Historias para compartir ii

Page 1

Historias para compartir II

2ยบ ESO C (Desdobres)


IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 2º ESO C (Desdobre). Curso 2017-2018 Edita: Departamento de Lingua Galega 2


ÍNDICE:

1.

A máquina excepcional. Texto e ilustración, Breixo Pereira Gaiteiro.

2.

O misterio. Texto e ilustración, Vanesa Pérez Vallejos.

3.

Case sen querer. Texto e ilustración, Noelia Reboredo Núñez

4.

Amores de guerra. Texto e ilustración, Andrea Segade Rozas.

5.

Máis que inimigos. Texto e ilustración, Antía Segade Rozas.

6.

A viaxe de Sabela. Texto e ilustración, Iria Viéitez Iglesias.

3


O libro dixital en: http//degalegoiesallerulloa.blogspot.com.es/

4


Os relatos

5


A máquina excepcional Hai un lustro, a un rapaz de 10 anos, de nome Xan, que ocupaba todas as súas tardes intentando crear unha máquina para poder comunicarse cos extraterrestres, os outros rapaces tratábano como un ser estraño, porque, mentres el intentaba ansiosamente facer realidade o seu soño, o resto xogaba ao fútbol, cambiaba cromos etc. Un día tras varios meses de fracasos conseguiu que a máquina acendera e o que escoitou foi unha conversa entre camioneiros. Decidiu contarllo ao seu amigo Lucas quen logo de escoitalo acordou unirse ao traballo de Xan. Despois de varios días de escoitar conversas de camioneiros e de moitas melloras, oíron a duns pilotos de aviación, o que consideraron todo un éxito. Un día convenceron o alcalde para poder ensinar a máquina a todo o pobo, que acolleu con moita expectación este acto, ao finalizar a presentación os cidadáns, incrédulos e asombrados polas capacidades dos rapaces, romperon nun aplauso xeral. Tres anos máis tarde, Xan e Lucas conseguiron contactar cuns extraterrestres de Marte pero tardaron seis meses en descifrar o idioma, para entón xa era un proxecto mundial polo que contaron coa axuda de moitos profesionais. Así, a primeira frase que descifraron dicía “Humanos, vimos en son de paz para aprender de vós e da vosa cultura”. Tras este logro decidiron poñerlle nome á súa máquina e após de varios días atoparon o nome perfecto Pitrus que abreviado era o signo Pi máis Trus. Breixo Pereira Gaiteiro

6


O misterio Ola! Chámome Vitoria, eu era unha das guerreiras dun reino chamando... Vaia non me acordo, o caso e que che vou contar unha historia que me sucedeu. Eu sempre pensei que a maxia existía aínda que me dixesen que non era certo. Así, cando eu comecei a traballar, coñecín a un grupo de soldados moi vós comigo e fixémonos amigos. Os soldados chámanse Apolline, Cance, Eldoris e Lykaios. E cando lles preguntei polo significado dos seus nomes respondéronme - O meu é sol ou calor, o de Eldoris é mar, Lykaios significa lobo e Cance nena do vento. - E o teu Apolline, que parece que che guste moito Grecia. - O meu é gañar. Una noite de garda na que estabamos todos vimos algo no bosque, eran escintileos de luces, entón fomos mirar e de súpeto entre os escintileos apareceu unha cova na que entramos e... aparecendo noutro sitio. - Pero que levo posto? Dixo Canace, mirando para todos nós. Entón observamos que cada un de nós tiña unha prenda de roupa cos significados dos nomes en grego. Eu levaba unha capa de cor negra, unha espada e no meu pescozo un colar que levaba o símbolo dun dragón. De súpeto escoitamos unha voz que dicía: - Ola guerreiros, necesitamos a vosa axuda pois hai un problema. -Dixo unha voz grave e misteriosa. - Quen é vostede? -Dixen. - Perdoa por non me presentar, chámome Long e son o gardián deste mundo. - Vale, cal é o problema do que falou antes. -Contestou Lykaios indo directamente ao asunto. - O problema é que están desaparecendo as pedras que fan que o mundo estea protexido con esta capa e poidamos así respirar, porque fóra hai uns gases moi tóxicos para nós. O que tedes que facer é collelas é poñelas nos vosos colares. - Vale, axudarémosvos. -Dixen con moita ilusión. - Mais antes de que vos marchades ao mundo dos animais pola pedra do lobo tedes que ter moito coidado co exército do mal de Hades. Daquela dirixímonos ao mundo dos animais, e nestas andamos. Vanesa Pérez Vallejos

