201562017 Edita: Departamento de Lingua Galega 2
ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES: 1.
Noa Blanco González
2.
Noa García Díaz
3.
Noelia Granja Blanco
4.
Laura Jorge Muiños
5.
Cristina López Ulloa
6.
Sara Mirás Carballude
7.
Raúl Molinos Rama
8.
María Montoto Fernández
9.
Laura Nogueira Otero
10. Icíar Otero Buján 11. Cristina Polo Pernas 12. María del Carmen Portas Baldonedo 13. María del Carmen Río Pena 14. Andrea Suárez Faílde 15. Raquel Suárez González 16. Gustavo Thomé Oliveira 17. Sheila Ulloa Lodeiro 18. Vilma Villanueva Ortega
3
GĂşstame:
4
A cor vermella, beber chocolate quente no inverno mentres vexo un filme, xogar coa miña irmá e cos meus curmáns pequenos, xogar ás cartas cos meus avós, estudar historia, escoitar música mentres fago os deberes, ler historias interesantes, sobre todo da Idade Media, e de amor e fantasía; a pizza, xogar aos videoxogos, escribir, xogar ao fútbol e ao baloncesto, dar paseos pola aldea de meus avós no verán, acompañada da miña cadela; os animais, a choiva, a neve e o bo tempo, o churrasco, o polbo, todo o que teña que ver co chocolate, os doces, as comidas picantes, ir correr ao parque, andar rápido, montar en skate, o kickboxing, os lugares tranquilos, o mar, a montaña, os ríos, os cans, os gatos, os cabalos, ir a concertos e a festivais, ir ás verbenas, a música de piano, a guitarra, a música electrónica, a bachata, o rap, as voces graves, o jazz, a roupa grande e solta, os gorros, os graffitis, a arte urbana, bailar, Portugal, o portugués, coñecer novas culturas, estar cos meus amigos, aínda que prefira estar soa ás veces; ler libros de misterios, as tatuaxes e os piercings, rir, o chocolate,
5
debuxar, as series de televisión, o deporte, as películas, a froita, a cor laranxa, o verán, os espazos abertos, a crema de verduras, a música de Carlos Sadness, a arte, a xente divertida, a praia, a xente creativa, as sorpresas, madrugar, o kung fu, o baile tradicional, o fútbol, a patinaxe, as cores amarela, vermella e laranxa; a sandía e a piña, saír cos amigos, tomar un café no Alfonselle os sábados pola noite, mergullarme, viaxar polo mundo, ir de compras, estrear roupa, o biscoito, estrear móbil, falar por WhatsApp, subir fotos ás redes sociais, ver películas románticas con miña nai, a comida de miña avoa, facer deporte, ver películas de acción, pasar tempo co meu irmán, escoitar cancións en inglés, saír coas miñas amigas, ler libros de suspense, ir á praia e á piscina, os xeados de vainilla, a xente sincera, os días de chuvia, os caramelos de amorodo, ir de acampada, durmir baixo as estrelas, coñecer xente nova, patinar sobre xeo, a roupa de deporte, levantarme tarde, a cor azul, o son do mar, tirar fotos, aprender cousas novas, a repostaría, o pinta uñas de cores rechamantes, ver fotografía de cando era pequena, pasar tempo coa familia, 6
montar a cabalo, a comida que fai a miña avoa, as series de policías, os cans, os titís, o reggae, Calle 13, o skate, a loucura, as fins de semana, os cartos, Colombia, a diferenza, BobEsponxa, os retos, “A Princesa e o Sapo”, a leituga, deixar de pensar, a cama, Xamaica, ler, a música, pasar o tempo no sofá ou na miña habitación, xogar co meu sobriño, as novelas de amor e as de aventuras, os poemas, as citas de escritores, a música pop e a electrónica, o café con leite, os tés sen azucre, as lambonadas, as froitas, as linguas estranxeiras, Galicia, viaxar coa miña irmá, Segovia, os días de inverno con choiva, a neve na fin de ano, Mentes criminales, Hawai 5.0, NCIS Los Ángeles, Castle, as cunchas, as pedras de cores dos ríos, ver as follas caer no outono, as risas verdadeiras, as miñas fotos de cando era pequena, a natureza, os meus cans: Terra, Boliña e Pitufo; as historias de cando miña nai era pequena, os recordos da miña avoa, os partidos de fútbol cos meus primos, as tormentas con raios, as noites de lúa, a lareira da miña avoa, as camelias, os salgueiros, as mimosas, as árbores sen folla, a cervexa, os abrazos de oso, 7
a cama quente, a noite estrelada, as sorpresas, a carne, as rosas, as bolboretas, aprender novas cousas sobre o tema da música, o carnaval, o chourizo, o teatro, actuar, a danza, falar, viaxar a novos lugares, escribir poemas, as rimas en consonante, o jazz das décadas do vinte ata a do corenta, o blues, o rap que conteña un certo grao de traballo detrás, pintar, a historia, a Idade Media, a praia da Lanzada no mes de xullo, a Liga de fútbol, ler un bo libro antes de durmir, durmir escoitando rock, o número sete, estudar inglés, facer novas amizades, poñerme cega de chocolate, os sábados pola tarde, xogar á Play Station co meu curmán, ir de compras a Santiago de Compostela, os cadros de Monet, falar polo WhatsApp ata as tantas da mañá, ver a alguén debuxar, escoitar o profesor de Filosofía, as clases de Historia, a Coca-Cola con moito xeo, California, as bibliotecas, os cómics de Star Wars, os libros con ensinanzas, escoitar música en francés, ir á piscina coas amigas, a torta de amorodo que fai miña nai, ir coas miñas amigas de festa, aprender cousas sobre escritores e artistas, cantar, xogar con meus primos e con meu irmán ao fútbol, falar coas miñas amigas, 8
