I Concurso de Microrrelatos de Nadal

Page 1

I CONCURSO DE MICRORRELATOS DE NADAL 2021

IES Ramón Mª Aller Ulloa



I CONCURSO DE MICRORRELATOS DE NADAL 2021



I CONCURSO DE MICRORRELATOS DE NADAL 2021 Categoría A 1º Premio ex-aequo: Alberte Vilariño López (2º ESO B) O segredo mellor gardado Sara Mato Blanco (3º ESO A) Existe a aldea no tempo do Nadal? Accésits: Diego Reboredo Núñez (2º ESO B) Broooom Luis Míguez López (3º ESO A) As bonitas árbores Categoría B: Deserto Idea: Alba Loureiro Vázquez Coordinación. Biblioteca Mario Pereira. IES Ramón Mª Aller Ulloa



Índice de autores e autoras: Antía Gutiérrez Froiz

Martín Carballude Valladares

Manuel Rodríguez Varela

Mariña Casal De la Fuente

Antón Lois Fernández

Paula Castro Iglesias

Aitor Lojo Mejuto

Martín Fernández Blanco

Claudia Meijide Soto

Sheila Fernández Fernández

Dana Pérez Míguez

Santiago Fernández Fuentes

Diego Reboredo Núñez

Xabier Ferradás Rico

Mauro Rodríguez Abeledo

Andrea García Pardo

José Rodríguez Cuiña

Roi Gil Barciela

Lucas Touceda Méndez

Álvaro Gómez Moure

Alberte Vilariño López

Marcos González Vázquez

Delia Elena Birda

Nerea Iglesias Crespo

Michelle Mato Mazzoccoli

Sergio Iglesias García

Julieta Ramos Sosa

Paula López Bonilla

Daniela Castro Rielo

Sara Mato Blanco

Matías García Blanco

Luis Míguez López

Ana María López Fernández

Ana Palmou Otero

Sara Mato González

María Pichel Gómez

Ainhoa Méndez Fuentes

Brais Ramos López

Guillermo José Pérez Gómez

Uxío Rivas Abeledo

María Luyza Ribeiro Mendes

Nerea Rodríguez Iglesias

Fátima Rodríguez Donsión

Pedro Sampayo Piñón

Hugo Varela Donsión

Diego Toimil Castellanos

Elena Varela Mariño

Mariela Villamayor Pereiro

Laura Vázquez Fernández Brais Vázquez Ulloa Aroa Amorín Negro



1º Premio

1º Premio (ex-aequo)

O segredo mellor gardado Entramos na casa moi cansos despois da grande enchente. Na rúa as luces de cores seguen prendidas, pero respírase un gran silencio. A algarabía está de portas para dentro. Xente cantando coa barriga chea de ricos manxares e berrando bébedos desentoadas cancións populares. Xa pasa bastante da media noite. Este ano vou descubrir o segredo. Papá e mamá xa están no seu cuarto. Agóchome detrás da árbore cunha orella pegada á súa porta e os ollos entreabertos. O sono pode comigo. Esperto cos berros de meus irmáns diante dun muro de presentes que cubre a miña vista. Xa sei quen é o culpable: a ilusión dos nenos disfrazada de vello barbudo. Alberte Vilariño López (2º ESO B)


1º Premio

1º Premio (ex-aequo)

Existe a aldea no tempo do Nadal? Soñei que a miña pequena aldea tamén gozaba do Nadal. Había luces, colorido, bulicio, ledicia e xente abrazándose por todas partes como en calquera das nosas cidades. Cando espertei, non sabía se era unha realidade ou unha máis das miñas fantasías. Aínda me estou a preguntar como sería o Nadal nas aldeas se os maiores do noso rural, que non poden desprazarse á cidade, puidesen celebralo por todo o alto no seu propio lugar, esquecéndose por uns días da súa pobreza, escuridade, tristura e soidade cotiás. Onde está a verdade, a mentira e sobre todo o xigantesco valor do Nadal? Procede do ruído e colorido que o envolve ou do sentimento fraternal que emana do máis fondo dos nosos corazóns tan precisados de cariño nestas datas? En todo caso, por que o tempo do Nadal non dura os 365 días do ano? Sara Mato Blanco (3º ESO A)


Accésit

1º Premio

Broooom ! Canto te boto de menos cando chega o inverno ! Con tantos exames neste tempo, nin un minuto puidemos pasar xuntos. Preciso unha tarde ao teu carón, como en tempos pasados. Os teus movementos, esa maneira de coidarme, ese relaxante canto. Sempre xuntos, querido John Deere. Diego Reboredo Núñez (2º ESO B)


