Os grandes xenios das Matemáticas

Page 1

GAUSS (1777-1855)

Outros matemáticos: 

 THALES DE MILETO (624 a.C.-547 a.C.)

As súas achegas prodúcense en todos os campos das matemáticas: Teoría de Números, Análise, Xeometría, Astronomía, Xeodesia e Teoría de erros.  En Física fixo achegas nos campos da Electricidade e Magnetismo, Teoría do potencial e óptica.

 Leonardo de Pisa, FIBONACCI (1180-1250)

Se sumaba o 1º e o último obtiña 101. Ao sumar o 2º e o penúltimo obtense 101. E así até chegar a 50 e 51 que tamén suman 101. Entón o que fixo foi multiplicar 101* 50 para obter o resultado de 5050. Nesa época xa se descubriran procedementos para facer sumas e outras operacións con series de números. O sorprendente do caso é que un neno de

RA

OS GRANDES XENIOS DAS MATEMÁTICAS

 EUCLIDES (sobre o 300 a.C.)  HIPATIA (¿? – 415)

 TARTAGLIA (1499-1557) 

XEB

PITÁGORAS (siglo VI a.C.)

Johann Carl Friedrich Gauss naceu en ALEMAÑA e xunto a Arquímedes, Newton e Euler ocuparía o podio dos grandes xenios das matemáticas ao longo da Historia.

Gauss foi un neno prodixio. Unha coñecida anécdota é a que se produciu cando o seu profesor lle expón sumar os primeiros 100 números enteiros. Aos poucos segundos xa resolvera o problema porque se deu conta de que:

ÁL

ANÁ

LISE

XEO

MET

RENÉ DESCARTES (1596-1650)

 PIERRE DE FERMAT (1601-1665) 

GOTTFRIED WILHELM LEIBNIZ (1646-1716)

 FAMILIA BERNOULLI: JACOB, o primeiro (1654-

1705), JOHANN (1667-1748) irmán de Jacob, NICOLAUS (1687-1759) sobriño de Jacob, e DANIEL (1700-1782) fillo de Johann.

 LAGRANGE (1736-1813) 

PAOLO RUFFINI (1765-1822)

CAUCHY (1789-1857)

ABEL (1802-1829)

“O universo está escrito en linguaxe matemática”. Galileo Galilei. (1564-1642)

 EVARISTE GALOIS (1811-1832)

ESTA

 DAVID HILBERT (1862-1943)  GRUPO NICOLÁS BOURBAKI (1935-…..)  ANDREW WILLS (1953– ………..

TOPO

LOXÍ

TÍSTI

A

Departamento de Matemáticas.

CA

RÍA


ARQUÍMEDES ( 287 - 212 A.C) Naceu na cidade de Siracusa na illa de SICILIA. A produción de Arquímedes é impresionante:  Destacou na rama da xeometría e utilizou o método de exhaución predecesor do cálculo integral.  Estableceu os fundamentos da estática e a hidrostática.  Foi experto en inventos mecánicos. Por exemplo pancas (“Dádeme un punto de apoio e moverei o mundo”), poleas, catapultas, espellos ardentes,…

Utilizou parte dos seus inventos para impedir a invasión de Siracusa por parte dos romanos.

Morreu durante o asalto á cidade e conta a lenda que mentres estaba cos seus cálculos un soldado romano o interrompeu. Arquímedes díxolle que deixara os seus círculos tranquilos e o romano molestouse e matouno, algo que desgustou moito o xeneral romano Marcelo que era o que se encontraba ao mando do exército que sitiaba a cidade. Precisamente son os círculos os protagonistas da obra de Arquímedes, dando unha lección de cálculo integral para a posteridade facendo uns dos máis famosos intentos do cálculo do número ∏.

ISAAC NEWTON (1642-1727)

Naceu en INGLATERRA e está considerado un dos xenios científicos máis grandes de todos os tempos.

VIDA: Naceu prematuramente, pequeno e débil de constitución, orfo de pai e medio abandonado pola súa nai. A súa infancia foi máis ben triste e solitaria. Ao acabar os seus estudos na escola, a nai quixo convertelo en granxeiro, pero resultou, en tales tarefas, un verdadeiro fracaso, e aos 18 anos ingresou nun dos centros da Universidade de Cambridge. O seu profesor de matemáticas recoñeceu pronto ao xenio que Newton levaba dentro e, non só o axudou moito na súa formación, senón que unha vez que Newton recibiu o seu título, retirouse do seu posto como profesor de Cambridge a fin de que Newton ocupase o seu lugar.

 Descobre (xunto con Leibniz e de forma

independente) a análise matemática ou cálculo infinitesimal, unha potentísima ferramenta que revolucionou o tratamento matemático da física e a xeometría, e outras ramas da matemática, como a estatística ou a teoría de números. Publica a teoría da gravitación universal.

EULER (1707-1783) Leonhard Euler naceu SUÍZA aínda que viviu en Rusia e Alemaña a maior parte da súa vida. Está considerado como un dos mellores matemáticos da Historia.  Introduciu gran parte da moderna terminoloxía e notación matemática, particularmente para a área da análise matemática, por exemplo a noción de función matemática.  Realizou importantes descubrimentos en cálculo e a teoría de grafos.  Fixo traballos nos campos da mecánica, óptica e astronomía.

VIDA: Foi un dos matemáticos máis prolíficos e calcúlase que as súas obras completas reunidas poderían ocupar entre 60 e 80 volumes. A súa vida era a dun home que adoraba a paz e a tranquilidade dunha vida caseira. Sempre rodeado dos seus fillos e netos, xogando con eles á vez que resolvía complicados problemas matemáticos. Dise que era capaz de facer operacións con vinte cifras decimais e, repasadas hoxe con modernas calculadoras, non se atopa ningún fallo. Aos 60 anos perdeu a vista pero iso non impediu continuar a súa produción científica.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.