cando a festa da miña aldea, comer toda a familia xunta; ir á praia con meus padriños e coas miñas amigas, as películas románticas e de aventuras, mirar para o ceo na noite de San Lourenzo, facer paseos nocturnos con meus primos, o magosto na aldea, visitar galerías de arte, as cidades con mar, ver as ondas do mar un día de vento, as cancións que falan do amor, tocar o contrabaixo, ir á banda, os refrescos, a comida lixo, perder o tempo, ir ao ximnasio e facer exercicio, xogar á maioría de deportes, falar galego, pero non o galego como materia; a Educación Física, a informática, as cidades grandes, a calor, durmir moito, as cores escuras, a cor verde, os xogos de mesa, as películas de terror, os libros de Defreds, Galicia, o galego, o balonmán, a choiva, os bocadillos de xamón, as lentes, as series, os perfumes, ver programas de televisión, ter calor, Melendi, nadar, os Kinder bos, as patacas, escoitar música, ir de festa no verán, o outono, disfrazarme no Entroido, ver as miñas amigas no meu tempo libre, xogar con meu irmán, pasar tempo coa miña nai, ir de compras de cando en vez, andar en patíns de catro rodas, patinar sobre xeo, 9
alisar o pelo, escoitar o son das follas caídas non outono cando as piso, facer moitas fotos crendo que son unha profesional, a empanada de xamón e queixo que fai miña nai, facer sobremesas para diferentes celebracións e festas, nadar na piscina durante horas no verán, saltar as ondas na praia como se fose un xogo, os pasteis que prepara meu pai, ler pola noite antes de durmir, escoitar música cun volume moi alto, estar coa miñas amigas, ir ao cine e despois repetir a mesma película na casa, as apertas, Curros Enríquez, as vacacións, non ter que estudar, a xente sincera e divertida, ver películas de Hayao Miyazaki, escoitar BTS, bailar xunto a miña irmá, rir a gargalladas ata quedar sen aire, pasar o tempo cos meus primos, ler tranquilamente na miña habitación, chorar nas películas, Daniel Radcliffe como Harry Potter, ver os meus dramas coreanos, o camiño que hai dende a miña casa á academia de matemáticas, a cor negra, xogar ao Monopoly e aos bolos, saír de festa, escoitar a radio no coche mentres pecho os ollos, escribir cando estou triste, ir ás clases de equitación os xoves, non ter que madrugar, bailar ballet, 10
que vaia calor, o mes de vacacións na praia, estar co móbil, ler poesía, ir a todos os lugares andando e escoitando música, ver a tele, as festas, o meu nome, o día do meu aniversario, o chocolate negro, as cores rosa e lila, falar moito, a comida de miña nai, saír da rutina moi de cando en vez, saír a correr, as películas de medo, xogar cos meus curmáns, quedar coas amigas, escoitar música durante horas, que me axuden cando o preciso, coidar da miña afillada, cear coa miña familia todos os sábados, pasear os domingos pola mañá, durmir na casa dos meus avós, ler libros de acción, sentirme ben comigo mesma, aprobar todos os exames, sorrir moito todos os días, debuxar paisaxes e persoas, ter as miñas cousas moi ordenadas, os subliñadores de cores, o café con leite, pensar e imaxinar o meu futuro, observar as estrelas xunto coa miña mellor amiga, ver os novos capítulos das miñas series favoritas, estar informada dos temas da actualidade, o francés, o italiano, os pinta uñas e pinta labios, a roupa escura, as cremas do meu avó, os doces da miña avoa, o arroz de miña nai, e o xeado; ver series de asasinatos e crimes, 11
ler todo tipo de libros de aventuras, ficción, misterio, crime e fantasía, ver películas de acción e drama, ver as fotos de cando meus avós eran novos, reconfórtame; pasear soa cando é de noite, escribir historias, bailar todo tipo de bailes, sobre todo contemporáneos; a roupa frouxa como suadoiros e pantalóns de deporte, os deportivos e os pendentes, todas as cancións de rap de Beret, Soge e Nikone; e tamén o rock e algo de pop, as materias de Literatura e Historia, durmir escoitando música, a cor morada e negra, a lúa e as estrelas, Lily Collins, Ruby Rose e Emma Watson; os libros de John Green, os macarróns da miña tía, os cómics, o Cola Cao, a música pop, a Coca-Cola, as películas de amor, os donuts, nadar na praia, os libros de temas amorosos, facer calquera cousa co móbil, a xente leal, a sinceridade, que meus amigos me fagan rir, coidar nenos pequenos, os Gusanitos, a roupa de Stradivarius, os zapatos deportivos, tirar fotos en lugares bonitos...