Accésit

1º Premio

As bonitas árbores Ía chegando a época de ilusión para todos os nenos, pero tamén de tristeza para unha aldea que estaba toda rodeada de grandes árbores de todos os tipos. Os seus habitantes espertaron e decatáronse que as árbores que rodeaban a aldea desapareceran. Nese momento, unha rapaza chamada Uxía comezou a investigar que pasara coas árbores. Foi ao lugar onde estaban todas e viu marcas das rodas de tractores no chan. Entón, a rapaza decatouse de que deforestaran todo o bosque para vender as árbores, xa que estaba chegando esta época. Luis Míguez López (3º ESO A)


1º Premio

Demais textos

Un agasallo máxico Nunca me esquecerei do anterior Nadal. Era 24 de decembro, estabamos toda a familia reunida no comedor. Miña bisavoa, Elisa, decatouse de que era o día de Noiteboa, pese á súa enfermidade. Todos estivemos esa noite cheos de ledicia, xa que sabiamos que mentres estivésemos ceando atopariamos, debaixo da cama, un montón de agasallos. Ao meu padriño regaláranlle unha gravata vermella, aos meus avós un xogo de colonias… No intre en que abriron meus avós os regalos acordeime dun bote que me regalara Elisa había doce anos, xa non me lembraba onde estaba… Tocábame abrir o meu, era un bote, igual ca o que me regalara Elisa, de feito, era ese, ese frasco, poeirento, pero intacto, que me dera cando tiña dous meses. Este ano volverei gozar da maxia e dos bos momentos que nos ofrece o Nadal, aínda que xa non vai estar presente. Antía Gutiérrez Froiz (1º ESO C)


1º Premio

O milagre de Nadal Peter, que apenas ía abrigado, chegaba á súa tenda de acampar rota. Non tiña familia, diñeiro, casa… Só tiña frío. CoCon seis anos xa pensaba que este Nadal era o peor da súa vida aínda que tivese agasallos. Polo menos se estivese con seus pais eses días, pero por desgraza tiñan cancro. Xa chorando entrou e encontrou un agasallo do tamaño de dúas persoas cunha nota que dicía: “Peter, por ser un bo neno, cureichos”. Peter emocionouse, abriu o agasallo e ¡seus pais estaban curados! Os tres choraban de alegría mentres se daban a aperta máis longa e forte do mundo e unha chea de bicos. A felicidade ateigou a Peter, e deixou de ser o peor Nadal da súa vida. Sentiuse o neno máis afortunado de todo o universo. Peter deséxavos un moi feliz Nadal a todos e que o pasedes ben coa vosa familia. Manuel Rodríguez Varela (1º ESO C)


1º Premio O susto do xabaril Era un 25 de decembro normal, foramos meus pais, meu irmán e eu á casa de meus avós, nunha pequena vila pesqueira das Rías Baixas. A miña familia sempre ía, para poder ver os meus avós e comer unha gran cea todos xuntos. A casa de meus avós está nunha zona na que o litoral, de súpeto, sobe moito e hai unha pequena montaña. Como chegaramos moi cedo e nevara moito meu irmán e mais eu fomos dar un paseo pola vila mentres nos tirabamos bólas de neve. De súpeto atopamos unhas pegadas moi raras na neve, e como eramos pequenos pensamos que eran as pisadas dun reno de Santa Claus, porén continuamos andando e atopamos un xabaril mirándonos fixamente. De súpeto oím os un disparo e vimos o xabaril correr. Era o noso veciño! Rapidamente baixou e levounos correndo á casa de meus avós. Antón Lois Fernández (2º ESO B) Un día de Nadal Santiago, un día antes de Nadal, estaba moi impaciente porque quería ver toda a cidade chea de neve para xogar nela con seus amigos. Cando chegou ao día seguinte á cidade, non había neve e púxose triste porque non a había, pero foi esperar unhas horas e xa se puxo a nevar e el, automaticamente, marchou xogar cos seus amigos. Aitor Lojo Mejuto (2º ESO B)


1º Premio

Sucedeu o día que mais nevou Sucedeu o día que mais nevou de todo decembro. Miña familia e o meu can entraron na miña casa para escoitar os alegres vilancicos e cear todos xuntos. Miña tía tomou viño, seguido de meus avós, e ao meu can deille auga, que ía protexido do frío cun enorme abrigo. Chegado o momento, miña tía estendeu a súa man e o can deume a súa patiña. Que lle ía facer eu? Que teñas bo ano, díxenlle ao can que me mirou con agradecemento, e a todos e a cada un da miña familia, pensando en que errores podía ter cometido o ano pasado. Pensei no meu can, pero, en fin, non era asunto meu, do mesmo modo que os meus asuntos non parecían importarlle, deixei o tema e de regalo deille unha lambetada. Claudia Meijide Soto (2º ESO B) Xa era Noiteboa Xa era Noiteboa cando regresei á miña casa. Debaixo da miña árbore do salón encontrei un montón de regalos. Dana Pérez Míguez (2º ESO B)


