Historias para compartir
2ยบ ESO B (Desdobres)
IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 2º ESO B (Desdobre). Curso 2016-2017 Edita: Departamento de Lingua Galega
2
ÍNDICE: 1.
A pandemia. Texto e ilustracións, Hugo García Requeijo.
2.
O ladrón de xabón. Texto, Fabián García Varela.
3.
O meu oficio, escritora. Texto e ilustracións, Claudia Gómez Fuentes
4.
O bosque máxico. Texto e ilustracións, Miguel González Golmar.
5.
Vida e morte. Algún culpable? Texto e ilustración, Vega Granja González.
6.
A caza do oso. Texto e ilustración, Adrián López Freijido.
7.
O ano 0000. Texto e ilustracións, Lucía Maceira López.
8.
Unha rapaza de viaxe. Texto e ilustración, Noelia Pardo Areán.
9.
Unha de piratas. Texto e ilustración, Luís Manuel Reboredo García.
10. A reconquista. Texto e ilustracións, Daniel Rodríguez Mato. 11. O rei de reis. Texto e ilustración, David Saavedra García. 12. Volta atrás. Texto e ilustración, José Senra Trigás. 13. Da nada ao poder. Texto e ilustracións, Álvaro Simón Porral.
3
Na rede: http://degalegoiesallerulloa.blogspot.com.es/2017/01/historias-paracompartir.html
https://issuu.com/marelatarabela/docs/historias_para_compartir
4
Tarde de aventura Era en principio unha tarde solleira. Todos os rapaces saíran a xogar á rúa. Cando xa anoitecía, empezaron a baixar as temperaturas de forma drástica. Xoán estaba paseando o seu can cando un raio partiu unha árbore preto del, o can asustouse de tal forma que liscou deixando a Xoán só. A Antonia tamén lle pasara algo similar, só que ela estaba ao outro lado da cidade. Eran xa as nove da noite e aínda non chegaran á súa casa, tanto Xoán como Antonia. De súpeto comezou a nevar moito e a tronar, nunca se vira nada igual dende había moito tempo. Patrick quedara atrapado na biblioteca municipal, pois o encargado non se decatara da súa presenza e pechara as portas quedando así el dentro, sen saber que facer e con moito medo a morrer de frío naquela biblioteca escura e sinistra. Entón sacou o seu teléfono móbil, pero apagóuselle ao momento pola falta de batería. Xoán esconderase nunha árbore que caera, facendo nela un refuxio para pasar a noite. Antonia, pola súa perta, meteuse nun garaxe, mentres que Patrick seguía a ler libros, sen parar. Pasada a noite, Xoán púxose a camiñar. Camiñou e camiñou ata encontrar a Antonia que estaba buscando algo para almorzar. Parouse diante dela e preguntoulle: -Ola! Son Xoán. Onte quedei atrapado pola neve. Poderíasme axudar? -Ola! Síntoo, pero a min tamén me pasou o mesmo; tiven que pasar a noite nun garaxe. -Vaia. E logo sabes por que non hai ninguén pola rúa. -Non. Eu tamén fiquei alucinada. -Imos buscar algo para almorzar. Por certo, como te chamas? -Chámome Antonia. Eu xa estaba a procurar algo, pero non atopo nada, imos mirar a outro sitio. -Imos logo. -Antonia e mais Xoán emprenderon a súa viaxe na procura do almorzo cando atoparon algo parecido a unha biblioteca. Entraron por unha fiestra e atoparon a un rapaz, que curiosamente era Patrick. Estaba tombado riba dunha mesa, tapado por unha morea de libros. Antonia achegouse e díxolle: -Ola rapaz! Atópaste ben? -Ola! Isto... Quen es e que facedes aquí? Vides a rescatarme? -Ola! -Salta Xoán- Non amigo, nós non vimos a rescatarte, é máis nós tamén estamos perdidos coma ti, supoño, ou equivócome? -Pois si, equivócaste, eu non estou perdido, só quedei encerrado aquí. -Ben. A ver, pero non contactaches con ninguén, ou? -Non, pero non estou perdido porque as estatísticas marcan que un de cada 90.000 rapaces se perden nas bibliotecas. -E onde pon iso, se se pode saber? -Si na miña tableta. -Pero ti, cacho orangután, tes a tableta e non a usas para que nos socorran, vouche arrancar a cabeza -Haxa paz -di Antonia-, agora temos que mirar para almorzar algo, buscade e deixade de comportarvos como nenos pequenos .
