13 mulleres que escribiron a historia en feminino

Page 1

8M

8M

13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Caracterizacións de: Alba Payo, Mar Espinosa, Raquel Honrubia, Adriana Iglesias, Carmen Frade, Lara Rodríguez, Luísa Areán, Iris Diéguez, Uxía Nogueira, Eva Álvarez, Marta Otero, Marián Moar e María Armada

IES Ramón Mª Aller Ulloa



13 mulleres que escribiron a historia en feminino Ao fío da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da

Muller, xurdiu por parte dun grupo de profesoras a idea de reivindicar o papel da muller na historia a fin de fomentar a educación en igualdade de cara á eliminación das diferenzas de xénero. A actividade, 13 mulleres que escribiron a historia en feminino, consiste en ir as profesoras caracterizadas polas aulas explicando a figura feminina elixida: Rosie, a Remachadora, Elisa e Marcela, Simone de Beauvoir, Rosalind Franklin, María Blasco, Chimamanda N. Adichie, Cigarreira da Coruña, Teodora I, As dúas Marías, Maruxa Mallo e Marjane Satrapi. Toda unha variedade de perfís cun punto en común, o feito de seren mulleres que se enfrontaron a un mundo radicalmente machista.



8M

IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Martes 9 de marzo

8M

13 mulleres que escribiron a historia en feminino. 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Caracterizacións de: Alba Payo, Mar Espinosa, Raquel Honrubia, Adriana Iglesias, Carmen Frade, Lara Rodríguez, Luísa Areán, Iris Diéguez, Uxía Nogueira, Eva Álvarez, Marta Otero, Marián Moar e María Armada


8M

IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Martes 9 de marzo

8M

Encontro con Rosie the Riveter (Rosie, a Remachadora), a propósito do 8 de marzo,

Día Internacional da Muller

Rosie the Riveter (Rosie, a Remachadora) é unha icona cultural que representa as mulleres que traballaban en fábricas durante a II Guerra Mundial, moitas delas producindo municións e subministracións bélicas. Non existiu unha Rosie única, existiron miles e, a veces, aceptaban empregos totalmente novos, substituíndo os homes que estaban combatendo na guerra. Dúas mulleres (e unha canción) son as precursoras deste legado iconográfico que en realidade foi orquestrado polo Goberno de Estados Unidos e axencias publicitarias. Primeiro chegou un himno claramente propagandístico: en 1943 a canción Rosie the Riveter, con letra de Redd Evans e John Jacob Loeb e interpretada por artistas como Kay Kyser (o tema incluía versos como Rosie está facendo historia, traballando pola vitoria, Rosie a Remachadora). Un dos rostros máis recoñecidos da propaganda de EE UU foi Rosie Will Monroe, unha moza de Kentucky que traballou nunha das fábricas de Michigan e que se encargou de pór o seu rostro aos vídeos de promoción interpretando a Rosie the Riveter e reclamando o esforzo laboral feminino para gañar a guerra. Logo chegarían as representacións gráficas, popularizándose un póster: a ilustración que The Westinghouse Power Company encargou a J. Howard Miller e que acabaría por ser unha das máis reproducidas do movemento feminista: a traballadora co pano na cabeza e o brazo flexionado co puño pechado coa frase “Podemos facelo!”. A imaxe estaba inspirada nunha fotografía de Geraldine Doyle, unha traballadora nunha fábrica de aceiro de Chicago, que daquela tiña 17 anos, e que descoñeceu totalmente a existencia do cartel deica 1982, cando o viu nunha revista e se recoñeceu. https://smoda.elpais.com/moda/rosie-la-remachadora-la -verdadera -historia-que -esconde-el-icono-del-feminismo/

