Somos 4º ESO C. Curso 2016-17

Page 1

Somos

4ยบ ESO C

1


IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO C. Curso 2016-2017 Edita: Departamento de Lingua Galega 2


ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES: 1.

Sandra Blanco García

2.

Adrián Castro Sarandeses

3.

Ana Fernández Prieto

4.

Andrea García Díaz

5.

Marco González Jorge

6.

Olalla Lamela López

7.

Noa Mayán Granja

8.

Pilar Montoto Jácome

9.

Borja Peña Mariño

10. Santiago Rojas Varela

3


GĂşstame:

4


A torta de chocolate con crema, xogar ao tenis, montar en bicicleta, ver partidos de fútbol do Agolada, Rafa Nadal, xogar ao bádminton cos meus amigos, xogar ás cartas con meu pai, visitar os meus primos pequenos, as viseiras, ver a neve na paisaxe, a praia e a piscina, durmir escoitando música, a roupa de deporte, a comida da miña avoa, os cómics, a cor vermella, os venres pola tarde, as vacacións, os agasallos, o Nadal, as festas do verán, que me queiran, ir a restaurantes, as clases de ximnasia, o cine, as motos, as películas de terror, os días solleiros, o zume de laranxa, a natureza, a pasta, a montaña, viaxar, a música, quedar cos amigos, o zume, as postas de sol, andar descalzo, facer bromas pesadas, o Nestea, a cor azul, as pizzas, xogar no ordenador, o tomate frito, durmir, comer, falar sobre filosofía, apoiar o feminismo, loitar polos meus dereitos, a xente con diferentes culturas, rir, soñar, defender a miñas ideas, ver a xente sorrir, ler, xogar aos videoxogos, ver anime, disfrazarme, os animais, as castañas, ver feliz a miña nai, tirarme e tirar fotos, comer flocos de millo, ir ao cine, bailar, cantar,

5


escoitar música, o chocolate, a cor negra, estar coa familia e cos amigos, os gorros de la, os xogos de mesa, o pelo louro, os ollos azuis e verdes, a roupa escura, o frío, pero non moito; ver a tele, debuxar, o pelo rizo, moitas cancións de diferentes estilos, os animais, os rapaces pequenos, as matemáticas, os libros de Anna Todd, xogar co meu gato, a empanada de atún, coller cunchas na praia, ir de compras, a fotografía e a informática, tirarlle fotos ao meu gato, ver as estrelas na noite de verán, o silencio, saír de festa cos meus amigos, a cervexa, o chocolate nas galletas, a música a todo volume, camiñar, nadar, as tortas de chocolate, o flan caseiro, madrugar, facer o parvo por aí adiante, practicar deportes, ir de copas con miña nai, acampar, rubir ás árbores, os doces, os xeados en calquera momento do ano, ir de ruta, conducir, as carreiras, os combates de boxeo, ser arxentino, a miña habitación, a miña familia, as películas de medo e comedia, trasnoitar, levar a contraria, os abrazos, pasear polo campo, que chova, gardar segredos, os chourizos, a Coca-Cola, xogar ao fútbol, andar co móbil, descansar, o verán, ir a Santiago de Compostela, a calor, vivir 6


o pastel de galletas e chocolate de meu avó, xogar cos meus cans, sacar boas notas, ler moito, coñecer a xente nova, durmir moito, saír pola noite, ir durmir á casa dalgunha amiga, caerlle ben á xente, ser intelixente, ter boas amizades, ver Fast and Furious, o Cola-Cao quentiño, cheirar os libros novos, navegar nas redes sociais, as películas que me fan chorar e dan medo, bailar nas festas, debuxar moito, os deportes en xeral, ir de acampada, o perfume dos nenos pequenos, xogar ás cartas, as fotos coa familia, que me digan que me necesitan, poder ter confianza na xente que me rodea, Australia, a saga de Harry Potter, as sesións de fotografía, poder axudar a xente, que me dean unha aperta sen motivo, ver nas tardes de chuvia series na tele cunha manta, as vacacións de verán e de Nadal cos amigos nas festas, o surf, os libros de aventuras e misterio, pasar tempo coa familia, ir ao río cos amigos, a lúa chea, as estrelas, París, facer sobremesas, durmir ata tarde, pasar a fin de semana na aldea, a historia, Melendi, imaxinar ter o meu propio restaurante, todas as series que vía cando era pequena, os nenos pequenos, Sherlock Holmes, os escritores Athur Conan 7


tomarme un baño relaxante, observar a natureza, as cores azul e verde, soster a un bebé en brazos, escoitar música ata quedarme durmida, ver nevar, as tatuaxes, amañarme para dar un paseo ou saír, rir co meu curmán pequeno, recordar a miña infancia vendo fotos, os cabalos, falar coa miña curmá e contarlle segredos, tirar fotos e que mas tiren. O chocolate branco, permanecer na cama nun día de frío, xogar coa miña afillada, ter varios pendentes nunha orella, ver películas, bailar reggaeton, chorar cun bo libro, escoitar as gargalladas do meu curmán pequeno, as vilas pequenas, a roupa de tempada, os gorriños de inverno, escoitar unha canción que me recorde a alguén, engancharme a unha boa serie, a paisaxe galega, xogar ao balonmán, correr ata esgotarme, falar, o atún, ver partidos que me emocionen, visitar lugares fermosos, saír a pasear, os macarróns gratinados de miña nai, as cores branca, gris e negra; escribir, a moda, os ríos, abrigarme cando vai moito frío, as tatuaxes e os piercings, coñecer cousas novas, saír e estar cos meus amigos e coas miñas amigas, ir aos campionatos coa selección, as excursións, discutir, coñecer a xente doutras culturas, as miradas, sentir o vento, mollarme, 8


correr entre as herbas altas, contarlle cousas a miña irmá, aviarme, tolear o meu gatiño, as redes sociais, a tecnoloxía, estar soa de cando en vez, coidarme, comprar, estrear cousas novas, as miñas coviñas, os animais salvaxes, defender as causas inxustas, o rock, meter as mans debaixo da almofada antes de durmir, pensar, a maquillaxe, poñerme debaixo da choiva, estar coa familia, o azul do ceo...