5
-Vale, pero como o cacho burro este volva dicir algunha parvada mátoo. -Os humanos non somos tan burros como dis, un burro ten mais coeficiente intelectual que moita xente coma ti. -Agora si que te mato. Cando te pille, vas comer tal labazada que non vai haber orquestra que toque o que ti bailes. -Para aí, Xoán ti busca que eu xa me ocupo do rapaz. -Chámome Patrick Queimao de la Rosa María José Bruel -dixo con voz baixiña. -Que te chamas como…? -Pero todo o mundo me chama Patrick. -Vale. Intenta procurar un libro no que diga algo sobre como sobrevivir na neve. -Xa sei onde está, na sección 39/6 do sétimo módulo. Están ao lado dos libros de cociña. -Ti chapácheste a biblioteca enteira, non? -Dixo Xoán dende a outra sala. -Aquí pon que o primeiro que hai que facer é encontrar comida. -Xa, iso cae de caixón, pero percorremos a vila enteira e non atopamos nada -dixo Xoán, que nese momento se achegaba a Antonia. -Eu sei onde o conserxe garda comida. -E por que non o dixeches antes? -Saltou Antonia. -Seguídeme, a comida esta no soto. -Baixan unha morea de escaleiras e chegan á porta do soto. O conserxe ten isto aquí porque sempre anda a dicir que un día haberá unha pandemia e só sobrevivirá el. -Abren a porta, prenden a luz e atopan un montón de comida en lata e auga. -Aquí hai comida para manternos máis dun ano. -Vale, agora que, sabelotodo? -Di Xoán en ton burlón. -Agora toca descubrir por que non hai xente na rúa e por que non hai cobertura en ningún lado. -Ao lonxe óese ladrar a un can. -Snoopy! -Quen dis? -Snopy, o meu can, que escapou cando empezou todo isto. Entre os tres conseguiron abrir unha fiestra para que entrara o can. Mais antes de que entrara de todo Patrick notou un cheiro raro e deseguido o can desmaiouse, entón pecharon a fiestra rapidamente. -Patrick aclarou que o conserxe tiña razón: Había unha pandemia. -E agora que? -Dixo Patrick chorando. -Pois agora non sei que facer, non hai ningún libro na biblioteca que fale sobre como curar unha pandemia. -Ao mellor o conserxe ten algo escrito, imos mirar. -Despois de intensiva busca, atoparon unhas instrucións que dicían: Hjdbvjfdbgjhvjnfu Uhguhuhguhdhbhhhdhghgydydgdgjjgbhvjfjkc Jfghdjjdjgnvnvbfnvbnfhbhgudghgfjjfvii
6
Jfbjfhgfjhfyrhtrhfhfkhcjjjugjg Khjfjkkfjhvhhvjfhhfjfggvnvcnhfhfjkjbjjbjkvkv Kjvhhvjvkjvmnvhvjvhhvfmdhdksjjfjcxzfcsdxfdxrdxfdxdxdxrj Fjhhghhchvhchfchfhvhng Jfhghfnnjncnf Pois vaia instrucións, tirade con ese papel vello que non se entende nada. -Non espera, creo que coñezo esa lingua, deixádeme ver vén... Si! Sei onde hai un dicionario desta lingua. -Após duns días conseguiron descifrar as cinco primeiras frases: Instrucións para sobrevivir a unha pandemia: Levar sempre pechada a boca e o nariz. Refuxiarse nun lugar illado. Intentar ir por unha vacina ao medico. Curar a todos os afectados. E alá foron coa boca e o nariz tapados na procura da vacina... Hugo García Requeijo
7
O ladrón de xabón Un soleado día de xuño brillaba o sol nunha mañá radiante. Os paxaros cantaban e os veciños falaban entre eles. Xa ían ser as dez e tiña que marchar a traballar nunha fábrica de xabón, chamada Lagarto. (Por certo, o meu xefe chámase Ramón e a miña muller Raquel, eu son Manuel). A historia comeza cando un día, un home cunha pistola e cun coitelo entra na empresa e róubanos a cada un o diñeiro que tiñamos nos petos e tamén a máquina de facer o xabón. O feito desgustoulle moito ao meu xefe, que se puxo a chorar tombado no chan, daquela eu fun onda el e díxenlle que ía facer todo o posible por recuperar a máquina. Hoxe espertei ás once, demasiado tarde, polo que só tiven tempo de coller unhas galletas. Deseguido fun ao ligar dos feitos, onde encontrei un anel de ouro co nome dunha muller, Laura. Era a primeira pista, o ladrón estaba casado. Logo pedinlle ao xefe que me dese o vídeo que gravaran as cámaras de seguridade e dei con outra pista, a furgoneta era da marca Ford. Após disto fun durmir, sabendo que dera nun só día con dúas pistas. Hoxe madruguei. Ramón e mais eu fomos ao cuartel da Garda Civil para ver as fotos das persoas que residen no lugar, e entón demos con el, un home louro, casado cunha tal Laura. A vista das probas, acordamos que ao día seguinte iriamos coa Garda Civil á súa casa. Eran as once e xa estabamos todos diante da súa porta. Eu fun o que petei. Saíron el e mais a súa muller, entón el fuxiu pero a Garda Civil foi máis rápida. Pillouno. Collemos a máquina e Ramón levouna de volta á fábrica; e eu dun durmir todo contento. Ao día seguinte, Ramón preparoume unha sorpresa: toda a fábrica xunta deume as grazas e el ascendeume, logo de levar traballando xa sete anos. Os meus esforzos deran o seu froito. Fabián García Varela
8