7


Case sen querer Cres que todo vai ben, que o que tes é felicidade. O costume do amor cando xa non o esperas, porque a túa vida ten un camiño marcado. É a situación mais rara e inesperada, aparece alguén que cho desvía ao ceo. Que todo dá unha volta. O teu mundo ponse patas arriba. O teu corazón outra vez excitado. Tremer. Dubidar. É un sorriso marcado na boca. María, a nosa protagonista, estaba farta de ler e escoitar numerosas historias sobre o amor. Todo o mundo falaba del e da marabillosa sensación que se sentía ao estar namorado, pero ela nunca a vivira. A vida de María sempre estivo chea de numerosas dificultades e de pobreza. Con tan só once anos tivo que empezar a traballar para sacar a súa familia adiante. O seu pai morrera nun tráxico accidente debido ao derrubamento da mina onde traballaba, a súa nai caera gravemente enferma debido ao cancro, ademais tiña tamén un irmán pequeno ao que coidar e manter. A nosa protagonista cría que o seu destino consistía en traballar e superar os obstáculos que se lle interpuñan no camiño, pero o que ela non sabía era que a súa sorte ía cambiar... Era unha mañá de verán e todo pasou “case sen querer”. María quería ser unha xornalista de prestixio, pero debido á falta de recursos este soño non puidera cumprirse. Agora era secretaria dunha das empresas máis importantes da zona. O seu traballo consistía principalmente en atender as chamadas internacionais e redactar informes... Demasiada monotonía, pero hoxe sería un día especial, pouco antes das catro da tarde o xefe convocou

a

todos

os

traballadores

para

presentarlles o seu sobriño. Este sería o que herdaría o control da empresa en canto o xefe actual se xubilara. Todos quedaron asombrados ao velo, en especial as mulleres, xa que era un home alto, delgado, louro, de ollos azuis... Perfecto! María quedou un bo anaco ollando para el. Este decatouse e acercouse a ela. Tan pronto como as súas miradas se cruzaron as meixelas de María cambiaron de cor. Cada un traballaba nunha planta e os horarios non eran os mesmos, aínda así as coincidencias entre eles eran moi frecuentes, tanto que estas remataron por converterse en rutina. Pouco a pouco fixéronse moi amigos, tanto que esa amizade acabou converténdose en amor. Ambos sabían que as cousas entre eles non ían ser fáciles, principalmente polo desacordo da familia del, xa que os membros desta non aceptarían a súa relación debido ás diferenzas económicas. Mais era tanto o sentimento que ambos tiñan, que xuntos foron capaces de superar as dificultades. Conseguiron formar unha familia. María por fin logrou o seu soño de ser xornalista e cos cartos que gañaba puido pagarlle os tratamentos a súa nai co que así podería recuperarse definitivamente. María deuse conta de que daba igual o que dixeran os libros sobre o amor, á fin e ao cabo cada persoa forma a súa propia historia. Noelia Reboredo Núñez 8


