Microrrelatos e aforismos III
4ยบ ESO. Curso 2018-2019 1
IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO A, B e C. Curso 2018-2019 Edita: Departamento de Lingua Galega
2
ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES: 4º ESO A 1.
Abeledo Miguélez, Paula
2.
Areán Fernández, Aarón
3.
Blanco Pereiro, Adrián
4.
Crespo Martínez, Xabier
5.
Cuñarro Ferreiro, Martín
6.
Currás González, María
7.
Fernández Carral, Luís Manuel
8.
Fernández Sucasas, David
9.
Fernández Vila, Nicolás
10.
Fontán Taboada, Rubén
11.
García Fuentes, Pablo
12.
García Fernández, Miguel
13.
García Liñares, Antía
14.
Iglesias Vázquez, Iván
15.
Jácome Amarante, Iván
16.
Ledo Lançao, Álex
17.
Ledo Otero, Hugo
18.
Méijome Diéguez, Hugo
19.
Núñez Silva, Iker
20.
Pérez Nieves, Hugo
21.
Rivas García, Roi
22.
Rodríguez Mato, Daniel
23.
Rodríguez Mosquera, Aarón
24.
Senra Trigás, José
25.
Simón Porral, Álvaro
26.
Vidal Cortizo, Esteban 3
4º ESO B 1.
Alves Rocha, Thais
2.
Capiscol Pérez, Sara
3.
Casal De la Fuente, Martín
4.
Castro Iglesias, Óscar
5.
El Abbaouin Lombana, Naim
6.
Ferreiro Castro, Brais
7.
Galego Ouro, Andrea
8.
García Varela, Fabián
9.
Gonçalvez Barreiro, Erika
10. López González, Alfonso Manuel 11. Pasare, Elena Emilia 12. Paz Iglesias, Antía 13. Pereiro Otero, Rosa 14. Pérez Iglesias, Antía 15. Rincón Ramírez, Amaral Janiny 16. Rodríguez García, Ainara 17. Romero Mariño, Ainhoa 18. Solís Villaverde, Alazne
4
4º ESO C 1.
Abeledo Miguélez, María
2.
Bernárdez Ledo, Adrián
3.
Calvo González, Jimena
4.
Castro Sarandeses, Adrián
5.
Gil Madriñán, Sofía
6.
Gómez Fuentes, Claudia
7.
González Basalo, Antía
8.
González Golmar, Miguel
9.
Granja González, Vega
10. Ibarra Soto, Melvin Antonio 11. Lalín Cumplido, Patricia 12. Maceira López, Lucía 13. Otero Sánchez, Alberto 14. Reboredo García, Luís Manuel 15. Saavedra García, David 16. Sanmartín González, Xabier
5
O único supervivente á apocalipse atopábase sentado no chan observando a súa casa medio derruída cando, de súpeto, alguén petou na porta. Paula Abeledo Miguélez Un rapaz estudoso recibía críticas por non aproveitar o seu tempo, pero el quería aspirar a un futuro sen renunciar ao momento. Aarón Areán Fernández Buscando algo perfecto atopeite a ti, mais non me decatei dos problemas que leva consigo casar cunha profesora de Matemáticas. Adrián Blanco Pereiro Xosé quería cear nun restaurante. Buscou o mellor da cidade no seu teléfono. Tardou tanto tempo en procurar o sitio perfecto que cando chegou xa estaba pechado. Xabier Crespo Martínez Un día despois de comer entroume o sono e non puiden evitar quedar durmido. Cando espertei, xa era noite. Erguinme e fun buscar algo que levar á boca. Tiña moita fame, pero antes fun mirar o móbil, tiña unha mensaxe de miña nai: “Fomos todos comer unha pizza, como estabas durmido, non quixemos espertarte. Tes caldo na neveira”. Martín Cuñarro Ferreiro Para eles un simple deporte. Para eles non ten importancia. Para eles só existe o fútbol. Para min só existe o balonmán. Un estilo de vida. María Currás González 6
Ignorancia, 1969 Ves tía o que hai aí? Non, non vexo nada. Hai unha besta! Pero tranquila, está indo cara ao sol. Si? Que vestía? Algo parecido a unhas ás... Seguro que era Ícaro! Hoxe é o lanzamento á lúa... Luís Manuel Fernández Carral Antonio tivo que emigrar, coma moitos outros galegos, ás Américas para ter unha vida mellor, a súa familia e mais el. Colleu os poucos cartos que lle quedaban e mercou a pasaxe cara América. Pasaron os anos e non se sabía nada del. Un día chegou unha carta á casa dicindo que ía volver, e volveu como marchou, cos petos baleiros. David Fernández Sucasas Notei as súas mans apertándome