O home do saco Xa pasaron máis de cincuenta anos desde que sucederon os feitos que quero relatar. Creo que lembro cada detalle como se fose cousa de hai uns días, pero de tanto me repetiren, e sobre todo de tanto me repetir eu mesmo que todo fora simple produto da miña fantasía infantil, acabei por dubidar e aceptei, para tranquilidade da miña conciencia, que aqueles sucesos pertencían ao mundo dos soños, onde non hai inocentes nin culpables. Foi en xaneiro [...] Tiña eu daquela seis anos recén feitos e andaba moi inquieto por causa dun incidente ocorrido uns días atrás que me enchera o corpo de medo: vira o home do saco. Nin sequera a alegre festa dos Reis e os seus presentes puideran distraerme. Un terror enfermizo asaltábame intermitentemente durante as horas do día e viña turbarme o sono polas noites. Eu xa oíra falar antes do home do saco, e mesmo coñecía varias historias macabras de nenos roubados e despezados por tan terrible personaxe, pero sempre o sentira como algo remoto, coma os lobos e os aparecidos das historias que contaban os vellos a carón do lume nas noites de inverno. Non obstante o home do saco non era só un personaxe de historias de medo, e unha noite de xaneiro de 1946 revelóuseme como un ser real, de carne e óso, e puiden velo cos meus propios ollos.
Unha viaxe por Lalín a través do tempo
O home do saco
A r煤a Col贸n desde a Casa Consistorial (Barrio de Abaixo)
A r煤a Col贸n desde a Casa Consistorial (Barrio de Abaixo)
2
O home do saco
Fora o día de primeiro de ano. Pola tarde eu acompañara á miña nai a visitar uns medio parentes que tiñamos no Barrio de Abaixo...
3
O home do saco
Fíxose noite. Atravesamos a paso rápido pola fonda de Mouriño e os soportais do Rato, onde xa había un bocado que recollera o afiador os seus trebellos, e seguimos pola de Amelia da Esquina cara á rúa principal...
Entrada no Barrio de Abaixo, desde a Rúa Pelaio
4
5
...onde habĂa un bocado que recollera o afiador os seus trebellos..
O home do saco
RĂşa Pelaio: Os soportais do Rato e a de Amelia da Esquina (en amarelo)
O home do saco
6
...zafeime un momento da miña nai para ir botar unha ollada ás vitrinas do comercio de Mato, repletas de xoguetes... O edificio do comercio de Mato mantén a súa esencia Da Congostra da Morena e o seu contorno, nada queda, só a casa de Laxosa, na parte inferior dereita.
... Berroume e sinaloume unha sombra que descendía pola congostra da Morena..: “Aí che vén o home do saco, vamos correndo para a casa”.
O acceso superior á Congostra da Morena, pasaba entre casa de Tito da Calzada e o antigo almacén de Valdés, que foi derrubado para abrir a Rúa D.
O home do saco
7
Da negrura da ruela, no fondo da encosta, xunta o muro da tenda de Xesús de Trino, vin saír un home fraco cun brillo criminal nos ollos. Botei a correr agarrado ao abrigo de miña nai ata a nosa casa. [...]
A rúa principal, ao fondo a tenda de Xesús de Trino e ao seu carón a entrada á congostra da Morena .
8
O home do saco
Na escola de dona Xulia non puideran empezar as clase normais e s贸 acudiamos rapaces da vila, pois moitas aldeas dos arredores quedaran incomunicadas...
A escola de dona Xulia, nai de Gonzalo Navaza
Entroido de 1960 na escola de dona Xulia. O pequeno 茅 Gonzalo Navaza
Unha promoci贸n de mediados dos 60 (dona Xulia xa estaba de baixa)
9
O home do saco
… e ás seis volviámonos encontrar na rúa ou no adro da igrexa...
O home do saco
A A rúa rúa Xoaquín Xoaquín Loriga Loriga na na baixada baixada ao ao ObservatoObservatorio. rio. A A xente xente na na terraza terraza do do Café Café Marquesina Marquesina coas coas carteleiras carteleiras do do cine cine Balado Balado (Lalín). (Lalín).
A frecha indica a baixada á rúa Observatorio
10
O home do saco
Eu estivera pola tarde escorregando na neve cuns amigos pola ladeira do Observatorio. A iso das cinco, que era a hora da merenda, dispersámonos. Berráronme por chegar mollado, mais deixáronme volver saír; aos meus amigos non. Fiquei só. Tiven que facer enormes esforzos para non pensar no home do saco... Así e todo... tiven azos para botarme seseis ou sete veces a esvarar pola costa do Observatorio abaixo ata o Tirabeque... Decidín marchar para a casa antes de que caese a noite enteira sobre a vila.
11
O home do saco
Evoluci贸n do Observatorio de Don Ram贸n M陋 Aller Ulloa
12
O home do saco
13
Baixaba pola rúa principal adiante no medio dunha copiosísima nevada, cando vin ao lonxe... o home do saco en persoa... O corazón batía como se fose estoupar... botei a correr rúa arriba...