Amores de guerra En 1943, durante a 2ª Guerra Mundial, nun pequeno barrio alemán, vivía unha rapaza moi fermosa chamada Rut, noutro moi preto do seu residía Manuel, amable e moi simpático. Cando ela cumpriu 13 anos, os dous atopáronse nunha praza que compartían os seus barrios e estiveron toda a tarde xuntos celebrando o aniversario. Fixéronse tan amigos que dende ese momento non houbo tarde que non se viran. Como todas as tardes, quedaran na praza pero Manuel aquel día traía unha mala noticia. Esa mesma mañá chamaran á súa porta para comunicarlle que precisaban soldados e el era un dos recrutados, e volverían dentro de tres días para poder adestralos antes de envialos ao campo de batalla. Ela, impactada, comezou a chorar pero o rapaz prometeulle que sobreviría para que se puidesen volver ver. O último día, preparou as cousas e foi en busca da rapaza. Pasaron unha tarde incrible ata que chegou a despedida tan odiada. Manuel subiu ao camión mentres que ela, dende abaixo, se despedía contendo as bágoas, e cun falso sorriso. Non faltou día dende entón no que Rut non rezase por el nin fose ao lugar onde se coñeceran. Tres meses despois, polo Nadal, os soldados regresaron aos seus fogares. A rapaza correu ata a casa del para recibilo cunha grande aperta. Pasaron tres horas e seguía sen chegar, pero ela aínda así non perdía as esperanzas de que ía volver. A espera foi longa, pero mereceu a pena, alí estaba el. Pasaron todo o día xuntos, Manuel tiña moitas cousas que contarlle a Rut, e así foi, contoulle como era todo aquilo e que coñecera a un rapaz que tamén lle tocara ir, pero desgraciadamente morrera en combate. Tras este mes xuntos, tivo que volver, esta vez ía ser distinto porque xa sabia como era e tanto el como ela separábanse con máis tranquilidade, coa mesma esperanza da anterior despedida aínda que esta vez ía ser por máis tempo, non volvería ata dentro de catro anos. Foron moitos meses insoportables para ela. Dous anos despois, tras unha espera insufrible, na praza dos dous barrios transmitiron un comunicado. Dixéronlles que a guerra xa rematara e ían publicar unha lista cos falecidos. Desgraciadamente morreran moitos, pero aínda así Rut tiña unhas pequenas esperanzas de que o seu querido amigo sobreviría cumprindo a famosa promesa que lle dixera a primeira vez que se fora. Xa pasaran dous anos e era moi probable que se esquecese dela, e así foi, el non a lembraba pero por un motivo moi sinxelo, mentres regresaban no camión, explotara unha granada. Este suceso provocara moitos feridos e un deles era Manuel. Sufrira un gran golpe na cabeza o que fixo que perdese a memoria de todo o que vivira ata agora, pero co paso dos anos con moito esforzo podería ter algúns recordos, pero só os máis importantes. Tras recibir esta noticia, Rut quixo intentar que se acordase dela. Uns meses despois, o rapaz seguía sen lembrar nada pero ela non perdía esperanzas, non podía perdelas agora que xa sabía que non se ían separar nunca máis. Seguían pasando os anos, ata que un día Rut non puido máis e díxose a si mesma: “Xa non podo facer nada máis, levo dous anos intentando que me recordes e non conseguín nada”. Daquela. cegada polo amor que

9


ocultou cara a el todos estes anos, pesando que así tería un bo recordo seu bicouno e foise para a súa casa. Ao día seguinte, el apareceu na porta da vivenda da rapaza dicíndolle: “Xa me decatei de quen es!! Es aquela nena coa que pasaba todos os días de pequeno na praza do barrio, aquela neniña tan fermosa da que non me podía separar”. Ela, coas bagoas esvarándolle polas meixelas e cun sorriso enorme, abrazouno. Dende aquel día, fóronse vivir xuntos a unha pequena casa, porque crían que aquel accidente era un sinal para que non se separaren nunca máis o un do outro. Como se coñeceran o día do aniversario de Rut, ese día era moi importante para eles e sempre ían á praza xa que foi nela onde se viran por primeira vez, onde se dixeran o primeiro “ola” esa palabra que marcou o comezo dunha longa e profunda amizade que persistiría ata o día das súas mortes e moito máis aló diso. Un día coma calquera outro, Manuel, mentres cociñaba, tivo un pequeno contratempo que fixo que a casa, con eles dous dentro, ardese. Ningún dos dous se puido salvar facendo así que xunto a eles se queimase un amor mutuo, que se ocultaban dende pequenos. Andrea Segade Rozas

