Guión entrega premios vitoria 2017

Page 1

IV Concurso literario Mª Vitoria Taboada de relato curto, poesía e sketchs teatrais Guión

. IES RAMÓN Mª ALLER ULLOA


1


1. INTRO PEZA MUSICAL: [Unha das integrantes do grupo presenta a peza a interpretar]. O dúo de violíns María e Nerea Docasar interpretan Romanza de Dmitri Shostakóvich. Presentación do acto: (Nora Fuentes Losada e Antón Ceán Romero achéganse ao atril) (Saudación ao público): ANTÓN: Bo día a todas e a todos, en especial á familia; este é xa o cuarto ano que realizamos este acto de entrega dos premios Mª Vitoria Taboada. NORA:

Logo de escoitar a María e Nerea ao violín, procedemos ao acto de recoñecemento das persoas galardoadas nesta cuarta edición do concurso literario Mª Vitoria Taboada. Así sen máis dilacións e coa lembranza sempre presente de Vitoria comeza a entrega de premios. ANTÓN dá lectura ao FALLO DO XURADO de RELATO CURTO (2º accésit): O xurado integrado por Carlos Míguez Macho, Mª Pilar Espiño Espantoso, Susana Rodríguez Rodríguez e Servando Lois Silva, acorda por unanimidade outorgar un accésit no 4º Concurso literario Mª Vitoria Taboada de Relato Curto ao relato titulado O prado dos cabalos de ANXO GIL FIGUEIRAS, “pola brillantez con que arremeda o mellor do clasicismo no subxénero de intriga”. Verónica Peña fai entrega do premio ao gañador ANXO GIL FIGUEIRAS (Lectura dun fragmento por parte do premiado).

2


2ª PEZA MÚSICAL [Un dos integrantes do grupo presenta a peza a interpretar e aos seus intérpretes]. Ghost de Maurice Jarre, intérpretes: Sergio Rodríguez, Gabriel Lucas Rogel, Iván José Pereiro e Almudena Mosquera. NORA dá lectura ao FALLO DO XURADO de RELATO CURTO (1º accésit): O xurado integrado por Carlos Míguez Macho, Mª Pilar Espiño Espantoso, Susana Rodríguez Rodríguez e Servando Lois Silva, acorda por unanimidade outorgar un accésit no 4º Concurso literario Mª Vitoria Taboada de Relato Curto ao relato titulado Lazos de sangue de ROBERTO AGRA BUJÁN, “pola habilidade con que mestura unha orixinal técnica cunha complexa trama narrativa, chea de detalles de ambientación e suspense, que o converten nun logrado exemplo de relato de terror”. Ares Rozas Taboada fai entrega do premio ao gañador ROBERTO AGRA BUJÁN (Lectura dun fragmento por parte do premiado).

3ª PEZA MÚSICAL [Un dos integrantes do grupo presenta a peza a interpretar] Divertimento nº 3 de W.A. Mozart, intérpretes: Carmen Fuentes, Verónica Peña, Diego Portas e Andrea Ramos.

3


ANTÓN dá lectura ao FALLO DO XURADO de RELATO CURTO (1º premio): O xurado integrado por Carlos Míguez Macho, Mª Pilar Espiño Espantoso, Susana Rodríguez Rodríguez e Servando Lois Silva, acordan por unanimidade outorgar o 1º Premio do 4º Concurso literario Mª Vitoria Taboada de Relato Curto a A caixa de música de NOVA VILLAR GALLEGO, “pola exquisita sensibilidade coa que, a través dunha linguaxe suxestiva e simbólica, reflicte a frustrante incapacidade das persoas para non apreciar en ocasións o valor único dos seres máis achegados”. Almudena Mosquera fai entrega do premio á gañadora NOVA VILLAR GALLEGO. (Lectura dun fragmento por parte da premiada)

4ª PEZA MÚSICAL [Unha das intterpretes presenta oa peza] Sonata en C Maior de Joseph Bodin de Boismortier, intérpretes: Fátima Gallego e Miriam García. NORA dá lectura ao FALLO DO XURADO de POESÍA (1º premio): O xurado integrado por Carlos Míguez Macho, Mª Pilar Espiño Espantoso, Susana Rodríguez Rodríguez e Servando Lois Silva, acorda por unanimidade outorgar o 1º Premio do 4º Concurso literario Mª Vitoria Taboada de Poesía aos poemas Chamádeme entolecido", "Son un pianista" e "Tan frío que incluso queima" da autoría de DIEGO PEREIRO GONZÁLEZ, “pola súa pericia á hora de empregar recursos tradicionais de repetición, rimas e xogos de palabras ao servizo da expresión concisa e directa da necesidade da confirmación da propia personalidade”. José Manuel Rozas fai entrega do premio ao gañador DIEGO PEREIRO GONZÁLEZ. (Lectura dun dos poemas gañadores por parte do premiado). 4


5ª PEZA MÚSICAL [Un dos intérpretes presenta a peza] Oboe de Gabriel de Ennio Morricone, intérpretes: Sergio Rodríguez, Gabriel Lucas Rogel, Iván José Pereiro e Almudena Mosquera ANTÓN dá paso á directora: E xa chegados ao remate deste sinxelo pero sentido acto de entrega de premios do 4º Concurso literario Mª Vitora Taboada, a directora, Xoana, ten a palabra. CLAUSURA A DIRECTORA, Xoana Mouriño, pecha o acto: Agradecementos: Ao xurado, a Nora e Antón, mestres de cerimonia; a María, Nerea, Sergio, Gabriel, Iván, Carmen, Diego, Andrea, Fátima, Miriam, Verónica e Almudena por musicar o acto, e de novo a Almudena pola súa colaboración, a todas as persoas participantes no concurso e ás e aos asistentes, e por suposto parabéns ás persoas gañadoras. (Lembrar que se está a preparar a edición dun libro cos textos premiados, acompañado de ilustracións do alumnado do bacharelato de artes e que no seu memento se lles fará chegar aos premiados e centros participantes). Despedida.

5


6


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.