Graffiti romanos
1º da ESO A, B e D Curso 2020-2021
Os graffiti romanos do alumnado de 1º da ESO A, B e D
Actividade desenvolvida polo alumnado de 1º da ESO A, B e D. Organización e coordinación: Alba Payo. Materia: Xeografía e Historia. Curso 2020-2021 (marzo).
O costume de escribir, raiar, pintar ou debuxar nas paredes dos edificios das rúas non é, como se cre habitualmente, un fenómeno moderno. Grazas ás escavacións arqueolóxicas das cidades romanas, especialmente de Pompeia e Herculano, recuperamos moitos testemuños espontáneos sobre a vida política, social e amorosa. “Os graffiti, gravados coa punta dun coitelo, un cravo ou un anaco de madeira afiado, eran realizados por todo tipo de xente (un tendeiro, un aprendiz, un escravo etc.), xeralmente homes, iso si. Grazas aos graffiti, as voces dos antigos habitantes desas cidades chegan ata nós a través do tempo, após de mil anos de historia.” No entanto, os tituli pintados esixían toda unha organización (pintura, escada, lanterna, calígrafo etc.) e eran realizados por equipos especializados. “Os muros, por tanto, convertíanse nun espazo de expresión popular, con pintadas e graffiti: sentimentais, sensuais, nostálxicos, humorísticos ou sarcásticos. En ocasións, o autor da mensaxe expresa con sinceridade e melancolía que bota de menos a persoa amada (por exemplo unha muller que se sente desamparada pola ausencia do marido soldado). Outras veces, os graffiti reflicten necesidades e ofertas sexuais explícitas, con frases directas, vulgares ou escatolóxicas.” Romanorum vita. Catálogo online. Obra Social, Fundación La Caixa. p. 10. (Tradución)
Exemplos de graffiti romanos
Romanorum vita. Catálogo online. Obra Social, Fundación La Caixa. p. 10.
Táboa de correspondencia cos signos alfabéticos dos graffiti romanos.
Romanorum vita. Catálogo online. Obra Social, Fundación La Caixa. p. 10.
Modelos de muro soporte
Romanorum vita. Catálogo online. Obra Social, Fundación La Caixa. p. 10.
Frases en latín elixidas como modelo para usar no graffiti (coa transcrición en galego e castelán). 1. AMOR VINCET OMNIA / O AMOR VÉNCEO TODO / EL AMOR LO VENCE TODO 2. DOLET MELITA TUUS AMOR / O TEU AMOR, MELITA, DÓEME / TU AMOR, MELITA, ME DUELE 3. HIC HABITAT FELICITAS / AQUÍ HABITA A FELICIDADE / AQUÍ HABITA LA FELICIDAD 4. HIC HABITAT AMORIS / AQUÍ HABITA O AMOR / AQUÍ HABITA EL AMOR 5. QUISQUIS AMAT PEREAT / O QUE AMA MORRE / EL QUE AMA, MUERE 6. EGO SUM REX MUNDI / EU SON O REI DO MUNDO / YO SOY EL REY DEL MUNDO 7. LUCIUS PINXIT / LUCIUS ESCRIBIU ISTO / LUCIUS ESCRIBIÓ ESTO 8. OPPI, EMBOLIARI, PIEL, FORÚNCULO / OPPI, ES UN PALLASO, UN LADRÓN E UN ESTAFADOR BARATO / OPPIUS, ERES UN PAYASO, UN LADRÓN Y UN ESTAFADOR BARATO 9. EPAPHRA, ES GLABRO / EPAPHRA, ES CALVO / EPAPHRA, ERES CALVO 10. SU TERTIO VIRGULA : INDECENS ES / VIRGULA A TERTIO: ES UN MOZO DESAGRADÁBEL / VIRGULA A TERITUS: ERES UN CHICO DESAGRADABLE 11. VENI, VIDI, VICI / VIN, VIN, VENCÍN / VINE, VI, VENCÍ
Graffiti romanos do alumnado de 4º da ESO A, B e D Curso 2020-2021 (marzo) Organización e coordinación: Alba Payo Maquetación: Biblioteca Mario Pereira IES Ramón Mª Aller Ulloa. Lalín
IES Ramón Mª Aller Ulloa