VII CONCURSO LITERARIO Mª VITORIA TABOADA 2020. Os textos premios.
VII CONCURSO LITERARIO Mª VITORIA TABOADA 2020 RELATO CURTO: 1º Premio: Ana Novo Cuñarro Por que só nos sentimos... POESÍA: 1º Premio: Andrea Segade Rozas Ela, A venda e A vida. SKETCH TEATRAL: Deserto ILUSTRACIÓNS: Portada e contraportada: Noelia Vázquez Val INTERIORES: Nancy Virginia Sueiro Pérez Rocío Soto Varela Cristina Fandiño Calvelo Sofía Gil Madriñán
Relato curto
1º Premio Por que só nos sentimos vivos cando somos felices? Non é a tristura parte da existencia? Non existía ollada no mundo coma a súa, de máxica, de singular. Aquela que observaba o horizonte, ese punto no que se bicaban o ceo e a terra, e semellaba que puidese ver máis aló. Por iso cando me atopei cos seus luceiros verdes ao entrar na aula, tiven a certeza de que a súa visión sobrehumana xa chegara mesmo ata a miña alma. Mais había algo certamente desacougante nela, pois aínda con toda esa fantasía que desprendía entre pestanexos, transmitía unha tristura tal que parecía non chorar por non ter bágoas abondo. Ela non falaba con palabras, só coa música, do mesmo xeito ca un mudo non o fai coa voz, senón coas mans. Así foi que me quedei aquel mércores despois das clases a vela ensaiar dende a porta do ximnasio. Non me mirou nin unha soa vez, non lle fixo falta para ser consciente da miña presenza. - Pecha a porta - dixo, mentres se erguía do chan, logo de atar os cordóns das zapatillas de ballet rosas descoloridas polo implacable paso do tempo. Fixen tal e como dixo, mais non avancei nin un paso. Quedei parado diante da entrada do ximnasio, ollando para a súa vestimenta: Vestía unha camisa frouxa branca e unha saia de ensaios negra que, cando ela xiraba, debuxaba no aire espirais de tebras.
1º Premio Cando escoitei soar un tema de Debussy que non fun quen de identificar, a historia que tiña para contar comezou: Faloume da historia dun paxaro negro, de plumaxe brillante coma as primeiras raiolas que derreten a xeada polas mañás, e de aparencia sutil coma as folerpiñas das primeiras nevadas do inverno. O paxaro pasaba día si e día tamén parado nun cable de alta tensión, completamente só. Unicamente voaba cando chovía. Planeaba por riba da casa veciña a gran velocidade, bailando coas bágoas das nubes, pois só o facía cando ninguén o vía. Cando ninguén o xulgaba. Cando só eran el e a choiva.
Nancy Virginia Sueiro Pérez
1º Premio Ela contoume como o viu, como foi a única privilexiada en observar a danza da ave, antes de que o lóstrego a levara para sempre, pechándoa coa súa luz nos seus ollos. E cando a música cesou e me mirou, souben que levaba bágoas no corpo e raios no mirar, pois era ela pequena, coma as folerpiñas das primeiras nevadas do inverno e o seu cabelo louro era o reflexo do sol que derretía as xeadas polas mañás. Ese sol, único compañeiro do paxaro cando non chovía, cando non vivía. Ana Novo Cuñarro
Poesía
1º Premio Ela... Doce meses no ano. Catro semanas ao mes. Sete días por semana. Vinte e catro horas de ser. Antes contigo, agora maldigo Antes xuntas, agora defuntas. Ata que un día chegou un demo que con el todo levou. Mais semellaba babeco, e nin o sorriso nos deixou. Volva demo volva e non me teña medo, traia con vostede o tesouro que eu máis aprecio.
Cristina Fandiño Calvelo
1º Premio A venda Solitaria, sen saída. Non tiña por onde escapar nin a quen avisar. Solitaria. Ela trepaba, intentábao día tras día, non tiña saída. Solitaria. Con esperanzas. Só precisaba un raio de luz pero obcecábase. Solitaria. Ata que ese raio de luz, esa pequena esperanza resultan. Nunca estivo soa, só cegada. Mais mira con medo o volver ser pegada.
Sofía Gil Madriñán
1º Premio A vida, todo comeza como se nada, pequenos e indefensos inocentes e inquietos. Pero pronto chegas ao colexio, aprovéitao, é un privilexio. Cun pestanexar de ollos, xa te ves cos monomios. E cando estás a bocexar, aparece a estrutura molecular. A xente maior ten razón, a vida de estudante é o mellor, vagueamos por estudar e nun futuro por traballar
Rocío Soto Varela
Mais isto sempre foi así, nacemos pra nos queixar. Todos coñecedes estes dicires que resumen o que acabades de ler. Os pequenos queren ser maiores e os maiores volveren crecer. Andrea Segade Rozas
Portada e contraportada: Noelia Vázquez Val Maquetaxe: Xosé Payo IES Ramón Mª Aller Ulloa Lalín, xaneiro 2021