O meu oficio, escritora Alí estaba eu, debaixo dunha árbore pensando no meu futuro. Xa rematara a carreira de periodismo. O que eu quería facer era escribir, era o mundo que a min me gustaba, pero non sabía como comezar. Toda a miña vida ata agora fora estudar, o que a min me inculcaran dende pequeniña, sempre dicía miña nai: “Tes que ser unha rapaza de proveito, estuda, que outros non tivemos esa oportunidade”. Agora todo ía cambiar para min, non ía estar as tardes enteiras na miña habitación cos meus libros estudando e estudando aínda que ás veces quedaba cos meus amigos ou ía de compras para distraerme unha miga. Tampouco nunca máis ía ter esa angustia na gorxa antes dun exame de fin de semestre. Ben, pero todo tiña que seguir adiante, agora o meu propósito era escribir o meu primeiro libro. Era unha tarefa un pouco difícil e que me tiña bastante inquieta porque aínda non sabía de que ía tratar. Xa se me estaba facendo un pouco tarde, así que collín as miñas cousas e puxen rumbo á miña casa. Estabamos xa no verán e xa ía volver á casa dos meus pais. Miña nai estaba moi leda de que volvera por fin á casa despois de catro anos fóra, aínda que tiña que irse facendo a idea de que eu xa tiña os meus vinte e dous anos, que aínda facía pouquiño que cumprira. Ao cabo duns días chegaron os meus pais ao meu pisiño de universitaria para facer a mudanza, e volvín á familiar, que fora onde eu vivira durante dezaoito anos e que a verdade xa botaba de menos. Acomodeime na miña antiga habitación que seguía igual. Comemos os tres xuntos e estivemos falando de milleiros de cousas, unha delas o meu libro, e dixéronme que seguro que se me ocorría algo xenial xa que de pequena tiña moita imaxinación. A verdade é que de pequena non paraba de imaxinar e inventar, e pasábao xenial escribindo cousas. Tomeime uns días de descanso para despexarme e estar cos meus pais. Miña nai contoume a historia da súa infancia que nunca me contara por medo. Ela non tivo unha infancia fácil, os seus pais biolóxicos non tiñan diñeiro para mantela e tivérona que, por así dicilo, regalar. Coidouna unha familia de campesiños que a facía traballar e que así non podía ir á escola. Ela sempre dicía que eses non eran seus pais e que quería encontrar os seus pais biolóxicos, pero non podía porque non tiña recursos. Mamá era a primeira vez que lle contaba a historia da súa infancia a alguén que non fora meu pai. Eu sentinme triste por mamá, pero á vez contenta porque por fin mo contara. Foi un día pola tarde, cando estaba cavilando, ocorréuseme a mellor idea que se me ocorrera en moito tempo, xa tiña a historia para o meu libro, a historia da miña nai, era perfecta. Eu sabía que miña nai seguía con gañas de encontrar os meus avós e igual esa era unha boa idea. Púxenme mans á obra e comecei. Levaba semanas pensando a historia do libro, e tiña a historia perfecta diante do meu nariz. Non lle dixen nada a miña nai para que non se preocupara, así sería un segredo.
9
Despois de meses traballando por fin rematara o meu libro. Estaba orgullosa de min mesma e decidín ensinárllelo aos meus pais. Comezaron a ler con entusiasmo, conforme ían avanzando a súa cara cambiaba, ao rematar a miña nai miroume, os seus ollos comezaron a encherse de bágoas, eu non sabía que facer e abraceina, supuxen que lle gustara e así foi. Déronme os dous os parabéns e a autorización xa que os dous saían na historia. Xa publicado o libro, sentinme xenial comigo mesma e co traballo que fixera porque eu sabía que miña nai o pasara moi mal con ese tema, mais peor o ía pasar se morría sen coñecer os seus pais. Aos dous meses de publicado o libro o éxito era total, eu nunca cheguei a pensar que ía ter tanto éxito un libro meu. Nunca me esquecerei do quince de abril de dous mil catorce, estaba escoitando música no computador cando o meu teléfono soou: -Ola, está Candela?-oíuse ao outro lado da liña cunha voz grave e vella. -Si, son eu, dígame -respondín. E seguiu a conversa. Non o podía crer, era meu avó, estábame falando o meu avó, era incrible. Chamaba dende Francia, que era onde vivían el e mais a súa muller había xa máis de cincuenta anos. Aos dous días estabamos todos comendo un churrasco e falando de toda a nosa vida, eu non podía para de mirar a mamá, as bágoas non se lle sacaban dos ollos nin o sorriso da boca. Non puiden escribir mellor o meu primeiro libro. Claudia Gómez Fuentes
10
O bosque máxico Érase unha vez nun bosque moi remoto un mago que quería ter amigos, mais como no bosque non podía entrar ninguén, estaba só. Un día o mago utilizou os seus poderes para dar personalidade ás árbores. Ao día seguinte, as árbores estaban elixindo un representante. O mago ao ser sabedor disto presentouse ás eleccións, pero non resultou gañador. Logo das eleccións, o mago non soportou a súa derrota e decidiu atentar contra o novo presidente. Logo do atentado tomou o poder pola forza, mais as árbores negáronse ao seu mandato. Entón o mago asasnou a todas as árbores que se opoñían á súa lei. Ao final levado por un ataque de furia descontrolada, acabou asasinando á todas as árbores, e foi condenado a vivir só por toda a eternidade. Miguel González Golmar
11
