Microrrelatos e aforismos 2018

Page 1

Microrrelatos e aforismos II

4ÂŞ ESO. Curso 2017-2018

1


IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO A, B e C. Curso 2017-2018 Edita: Departamento de Lingua Galega Portada e contraportada: Antía Santos Quintáns 2


ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES: 4º ESO A 1.

Bernal Ramírez, Juan Pedro

2.

Couso Patiño, Isaac

3.

Couto Castro, Marcela

4.

Fernández López, Noa

5.

Ferradás Fernández, Uxía

6.

Gil Silva, Manuel

7.

Gómez González, Rodrigo

8.

González González, María

9.

Gulín Castro, Miguel

10. Lago Fernández, Juan Enrique 11. López González, Laura 12. Loureiro Fernández, Nicolás 13. Mariño Baca, Alba 14. Montoto Penas, Carlos 15. Oro Barbosa, Daniel 16. Otero Filgueira, Alba 17. Otero Iglesias, Óscar 18. Otero Sánchez, Alberto 19. Otero Vázquez, Ángel 20. Reboredo Iglesias, Diego 21. Rey Cuñarro, David 22. Santos Quintáns, Antía 23. Solís Villaverde, Alazne 24. Toimil Castellanos, Álex 25. Villaravid Blanco, Alexandre 3


4º ESO B 1.

Blanco García, Raquel

2.

Blanco Torreiro, Marcos

3.

Ceán Romero, Marta

4.

Couso Varela, Estefanía

5.

Díaz Peña, Yeray

6.

Docasar Rodríguez, María

7.

Dumitru Dumitru, Levis Armando

8.

Enríquez González, Laura

9.

Fernández Cardero, Ismael

10. Fernández García, Noelia 11. Fernández Taboada, Francisco 12. García García, Miriam 13. Gil Fernández, Lucía 14. González Dobarro, Daniel 15. González Jacobo, Noelia 16. López Areán, Lucía 17. Mouriño Mato, Lucía 18. Otero González, Natalia 19. Pereira Seda, Lúa 20. Rivas Amario, María Laura 21. Santalla Fernández, Helena 22. Torreiro Iglesias, Alejandro 23. Varela Alonso, David 24. Vázquez Balboa, Xurxo 25. Villanueva Ortega, Vilma

4


4º ESO C 1.

Álvarez Conde, Lorenzo

2.

Alves Rodrigues, Lucas Manuel

3.

Cortizo Calviño, Raúl

4.

López Taboada, Manuel

5


Marchou co soño de se facer rico, pero, cando volveu para a casa, ía máis pobre ca nunca. Juan Pedro Bernal Ramírez Bebeu un viño de 5000 euros. Dixo que podía valer. Despois raptárono e traballou dez anos como escravo. Cando foi liberado, probou outro viño, pero de 25 euros. Dixo que non había nada mellor. Isaac Couso Patiño O rapaz do patinete atravesou o muro ao fondo da costa, e comezou a voar libre sentado nun enorme dragón por riba das nubes. Entón espertou, naquela cama branca, ao carón dun paxariño engaiolado. Marcela Couto Castro Xoel espertaba todas as noites alporizado polos monstros que o espreitaban dende o interior do seu armario. Un día encheuse de valor e abriulles a porta, mais alí non había nada. Pechou os ollos e decatouse de que continuaban na súa cabeza. Noa Fernández López 6


De tanto escoitar os demais esquecéronse de que eles tamén tiñan voz, que se estaba a converter en silencio. Uxía Ferradás Fernández Pedro gustáballe a dúas rapazas, e elas a el; pero, por querer estar coas dúas, quedou sen ningunha. Diego Gil Silva Choraba na habitación do hospital; só, mirou pola ventá e observou unha bolboreta, e díxolle: “adeus querida miña é a última vez que te vexo”. De alí a un cacho, expirou. Rodrigo Gómez González Todo o mundo lle dicía que tiña que superalo, que tiña que pasar páxina, pero de tanto pasalas acabóuselle o libro. María González González O verdadeiro tesouro reside na sensación obtida tras o descubrimento de cada pista. Miguel Gulín Castro