9


Non me gusta:

10


Os gatos negros, suspender exames, a xente que abandona os animais, a inxustiza, o acoso escolar, a violencia de xénero, as guerras, os ruídos fortes, os lóstregos, os choros dun neno pequeno, ir aos hospitais, que me castiguen sen xogar ao bádminton, o egoísmo, a falta de solidariedade, as barreiras arquitectónicas, madrugar, os medos, as verduras, as películas de terror, finxir interese nunha conversa para quedar ben, o cheiro das flores, as flores, as aves, escribir nas axendas, tirar fotos, facer manualidades, ter que esperar a cita no médico, os churros, as colonias doces, erguerme cedo, que o metro vaia sempre cheo, ir ao instituto, o mosto, as películas románticas, a cor branca, as pulseiras, o peixe, traballar, estudar, o machismo, a misoxinia, o terrorismo, a homofobia, a transfobia, ver chorar a xente, a sociedade patriarcal na que vivimos, o racismo, a carne, o leite de vaca ou cabra, o maltrato, as violacións sexuais, as persoas que fan dano, os estereotipos, as persoas que sofren, as abellas, os mosquitos, o sistema educativo, as mudanzas, os ollos marrón escuros, algúns tons de rosas, 11


as persoas machistas, a xente que presume do que non ten, os egocéntricos, o ruído excesivo, que te xulguen sen coñecerte, que me molesten cando estou escoitando música, a maioría das cancións de reggaeton, as telenovelas, a xente mimada, ler libros obrigatorios, ter que deitarme cedo, vir a clase, ter deberes, estar enfermo, o vento, a xente, a política, a radio, ver a televisión, facer exames, as présas, as obrigas, aturar os profesores, que moleste a miña nai a xente do instituto, ver chorar os meus amigos, coidar a meu irmán pequeno, a xente falsa, ir devagar no coche, a incomodidade, o marisco, a primavera, as películas de ficción, a desigualdade social, a xente presumida, que me anden detrás, que me sigan, estar na casa, cantar, ler, facer obras de teatro, o baloncesto, as cancións que duran moito tempo, as cousas con moito azucre ou sal, os pantalóns curtos, os iPhone, ir a clases particulares, as películas de amor, os programas do corazón, o francés, os egoístas, a xente falsa, perder amizades, falar mal o galego, decepcionar a xente que quero, chegar tarde, que me mintan, ver a alguén querido mal, non caerlle ben á xente, aburrirme, os días de moitos exames, 12


os días de moito frío sen poder saír, que se me rompan as zapatillas favoritas, que se enfaden comigo, o maltrato aos animais e ás mulleres, a discriminación ou marxinación, a tensión, que me ignoren, ter dous pés esquerdos, a xente malhumorada, que me falen mal, escoitar malfaladuras da miña xemelga, a escaseza de diñeiro, que algunha xente non se queira tal e como é, morder as uñas, os gatos, as películas de medo, os libros de amor, o puré de verduras, que me cheire mal a boca polas mañás, ver a un neno triste, o bacallau, a cor rosa, as persoas mentireiras, non poder durmir, as persoas desordenadas, as nais que deixan facer aos nenos o que lles dea a gana, os políticos, a impuntualidade, que me fagan “spoiler” (que me destripen un argumento), a xente que presume do que ten, a escravitude, que me asusten, que me esperten as fins de semana, a xente que fala mal de ti ás túas costas, que me poñan as mans frías na cara, ter pesadelos e espertar no medio da noite, enfadarme ou que se enfaden comigo as persoas ás que quero, o acoso, a pobreza, os libros de ficción, tender a roupa, os nenos e as nenas mimados, ter clase pola tarde, as 13


ter frío ao saír da auga, mollar os pés nun día de choiva, durmir poucas horas, ter sono e non poder durmir, ter moito frío, durmir co pantalón do pixama, coller o bus, o estrés dos exames, que me manchen as cousas novas, Peppa Pig, as persoas moi cridas, as papeleiras cheas, que me angustien os celos, os finais abertos, facer sentir mal os meus pais, pedir, sacar malas notas, lesionarme, a ignorancia, que a xente non razoe, o ceo pola noite sen estrelas, que se tiren os libros, as ditaduras, estar nerviosa e comer as uñas, as gomas de mascar ás cales se lles acaba rápido o sabor, que se me esquezan as cousas, que me manden calar sen poder explicar antes algo, non poder dar a miña opinión, que me comparen, que non me deixen tranquila, dar abrazos e bicos deseguido, as estrugas, estar sentada e non ter onde apoiar os pés, a falsidade, que se me amontoen as cousas que teño que facer, os dentes descoidados, o tabaco, a vagancia esaxerada, as miñas pernas, o ruído cando estudo, comer flocos de millo e encontrar un queimado, tropezar diario, apartar a mirada, chorar diante de alguén, o control excesivo, non encontrar as cousas, as matanzas de porcos... 14


Febreiro-2017 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO B Coordinador: Xosé Payo

15


16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.