Vida e morte. Algún culpable? Oito da maña, María levántase cos ollos cheos de lagañas. Lávase, peitease e despois recolle o pelo nun moño alto mal feito, cunha goma verde. Dez minutos mais tarde está no garaxe saíndo coa súa bicicleta en dirección ao hospital. Sabe que hoxe non será un día fácil de traballo. Ten dúas operacións moi importantes e bastante longas. Saúda as enfermeiras e pasa ao departamento de traumatoloxía. Alí ponse a súa bata branca e revisa os informes dos pacientes que hoxe terá que operar. Máis tarde vai visitar o primeiro paciente que terá que operar ao longo da mañá. Entra na habitación cunha cara relaxada e segura de si mesma para transmitirlle á familia que todo vai saír ben. Aínda que moitas veces desgraciadamente non é así. -Ola Marcos! Xa sabes que hoxe é o gran día. Estás preparado? -María estaba entusiasmada con poder devolverlle a ese neno a alegría da súa vida. -Supoño que sI, algo nervioso pola operación, pero tamén impaciente por ver as miñas novas pernas. -A enfermeira e María quedaron abraiadas pola resposta de Marcos. Moitos dos adultos que sufrían cancro nalgunhas das súas extremidades non o tomaban tan ben coma un neno que sabe que non poderá facer as mesmas actividades que os seus compañeiros. Cando no entanto os adultos soamente se preocupan dos cartos e do seu traballo . Cinco minutos despois María atopábase no quirófano lavándose as mans e confirmando que todo estivese no seu sitio. Ela sentíase coma sempre nerviosa como a primeira vez que tivo a un ser humano na mesa de operacións, pero os seus nervios non lle afectaban para nada á súa habilidade para pensar e actuar nun quirófano. Minutos despois entra Marcos pola porta xa coa anestesia. María acaba de cepillarse as mans e entra na sala de operacións. Estaba totalmente convencida de que todo ía ir de marabilla. -Enfermeira, bisturí. María séntese como peixe na auga. Vai abrindo e cortando, ata que se atopa co gran demo. No corpo de Marcos había máis metástase da que parecía e por iso días antes el se atopaba tan mal. Como non o podían ter detectado coas probas anteriores? Aínda que lle proporcionaron quimio todo este tempo os vultos canceríxenos seguían aí. Non podía ser, tiña que estar nun pesadelo. Beliscouse tres veces ata que lle dixo ao seu cirurxián en prácticas que cosera e que ela se encargaría de darlle a noticia á familia. Cando entras na carreira de medicina, botas anos e anos aprendendo como operar, como usar todos os utensilios dunha mesa de operacións, e todo isto co paso do tempo apréndelo. Cando te encontras con todo iso nunha soa sala na que todo depende de ti, todo son nervios e gritos cara a ti mesma rogándote facelo ben. Pero por moitas veces que lles pidas aos teus profesores que che expliquen que lle tes que dicir a unha nai ou pai que o seu fillo vai ter que pasar case todos os días nun hospital, aínda que agora xa só lle queden catro ou cinco meses de vida, un non o comprende ata que o ten que facer.
12
Nese momento dá igual o que che digan os familiares porque o que correctamente hai que facer é consolalos e explicarlles que é o que ocorreu na sala de operacións. Ao rematar, o mellor que podes facer é marchar. Saíu da habitación despois de escoitar ameazas e gritos sumándolle insultos de todo tipo. Pasou moito tempo ata que se volveu saber de María. Pois ela decidira apartarse un tempo da medicina, despois desa operación perdera a confianza en si mesma e non se sentía competente. Vega Granja González
13
A caza do oso Unha mancha de sangue na neve era todo o que quedaba despois de que o meu compañeiro, Antonio, lle disparara ao oso, mais este liscara. Pero aquela cacería non podía rematar, entón rifaron no coche ata que Alberte chegou a unha conclusión: ir de inmediato a polo oso. Mais foi só Antonio tras del porque os outros cazadores negáronse a seguir, marchando para a casa. Ao final, os dous seguiron cos seus esquís, e cunha escopeta cada un e o bornal cheo de comida para varios días. Seguiron a marcha aínda que parecía que quería chover e ía moito frío. Andaron cos esquís un pouco, e non tardaron en atoparse co primeiro obstáculo: un camiño cheo de pólas e carballos pequenos. Após disto deron cun lago bastante grande e pensaron que podería estar agochada preto do mesmo, nalgunha cova. No entanto, andaron dando voltas toda a tarde ata que se fixo noite, entón decidiron ficar alí para durmir ao raso toda a noite, dado que estaban a cento oitenta quilómetros da localidade na que eles vivían. Improvisaron un leito cos esquís, polas e follas. Nestas, Alberte colleu un sono tan tan profundo que á mañá seguinte non sabía inde estaba, no entanto Antonio durmiu vén e ergueuse tranquilo. Logo seguiron o seu camiño e, por fin, atoparon recompensa: o oso que procuraban xa estaba morto no medio do camiño. Adrián López Freijido
14