a gorxa. Tentei de soltalas, pero non puiden. Estaba soñando. Á noite do día seguinte soñei que estaba morto e á outra noite que me enterraban. Ás noites seguintes non soñei, intentei espertar, pero non puiden. Nicolás Fernández Vila Benquerenza ou interese Laura é muller de poucos amigos, tanto que ata o seu propio fillo se acabou por separar dela. Un día tocoulle a lotaría, mais xusto ese mesmo día comunicáronlle que padecía unha doenza moi grave. Dúas semanas despois apareceu o fillo, xa coa muller encamada. Foi por benquerenza ou por interese? Rubén Fontán Taboada 7
O mal camiño Lucas estaba a piques de cruzar un dos barrios máis conflitivos de toda a cidade. Ao cruzar a esquina notou algo na cabeza, cinco segundos despois xa non sentía nada. Miguel García Fernández Ao final enchinme de valor suficiente para me declarar ao meu amor, co corazón na man. Ela só berrou ao ver tanto sangue. Antía García Liñares O vello Ninguén fala do vello. Un vello que pasou toda a súa vida en soidade, sen pais dende pequeno, traballando só, ata vello. Un vello que non ocupa lugar na sociedade e que pasa os días só, sen que ninguén saiba o que iso significa. Pablo García Fuentes A Xoán sooulle o espertador dez minutos tarde. Como a primeira hora tiña exame, ergueuse, vestiuse e almorzou máis rápido ca nunca; aínda que o que máis o amolou foi ter que baixar seis pisos ao estar o ascensor avariado. Tanto correu que no terceiro tropezou e comezou a rodar ata o seguinte. Unha hora máis tarde topouno unha veciña, morto. Iván Iglesias Vázquez Houbo unha gran conmoción ao descubrirse que Papá Noel e o home do saco eran a mesma persoa. Iván Jácome Amarante 8
Cando o frautista de Hamelin abriu unha conta de Twitter, todos os nenos comezaron a seguilo. Álex ledo Lançao Intenteino, unha, dúas, moitas veces e non o logrei. Era imposible poder facelo, poucos o conseguían. Ao final case todos fomos a setembro, ninguén puido aprobar Galego. Hugo Ledo Otero Volvía de facer a compra e, cando estaba entrando na casa, lembreime de que a deixara esquecida no supermercado. Hugo Méijome Díeguez Unha das miñas crenzas eran os Reis Magos. Todos os anos agardaba no salón, pero sempre quedaba durmido, mais un ano fiquei esperto, agochado detrás do sofá, vendo os meus pais meter os regalos na casa e comendo as galletas. Ao día seguinte, demandeilles unha explicación. Dixéronme que non existían, daquela quitáronme a crenza. Iker Núñez Silva Erguinme famento e fun ata a cociña, cando entrei, abrín a neveira para comer algo e non había nada polo que volvín durmir. Hugo Pérez Nieves É o mar, a simple vista, un fermoso lugar. É o mar esa fermosa trampa que te atrapa sen contalo. Roi Rivas García
9
Era un home que sempre estaba a perder o tempo, e cando se deu conta, xa estaba na tumba. Daniel Rodríguez Mato A pesar dos pesares e en contra de todo o mundo, apostastes polo neno que agora é o home. Vós sodes a equipaxe máis fiel que coñecín, a única que me abriga cando a miña alma ten frío. Aarón Rodríguez Mosquera Tiña eu oitenta anos cando a guerra estalara. Daquela non comprendía o motivo de tal barbarie. Xa no exército, comprendín que non se loitaba por un mesmo, senón por unha ideoloxía que nos ía devorando desde dentro. José Senra Trigás Baixaban polo río en grata compañía, pensando que algunha vez chegarían. De parte a parte, levado pola corrente, vía pasar os días. Chegou a noite, fría, conxelou o río e entón soubo que nunca chegaría. Álvaro Simón Porral De súpeto foise a luz, o ordenador deixou de funcionar e a máquina apagouse. Verémolo no máis alá. Esteban Vidal Cortizo
10