Caracterización de Alba Payo


8M

IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Martes 9 de marzo

8M

Encontro con Elisa e Marcela, a propósito do 8 de marzo,

Día Internacional da Muller

Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o segundo matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que hai constancia, sendo o primeiro datado en período medieval. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina, transformándose en Mario: corta o pelo, viste roupas de home, fuma e cultiva un modesto bigote. Elisa e Marcela coñecéranse a mediados da década de 1880 na Escola Normal da Coruña. Entre elas foise establecendo unha íntima amizade, que axiña se converteu en amor. En 1888 inician a súa andaina como mestras en diversas escolas dos concellos de Coristanco, Vimianzo e Dumbría, procurando que os seus destinos estivesen o máis próximos posible. O matrimonio, acurralado polas autoridades, ten que abandonar Galicia e diríxese ao Porto, onde vive tranquilo durante algún tempo. Pero o 16 de agosto as dúas mulleres son detidas pola policía, a petición da xustiza coruñesa, que decretara orde de procura e captura por matrimonio ilegal. A prensa portuguesa, como antes a española, ocupouse delas polo miúdo, debido á enorme expectación que suscitaba o matrimonio sen home. Tiveron que fuxir de novo, esta vez con destino a Bos Aires. Marcela ía acompañada da súa filla, nacida no Porto o 6 de xaneiro de 1902. A nova da súa voda difundiuse axiña por toda España e por varios países europeos. Aínda non se sabe o que aconteceu con elas trala súa fuxida á Arxentina. A súa unión matrimonial realizouse máis de cen anos antes de que a lei permitise o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, co que este feito pode considerarse un precedente do matrimonio homosexual en España. Elisa e Marcela. Alén dos homes, Narciso de Gabriel. Nigratrea

Caracterización de Carmen Frade e Lara Rodríguez


8M

IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Martes 9 de marzo

8M

Encontro con Simone de Beauvoir, a propósito do 8 de marzo,

Día Internacional da Muller Simone de Beauvoir. (París, 1908-1986) Pensadora e novelista francesa, representante do movemento existencialista ateo e figura importante na reivindicación dos dereitos da muller. Orixinaria dunha familia burguesa, destacou desde temperá idade como unha alumna brillante. Estudou na Sorbona e en 1929 coñeceu a JeanPaul Sartre, que se converteu no seu compañeiro durante o resto da súa vida. Graduouse en filosofía e deica 1943 dedicouse á docencia. A súa primeira obra foi a novela A invitada (1943), á que seguiu O sangue dos outros (1944) e o ensaio Pyrrhus e Cineas (1944). Participou intensamente nos debates ideolóxicos da época, atacou con dureza a dereita francesa e asumiu o papel de intelectual comprometida. Nos seus textos literarios revisou os conceptos de historia e personaxe e incorporou, desde a óptica existencialista, os temas de "liberdade", "situación" e "compromiso". Foi fundadora xunto a Sartre e Albert Camus, entre otros, da revista Tempos Modernos, que se transformou nun referente político e cultural do pensamento francés de metade do século XX. Posteriormente publicou a novela Todos oss homes son mortais (1946), e os ensaios Para unha moral da ambigüidade (1947) e América ao día (1948). O seu libro O segundo sexo (1949) significou un punto de partida teórico para distintos grupos feministas, e converteuse nunha obra clásica do pensamento contemporáneo. Nel elaborou unha historia sobre a condición social da muller e analizou as distintas características da opresión masculina. Afirmou que ao ser excluída dos procesos de produción e confinada ao fogar e ás funcións reprodutivas, a muller perdía todos os vínculos sociais e con eles a posibilidade de ser libre. Analizou a situación de xénero desde a visión da bioloxía, a psicanálise e o marxismo; destruíu os mitos femininos, e incitou a buscar unha auténtica liberación. Sostivo que a loita para a emancipación da muller era distinta e paralela á loita de clases, e que o principal problema que debía afrontar o "sexo débil" non era ideolóxico senón económico. Simone de Beauvoir fundou con algunhas feministas a Liga dos Dereitos da Muller, que se propuxo reaccionar con firmeza ante calquera discriminación sexista. Ata os seus últimos días foi unha incansábel loitadora polos dereitos humanos. https://www.biografiasyvidas.com/biografia/b/beauvoir.htm