Ano 0000 Nunca cavilaran nas consecuencias. Nin as advertencias por parte de todo o seu pobo lles crearan a máis mínima dúbida sobre os seus plans. Falo de Euriki e Malala, os meus titores que me coidaran durante a miña nenez, mais o resto de mutantes. Para que o poidades entender todo mellor, explicaréivolo dende o principio. Remontámonos anos atrás cando miña tía, que se fixera cargo de min trala morte de meus pais, cae enferma de cancro e finalmente acaba falecendo. Acto seguido, baseándonos en que o resto de familiares que tiña desapareceron na diáspora cara a Xúpiter, fanse cargo de min os meus, xa antes mencionados, titores. Un dato que non estaría mal resaltar é que a miña tía, Coral, era a raíña de Osark. Este era un bonito reino con capital en Rosewood. Sen raíña, o reino mantívose á deriva durante uns meses. Finalmente elixiuse a un “rei suplente”, Irony, promulgador da paz e nun defensor dos dereitos humanos en toda regra. O RSP (Rei Suplente Pacifista) decidira destinar os cartos do arsenal de armas para educación e sanidade. Iso non lle gustara a todos os osarknianos, pois ao decatarse da nova, os cidadáns dividíronse en dous bandos políticos: os fieis a Irony e os fieis a Falcony. Este era o curmán político do rei suplente, que xa dende moitos anos sentira unha gran devoción polas guerras a sangue fría, as pelexas e odio cara ao traballo en equipo.... Esta división reforzouse inda máis cando un estado veciño lle declarou a guerra ao noso desequilibrado reino. O RSP tratou de concretar un tratado de paz para evitar a guerra, pero foi inútil. Ante a súa impotencia, o tolo de Falcony deulle renda solta á súa imaxinación. Con isto refírome á súa experimentación co Filogonio de Ninfadora, unha substancia traída dun afastado planeta. A súa idea era alterar a súa composición química para que así producira unha reacción paralela ás leis do organismo do ser humano; deste modo lograría, finalmente, unha evolución metafísica no noso corpo transformándonos nunha arma capaz de destruír o que un se propoña. Basicamente: quería ter un exército de mutantes. Tras varias semanas de experimentación, comprobou un resultado favorable nas súas ratas de laboratorio. Foi entón cando decidiu lanzar un anuncio no que ofrecía unha cifra considerable de cartos a cambio de que aos voluntarios se lles administraran unhas “vitaminas” (o Filogonio). No contrato só aparecían unha serie de efectos secundarios moi leves. Unicamente se presentaron mil trescentos voluntarios, entre eles Euriki e Malala, seguidores do sanguinario Falcony. Desgraciadamente, debido a unha sobredose, a substancia produce neles unha serie de alteracións que non estaban previstas. Ante o perigo que isto representaba, eles e mais outros voluntarios, que lles sucedera o mesmo, son desterrados a unha pequena franxa no espazo tempo. Alí pasarían a súa miserable vida ata o día que o seu corazón parara de latexar. Tras ese suceso, a xente deixou de confiar en Falcony e foi desterrado el tamén á fenda.
15
Todo volveu máis ou menos á normalidade. Chis, o presidente do país que nos declarara a guerra, cedeu finalmente ao tratado de paz. O noso reino xa case tiña esquecido o tema da... substancia... E tardou en volver saír o tema que era considerado prohibido. Pasaran dous ou tres anos tranquilos, sen ningunha movida de vital importancia. Eu xa tiña asumida a perda dos meus pais postizos. Xa maior de idade, podía vivir pola miña conta. Eu e mais Laila, a miña moza, decidiramos comprar un apartamento na capital. Todo ía polo bo camiño. Os dous estabamos estudando as nosas respectivas carreiras: eu enxeñería espacial e ela xeóloga cósmica. Unha tarde de outono, sentados no sofá, un estraño anuncio perturbou a nosa película. Pola calidade víase que non era deste último ano, mais non lle demos vital importancia... Oíase entrecortado e a imaxe estaba, por así dicilo, censurada, mais non fixo falta escoitalo durante moito tempo para distinguir a súa voz áspera, inquebrantable... Era Falcony. Durante uns minutos mantivémonos calados. Non dabamos creto ao que acababa de suceder. Ao mirármonos aos ollos, creo que o pensamento foi similar: algo non vai ben. Fixemos coma se nada pasara e rematamos de ver o filme, mais non lle prestaramos moita atención. Ceamos, fomos á cama e tentamos durmir, Laila logrouno, mais eu non puiden. Á mañá seguinte almorzamos, vestímonos e collemos as nosa mochilas. Baixando as escaleiras percibín un silencio algo estraño. Mirei o meu reloxo dixital, pero non marcaba a hora... Comezamos a camiñar en dirección ao campus e nin unha ánima paseaba polas rúas. En dez minutos xa estabamos ás portas do centro e non contara nin un paxaro voar polo ceo. Accedemos ao vestíbulo pola porta principal, coma todos os luns, martes e xoves. Mentres subiamos as escaleiras parecérame ver unha sombra movéndose. Ilusións miñas. Cando xa estabamos preto da aula na que Lil (así alcumaba eu a miña moza) tiña as súas clases de física avanzada, un agudo e vibrante son comezou a tolear os nosos oídos. Este desconcertante suceso deu lugar a unha serea aínda mais forte que nos fixo tremer de pánico. Nese intre un berro afogado comezou a aproximarse a nós. -Corre... -Murmurei. -Que? - Preguntou asustada a miña moza...