A rúa principal desde o actual quilómetro cero
O home do saco
14
A parte baixa da rĂşa principal
O home do saco
Encamiñeime cara ao Campo da Feira, onde se atopaba o almacén de fertilizantes da Cros... do que meu pai era un dos socios... (Na foto a casa -que non sufriu alteracións notables– onde estaba o almacén)
O desaparecido café López
Cando ía chegando... vin o Amadeo saír pola porta do almacén... e entrar no bar López/.../Entrei no almacén... Agocheime... De súpeto reparei... na espingarda de caza pendurada da parede
15
O home do saco
16
[...] ao cabo terminei por confesarlle todo á miña nai... Meus pais telefonaron a don Caetano, o xuíz, e ao día seguinte acudimos ao xulgado... xulgado (daquela na Cacharela...
A Cacharela (rebautizada como avenida Buenos Aires ou Bos Aires na confluencia coa Molinera, aínda non estaba aberta a rúa pintor Laxeiro.
Fronte a actual confeitaría Navaza situábase na época dos feitos o xulgado
O home do saco
17
O xulgado trasladaría as súas dependencias primeiro para o cimo da Cacharela e logo para o Pontillón
O peitoril do pontillón, no cruce das rúas Principal, Matemático Rodríguez e Pontillón (despois deturpada como Calle del Puente e máis tarde mal reposta como Rúa da Ponte).
Outra perspectiva –hoxe imposíbel– do peitoril do Pontillón.
O home do saco
O Pontill贸n, co inicio do Portaceiro ao fondo. No recadro, o xulgado
18
19
O home do saco
Plano actual de Lalín
2 4
3
2 8 5
6
1 7
Roteiro d’O home do saco 1. Barrio de Abaixo. 2 Rúa Pelaio. 3. Rúa Principal (Bazar Mato). 4. Congostra da Morena (W. Calvo Garra). 5. Rúa Observatorio. 6. Rúa Rosalía de Castro (escola de dona Xulia, almacén da Cros e Bar López ). 7 Tirabeque (Ramón Mª Aller). 8. Cacharela (Avda. Buenos Aires).
20
O home do saco
Chámome Gonzalo Navaza Blanco, nacín o 28 de febreiro de 1957 no nº 16 da rúa Xoaquín Loriga de Lalín. Fago o número once (o pequeno) dos fillos de Xulia Blanco e de Perfecto Navaza. Non podo precisar de que modo naceu en min a inclinación literaria: lémbrome desde sempre moi afeccionado á lectura, aínda que debeu ser determinante a miña función como axudante do bibliotecario do colexio durante eses anos. Aos catorce ou quince comecei a publicar tiras cómicas e textos en verso e prosa na revista do colexio. En 1974, mentres facía o COU, entrei en contacto coa revista infantil Vagalume e nela publiquei historietas e contos durante os dous anos que durou a revista... Texto completo en www.bvg.udc.es Gonzalo Navaza na Biblioteca: Creación literaria
Elucidario. Vigo :Xerais, 1999. Erros e Tánatos. Vigo :Xerais, 1996. Fábrica íntima. Vigo :Galaxia, 1996. Libra. Vigo: Galaxia, 1996. Santos e defuntos. Vigo :Xerais, 2001. “Tinta chinesa” en Unha liña no ceo : 58 narradores galegos 1979-1996.-- Vigo : Xerais, D.L. 1996.-- P. 385-393. “De como meu irmán Lucas non se fixo fotógrafo” en Narradio : 56 historias no ar -- Vigo : Xerais, 2003. -- P. 141-146
Artigos
“Os Apelidos da terra de Deza” en Descubrindo.-- N. 1 (1999) ; p. 351-368.-- N. 2 (2000) ; p. 173-188.
“O nome ‘paio’” en Cadernos de lingua.-- n. 3 (1º semestre 1991) ; p. 25-35. “A Toponimia no concello de Lalín” en Lingua e literatura da Comarca de Deza.-- [Lalín] : SED, D.L. 2000.-- P. 51-64.
“A Tradición do conto” en Lingua e literatura da Comarca de Deza.-[Lalín] : SED, D.L. 2000.-- P. 9-19.
Traducións:
Defoe, Daniel: Robinson Crusoe. Vigo : Xerais, D.L. 1986
Doyle, Arthur Conan , Sir: O Can dos Baskerville. Vigo : Xerais, D.L. 1987 Doyle, Arthur Conan , Sir: Sherlock Holmes, detective .Vigo : Xerais, 1987 Graves, Robert: Mitos da antiga Grecia. Vigo : Xerais, D.L. 1989
London, Jack: A Chamada da selva. Vigo : Xerais, D.L. 1984
Perec, Georges: As Cousas : (unha historia dos anos sesenta) Vilaboa : Cumio, D.L.1991 Wood, Marion: Espíritos, heroes e cazadores da mitoloxía dos indios de Norte América. Vigo : Xerais de Galicia, D.L. 1987