A loita foi moi dura, pero ao final o dinosauro decidiuse por non comelo. Thais Alves Rocha Quedara durmida, ao igual ca el. Con coidado, achegouse a ela e acariñouna, facendo que espertase. Sabían que era hora de marchar, aínda que ningún quería. Tristemente despedíronse cunha aperta e cada un emprendeu a súa viaxe. Sara Capiscol Pérez O dinosauro mirouno fixamente ata que o cazador decidiu afastarse lentamente do seu campo visual, nese intre o animal decatouse da fuxida do cazador, perseguíndoo ata unha árbore, e cando xa estaba acurralado, o dinosauro estarricouse para comer nas follas. Martín Casal De la Fuente Douscentos gramos de setas “especiais” da casa e a relaxarse. Entón veu como chegaban uns animais prehistóricos voando collidos por anxos. Bonito espectáculo! Cando se acabou, espertou? Óscar Castro Iglesias Serían arredor das dúas da mañá cando a miña muller espertou dicindo que escoitara un ruído fóra. Levanteime e revisei a sala de estar, a cociña e o soto; e cando me dispoñía a subir as escaleiras, o terror paralizoume e rompín a chorar, a miña muller morrera había cinco anos cando un intruso intentara roubar na nosa casa. Naim El Abbaoui Lombana 11
Era un xoves como outro calquera, é dicir, que á primeira hora da mañá xa podiamos cheirar un incrible arrecendo a cocho na clase. A verdade é que o asunto non durou moito... Brais Ferreiro Castro Aquel rapaz, desesperado, espertou nela un enorme sentimento de culpa. Ela sabía o que era non ter cartos para a merenda. Tanto o entendía que rematou volvéndollos meter na mochila e liscou correndo. Andrea Galego Ouro Era un soleado xoves, os meus amigos e mais eu fomos a Ponferrada. Como calquera día fomos dar unha volta polo centro, ao anoitecer volvemos para Galicia e durmimos moi ben, soñando se nuns anos nos lembrariamos do que fixemos de novos. Fabián García Varela O meu día de praia converteuse nun día de inferno cando me metín na auga e unha cambra fixo que case afogase, por iso miña nai lle ten pánico á auga. Érika Gonçalves Barreiro Como de pequeno era moi “simpático”, gustaba de facer o parvo e non se me ocorreu outra cousa que probar unha cambadela que eu mesmo inventara con miña irmá, que levou un trancazo, mais antes de me rir, caeume unha labazada de miña nai que case me fende a cabeza. Desde aquel día non paro de dar pequenos lapotes. Alfonso Manuel López González 12
Sen comprender o porqué a miña mirada reparou no exterior da fiestra. Un gato, negro como a morte, fitábame cos seus ollos amarelos. Un coche de cor vermella pasou nese intre, agochando o animal. Segundos máis tarde, o animal xa non estaba. Emilia Elena Pasare Unha mañá fría de domingo iamos todos contentos xogar o último partido da tempada. A ponte de Rande estaba en obras e, sen saber como, quedamos pendurados ao bordo da ría, mais salvamento marítimo chegou deseguida e rescatounos. Eran xa as catro, pero ao final logramos chegar con tempo para o partido Antía Paz Iglesias Lucía espertouse, levantouse da cama e, como era habitual, preparouse para ir á escola. Montou no autobús e antes de chegar decatouse de que deixara a mochila na casa. Rosa Pereiro Otero Un día como outro calquera, miña nai e mais eu fomos dar un paseo. Iamos falando e de repente escoitamos o ouveo dun can. Eu asomeime a mirar nun arbusto do que procedía o ladrido e decateime de que alí había un pequeno cachorro, dende aquel día coidamos do animaliño abandonado. Antía Pérez Iglesias
13