Caracterización de Eva Álvarez


8M

IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Martes 9 de marzo

8M

Encontro con Rosalind Franklin, a propósito do 8 de marzo,

Día Internacional da Muller Rosalind Elsie Franklin naceu o 25 de xullo de 1920 en Londres. En 1941, gradúase en química e física e, de contado, consegue unha bolsa de estudos para iniciar a súa tese doutoral... Hai algo máis de 60 anos, Watson e Crick publicaron o artigo en Nature coa súa proposta de estrutura para o ADN. No último parágrafo e entre outros, citaban a Rosalind Franklin e agradecíanlle os seus resultados experimentais non publicados e ideas. Anos máis tarde, no libro A dobre hélice, crónica moi persoal do descubrimento da estrutura do ADN, James Watson escribiu sobre ela que o mellor lugar para unha feminista era o laboratorio doutra persoa. E aínda uns anos máis tarde, Francis Crick escribiu que, no King’s College de Londres, onde Rosalind Franklin traballaba, había restricións moi irritantes –non podían tomar café na sala de profesores da facultade porque estaba reservada para os homes- pero só eran trivialidades, ou cando menos así mo parecían daquela. Xa ven, Watson e Crick referíanse a Rosalind Franklin como unha “feminista que se queixaba de trivialidades”. E, no entanto, a súa proposta de estrutura do ADN baseábase en imaxes desta molécula tomadas coa técnica de difracción de Raios X e obtidas por Rosalind Franklin, quizais, naquela época, a única persoa do mundo capaz de conseguilas cunha calidade tan extraordinaria. E, de novo, anos máis tarde, tanto Watson, con reticencia e moitas dúbidas, como Crick, creo que máis sincero e elegante, recoñeceron a extraordinaria calidade como científica de Rosalind Franklin e a súa participación esencial e insubstituíbel no descubrimento da estrutura do ADN. https://mujeresconciencia.com/2014/05/09/el-caso-de-rosalind -franklin/

Caracterización de Mar Espinosa


8M

IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Martes 9 de marzo

8M

Encontro con María Blasco, a propósito do 8 de marzo,

Día Internacional da Muller

María Antonia Blasco Marhuenda (Alacante, 1965), coñecida como María Blasco, é unha bióloga molecular e científica española. Fixo a súa tese doutoral no Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” (CSIC-UAM; Madrid) baixo a supervisión de Margarita Salas, doutorándose en Bioquímica e Bioloxía Molecular en 1993 pola Universidade Autónoma de Madrid. Ese mesmo ano, María A. Blasco trasladouse a Cold Spring Harbor Laboratory (Cold Spring Harbor, Nova York, EE.UU.) incorporándose ao laboratorio dirixido por Carol W. Greider en calidade de Bolseira Posdoutoral. Regresou a España en 1997 para establecerse como Xefa de Grupo no Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC; Madrid). Logo pasou ao Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO, Madrid) en 2003 como Xefa do Grupo de Telómeros e Telomerasa e Directora do Programa de Oncoloxía Molecular. María A. Blasco exerceu a Vicedirección de Investigación Básica desde 2005 ata xuño de 2011, data na que foi nomeada Directora do Centro Nacional de Investigaciones Oncolóxicas (CNIO). Entre os diversos galardóns que recibiu encóntranse o Swiss Bridge Award for Research in Cancer, o Josef Steiner Cancer Research Award, a Medalla de Ouro de EMBO, o Premio “Carmen e Severo Ochoa” en Bioloxía Molecular, o Premio Rei Xaime I de Investigación Básica, o European Körber Science Award, o premio “Alberto Sols” ao mellor labor investigador nas Ciencias da Saúde, o Premio Fundación Lilly de Investigación Preclínica 2010 e o Premio Nacional Santiago Ramón y Cajal 2010 de Investigación en Bioloxía . María A. Blasco é integrante electa de EMBO (European Molecular Biology Organization) e da Academia Europea… Con máis de 245 publicacións científicas, as súas investigacións centráronse en demostrar a importancia dos telómeros e da telomerasa no cancro e en enfermidades relacionadas co envellecemento. https://gadeaciencia.org/teams/blasco-maria/