1º Premio

Érase unha vez un día de Nadal Érase unha vez un día de Nadal. Un home que vivía nunha familia moi pobre saíu de caza e atopouse cunha fonte na que, se bebías auga, serías moi poderoso. Un día o home foi á guerra co rei e derrotou a escolta do rei inimigo. Cando o rei viu iso, acolleuno para a súa escolta e cando todo parecía perdido na outra guerra que se disputou, apareceu o home e déronlle a volta á batalla en pleno Nadal, no que non había que pelexar. E cando pasou iso o rei ascendeuno a comandante do exército, e gañaron e gañaron batallas. Cando o home morreu por unha enfermidade, enterrárono debaixo da súa casa. Ao final impuxeron a norma de que non se podía celebrar o Nadal nunca máis ata que morrese ese rei. Mauro Rodriguez Abeledo (2º ESO B) A caixa que se movía Cando espertou o tipo de vermello, xa non estaba alí, pero a caixa que se movía correndo dun lado para outro si. José Rodríguez Cuiña (2º ESO B)


1º Premio

Aventura na cima do Faro Aquel 25 de decembro ía ser distinto. Quedaramos toda a panda en celebrar o día na cima do Faro. Acababa de recibir de agasallo unha táboa de skate, unha verdadeira tolemia! E levaba dous días sen parar de nevar. Subimos ata a cima de todo, onda os eólicos. Nada máis baixar puxémonos a correr entre a neve, coma se nunca a pisaramos na nosa vida. Pareciamos becerros recentemente saídos da corte. Levei a Tyson, o noso can híbrido. Chámolle híbrido porque non sei de que raza é. Lévoo ao monte e non ve un coello aínda que se lle poña diante do fociño, iso si, paxaros non se lle escapa ningún. É branco coma a neve e moi pasmón, non sabe nin ladrar. De tan branco que é perdino entre a neve varias veces. Que apuro ía levar se o deixo na cima do Faro! Vaia tarde pasamos! Papamos cada cuada!! Non rompemos ningún óso de milagre. Xa non se vía cando recollemos, empapadiños de arrastrármonos pola neve e con dor de barriga de tanto como rimos. Quitamos a roupa da neve e tomámoslle un chocolatiño quente en Rodeiro. Vaia día! Para repetir, sen dúbida!. Lucas Touceda Méndez (2º ESO B)


1º Premio

O espello Fálolle ao espello e el fálame a min. Pero non conta verdade? Á fin e ao cabo só é un espello. Mais, a quen falarlle? El coñéceme mellor que ninguén. Manter estas conversas con alguén máis sería unha leria. Teríalle que comentar a miña forma de pensar, como que o Nadal me parece superficial e bonito á vez. Tamén lle contaría os meus medos e soños, enfados e desesperacións. Quizais lle podería falar sobre a cordura, regalarlle as miñas bágoas e sorrille ensinando os dentes, ou pintar o bigote moi cerca dos meus fociños. Teríalle que contar cada detalle, non deixarme nada, ser máis sincera que comigo mesma. Que é unha perda de tempo, vaia! Porque esa persoa, que non é un espello, faríase unha idea sobre min. Iso é o que diferenza ao meu espello da xente, el coñéceme mellor que ninguén, pero non sabe quen son. Aroa Amorín Negro (3º ESO A)


1º Premio O boneco máxico Estaba facendo un boneco de neve no cume dunha montaña. Veu o sol despois dun anaco e o meu boneco íase derretendo, pero quería marchar con el. Leveino para a casa coa axuda de meus pais. Alí botou o boneco un ano, dentro do conxelador e non se deteriorou. Mantívose como estaba. Meus pais quixeron ignorar o tema do boneco, pero eu sabía que ese boneco non era normal, tiña algo máxico. Martín Carballude Valladares (3º ESO A) O corredor As luces colgaban dos piñeiros e había os bonecos de neve formados polos nenos cando fun mercar luces para adornar a miña casa e así ter a esperanza de que a miña filla volvese. Xa reportara o caso da desaparición había unhas semanas. Non perdo a esperanza de que ela volva algún día… O son do petar na porta instantaneamente revolveume o estómago. Decidín coller valor e abrila. Quedei abraiada co que se atopaba detrás dela: a policía coa miña filla. Eu sabía que non era ela, podía falar coma ela ou ter a mesma mancha de nacemento… Pola noite sinto que me observa a través da porta e anda polo corredor. Preguntarédesvos como sei que esa rapaza, que anda polo corredor da miña casa, non é a miña filla... Seino porque fun eu quen a matou e a enterrou... Mariña Casal de la Fuente (3º ESO A)