7


O bambán Nunha atardecida de verán, atopábame no parque co meu avó, xogando co meu mellor amigo, mirei ao meu arredor e decateime de que a vida é como un bambán. Juan Lago Fernández Rocío sempre estivera namorada, non lle importaba o sangue nos beizos nin a cor morada nos ollos. O silencio era o seu mellor compañeiro, ata que a matou. Laura López González Pepe tiña un can, pero non o coidaba. Morreu, e seus pais compráronlle un peluche. Cando Pepe se fixo maior, quixo outro can que seguiu tratando como un peluche, ata que o can o atacou. Nicolás Loureiro Fernández Nunha noite escura e fría, un home camiña por unha rúa estreita e con pouca luz. Ten medo. Medo daquilo negro que o persegue durante todo o traxecto. Alba Mariño Baca

8


Non hai que deixarse levar polo que di a xente, e si facer o que che di a mente, o que ti queiras. Carlos Montoto Penas As persoas buscan a felicidade, que obteñen ao facer o seu camiño, pero ás veces non o logran e no canto de volvelo intentar, miran a felicidade dos demais. Daniel Oro Barbosa Detrás dun gran home hai sempre unha grande e belísima muller. Alba Otero Filgueira Hoxe fun ao instituto, despois de comer asistín a clases de inglés, e cando volvín á casa, púxenme a estudar ata que chegou a noite. Na cama pensei, que se esta etapa da vida era a mellor, como ía ser o futuro. Óscar Otero Iglesias A vida é como unha cesta de mazás, se a de abaixo cae, todas as demais a seguen. Alberto Otero Sánchez

9


Xosé tiña unha tableta de chocolate, pero non a quixo compartir cos seus amigos Pepiño e Manolo. Cando acabou a tableta, quedou sen chocolate e sen amigos. Ángel Otero Vázquez María necesitaba un transplante de corazón, e o único compatible era seu pai. Este deullo e faleceu. Diego Reboredo Iglesias Todo o mundo miraba polo que tiña, pero ninguén polo que de verdade era. Víano como un deus todo poderoso, pero ao final acabaría como todos. David Rey Cuñarro El, un pintor, saíu só fóra e mirou a noite chea de estrelas e lucecús. Cando entrou, ela preguntoulle: “Oíches o son da herba?”. El dixo:” Non”. E ela contestoulle: “Perdiches o matiz das cousas”. Antía Santos Quintáns

10


Túa nai dáche vinte euros e tes que gastar dezaoito, nunha camisa que che gustou; sóbranche dous e gástalos. Quedas sen nada. Alazne Solís Villaverde Manoliño, cando era máis novo, tentou saltar un regato, e dado que era moi pequeno non o conseguiu. Bastante tempo despois, encontrábase na mesma situación, pero desta vez non se atreveu. Álex Toimil Castellanos Deime conta que abrimos a neveira varias veces ao día, de maneira inconsciente, mais segue habendo o mesmo dentro cada vez que se abre. Preguntei cando ían de compras, e dixéronme que fose eu, quitáronseme as ganas de comer. Alexandre Villaravid Blanco

11


Primeiro dinche que soñes, logo que traballes, para ao final vírenche co conto de que a cousa non foi para ningures. Raquel Blanco García Por desgraza, non podes retirarte deste camiño tan longo e cruel, non podes saber se haberá outro mellor. Marcos Blanco Torreiro Sumido na súa escuridade un neno corría e corría na busca dunha saída dese inferno que o atormentaba. Semellaba non ter fin. De súpeto, párase diante dunha parede e vese cara a cara con ese demo do que escapaba. Marta Ceán Romero Ollo por ollo, dente por dente; e a xente queda cega e sen dentes. Estefanía Couso Varela Estas na túa casa, apagas a luz. Por fin todo desaparece, talvez iso é a solución. Yeray Díaz Peña 12


Pero seguro que haberá algo del que aínda che faga sorrir... Si, o son da porta cando marcha. María Docasar Rodríguez Hoxe atropeláronme. Cando estaba apunto de morrer espertei coa alarma do móbil, quizais fose mellor que non soara nunca. Levis Armando Dumitru Dumitru Somo o reflexo dunha alma que aflora das nosas vivencias. Laura Enríquez González Estaba Pepiño camiñando por unha estrada, cando, de repente, case o atropela un coche. Mirou ao seu arredor e viu a taberna de Pachín, e xa que estaba, parou a tomar un viño. Ismael Fernández Cardero E resulta que ao final, na ruleta da sorte, saíu premiado o número da mala sorte. Noelia Fernández García