Caracterización de Raquel Honrubia


8M

IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Martes 9 de marzo

8M

Encontro con Chimamanda N. Adichie, a propósito do 8 de marzo,

Día Internacional da Muller

Chimamanda Ngozi Adichie (Abba, Enugu, 1977), é unha escritora, novelista e dramaturga feminista nixeriana. Quinta filla do matrimonio de etnia igbo formado por Grace Ifeoma e James Nwoye Adichie. Aos 19 anos trasladouse a Estados Unidos cunha bolsa de estudos de dous anos para estudar comunicación e ciencias políticas na Universidade Drexel, Filadelfia. Posteriormente continuou os seus estudos na Universidade Estatal do Leste de Connecticut, na que se graduou en 2001. As i mesmo realizou estudos de escritura creativa na Johns Hopkins, Baltimore, e un máster de estudos africanos en Yale. Os temas que trata Adichie na súa obra van desde o feminismo á inmigración e do sexismo á problemática racial. A súa obra Todos teriamos que ser feministas vendeu máis de medio millón de exemplares. En 2003, mentres se encontraba estudando en Connecticut, publicou a súa primeira novela, O hibisco púrpura, que foi moi ben recibida pola crítica e pola que recibiu o Commonwealth Writer's Prize for Best First Book en 2005. A acción da súa segunda novela, Medio sol amarelo (2006), así titulada en referencia ao deseño da bandeira da efémera nación de Biafra, desenvólvese durante a guerra civil nixeriana. A obra, loada, entre outros, por Achebe, obtivo o Orange Prize for Fiction en 2007. En 2009 publicou unha colección de relatos breves, titulada The Thing Around Your Neck . Catro anos máis tarde lanzaba Americanah, que mereceu o Premio do Círculo de Críticos Nacional do Libro. Actualmente vive en Nixeria, onde imparte talleres de escritura creativa, e nos Estados Unidos. https://gl.wikipedia.org/wiki/Chimamanda_Ngozi_Adichie