10


Máis que inimigos Galicia vivía un ano de moitos conflitos bélicos, no que toda a poboación estaba enfrontada entre si, especialmente a poboación das localidades situadas xusto no centro. Entre as familias reais de cada localidade había unhas pequenas diferenzas. Unha das familias tiña catro fillos, mais o que ía herdar todo o poder do reinado de seu pai era o fillo de maior idade, chamado Andrés; a diferenza da familia real da outra localidade que só tiña unha filla, Anahí, polo tanto todo o poder do reinado ía herdalo o seu primo Rafael. Os dous pobos atopábanse nun mes onde día si e día tamén se enfrontaban entre si. Chegou un día no que as miradas de Andrés mais Anahí se cruzaron e ambos sentiron unha sensación de rareza no peito, ningún dos dous sabía o que significaba esa rara sensación. Chegada a noite, Anahí non puido durmir pensando nese estraño sentimento que sentiu ao ver aquel fermoso mozo, isto mesmo lle ocorreu a Andrés. Daquela ficaron pensando haber se podía ser que chegasen a sentir unha pequena atracción o un polo outro. Así estiveron todo un mes, ata que Anahí decidiu correr o risco de ir ata a localidade de Andrés para deixar as cousas claras e saber porque sentían iso cada vez que se atopaban. Ao chegar á localidade, entrou ás agachadas na casa deste e foi en busca do seu cuarto ata atopalo, entrou, e Andrés quedou sen palabras, a rapaza dos seus soños estaba alí no seu cuarto. Preguntoulle como puidera entrar sen que a viran, porque se a chegaran atopar alí sería unha morte segura para Anahí; e mentres esta lle explicaba todo, ambos os dous volveron sentir esa estraña sensación que lles quitaba horas de sono polas noites. Pasaron un rato moi agradable no cuarto de Andrés, coñecéndose e preguntándose por que as súas familias se enfrontaban entre si. Anahí marchou moi triste porque non sabían se poderían volverse ver. Isto non foi así, como eles pensaban, puideron verse todos os días ás agochadas, durante un longo período de tempo no que se formou unha grande amizade, porque eles mesmos se deron conta de que non podían ser algo máis que amigos polo enfrontamento que tiñan as súas familias. Pero a súa sorte cambiou, un día mentres estaban xuntos, Rafael, o primo de Anahí, viunos e nun golpe de envexa foi contarllo rapidamente a seu padriño que era nada máis e nada menos que o pai desta. Cando a rapaza chegou á casa, atopou a seu pai con cara de ferreiro. Este díxolle que se ían mudar e que non lle parecía moi normal o que andaba a facer co fillo da familia cos que estaban enfrontados. Ela respondeulle que o que non sabía era o porqué estaban enfrontados coa familia de Andrés, e que, porque eles se pasaran a vida pelexando, non entendía o porqué de non poder comezar unha relación con Andrés, que se querían, e así podían acabar coa absurda guerra que tiñan entre as súas familias. O xefe quedou sen palabras, pensando no que lle dixo súa filla, pero sabía que, aínda que el o aceptase, a familia de Andrés nunca estaría de acordo.

11


Os pensamentos deste fixeron que ao día seguinte fora falar cos seus inimigos e explicarlles o que estaba a suceder entre os seus fillos. Non se o tomaron moi a ben, pero ninguén podía xogar cos sentimentos dos rapaces, entón foron de inmediato falar cos namorados e xuntáronse todos onde sempre se reunían Andrés e Anahí. Cando estaban todos xuntos, os rapaces viron que non era bo sinal, que ía suceder algo malo, pero non foi así, os xefes dixéronlles que por culpa da súa rivalidade non se ían negar á súa relación. Nunca sentiran mellor sensación no corpo, Anahí non se ía mudar e agora xa podían verse cando quixeran sen andar agochándose de ninguén, por fin acabara a rivalidade entre as familias e respirábase paz entre a xente. Ao cabo dun mes, o pai de Andrés faleceu e este herdou o cargo, polo tanto Anahí converteuse en raíña tan pronto se prometeu con Andrés. Tiveron unha voda moi fermosa sendo o pai de Anahí voluntario á hora de organizar o máis mínimo detalle. Toda a xente que formaba parte destas localidades asistiu a esta gran cerimonia. Así foi como estes dous mozos trouxeron a tranquilidade aos seus pobos e formaron unha gran familia de fermosos raparigos. Aínda que uns días despois do aniversario do fillo máis pequeno, faleceu a nai de, o maior apoio que tivo esta sempre na súa vida. Antía Segade Rozas

