Microrrelatos e aforismos
Óscar Barros Carballude
para soñar 4ª ESO. Curso 2016-2017
1
IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO A, B e C. Curso 2016-2017 Edita: Departamento de Lingua Galega Imaxe da portada: Óscar Barros Carballude 2
ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES: 4º ESO A 1.
Noa Calvo Soto
2.
Celia Canda Ferreiro
3.
Nerea Docasar Rodríguez
4.
Fátima Gallego García
5.
Tania García Vales
6.
Alba Janeiro Silva
7.
Rosa Núñez Martínez
8.
Celia Pedreira Jordedo
9.
Diego Portas González
10. Andrea Ramos Diéguez 11. David Rey Cuñarro 12. Diego Xesús Rodríguez Rodríguez 13. Roi Sierra Pereira
3
4º ESO B 1.
Noa Blanco González
2.
Noa García Díaz
3.
Laura Jorge Muíños
4.
Cristina López Ulloa
5.
Sara Mirás Carballude
6.
María Montoto Fernández
7.
Laura Nogueira Otero
8.
Icíar Otero Buján
9.
Cristina Polo Pernas
10. María del Carmen Portas Baldonedo 11. María del Carmen Río Pena 12. Raquel Suárez González 13. Gustavo Thomé Oliveira 14. Sheila Ulloa Lodeiro 15. Vilma Villanueva Ortega
4
4º ESO C 1.
Óscar Barros Carballude
2.
Sandra Blanco García
3.
Alberto Bodaño Fernández
4.
Diego Carrón Surribas
5.
David Fernández Reboredo
6.
Andrea García Díaz
7.
Marco González Jorge
8.
Olalla Lamela López
9.
Noa Mayán Granja
10. Pilar Montoto Jácome
5
Entraba polo primeiro movemento, onde todo era feliz, onde se perdía nas notas ata saír polo terceiro, logo de tratar coa melancolía do segundo. Noa Calvo Soto Estaba agardando por algo que nunca chegou. Celia Canda Ferreiro Nunha
aldea
estaban
desaparecendo
os
nenos
misteriosamente. Ana, unha rapaza desa mesma aldea, foi con dous amigos investigar. Acabaron atopando unha furgoneta, entraron e alí non había nada raro. Ana pechou a porta da furgoneta e ao día seguinte dous rapaces da aldea desapareceran. Nerea Docasar Rodríguez Ves unha espiña no ollo do teu veciño e non ves unha viga no teu. Gallego García, Fátima Falaron dun alto o fogo, pero as súas bombas non lles deixaron escoitar. Tania García Vales 6
Endexamais estivera fronte algo tan inmenso. Todo o que percibían os meus sentidos era novo para min. Comecei a camiñar ata que os meus pés deron con grande azul. Pouco a pouco mergulleime nel e sentinme por fin libre. Aínda que os nosos corazóns nazan así, a opresión é constante. Alba Janeiro Silva Laura, unha rapaza de familia rica, non lle apetecía estudar ningún día, mentres que Marta, unha rapaza de familia pobre, morría de ganas por poder aprender. Pasaron os anos, e agora Laura está nun traballo no que o soldo é pésimo; e Marta agora é unha grande avogada. Rosa Núñez Martínez Manoliño loitaba e loitaba... Mais nunca conseguiu nada. Celia Pedreira Jordedo
7
Teño unha dúbida... Merece a pena estudar algo que non che importa un mínimo, chapalo durante unha mañá e vomitalo nun exame? É como poñerlle portas ao campo. Diego Portas González Sorría tanto como as nubes nun día de choiva. Andrea Ramos Diéguez Cortamos unha árbore preciosa, pero por dentro estaba podre. David Rey Cuñarro E o rico deuse de conta... Vai morrer coma min. Diego Xesús Rodríguez Rodríguez Noites de desenfreo, mañás de Ibuprofeno. Roi Sierra Pereiro
8
Era luns. O reloxo comeza a soar. Érgome. Baixo as escaleiras cara á cociña, onde miña nai xa debe estar argallando algo para almorzar. Non obstante, non está, nese momento recordo que hoxe é o primeiro día das vacacións de verán. Sen dúbida, a mellor mañá de todo o ano. Noa Blanco González A súa filosofía de vida era vivir máis rápido ca o propio tempo. Noa García Díaz O medo é ese ladrón ao que lle encanta roubar soños. Laura Jorge Muíños Era como cando a un can o encerran nunha gaiola. Cristina López Ulloa Os seus ollos choraban ao ver no espello a súa figura. Sara Mirás Carballude
9
Os libros son a proba de que o ser humano pode facer maxia. Son capaces de facerche imaxinar cousas irreais e axudarche a escapar da crúa realidade. Pero, sobre todo, cada libro que chegues a ler deixarache un recordo, sen dúbida. E iso para min é maxia, pero escrita. María Montoto Fernández Cando abriu o frigorífico, nin sequera a luz se acendeu. Laura Nogueira Otero Para algunhas cousas non abonda con ser valente unicamente ao facelas, tamén hai que ser valentes para aceptar os resultados. Icíar Otero Buján Tiña o costume de encariñarse dos cascallos, tras o terremoto que arrasara o seu fogar. Cristina Polo Pernas E el era como un peixe nun acuario. Mª Carmen Portas Baldonedo
10
Eu nunca dixen que o quería fácil, só posible. Mª Carmen Río Pena Vivía nun fermoso pazo. Conducía un dos coches máis caros do mundo. Sempre vestía e calzaba as marcas máis caras do mercado... Mais ninguén a aturaba. Era insoportable! Unha noite durmiu mal. Soñara consigo mesma, e cando espertou dixo: “Non podo ser máis pobre!”. Raquel Suárez González Xosé ten unha bóla azul. Un día a bóla pinchouse cunhas espiñas. Xosé, triste, comprou outra bóla. Gustavo Thomé Oliveira Matoume sen matarme, feriume coa mirada. Sheila Ulloa Lodeiro Os nenos teñen a cabeza chea de paxaros e os vellos dos seus esqueletos. Vilma Villanueva Ortega
11
E alí estaba, aquela sombra negra que nunca se separaba daquela pobre muller. Óscar Barros Carballude Choraba bágoas que aínda non caeran. Sandra Blanco García Avanzaba sen sabelo e ao final chegou ao seu destino. Alberto Bodaño Fernández Dixéranlle que se desexaba algo moi forte, acabaría por cumprirse. Abriu os ollos e seguía alí. Diego Carrón Surribas A muller era tan fermosa como unha vaca tuberculosa. David Fernández Reboredo Imos crecer e deixar de crer en cousas que nunca imaxinamos ver. Andrea García Díaz De tanto durmir, quedou sen sorrir. Marco González Jorge
12
De tanto ir contracorrente, acabou nadando só. Olalla Lamela López Mirando o luar comezou a cavilar. Noa Mayán Granja Naquel leito durmía un rapaz entrado en anos. Pilar Montoto Jácome
13
? 14
Xaneiro-2017 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO A, B e C Coordinador: Xosé Payo
15
16