1º Premio

A caixa misteriosa Mentres miraba pola ventá vendo a neve caer, a súa nai chamaba por Xoán. Foi ver que quería. A nai díxolle porque o chamara. Díxolle que debía saír para levar a unha casa preto de alí unha caixa que lle ía dar. Deulle a caixa e un papel co enderezo da casa. Xoán abrigouse, meteu o papel no peto e marchou para fóra. Levaba a caixa na man. Despois duns minutos camiñando, chegou. A casa parecía estar en malas condicións. Petou na porta. De repente alguén a abriu. Era un home bastante maior, tiña o pelo branco e ía vestido de negro. Deulle a caixa e díxolle que era de parte de súa nai. O home colleu a caixa sen preguntar. Sen querer, ao home caeulle a caixa. Dentro había unha carta na que poñía que ese home era o avó de Xoán. Paula Castro Iglesias (3º ESO A)


1º Premio Cando eramos rapaces A neve descendía do ceo lentamente. Era branca como o xersei de Xiana. Estaba tombada no medio do predio cuberto pola neve que caera a pasada noite. Abría e pechaba os ollos paulatinamente. Cada vez vía algo distinto, algo que a fascinaba. Xa ben fosen paxaros, folerpas de neve que se aproximaban ao seu corpo ou o seu irmán Xosé tratando de convencela para xogar ás agochadas. Nun momento no que os seus ollos fixaron a mirada en Xosé, pechou os mesmos e visualizou a época na que era unha cativa de cinco anos e andaban de alá para acolá saltando, correndo, estorbando o veciño ou ríndose das formas das nubes. Pouco a pouco, como nas presentacións da escola, ían pasando diapositivas con momentos da vida de Xiana, cada vez era máis difícil de velas ata que todo se quedou negro. — Xiana?, preguntou Xosé. Martín Fernández Blanco (3º ESO A) O meu libro de Nadal Deixei a miña chaqueta, gorro e bolso, cheos de neve porque viña de fóra, e todo o que non era necesario para escribir. Sentei no escritorio a pensar, e pensando e escribindo todos os días do mes de decembro e xaneiro foi como cheguei a realizar e rematar o meu libro. Sheila Fernández Fernández (3º ESO A)


1º Premio O elfo Pepe Pepe era un elfo que vivía nunha casa ás aforas de Lalín e gustáballe moito o Nadal. Traballaba para Papá Noel durante os meses de decembro, pero Papá Noel este ano non o contratou para repartir os regalos e o elfo estaba moi triste. Como estaba tan deprimido, encerrouse na súa casa e comezou a comer galletas de chocolate e turrón. O elfo durante o mes de decembro seguiu comendo e comendo ata que de tanto comer se fixo máis grande cá porta da casa e despois non podía saír. Entón tivo que empezar a facer exercicio ata que logrou adelgazar un pouco. Papá Noel finalmente chamouno para que lle axudase a rematar algúns regalos cos que non chegaba a tempo. E como agradecemento a Pepe deulle un regalo a el. Era unha cinta de correr para que puidese seguir facendo exercicio. Santiago Fernández Fuentes (3º ESO A) Esperando Fieites seguía esperando aquela noite. Mirando cara á árbore de Nadal esperando que aparecese aquel regalo que tanto agardaba e que non comprendía porque non llo podería traer Papá Noel. A pesar de que os seus pais lle explicaron que algunhas cousas é mellor esquecelas, pero non para sempre. Xabier Ferradás Rico (3º ESO A)


1º Premio

Dende aquel cume preto de min Desde aquel día tan triste vexo a todo o mundo conseguir o que quere e o que soña dende tempo atrás, abrindo regalos nesta época. Os domingos vexo a parte da familia reunida ao meu carón sen que eles o saiban.Todos os invernos vexo desde a cima do cume preto da igrexa as chemineas botar fume e despois do mes de decembro, que nas aldeas é a mata dos porcos, vense moitas máis adornando o ceo. Isto prodúceme unha sensación tan boa que cada día gústame máis estar aquí. En verán e polo medio do ano ver o sol tan bonito polas mañás e polo luscofusco, e no inverno ver esas mañás con todo cuberto do branco da neve. Andrea García Pardo (3º ESO A)


1º Premio

Un Nadal cun tempo atravesado O ano pasado eu e a miña irmá estabamos a montar a árbore de Nadal. De súpeto que comeza a nevar e o chan queda branco. Miña irmá marchou para a casa, pero eu seguín na procura de poñer as luces, xa que era o único que nos faltaba. Supuxen que ter rematado para sacarlle unha foto co chan branco e nevando sería algo máxico. Cando rematei, díxenlle a miña irmá que viñese, que xa non nevaba. Sacámoslle unha foto e aproveitamos a pouca neve que había para xogar. Fixemos un boneco de neve coa súa bufanda e o gorro. Ao acabar co boneco todo quedaba máis ca bonito. Pola contra, o boneco pronto se derreteu debido á choiva e, ademais, fixo un aire terrible e tirounos coa árbore, polo que pasou de ser todo moi bonito a quedar sen nada a causa do tempo. Roi Gil Barciela (3º ESO A)


