1º Concurso de Cartas de recomendación (1990)
Corría o ano 1990, cando a Asociación Cultural O Naranxo tivo a brillante idea de convocar un concurso de Cartas de Recomendación que agora reeditamos, ao dar con elas nesta nosa tarefa por recuperar vellos documentos de Lalín e Deza E ao abeiro da publicación da revista underground Trapa1, iniciativa de Viravolta, e concretamente do seu número 8, editado a altura de 1991, a A. C. O Naranxo distribuíu nun supletorio as cartas galardoadas no 1º Concurso de Cartas de Recomendación. Da nova do concurso deu conta La Voz de Galicia de 26 de xuño de 1990: “La asociación O Naranxo convoca el I Concurso de Cartas de Recomendación. El pasado domingo, poco antes de la clausura de la Algarabía 90, los organizadores del festejo hicieron públicas las bases por las que se regirá el I Concurso de Cartas de Recomendación. La presentación de este concurso literario resultó ser una incógnita, ya que nunca se quiso desvelar su contendido ni las reglas que habían de seguir los participantes... El ganador ocupará un cargo honorífico en la sociedad durante un año.” Canto aos motivos do concurso La Voz de Galicia de 19 de xullo de 1990 informa: “José Ramón Paniagua Gutiérrez, alias el Pañi, y, a la vez, secretario de la Asociación Cultural O Naranxo de Lalín, apareció el pasado martes ante las cámaras de la Televisión de Galicia en el programa Crocante que presenta Alberto Avendaño. El tema no era otro que el Concurso de cartas de recomendación que la citada asociación ha convocado después de que el actual presidente de la Xunta, Manuel Fraga, dijera «que las cartas de recomendación entran dentro de la tradición popular»” (Lalín. Redacción, por M. Garabantes). Sen dúbida que unha boa maneira de lembrar a activa vida cultural de hai anos é botando man destes vellos documentos que son xa parte da historia local, e que neste caso amosan a vixencia e a tradición das recomendacións. Unha boa escola para a vida.
O primeiro número de Trapa data de 1983, o mesmo nace como “Boletín da Escola Técnica Superior de Coñecementos Inuteis (ETSCI) e entre os seus artífices e colaboradores figuran os viravoltas (Pili, Noli, Julio, D. Payo e Ánxel). Anos despois acabaría por se converter en boletín da A.C. O Naranxo.
O fallo do xurado
As cartas
1º Concurso de Cartas de recomendación (1990) Edición e maquetaxe: Biblioteca Mario Pereira IES Ramón Mª Aller Ulloa. Xullo de 2021.
IES Ramón Mª Aller Ulloa