Caracterización de Adriana Iglesias


8M

IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Martes 9 de marzo

8M

Encontro cunha Cigarreira da Coruña, a propósito do 8 de marzo,

Dolores Cedo, Lola (cigarreira) wordpress

Fotos: acorunhadasmulleres. gal e praza.gal

Día Internacional da Muller A folga das cigarreiras coruñesas de 1857 O 7 de decembro de 1857 as operarias da Fábrica de Tabacos da Coruña deron comezo a unhas protestas en defensa do emprego e dunha mellora nas condicións laborais que remataría coa destrución da nova maquinaria da empresa e dunha boa parte da súa produción. A este respecto, seguindo unha crónica de El País de Pontevedra, o xornal La Iberia, no seu número do 20 de decembro de 1857, sinalaba como causas do conflito “as novas operacións que se estaban ensaiando na fábrica non se prestaban ao costume das cigarreiras e estas sacaban menor xornal. Isto e o descontento co director da fábrica”. Na mesma liña, o diario El Mallorquín, na súa edición do 27 de decembro de 1857, concretaba con máis precisión os motivos da protesta, afirmando que “se tentaba estender a aqueles talleres a fabricación de cigarros de papel que comezaran a fabricarse en Alacante. Os operarios consideraban escaso o beneficio que lle sacaban a esta clase de fabricación”. Porén, a caída dos salarios xa tiña comezado á mediados da década dos corenta, a consecuencia do que seu deu en coñecer como a “revolución do picado”, manténdose esa tendencia até as décadas finais do século XIX. As protestas de decembro 1857 líganse á longa tradición de loita das cigarreiras da Coruña. As primeiras novas da súa combatividade remóntanse a marzo de 1831, cando as operarias da fábrica se mobilizaron contra os axustes na produción, que afectaba directamente o seu poder adquisitivo, mantendo unha folga durante varios días e sendo, só, derrotadas tras a intervención do exército. A memoria deste conflito estaba aínda moi presente en 1857 así como a lembranza das dirixentes obreiras duramente represaliadas en 1831, onde destacaron nomes como Antonia Araúxo, Xosefa González, María Cortés, María Cañas, Antonia Cervigón “A Terranova”, Clara Viñas, Xoana Bellón, Xosefa Vázquez, Ceferina Vázquez, Manuela de Parga e Xosefa González. O 7 de decembro de 1857 as tabaqueiras deciden paralizar o seu centro de traballo. Outra vez La Iberia, no seu número do 20 de decembro de 1857, recolle “que o día 7, arredor das once da maña, se alborotaron aquelas catro mil mulleres, acometeron contra os xefes e empregados, destruíron todo o tabaco picado, pitos e follas que tiveron a man, pisándoo e tirándoo ao mar”. A crónica continúa sinalando como “romperon e deixaron destruídas as máquinas novas para picar tabaco, e que se di custaron 40.000 pesos, tirándoas ao mar, o mesmo, papeis, libros de caixa, móbeis e obxectos que se atopaban na estancia do director”. A protesta das cigarreiras da Coruña é un exemplo paradigmático do ludismo. A revolta só puido ser controlada coa intervención do exército, que tomou militarmente a fábrica da Palloza... https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/folga-dascigarreiras-corunesas-1857/20191203153843087780.html

Caracterización de Luísa Areán


8M

IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Martes 9 de marzo

8M

Encontro con Teodora I, a propósito do 8 de marzo,

Día Internacional da Muller

Mosaico da emperatriz Teodora con Antonina esposa do xeneral Belisario, a súa filla e outras damas da corte

A emperatriz Teodora nun mosaico de San Vital, en Rávena Teodora (en grego: Θεοδώρα, c. 500-548) emperatriz bizantina e esposa de Xustiniano I. Gozou de gran popularidade e poder. Teodora foi a muller máis influínte e poderosa na historia do Imperio Bizantino. Algunhas fontes menciónana como emperatriz reinante xunto con Xustiniano I, sendo correxente. Teodora é considerada como unha gran figura feminina do Imperio Bizantino, e desde finais do século XX tamén unha pioneira do feminismo, xa que as leis que redactou foron destinadas principalmente a aumentar os dereitos das mulleres. Foi moi decidida á hora de procurar unha mellora da situación da muller na súa época. Isto se plásmase en todo un conxunto de medidas legais referentes tanto á familia como a cuestións civís. Derrogou a lei que prohibía a unión entre homes nobres e mulleres plebeas, o que impedía a moitas mulleres ascender e saír da pobreza. Tamén estableceu unha lei que permitía ás mulleres ser propietarias e herdeiras de pleno dereito. Mellorou o sistema de atención á saúde feminina. Impuxo a pena de morte aos violadores, algo moi revolucionario. Outra lei foi o recoñecemento dos fillos bastardos e o dereito destes a participar na herdanza. Tamén intentou erradicar a prostitución e rescatar as mozas que practicaban este oficio, ofrecéndolles unha dote para facilitar o seu casamento. E se aínda así preferían exercer a prostitución, buscábase que desenvolvesen o seu traballo en bordeis rexentados por elas mesmas. Estas leis quedan integradas no Corpus Iuris Civilis, aínda que o feito de que fosen respectadas na práctica era outro asunto. Como resultado dos esforzos de Teodora, o estado da muller no Imperio Bizantino foi máis elevado que o do resto das mulleres en Europa. https://es.wikipedia.org/wiki/Teodora