1º Premio

Poucos edificios... Poucos edificios conservaban xa o aspecto que tiveran tres meses atrás, por non dicir ningún. O que os fixera cambiar, á fin e ao cabo, non era algo atípico nesa época, polo menos na cidade. As casas eran agora un lugar máis frío e menos seguro. O risco de desprendementos estaba sempre presente. Era inevitable. Saín á rúa para volver contemplar ese espectáculo tan impresionante que nunca antes vira diante. E volveu. Volveu ocorrer. Empezaron a caer do ceo de novo, como a choiva. Só que non era choiva... Nin neve. 24 de decembro de 1942, Londres Álvaro Gómez Moure (3º ESO A)


1º Premio

Aquela noite Habitación ás escuras. 29 de decembro de 2020. Marcos escoita ruídos estraños, que lle fan un nó na gorxa. Son as tres da mañá e calquera cousa se lle pasa pola cabeza. Inténtase levantar, pero non dá. Proba de novo, pero unha forza estraña recae no seu corpo. Intenta abrir os ollos pero pésanlle... Inesperadamente percibe unha voz rouca e grave no seu oído que di ”Non escoitaches nada nin tes nada enriba, o que pasa é que non queres ver o que acontece no teu salón”. Marcos levántase nun intre e vai correndo para o salón, pero non había nin unha chisca de rareza nesa sala. Marcos González Vázquez (3º ESO A)


1º Premio

KeK Unha noite do día 4 de novembro, Katrina acomodouse na súa habitación, que estaba preto do baño común. Katrina non vivía nunha casa coa súa familia, vivía nun orfanato. Só tiña un ser querido cando ingresou alí, e facía ano e medio que a única persoa que tiña con ela morrera. Kaila era súa irmá. Morreu traxicamente unha mañá indo cos nenos do orfanato e con Xulia, a profesora que tiñan asignada a ese grupo. Xulia non se decatou de que a nena collese o camiño incorrecto e terminase tirándose por un acantilado do cal non se sabía da súa existencia. Dende esa noite Katrina percibe cousas raras ao longo da noite, sons raros que fan que esperte sobresaltada. Séntese observada e ás veces sente como a tapan de noite cando ela se revolve ou se destapa. O dia 25 de decembro descobre de quen se trata. Nerea Iglesias Crespo (3º ESO A) Agochado entre o xeo Despois dunha longa viaxe chegaron ata un iceberg. O capitán do barco sorprendeuse de ter logrado atopar unha aldea no medio dun páramo xeado. A súa primeira impresión foi de alegría, xa que os elfos acostumaban esconderse moi ben nos seus agochos nas épocas festivas ao final do ano. Sergio Iglesias García (3º ESO A)


1º Premio

Pantasma María tivo o pesadelo máis horrible que sentira ata agora. No soño tiña que ir ao enterro da súa avoa e xusto cadrou un día no que nevaba a máis non poder. Unha vez na igrexa foi rezar ás lápidas dos familiares que faleceran anteriormente, pero non se deu conta de que seus pais desapareceran. Empezou a dar voltas arredor da igrexa, pero non os atopou. De repente viu algo moverse por detrás dela, pero ao xirarse non viu nada, así que seguiu buscando. Ao pouco tempo sentiu que alguén a perseguía, pero non atopaba a ninguén. Decidiu non preocuparse e falar a ver se alguén a escoitaba. Efectivamente alguén a escoitou pero non quen pensaba, era un espírito. Aí quedou o soño porque espertou. Ao baixar a almorzar atopou unha nota na que dicía: “Non os volverás ver, fai caso ao soño”. Paula López Bonilla (3º ESO A)


1º Premio A verdade Hai uns anos meu irmán e mais eu decidimos irnos de vacacións ao Polo Sur. Queriamos coñecer a Papá Noel! Foi unha viaxe moi longa, pero cando chegamos vimos un montón de edificios en vez da súa casa. Despois de camiñar unha media hora, preguntámoslle a unha nativa onde estaba a casa de Papá Noel. Ela mirounos e sorriu. Díxonos: — Que riquiños, crendo no espírito do Nadal. E nese preciso momento comprendemos todo. Ana Palmou Otero (3º ESO A) Unha colección de Nadal É decembro. Como cada ano Lola, que é moi caprichosa, comeza a escribir a carta cos agasallos que vai pedir, unha longa lista. Os seus pais intentan explicarlle que non debe facer iso, que debe ver que estas datas son para compartir coa familia, cos amigos..., pero iso a Lola non lle importa. Enfadados co seu comportamento, deciden escribir unha carta na que lle piden ao home de vermello que a noite de Noiteboa lle traia a Lola todo o que pediu. Chegou a noite e toda a familia se reuniu arredor da mesa. Todos menos Lola, que está abrindo agasallos. Pasa toda a noite así, sen facer caso a ninguén. Cando xa se aburre de abrir agasallos, quere xogar cos seus primos, pero xa non están. Lola bótase a chorar e dilles aos seus pais que aprendeu a lección. María Pichel Gómez (3º ESO A)