12
Non me gusta:
13
Estudar, madrugar, estar enferma, as vacacións, as matemáticas, as lentellas, morder as uñas, chorar, cantar, as películas en español latino, a xente falsa, o rock, o folk, os deberes, o inglés, estar despistada, que se me acabe o típex (corrector líquido), cando te manchas con barro, “Sálvame Delux”, as ras, os ratos, as abellas, a impuntualidade, que anden co móbil, facer a cama, as verduras, os libros de amor e sentimentos, que rematen as vacacións, que me berren por algo que non fixen, as películas que rematan cun final que para min non ten sentido, erguerme cedo ás mañás, vir ao instituto, camiñar soa pola rúa cando é noite, suspender os exames cando estudei, a cor rosa, a música clásica, as guerras, as inxustizas, a desorde, as viaxes longas, as comidas familiares, as persoas prepotentes, deitarme cedo, as clases de matemáticas, as cousas que me producen alerxia, como por exemplo as flores na primavera; as persoas que critican o galego, as películas de terror, as tormentas, o ruído que fai o garfo ao rascar no prato, os lugares pequenos e pechados, o estilo gótico, as igrexas, ir á misa, a xente hipócrita, a pesca, a caza, as telenovelas, 14
ningunha froita nin verdura aínda que tomo batidos e xeados de amorodo, o maltrato animal e calquera outro, agardar moito tempo, a dor de moas, que me digan que parezo un touro co piercing no nariz, erguerme polas mañás, que me digan que faga o que xa estou facendo nese momento, que me levanten a voz, que coman coa boca aberta, o xadrez, que chova cando fago plans, perder o tempo, os libros tristes, o inverno, a cor laranxa, a literatura, aburrirme, ter sono, a xente dramática, tropezar, perder as cousas, a choiva, as arañas, o baloncesto, espertar cedo, durmir pouco, que me digan o que teño que facer, ir detrás de alguén, enfadarme coa miña nai, levantarme de noite, que me quiten as cousas, que me collan o móbil, os insectos, as plumas, as medias, suspender, estar soa na casa, o aguacate, os sacos de durmir, as almofadas duras, os tenis rotos, levantarme cedo para ir á escola, os caramelos de limón, a cor vermella, as películas que fan chorar, o café, as videoconsolas, que me fagan cóxegas, faltar aos partidos de meu irmán, que vaia frío, ver baloncesto, o chocolate branco, as revistas do corazón, a escuridade, as películas de medo, 15
os xeados de amorodo, non poder saír os venres, a violencia, os musicais, que o meu equipo favorito perda, chegar tarde aos sitios, os libros de fantasía, xogar ao balonmán, as botas, a xente que mente, o río, tomar o sol, os pinta uñas de cor negra, os vestidos, o campo, os días de moita calor, non ter tempo de almorzar polas mañás, o tabaco forte, a “Estrella Galicia” quente, as persoas falsas, as imitacións, os meus irmáns, o peixe, o reguetón, a covardía, a discriminación, o machismo, a importancia que lle dan ás relixións, a hipocrisía, a ignorancia, os políticos, escribir isto, quedarme sen que facer, preocupar á xente, que as fins de semana pasen rápido, as fins dos libros que me gustan, as cancións que me fan chorar, os paseos polo monte, a xente idiota, a desigualdade, a pobreza, as corridas de touros, a arrogancia, a falsidade, o terrorismo, a superficialidade, a escravitude, a política, a publicidade, Donald Trump, as malas notas, que me interrompan mentres falo, os mércores, que non me deixen dar a miña opinión, os hospitais, as agullas, as viaxes longas en coche, non poder ver as estrelas pola noite, os poemas de amor, as rosas, os modelos de persoa16 a seguir,