Era de noite e, como a maioría das persoa, estaba durmindo, de súpeto espertoume un ruído que se asemellaba moito ao son dun violín mal tocado. Finalmente na miña busca descubrín que era un mosquito ao meu carón. Amaral Janiny Rincón Ramírez Espertou nunha rúa descoñecida. Sentíase ferida pero abraiada pola valente actitude que mantivera ante aqueles terribles monstros. Ainara Rodríguez García A semana pasada soou o espertador. Coma sempre, custoume moito erguerme. Cando xa tiña todo listo para un día de clase, botei dúas horas agardando polo bus e entón decateime de que era sábado. Ainhoa Romero Mariño Ana volvía de facer a compra e cando estaba entrando pola porta da casa decatouse de que deixara a carteira no mercado. Alazne Solís Villaverde
14
Está todo moi escuro, vai frío e só podo escoitar o ruído dos vermes e o eco dos pasos. Se chego a saber o solitario que ía ser isto, tería pedido que me incinerasen. María Abeledo Miguélez Hai moita pantasma, non podes crelo. As palabras mellor que as gardes. Iso terei que velo. Todos queren un amigo, pero ninguén sabe selo. Adrián Bernárdez Ledo Algún día non haberá nada que celebrar. Vaia! Por agora zapatos novos, sorriso aceso e, sobre todo, luces. Luces de festa. Jimena Calvo González Chamábanse Xoán e Xurxo, vivían en Pontevedra e eran os mellores amigos. Un día, no verán, quedaron para ir ao cine e despois daquel día xa ninguén os volveu ver. Adrián Castro Sarandeses Xa non queda nada, todo fica nun branco sen profundidade, abre os ollos, de verdade, esperta. Sofía Gil Madriñán Unha vez máis, como todas as tardes ao saír da casa, preguntábame con curiosidade onde me dirixía e eu respondíalle cun sorriso coa mirada fixa naqueles ollos pequenos cheos de cansazo de toda unha vida, unha vez máis, sen saber que esa, esa era a derradeira. Claudia Gómez Fuentes 15
Estou na casa, é de noite, apaguei as luces, e que estraño, de repente todo desapareceu. Antía González Basalo Hai tempo coñecín a un home que, debido aos cartos que tiña, comía sempre pratos caros e sempre dicía que non lle gustaban. Despois de perdelo todo, cada anaco de pan que pode levarse á boca perécelle o mellor do mundo. Miguel González Golmar Esperei a que me abrises pero ao final decidín entrar. Atopeime coas túas vellas zapatillas tiradas no corredor, cun puro a medio consumir, co teu gato adurmiñado nunha esquina e a túa maleta no armario. Estaba todo normal, menos que na casa só faltabas ti, o traxe negro e os zapatos dos domingos. Vega Granja González Maldita mosca Bzzz. Soa. Bzzz. Soa. Bzzz. Soa. CRAC! Avó. Viches o meu móbil? Melvin Antonio Ibarra Soto Alá, lonxe, ben ao fondo onde só te atopes co teu corazón. Corre meniña e date conta de que só ti podes acabar con ese monstro que te aterroriza noite tras noite. Só tes que darte conta que iso que atopaches ao lonxe debe estar aquí e agora, presente nos teus pensamentos, por sempre. Patricia Lalín Cumplido 16
Lara era máis feita ca un oito, de pernas lustrosas, face redondiña e meixelas coloradas. Os seus cabelos louros e rizos eran a envexa de calquera, mais non lle gustaban; dicía que semellaba unha meiriña. Tamén se queixaba dos seus peitos “pequenos”. Enfermou e as pernas tornáronse fracas, a cara pálida; e non había cousa que máis estrañara que o seu pelo enguedellado e as súas fermosas mamas. Lucía Maceira López Vive, loita, soña, viaxa e, se che dá tempo, repite. Alberto Otero Sánchez Nesta vida non importa os favores que fagas, sempre te xulgarán polos que non fixeches. Luís Manuel Reboredo García Na vida é importante ter un amigo que sexa, á vez, espello e sombra. O espello nunca mente e a sombra nunca se afasta. David Saavedra García Nesta vida non perdemos amigos, só descubrimos os que de verdade pagan a pena. Xabier Sanmartín González
17
18
Xaneiro-2019 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO A, B e C Coordinación e maquetaxe: Xosé Payo
19
20