1º Premio

A casa da panda Se un ancián te mira raro non te asustes, só te está analizando. Iso pasounos a min e a Xoán, un amigo moi próximo. Ese día no que en cada casa xa está a árbore de Nadal era normal ata que aquel home quedou mirando un bo cacho para nós, ao vernos traballar na nosa propia casa, supoño. Tiñamos un proxecto pensado xa dende había moito tempo: unha casa para a panda na que xuntármonos todas as semanas. Ese día Xoán e mais eu estabamos acabando xa os retoques finais. De alí a unha semana xa puidemos ir acampar como sempre quixeramos. Brais Ramos López (3º ESO A)


1º Premio O susto Esa noite, o rapaz ergueuse debido a un grande estrondo. Eran pouco máis das tres da madrugada e o mozo tiña que madrugar ao día seguinte, así que decidiu volverse deitar. Pouco despois volveu escoitar un gran ruído que proviña de fóra e o seu can comezou a ladrar coma un tolo. Desta vez, o rapaz decidiu saír fóra. Puxo un abrigo, debido a que era unha noite fría de Nadal e dispúxose a mirar. O seu can estaba ladrando e mirando cara á escuridade. O mozo buscou e buscou e non atopou nada, así que colleu o can e meteuno na casa para que este non molestase máis. Cando se meteu na cama, comezou a sentir moito frío e notou como uns ollos o observaban dende o armario. Do susto, ao mozo deulle un infarto e non se volveu saber nada del. Uxío Rivas Abeledo (3º ESO A) A devastadora mensaxe Escoitei como os meus fillos corrían e rían dando voltas ao xardín. Era Nadal e todos estabamos emocionados e alterados cos preparativos, pero só cunha mensaxe todo deu un enorme xiro. Xusto cando iamos cear recibín unha mensaxe da miña muller que dicía: — Seremos a familia perfecta, pero na outra vida. Ao ler iso souben que este é e será o peor día da miña vida. Nerea Rodríguez Iglesias (3º ESO A)


1º Premio Un mundo sen opinións Un 26 de decembro Alberte e Carlos empezaron a ler o mesmo libro que lle trouxera Papa Noel e á mesma vez. Para encontrarse nun mundo onde non os xulgasen. Pedro Sampayo Piñón (3º ESO A) Anxos Nadal do ano 1990, noite do día antes de Noiteboa, preocupado coma sempre do que pasaría o seguinte día. De repente, así da nada, formouse un silencio profundo e á vez agoniante. Naquel momento escoito un leve ruído debaixo da miña cama. Eu, que era moi curioso, asomeime pola beira da cama e o que vin era impresionante, pero aterrador. Eran varios anxos aterradores. Percorreume un calafrío todo o corpo. Rapidamente, escondinme debaixo das sabas e durm ín. Desde aquelas non volvín ser o mesmo. Diego Toimil Castellanos (3º ESO A) Lonxe Aquela noite con Sabela, vendo as luces da vila, foi máxica, pero sabía que non se ía repetir, xa que ela emigraría coa súa familia moi lonxe. O Nadal sen ela non sería o mesmo. A quen lle ensinaría os meus agasallos, con quen compartiría os polvoróns ou con quen faría un boneco de neve para despois destruílo e facer unha guerra de neve… Nada disto tería a mesma graza sen Sabela. Mariela Villamayor Pereiro (3º ESO A)


1º Premio

O agasallo Nacín en Lituania en 1912 e, dende un día que non me gusta lembrar, acompáñanme dous amigos que me impiden acadar a felicidade. Chámanse Pobreza e Soidade. Meus pais abandonáronme na rúa, un 25 de decembro. Ese día coñecinos a eles, que me saudaron unha noite. Dixéronme que me farían compañía. Medrei vagando pola rúa coa súa presenza. Vestía farrapos, com ía restos de comida do lixo e durm ía nos bancos. Nunca entendín que erro cometera para merecer esta vida. Mais desexaba ter unha familia que me quixese. Pedíalle iso todas as noites ás estrelas, coa esperanza de que algún día se fixese realidade. O 24 de decembro de 1937, quedei durmido e viaxei ao ceo, onde escoitei a voz de Deus, que pronunciou estas palabras: “Desexo concedido”. Espertei ao día seguinte nunha casa rodeado dunha familia que me quería, por primeira vez, e endexamais volvín ver os meus amigos. Delia Elena Birda (3º ESO B)