- Que foi iso? Non me deu tempo a responderlle pois nese momento un mutante saíu dun dos vestiarios e comezou a correr cara a nós, a catro patas. Agarreina pola man e empuxeina todo o que puiden para que correra. -APURAAAAAAAAAAAA! -Berrei con todas as miñas forzas, cando observei como nos pisaba os talóns. Baixamos a fume de carozo as escaleiras, atravesamos o vestíbulo e o campus, e comezamos a correr sen decatarnos de que xa non nos seguía ninguén, ou mais ben dito, nada. O único que se me pasou pola azotea foi escondernos no refuxio nuclear que se atopaba no centro da cidade. Se soportara a guerra da Segunda Lúa abofé que ía soportar o que estivera acontecendo. Ao abrir a porta (que tardamos tempo en atopar posto que estaba baixo terra e camuflada) agardábanos unha grata sorpresa, dentro do malo da situación. Os nosos compañeiros da universitarios, os profesores, os habitantes de Rosewood en xeral atopábanse alí. Nese intre un ancián de aspecto quebradizo prendeu a tele. ÚLTIMAS NOTICIAS: FALCONY E OS MUTANTES, E ENTRE ELES OS REPUBLICANOS EURIKI E MALALA, LOGRARON FUXIR DO ANO 0000 -E que buscan no noso reino? –Preguntei, á vez que lle servía un vaso de auga a Lil, que quedara sen folgos pola persecución. -E que van a buscar meniño? Vinganza -Afirmou o ancián coa súa ríxida voz. -Como podemos detelos? -Xa o estamos facendo. No Ano 0000, os niveis de occitrosa eran moito máis baixos que en Xúpiter. Iso compensaba o Filogonio, que se daba en grandes cantidades nos corpos dos mutantes. Por así dicilo, ao desterralos na franxa, salvámoslles en certo modo a vida. Que nun principio confiaran no tolo de Falcony era
16
xa castigo suficiente. Pero aquí, o máis probable é que morran en poucos días. Ata ese intre, resgardarémonos aquí dentro... É o mais seguro e non temos outro remedio... - Está ben -Sentenciei- Pero, e o tempo? Pola mañá mirei o reloxo e.... -Vai todo ligado: Cando a fenda se abre, o tempo párase; cando se pecha, continua. CRACH! Un ruído de cristal interrompeu a nosa charla.... Acto seguido, un berro afogado inundou o refuxio... Eran eles! Como o atoparan!? As criaturas tiñan unhas especies de granadas remangadas no pescozo que comezaran a soltar un gas case opaco que eliminaba a visión a tres palmos do nariz. O ultimo que escoitei foron as doces palabras Lil <quérote> e a súa man agarrando fortemente a miña... Despois diso, todo quedou en silencio e o que antes era o escenario de posiblemente unha masacre, agora era un fondo neutro, de cor branca... Esa sensación de paz durou durante ben pouco, pois o silencio foi substituído polo contador de pulsacións do meu corazón. A realidade dérame un duro golpe.... Xa o recordaba todo... A festa, o coche, o accidente.... Ela xa non estaría máis ao meu lado. Nese intre comecei a sentir como o meu corazón xa non quería seguir cumprindo a súa función... PIP-PIP-PIP-PIP-PIP-PIP-PIP-PIP-PIP-PIP-PIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII. E finalmente chegou o tan ansiado silencio. Lucía Maceira López
17
A rapaza aventureira Érase unha vez unha rapaza aventureira que un día camiñando pola rúa atopou un papel que poñía: “Unha viaxe a Moscova por 1.000 €. Cando chegou á casa, ensinoulle o papel a súa nai, entón ela díxolle que non, porque era moi pequena para viaxar e ademais non tiñan tantos cartos. Daquela, a rapaza marchou para o seu cuarto e empezou a pensar en como conseguir os cartos. E como a ela se lle daban ben os pasteis, empezou a vendelos para recadar cartos para a viaxe. Ao final, recadou os 1.000 €, entón ocorréuselle preguntar a seu pai pola viaxe, dicíndolle este que si, pero cunha condición: que el tamén ía. A rapaza foi contenta para a casa e comezou a preparar a maleta. A súa nai subiu ao seu cuarto e preguntoulle que facía, respondéndolle a rapaza que estaba facendo a maleta porque ía co seu pai a Moscova, un mes enteiro. A nai colleu o teléfono e chamou ao pai da rapaza, empezando a discutir, mentres a rapaza marchou para a casa do pai, para ir á viaxe. Noelia Pardo Areán
18
Unha de piratas Esta é a historia de Román, un pirata malísimo temido por todos, a quen seu irmán lle quere arrebatar o posto de capitán. Seu irmán só quere facer isto para que deixe de atemorizar os sete mares e poder así reinar a paz. Pero Román ten intención de desfacerse de seu irmán para non ter máis problemas. Traza milleiros de plans, pero ningún sae ben. Seu irmán, que por certo se chama Alberte, é máis astuto ca el e sempre se libra. Mais un día a Román ocorréuselle un plan maléfico, o de levar o seu irmán a unha illa deserta co pretexto de que había un tesouro para logo abandonalo. Alberte cede e vai con ele,s pero cheira que algo non vai ben, mais como faltaban aínda uns días para marchar a aquela illa, empezou a preparar un cofre con moedas e xoias falsas; e colocounas nun lugar visible da illa. Cando partiron cara á illa, viron que de verdade había alí un tesouro e como tolos baixaron todos menos Alberte, que quedou no barco. Deseguido berrou “que vos vaia ben!” Todos ficaron de cara a el vendo como marchaba no barco. Meses despois regresou á illa e observou todo estaba estrado de ósos e caveiras. Semellaba que todos morreran, menos un, Román. Alberte veuno tirado e mal alimentado e rapidamente deulle un anaco de pan e unha cantimplora de auga. Empezaron a falar de como fora a estancia na illa e do que aprendera alí, entón dixo que non volvería ser como fora antes, e que se o levaba de volta habíase portar ben coa xente. Luís Manuel Reboredo