Caracterización de Marta Otero


8M

IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Martes 9 de marzo

8M

Encontro coas dúas Marías, a propósito do 8 de marzo,

Día Internacional da Muller

http://tm.santiagodecompostela.gal/gl/mapa/as-duas-marias / Á dereita, escultura das Marías de César Lombera

As Marías, As dúas Marías ou, en menor medida, As dúas en punto, é o nome co que se coñece en Santiago de Compostela a parella formada polas irmás Maruxa (morta no 1983) e Coralia Fandiño Ricart (falecida no 1980), representadas dende 1994 nunha célebre escultura situada no parque da Alameda. Maruxa, Coralia, Sarita, Manuel, Alfonso, Antonio etc. Eran trece os fillos e fillas que tiveron en Compostela Arturo Fandiño e Consuelo Ricart, parella de artesáns, oficio tan frecuente naquel Santiago de principios do século XX. El, zapateiro, con obradoiro na Algalia de Arriba, n.º 32. Ela, costureira e bordadora, con obradoiro na súa propia casa, na rúa do Espírito Santo, profesión que van aprender e compartir, tamén, as súas fillas. Os seus irmáns Manuel, Antonio e Alfonso foron destacados dirixentes e líderes da CNT, organización que no ano 1925 trasladara a Santiago a súa sede rexional e da que Manuel Fandiño, de oficio pintor, era o secretario xeral. A súa mocidade alimentouse do clima de animación e esperanza que se vivía en Santiago: cando as irmás Fandiño saían á rúa a pasear vestidas coa roupa feita na casa, con teas de cores, alegres e vivas coma elas, os estudantes galeguistas e republicanos chamábanlles “liberdade, igualdade e fraternidade” e os estudantes de dereitas, da CEDA, “fe, esperanza e caridade”. No entanto, este soño revolucionario afogouse en sangue o 18 de xullo do ano 1936. A sublevación militar franquista e a represión feroz chegou á familia Fandiño Ricart. Chamáronlles “roxas”, tratáronas de “putas”. O traballo desapareceu como medio de sustento e de dignidade; a fame estivo presente diariamente nas súas vidas a partir de entón. Continuaron vivindo na rúa do Medio, naquela Compostela dos anos 40, 50, 60 e 70, onde só había escuridade, medo e silencio, moito silencio. O triángulo mortal e inquisidor que formaron Falanxe, Igrexa e Exército no franquismo triunfante tras a guerra esnaquizou a súa fraxilidade e a súa cabeza escachou coma o cristal. Encarna Otero. http://tm.santiagodecompostela.gal/gl/mapa/as-duas-marias