1º Premio

Bágoas Caio. Caio correndo polas túas fazulas rosadas. Caio, sobre todo, levando parte de ti. Levando todo o que quererías gritar a todo pulmón, levando o tempo que faltou entre vós, levándote. Aínda así, con todo o que levo, non é suficiente. Non é suficiente como para sacar o que tes esmagado no peito e moito menos para volver a aquela Noiteboa. Porque por moito que leve, todo o que sentes seguirá escondido nun lugar do que non podo levar nada. Michelle Mato Mazzoccoli (3º ESO B) Desexos Xusto, cando o sol estaba saíndo nun frío día de decembro, un pequeno gatiño chamado Baltasar asomouse pola ventá da súa casa para ver a Estrela Polar desaparecer no ceo, esa que pola noite brilla acompañada da lúa branca e as súas pequenas compañeiras. Mentres a mira esvaecerse, desexaría ter ás e poder voar con ela para que non estivese tan soa polo día. Non pasara moito tempo cando Baltasar se decatou de que estaba voando ao redor dela. Tiña unhas ás brancas e igual de brillantes que aquela preciosa Estrela Polar. Julieta Ramos Sosa (3º ESO B)


1º Premio

O can Sucedeu o día de Ano Novo, moi cedo. O home delgado e o can entraron na igrexa escoitar a misa. O home tomou auga bendita da pía e fixo o sinal da cruz na fronte do canciño, que ía protexido do frío. Sentaron no último banco. Chegado o momento de dármonos a paz, o home deulle unha man e o can deulle a patiña. “A paz sexa contigo” díxolle ao can, que o mirou con agradecemento. Cando chegou a hora de rezar, o home pediume que coidase do can ata o seu regreso, e alí quedamos, o can e eu, lonxe do estado de graza esixido. Que soubese, el nunca mordera a ninguén, pero o can quizais tivese ese pecado sen confesar. Do mesmo modo que os meus asuntos non parecían ser de grande importancia para aquel can que, ao remate do oficio, se mostrou asustadizo. Daniela Castro Rielo (3º ESO C)


1º Premio

Flora e a flor Un día de inverno, Flora estaba buscando os adornos no garaxe, cando encontrou a flor no medio do chan. A flor estaba esmagada e conxelada, pero cando Flora a recolleu, a flor púxose coma nova, como por arte de maxia. Flora sempre tivera un don para as plantas, pero non de forma tan extrema. Ela puido sentir como a flor estaba agradecida, aínda que as flores non falan. Entrou na casa e plantouna na mellor terra que tiña. Ao principio, Flora pensaba que a flor era máxica; pero cando lle empezou a pasar o mesmo con todo tipo de plantas, descubriu que ela era unha fada da natureza. Era estraño, porque ela sempre viviu nunha familia normal. Un día, cando estaba no bosque, ao lado da súa casa, encontrou outra fada da natureza. O seu nome era Violeta, que a levou á escola de maxia e Flora quedou alí. Matías García Blanco (3º ESO C)


1º Premio Por fin... Por fin se achegaba esa data que tanto lle gustaba a todo o aquelarre, sobre todo, a Dorothea. Cada vez que o frío se achegaba e a neve comezaba a invadir as rúas, Dorothea sentaba nas escaleiras e rezaba para que pronto puidese ter o seu bautizo escuro, mais por moito que rezaba, aínda lle quedaban dous anos. Pero aínda así, ela nunca se rendeu, porque sabía que era especial. Ela podía usar a maxia sen dicir ningún tipo de conxuro, podía curar enfermos e incluso ir ao inferno e ao limbo sen problemas. O problema non era esa maxia, senón que ela non sabía de onde viña. Só de pensar que podería ser a seguinte raíña do inferno, víñaselle o mundo encima, só podían pensar como unha mestiza chegaba a ter ese nivel de maxia. O día de lúa chea estaba a piques de chegar, cando Dorothea sentiu un pequeno golpe na porta, e o que ela nunca imaxinou foi atopar... atopar... algo realmente indescritible. Ana María López Fernández (3º ESO C) Mais este sería o último Cos ollos chorosos e a mirada perdida, Xabier dispúxose a dar uns pasos. Estivera moito tempo pensando nese momento. Sentía a forza do vento, o ruído do mar batendo contra as rochas, o frío do inverno...; pechou os ollos e deu outro, mais este sería o último. Sara Mato González (3º ESO C)


1º Premio

A súa alma Alugamos unha casa para pasar as vacacións de Nadal e non estar sempre na mesma cidade. A casa estaba xenial, pero os días ían pasando e sucedían cousas estrañas, polo que acabamos marchando da vivenda. Todos os días aparecía un can co que os meus primos xogaban. Os propietarios dixeron que iso era imposible, que ninguén desta aldea tiña can e que a única aldea que había cerca estaba a 3 horas. O último día, antes de recoller todas as cousas, chegaron os propietarios da casa, cando meus primos estaban xogando co can, de súpeto, os donos gritaron e nós non entendiamos que pasaba. Dixeron que ese can había moitos anos tamén paseaba todos os días pola aldea pero que un día o atropelaran e xa fora enterrado, pero quedara a súa alma. Nós non estabamos a crer o que nos dicían e fómonos dese lugar para non volver saber nada. Ainhoa Méndez Fuentes (3º ESO C)