19
A reconquista Unha mañá tiña proxectado ir de excursión, e as cousas empezaron a cambiar. Quixen chamar os meus compañeiros para iniciar a viaxe e non funcionaba o móbil, nin a radio nin ningún electrodoméstico da casa, o medo invadiu o meu corpo. Fun rápido á casa de meus amigos. Ao chegar conteilles o que pasara, pero a eles tamén lles ocorrera o mesmo ca min. Pero aínda así fomos de viaxe ao bosque. Ao chegar a el, vimos árbores tiradas no chan. Seguimos avanzando e vimos un montón de robots preparándose como para destruír o mundo, entón nós asustámonos e saímos correndo a avisar ao concello para que prepararan as armas. Mais non nos fixeron caso ningún, daquela dixémoslles que foran ao monte, o alcalde todo enfadado mandou aos de medio ambiente ao bosque, sen armas! Despois dun rato chegou unha soa persoa de medio ambiente ferida, explicounos que os robots mataran aos seus compañeiros e el sobrevivira polos pelos tamén díxolle ao alcalde que os robots eran moi fortes e tiñan moi boas armas. Nos que estabamos alí dixémoslle que preparara as armas para loitar porque o mundo podía caer en mans duns robots. Eles prepararon de todo tipo de armamento. Fomos cara a batalla pero freamos diante do bosque a esperar aos robots. Estes estaban destruíndo todo o bosque candos nos atoparon, e empezou a guerra. Os robots eran moi fortes e invencibles e a guerra parecía perdida eu fuxín con medo, os meus amigos estaban mortos. O pobo estaba morto só ficaba eu neste mundo. Fun correndo na busca dun lugar e encontreino conteille a todos o que pasara e eles acolléronme. DESPOIS DE 50 ANOS: Son eu, o alcalde da cidade, que me acollera de pequeno cando fuxira daquela guerra. Estaba disposto a volver a reconquistar a cidade que os robots conquistaran. Ordenei unha xuntanza para todos os cidadáns do pobo e díxenlle que esa cidade vai a ser reconquistada por nós. Pasado un tempo fomos a reconquista con todo tipo de armas, ao chegar estaba todo en ruínas e os robots estaban preparados para a guerra como se alguén llo contara, e a guerra comezou de novo. Eran moi fortes pero loitamos con toda a alma e gañamos a batalla. Reconstruímos toda a cidade e tamén creamos un cemiterio porque encontramos os ósos dos que na guerra pasada morreran e queríamos darlles unha despedida digna. A partir de hoxe esta cidade será recordada como a Cidade da Reconquista. Daniel Rodríguez Mato
20
O rei de todos os reis Esta é a historia dun rei chamado Magnus, rei este moi poderoso, tan poderoso que os outros reis lle pedían axuda para gobernar o seu reino, ata que un día chegaron ao reino de Magnópole dous bárbaros con cascos e espadas, e malia ser só dous case arrasan con media aldea ata que sae o gardián do reino, home este perfectamente acoirazado cuns cornos na armadura de cor violeta e cunha espada enorme, pero o problema del é que era moi pero que moi lento. O rei Magnus tamén loitou contra os bárbaros pero aínda así os bárbaros rebentaron unha torre. Magnus e o gardián tentaron pescudar de onde viñeran eses bárbaros. Teimaron e teimaron ata que se lles ocorreu que podía mandalos o seu inimigo acérrimo o rei Marpin e así foi. Magnus e Manolo (o gardián) declaráronlle a guerra a Marpin. Ao seguinte día xa empezara a guerra. O rei Magnus comezou atacando ata que o exercito dirixido por Manolo, que constaba dun xinete de porcos ou montaporcos, un mago chamado Alfredo, uns bárbaros, unha valquiria, o príncipe chamado Magnuscarsén e o príncipe escuro chamado Magnuscarsón. Ese exército loitaba contra o de Marpin, composto dun xigante, unha bruxa e uns bárbaros con cascos. O exercito de Magnus era máis forte e derrotou o exército de Marpin, ata que este solta o Bebé Dragón, mais o que Marpin non sabía, era que Magnus tiña o Dragón Infernal. Este exército de Magnus chegou ao reino de Marpins, e por onde pasaba arrasábao todo. Ao chegar ao castelo de Marpin, Manolo e mais Magnuscarsén e Magnuscarsón raptárono e levárono ao castelo de Magnus; ao chegar alí, Magnus estaba pensando que facer con el, se matalo, se facelo o seu servo ou guillotinalo. Ao final decidiuse por que fora o seu servo o resto da súa vida. Magnus festexou a fin da liorta e após fuxiu coa súa esposa de escapada romántica, Manolo e todo o exército participaron dunha enchente, mentres Marpin fregaba o solo e limpaba todo o castelo. Ademais, con motivo da celebración houbo bailes no centro da aldea e Manolo namorouse dunha fermosa rapaciña coa que e tivo un fillo chamado Manoliño. David Saavedra García