Caracterización de Iris Diéguez e Uxía Nogueira


8M

IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Martes 9 de marzo

8M

Encontro con Maruxa Mallo, a propósito do 8 de marzo,

Día Internacional da Muller

https://www.pinterest.es/pin/autorretrato

Maruxa Mallo, ou Maruja Mallo, pseudónimo de Ana María Gómez González, nada en Viveiro o 5 de xaneiro de 1902 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1995, foi unha pintora surrealista galega. A vida de Maruxa Mallo foi, en si mesma, un anacronismo. A España que a viu nacer non estaba preparada para unha muller tan libre e independente coma ela. Transgresora no vivir, no falar e no pintar, a súa persoa era motivo de asombro, indignación e de persignarse por parte dunha sociedade mexeriqueira incapaz de non se escandalizar ante as súas provocacións. Aínda que a ela pouco lle importaba. O seu pecado orixinal era ser libre, e o seu gran talento, o de rachar con todos os esquemas e convencións. Emancipada voluntariamente dun mundo no que non encaixaba, coa súa estética transgresora e a súa irresistíbel personalidade foi quen de esfiañar as cordas da hexemonía que a ataban, como muller, á súa casa e aos seus labores, facéndose un merecido oco no seminal círculo da arte do século XX ata chegar a se converter nunha das máis representativas figuras da Generación del 27 e nunha das grandes expoñentes internacionais do surrealismo figurativo, cuxa obra nada ten que envexar á de Tanguy ou Magritte. No entanto, o seu nome aínda é o menos celebrado de todos eles: quizais porque o mundo de hoxe en día aínda siga a ser demasiado primitivo para a libertaria e transgresora Maruxa Mallo, recordada como a dama impía do surrealismo... Vangardista precoz, comeza a ser coñecida a finais dos anos 20 en Madrid grazas á exposición que Ortega y Gasset lle organiza na sede da Revista de Occidente... Co estouro da Guerra Civil española chega o exilio e a súa etapa expresiva máis complexa e efectiva... Mantivo amizade con filósofos como o xa citado Ortega y Gasset e con outros artistas internacionais da talla de Andy Warhol... Cando volve a España, Madrid recíbea coa indiferenza do esquecemento. https://subastareal.es/blog/maruja-mallo-la-musa-rebelde-de-la-vanguardia-espanola

Caracterización de Marián Moar


8M

IES “Ramón Mª Aller Ulloa” Martes 9 de marzo

8M

Encontro con Marjane Satrapi, a propósito do 8 de marzo,

Día Internacional da Muller

http://www.eslocotidiano.com/articulo/tachas-351/marjane-satrapi-comic-autobiografico/ Marjane Satrapi (en persa, ‫) نپسرماس ناجرم‬, nada en Rasht (Irán) o 22 de novembro de 1969, é unha escritora e debuxante iraniana en lingua francesa. Filla única dunha familia de Teherán, a súa familia, de talante progresista, mandouna estudar ao Liceo Francés até que foron suprimidos os colexios bilingües polas autoridades islámicas xurdidas a partir da revolución iraniana de 1979. Ela e a súa familia, que simpatizaban coa revolución antes de que adquirise carácter islamista, viviron con dor as restricións das liberdades individuais, a represión, a imposición do veo feminino e o estoupido da guerra Irán-Iraq, que o novo réxime utilizou para se consolidar. En 1984, con 14 anos, os seus pais decidiron enviala a estudar a Viena (Austria), para que puidese completar a súa educación laica e permitir que se desenvolvese nun ambiente menos opresivo ca o do seu país natal. Tras completar os estudos secundarios regresou a Irán para estudar Belas Artes, e ao rematar decidiu marchar a Francia para seguir estudando Artes Decorativas en Estrasburgo. Comezou a traballar en París como ilustradora de literatura infantil. Da man de Christophe Blain e o colectivo L'Association coñeceu o debuxante e guionista David B., que a animou a introducirse no mundo da banda deseñada para narrar os seus recordos da infancia en Irán. A novela gráfica Persépole é unha peza autobiográfica que arranca nos momentos finais do réxime do Xa e que dá conta das dificultades de vivir baixo un estado teocrático, así como das distintas formas de seguir vivindo unha vida laica malia a vix ilancia dos gardas da revolución e da veciñanza, oportunamente convertidos a un islamismo máis militante ca o do propio goberno. En 2003 publicou Broderies, unha banda deseñada sobre as mulleres iranianas. Resultou nomeada ao premio ao mellor álbum no Festival de Banda Deseñada de Angoulême de 2004. En 2005 publicou Poulet aux prunes, co que acadaría dito premio na edición de 2006 do festival. https://gl.wikipedia.org/wiki/Marjane_Satrapi

Caracterización de María Armada


IES Ramón Mª Aller Ulloa 8 de marzo de 2021



IES Ramón Mª Aller Ulloa 8 de marzo de 2021



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.