1º Premio

Unha chamada de noiteboa Cando puxen os cascos e contestei a chamada un arrefriar xearento percorreu o meu corpo. No momento que escoitei a voz tremente do señor pareceume recoñecida. Con nervios díxome que non se podía mover porque unha figura negra do medio da noite estaba parada fronte ao seu coche. Intentando tranquilizalo e sabendo que non quedaban patrullas debido a que era Noiteboa tiven que ir eu axudalo. Ao chegar ao camiño onde se encontraba, non se atopaba ningún coche, só unha figura negra observándome desde a distancia. Non me daba movido polo medo que daba, mais collo o móbil e chamo para que me axuden. Guillermo José Pérez Gómez (3º ESO C)


1º Premio

Luces Eran as sete da tarde dun 24 de decembro, todo transcorría con normalidade. Saín ao balcón para tomar un pouco de aire antes de continuar decorando a árbore, cando me pareceu ver unha luz moi potente pasar moi rápido diante de min. Sen saber moi ben o porqué, baixei rápido á rúa e seguín a claridade. Tras un bo anaco correndo cheguei a unha especie de biblioteca abandonada, e despois de pensalo durante bastante tempo decidín entrar. Cando abrín a porta quedei aterrorizada, unhas xigantes ganas de berrar e chorar invadiron o meu corpo, non sabía como actuar. E para cando quixen facelo xa era moi tarde. María Luyza Ribeiro Mendes (3º ESO C)


1º Premio

Despois do amencer Despois do amencer, xa non queda ninguén na casa. Meus pais, miña irmá e o meu irmán fóranse. Quedei eu só na casa mirando pola fiestra como nevaba. Pero dábame igual, xa que ninguén quería pasar tempo comigo. Con bágoas nos ollos pecho a fiestra. De alí a un anaco vou ao salón e déitome no sofá onde paso parte da miña mañá reflexionando que nunhas horas será Noiteboa. Esa noite paseina só xa que ninguén da miña familia nin amigos a quixo pasar comigo porque tiña outros compromisos. Horas máis tarde amence e volvo mirar pola ventá mentres chove. Pola tarde fun ao salón para ver se miña nai se encontraba alí pero non estaba. Mirei para os lados cando de repente me dei conta de que había varios regalos e mirei se había algún meu e deime conta de que case todos eran meus, abrinos e vin que Papá Noel me trouxera todos os agasallos que eu encargara. Pensei para min, porque a maior parte da miña familia non me fai caso e despois me merca todo o que pido? Fátima Rodríguez Donsión (3º ESO C)


1º Premio

Frío, frío, frío... FRÍO,FRÍO,FRÍO... Procedía ir á cea, viñeran os tíos de Panamá e os avós de Vigo. Estaban as luces postas e ía un frío que parecía que nevaba. Ía no coche coa calefacción posta, é inda así ía moito frío. Entón empecei a recordar a miña familia: miña nai, miña avoa, os tíos... E a última vez que lles vin a cara antes de que eu morrera e me meteran no conxelador para que non me atopasen. Hugo Varela Donsión (3º ESO C) Despois de Marta Mentres poñía o piñeiro con miña nai, púxenme a pensar que quixen a moita xente na miña vida: meus pais, meus avós, a miña familia en xeral; tamén quixen e quero moito aos meus amigos, pero nunca quixen a alguén da mesma forma que a quixen a ela, nin antes nin despois. Antes de Marta nunca sentira algo así. E despois dela, por moito que sentise por alguén, nunca era o mesmo que con Marta, porque ninguén se asemellaba a ela. Pero o de Marta xa hai tempo que rematou, polo que só queda seguir buscando algo similar ao que sentín por ela. Elena Varela Mariño (3º ESO C)


1º Premio

E que pensaches dela? Pensei que era unha rapaza sinxela, sen nada que ocultar nin gardar. Pensaba que era unha muller corrente. É abraiante o que pasou, vino todo cos meus propios ollos, ela non é normal, ten algo, é especial. Despois de estar falando con ela durante meses non me dei conta de nada, garda todo moi ben. Ata que aquel día non se decatou de que eu ía detrás dela, eu sospeitaba algo, non era normal o que acontecía no instituto e ela tiña algo que ver, eu sabíao. Vina pasar diante dos meus ollos cando fixo todo iso. Laura Vázquez Fernández (3º ESO C) Uxío foi á cafetería... Uxío foi á cafetería, pediu un café con biscoitos, remexeu o café, comeu un biscoito e volveu remexer o café, levantouse, pagou e marchou. Brais Vázquez Ulloa (3º ESO C)



Maquetaxe: Biblioteca Mario Pereira IES Ramón Mª Aller Ulloa Lalín, xaneiro 2022




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.