a xente coa que non se dá falado, os cans ladrando pola noite, as lágrimas traizoeiras, os osiños, a contaminación, a xente que fala toda á vez, que me fagan perder a paciencia, os comentarios de texto, a cor marrón, que a xente se tome a peito o que lle digan, ter os pés fríos, a xente que se retrasa, que se xulgue sen saber, dar moitos detalles, que non me deixen durmir cando teño sono, que me castiguen sen móbil, facer os deberes, que miña nai fale cos profesores, que me manden tirar coa goma de mascar cando aínda ten sabor, os dramas, chorar en público, que os meus irmáns cambien de canle, as películas de ciencia ficción, ver a xente que me cae mal, que me mintan, o tomate, as persoas que non din o que realmente pensan, os libros escritos en inglés, estar con xente mentres fuma, as fotografías en branco e negro, tardar moito tempo en ver os meus curmáns, os teléfonos móbiles de pouco tamaño, a cor amarela, que soe o espertador, a xente que se burla doutra, o grande incremento da violencia de xénero, perder o autobús, xogar ao Trivial, os gatos e os ratos, os cadros de Van Gogh, a gripe, ver chorar as miñas amigas, o paro, as baixas temperaturas, recoller a mesa, a cebola, 17
as persoas hipócritas, cortar o pelo, xantar moi cedo, ter moitos exames xuntos, perder algo que non é meu, case ningún tipo de guiso, todos os derivados lácteos, a homofobia, o racismo, o narcisismo, os misóxinos, as feminazis, os que falan de “homismo”, a xente que se aproveita doutra, a tauromaquia, os desastres ecolóxicos, as pelexas desiguais, os nenos pequenos, todos os paxaros, os programas de murmuracións, os pallasos, o orgullo, as enfermidades, as burlas, os suspensos, que me griten, que me manden, ser impuntual, o silencio, o medo, o son da goma de mascar mastigando, a primavera, a xente que busca atención diaria facendo bromas, a xente bocalana, as murmuracións, os que non respectan os teus ideais, os que me buscan o mal xenio, os que falan dun ás súas costas, os borrachos, as faltas de ortografía, ter o pelo mollado, comer moita froita, ler, non facer cousas entretidas, o egoísmo, discutir coa xente, o frío, a xente que se burla de min e de meus amigos, as bebidas alcohólicas, ter que estudar as cousas que non me gustan, o heavy metal, a dor de cabeza que teño sempre ás mañás, facer exames e poñerme nerviosa, 18
non ter ás veces ganas de levantarme da cama, a tortilla de patacas, nin os pesadelos nin os soños demasiado bonitos, non poder saír as fins de semana, os programas españois como “La Voz” ou “Got Talent”, espertarme cedo, as clases aburridas, as comedias, ter que facer as cousas con présa, as persoas que non ceden á razón, a xente que chega tarde, as rimas asonantes, a alarma, o canto gregoriano, as meigas que se aproveitan da terceira idade, a xente fumadora e que nega que fuma, os egoístas, as manchas na cara polos grans, a piscina, a luz, deixar as uñas sen pintar, o atún, os domingos, suspender máis de dúas materias, o outono, o rap, o puré de verduras, as telenovelas latinas, que os meus pais me manden traballar cando estou cansa, os adolescentes que consomen drogas, os libros de dragóns, a miña localidade, quedarme sen tinta no bolígrafo nun exame, estudar latín, compartir os meus libros, que me contradigan, as cidades de Arxentina, a ditadura franquista, as clases os luns, os nenos mimados, facer exames orais, cando perde o Real Madrid, cando me falan mal, o chocolate negro, as mañás nas que chove, falar diante de moita xente, 19
a miña habitación, vivir nun lugar tan pequeno, non poder viaxar máis, recoller a cociña despois de comer, ir soa para a casa, os libros de ciencia ficción, lavar a louza, facer as camas, recoller os pratos da mesa, os sustos pola noite, camiñar de noite pola rúa cando hai pouca xente, o brócoli, a xente sarcástica e burlona, as avespas, os porcos, os pantalóns frouxos, os vermes, as distintas clases sociais, o acoso escolar, que me fagan dano, que as persoas maiores vivan soas, os exames, as revistas que non son interesantes, levar lentes de visión, as bombas, que me lamba o can, ir de acampada, ler cómics, estar en tensión, falar castelán, as localidades medianas en extensión, ter frío...
20
Febreiro-2017 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO B Coordinador: Xosé Payo
21
22