21
Volta atrás James, un mozo nacido en Sacramento, era coñecido polas súas aventuras de alto risco, desde saltos en paracaídas ata caídas libres. Decembro de 2012. James ao cumprir 25 anos fixo un salto nos montes Urais o cal foi unha catástrofe, pois ficou inconsciente. Desde ese día James retirouse e xa non practicou máis deporte. Xa en 2013 a cousa non foi a mellor. Quedou sen traballo porque a empresa para a que traballaba quebrara. A única opción que lle quedaba era alistarse no exército. Xa no exército, viaxou a Siria onde empezaría o seu tormento. Siria para James era un pesadelo. Había constantes tiroteos, isto e a calor facían que James estivera inquieto. Outubro de 2013, Afganistán. Os múltiples traslados fixeron de James un home débil. Unha noite James escoitou entre a maleza un ruído e foi investigar, o que se atopou foi unha sombra negra. Entón botouse a correu e caeu rendido nun prado, relaxouse, rezou e ficou durmido, soñando co día do accidente e volvendo ao hospital. José Senra Trigás
22
Da nada ao poder No claro dun monte máxico, un bárbaro de nome Xoel, rubio, alto e musculoso, rexeitado da súa aldea, decidiu facer alí a súa casa. Era unha casa pequena, de madeira e pouco segura polo que decidiu saír a conquistar outras aldeas próximas para poder mellorala. A primeira que se encontrou estaba unicamente ocupada por arqueiras, unhas mulleres delgadas, áxiles e cun precioso pelo violeta que empuñaban un arco. Grazas aos seus grandes músculos e á súa descomunal forza conseguiu seducir a raíña das arqueiras, que aceptou ir vivir á súa casa e levar con ela as súas riquezas e compañeiras. Onde só había unha choza agora xa se podía ver unha pequena aldea. Xoel, acompañado dun exército de arqueiras, marchou en busca de novas conquistas. Non tardaría moito en atopalas xa que a poucos quilómetros puido ver unha aldea de trasnos. Dende lonxe puido ver un gran número de minas de onde unhas criaturiñas verdes sacaban ouro e pedras preciosas, mais non só iso senón tamén unha morea de armas, pero Xoel co seu exercito decidiu atácala. Pola noite, cando xa todos estaban a durmir, derrubaron os gardas e con sixilo entraron na casa do Trasno Sabio ao que ameazarían con asasinar se non aceptaba traballar para eles. Xoel quedouse cos grandes botíns de ouro que tiñan, coas súas armas e con moitos escravos que seguirían traballando nas minas da súa aldea. De volta na pequena aldea con todo o botín gañado, ordenou construír uns muros que rodearan a aldea e uns edificios defensivos para que os bárbaros e as arqueiras se puideran defender. Aos bárbaros fíxolles uns canóns e ás arqueiras unhas torres ás que podían subir para vixiar os inimigos. Debido a tanta riqueza Xoel viuse ameazado por outras aldeas. A maioría non lles causou grandes problemas pero un, a aldea dos PEKAS, uns samurais cunha pesada e gran armadura, púxoos en perigo. A raíña enfurecida porque os PEKAS estaban destruíndo parte da súa aldea colleu a súa gran besta e cunha grande axilidade destruíu as armaduras dos inimigos deixándoos inofensivos. Despois duns meses, para restaurar o que os PEKAS destruirán, a aldea regresou á normalidade. Xoel convocou unha reunión, xa que tiña que comunicar algo moi importante, ía ser pai dun rapaz que viría ao mundo en dous meses. Os dous meses transcorreron rápido, a raíña deu a luz a un meniño chamado O Gran Centénela. Ao tempo que foi medrando Xoel foille aprendendo a usar a espada, o escudo... e todo o necesario para conquistar o que quixese. Non foi moito o tempo que precisou para aprender o necesario así como para lle gañar ao pai. Con tan só seis anos apuntaba a ser un bo guerreiro polo que Xoel decidiu levalo con el para conquistar a Montaña Negra onde habitaba un perigoso dragón que protexía un elixir escuro que alongaba a vida. A viaxe ata o cumio da montaña non foi doada, pero conseguiron chegar. Alí estaba o dragón, protexendo como lles era de agardar o precisado elixir. Estiveron loitando varias horas ata que O Gran Centénela nun áxil movemento se subiu as costas do dragón e se aproximou ao seu peito cravándolle a súa espada e acabando deste modo coa súa vida. Regresaron á aldea vitoriosos e repartiron o elixir entre todos os habitantes que se fixeron máis fortes e case inmortais. Xoel e a súa familia construíron un gran castelo onde vivirían ao longo das súas vidas e aumentaron os edificios defensivos para que ninguén máis lles volvese 23
vitoriosos e repartiron o elixir entre todos os habitantes que se fixeron máis fortes e case inmortais. Xoel e a súa familia construíron un gran castelo onde vivirían ao longo das súas vidas e aumentaron os edificios defensivos para que ninguén máis lles volvese causar problemas. Álvaro Simón Porral
24
Xaneiro-2017 IES Ramón María Aller Ulloa 2º ESO B (desdobre 2) Coordinador: Xosé Payo
25
26