13


Faltaban poucos días para que nacera o bebé de María. A veciña chamou á porta e díxolle: “Toma, eran de Nuria”. María deulle as grazas. Colleu os escarpíns rosas e gardounos no armario, de onde nunca sairían. Francisco Fernández Taboada Elas loitan por recibir o que se merecen..., nun mundo que segue a ser o mesmo de sempre. Miriam García García Pasou toda a vida tratando de fuxir dos monstros e, a piques de morrer, decatouse de que sempre vivira rodeada deles. Lucía Gil Fernández Xoel estaba nesa etapa na que cría que todos estaban na súa contra. Un día colleu a mochila e saíu cara á casa da súa amiga Felicidade, polo camiño lembrou que esquecera os libros, a pesar diso a mochila pesaba máis ca nunca e non o deixaba avanzar. Entón decidiu quitar a mochila, mais decatouse que aínda lle custaba progresar. Daniel González Dobarro 14


Entrou dunha cor e saíu doutra. Rompeu as cadeas, xa estaba cansa. Noelia González Jacobo Velaí vén, nas costas dun cabalo negro sostendo unha gadaña, cuberto por un manto que deixa apenas ver un esquelético rostro. Adeus. Lucía López Areán A comunicación é algo imprescindible, por iso falamos de calquera tema que se nos pase pola cabeza, creando conversacións, maioritariamente absurdas. Pero, cando chega o momento de opinar, todo cambia. Escoitan o que dis, pero non dis o que queres dicir. Lucía Mouriño Mato Cando finalmente puiden collela na escuridade, nadei de volta á superficie. Non contei co rápido que o xeo se endurece. Natalia Otero González

15


Unha toupa quixo saír á superficie. Non volveu ver a luz do día. Natalia Otero González Esta lei no existe, xa que Robin Hood coa súa frecha partiu en dous a mazá que, supostamente, lle caeu a Newton na cabeza. Noutra oportunidade Eva e Adán comeron unha mazá e Newton nunca puido descubrir a lei da gravidade. María Laura Rivas Amario Cremos que todo é moi fácil, que a solución sempre é a máis sinxela. Procuramos ir na axuda daquel que se fai ver, pero non nos decatamos de que, ás veces, unha gargallada pode ocultar máis temores ca un pranto. Helena Santalla Fernández E aínda que se esforzara, a presa caeu. O inferno espertou e, cando todas as bestas saíron, as pombas axitaron as ás e aprenderon a voar Alejandro Torreiro Iglesias

16


Breixo soñaba con ser piloto de aviación. Deuno todo ata que o conseguiu; pero aprendeu unha boa lección, xa que agora non podía ver a súa xente nin a súa terra. Cada cousa ten os seus inconvenientes. David Varela Alonso A morte é aquel sono profundo no que nin te esperta túa nai nin te podes levantar a coller un vaso de auga. Xurxo Vázquez Balboa Se non fora pola morte, moitos non saberían que viviron, se é que o fixeron, se é que se deron conta a tempo. Vilma Villanueva Ortega

17


Diario dun pirata Fun mariñeiro anos atrás e, aínda que é difícil ser pirata, sei como facer. Non sei canto tempo levo aquí, poida que anos, non sei como estará a miña familia. Tras moitísimo tempo de fracasos e acertos chego á miña casa e vexo a miña familia e encontro a paz. Lorenzo Álvarez Conde Non culpes as ondas, se non entendes as mareas. Lucas Manuel Alves Rodrigues Mario ten unha moto de gran cilindrada. Carlos tena de pequena cilindrada. Mario ten un accidente o sábado á noite. Mario compra unha moto como a de Carlos. Raúl Cortizo Calviño Ficar ledo mirando para onte, non serve de nada. Érguete, traballa e esfórzate. Ao final conseguirás algo, o que queiras ou unha sensación satisfactoria polo traballo que realizaches. Manuel López Taboada

18


Xaneiro-2018 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO A, B e C Coordinación e maquetación: Xosé Payo

19


20


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.