12


A viaxe de Sabela Eu son Sabela, unha rapaza de 16 anos. Nin moi alta nin moi baixa. Unha estudante que non destaca en nada pero tampouco me definiría como vaga. Debido a que meus pais tiveron que marchar por culpa da crise traballar a Irlanda, quedei a vivir coa miña avoa. Dende pequena tiven unha complicidade especial con ela. Recordo que sempre me contaba lendas sobre Galiza. Hai dous meses que morreu miña avoa. Ela sempre me dicía que tiñamos que facer o camiño de Santiago. “Tanta xente de fóra a facelo e nós sen querer descubrilo, Sabela”… Coa súa morte díxenme que llo debía, por moi triste que estivera tras a súa perda. Primeira etapa (Cebreiro – Sarria) Ía camiñando coa miña mochila, pensando nas miñas cousas, cando de volta ao mundo real vexo que estaba metida nun frondoso bosque e xa comezara a escurecer. Nese intre, unha fermosa muller aparece diante miña. Tiña o pelo louro, ondulado e longo, ata as cadeiras. Os seus ollos eran de cor verde e cun gran sorriso. -Ola, Sabela! - Dixo ela. -Como sabes o meu nome? Ti quen es? -Dixen. Estiven a seguirte dende que baixaches do coche. Son Naia. - Respondeu cunha voz agarimosa. Notei que ela e mais eu tiñamos un vinculo especial. Seguimos xuntas a nosa viaxe cara a Santiago. Cando estabamos chegando a Sarria, pregúntame por que fago esta viaxe. Eu quedo calada, pensando que responderlle, cando me decato que a uns metros había un alicornio, branco como a neve, que se meteu na carballeira. Naia e eu seguímolo. A carón del había unha muller cun vestido que parecía unha noiva. A muller dirixiuse a min e díxome que seguise o meu corazón e non a miña cabeza. Despois desapareceu ao igual que o alicornio. Naia e eu chegamos a Sarria e aproveitamos a descansar para afrontar a seguinte etapa. Ningunha fixo mención sobre o acontecido, como se non tivera pasado nada. Segunda etapa (Sarria – Portomarin) O encontro coa Dama do Castro deixoume cavilando no que me dixera. Naia tamén se deu conta e tocoume o ombro para que estivese tranquila. Nese momento, díxome que estaba aprendendo a ser unha boa fada e que viña comigo para protexerme de posibles seres malignos. Cerca de Portomarín, deime conta que ía en compañía dunha fada. Quen o diría, eu amiga dun ser fantástico. Daqueles que tantas veces oíra á miña avoa. Uns camiñantes informáronnos que unha loba atacara o gando da aldea, que tivésemos coidado. Á noite, no albergue, saín a fóra para tomar un pouco o aire, cando vin unha loba. Púnxenme a falar con ela. Non sabía que me estaba a pasar. Os animais non falan! Como podía comunicarme con el? De repente, comezou a transformase nunha muller. Presentouse a min coma Pepa a Loba. Deume un chifre e díxome: -Cando me necesites, chifra e eu estarei alí.

13


Quedei abraiada, sen fala. Non podía ser certo o que acababa de ver. Terceira etapa (Portomarín – Palas de Rei) Naia seguía a falar de cousas da fadaterra e eu explicáballe como eramos os seres humanos, capaces de modificar a paisaxe para o noso interese, coma no caso de Portomarín. Anegar unha zona para construír un encoro… A ela iso entristecíalle. A avaricia dos homes non a entendía. Decidimos descansar e durmir, para poder afrontar mellor a seguinte etapa. Cuarta etapa (Palas de Rei – Arzúa) Despois de madrugar ben e levar parte da mañá camiñando, decidimos facer unha parada para descansar, baixo a sombra dun impoñente piñeiro. De súpeto, escoitamos un ouleo, a cada vez máis cerca ata que detrás dun arbusto saíu un home que estaba ferido. Levanteime correndo para o axudar, mentres Naia recitaba un conxuro para curalo. Bruno, en agradecemento, tamén se uniu a nós para facer o camiño. Quinta etapa (Arzúa - Monte do Gozo) Logo de atravesar Arzúa, tiñamos que pasar un río. Nese momento oímos unha fermosa voz entoando unha canción. -Non escoitedes e poñede unha pedra na boca berrou Naia. Sen dicir nada, metemos a pedra na boca e cruzamos o río. E xa lonxe daquela muller tiramos as pedras. Naia explicounos que, se non meteramos a pedra, caeriamos na trampa da feiticeira e acabariamos no río. Sexta etapa (Monte do Gozo – Catedral) Coa vista da Catedral dende o Monte do Gozo, debuxóusenos un sorriso na cara. Unha forte emoción invadiume ao chegar á praza da Quintana. Conseguírao! Coas bágoas nos ollos acordeime dela. Fíxeno, avoa!.. Atrás quedaran todas as dores e chagas que me produciran os zapatos. Atrás quedaran as miñas aventuras. Un ano despois Coma todos os 15 de novembro dirixinme ao cemiterio. Este ano máis contenta ca nunca tiña que contarlle algo. Si avoa (mentres deixaba o ramo de flores) grazas á viaxe e ás túas historias fixen un diario co que me concederon un premio. Grazas avoa, Aloia! Iria Viéitez Iglesias

14


Xaneiro-2018 IES Ramón María Aller Ulloa 2º ESO C (desdobre 2) Coordinador: Xosé Payo

15


16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.