Poemas para Compartir 2
2ยบ ESO B 1
IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 2º ESO B(Desdobre). Curso 2016-2017 Edita: Departamento de Lingua Galega
Imaxe da portada: Caligrama Pensamentos de Álvaro Simón Porral 2
ÍNDICE DE POEMAS E AUTORAS E AUTORES : 1.
Eu aínda non me namorei. Non teño traballo e ilustracións. Hugo García Requeijo
2.
A vida. Agárdote e ilustracións. Fabián García Varela
3.
Feminismo. Nunca pensei e ilustracións. Claudia Gómez Fuentes
4.
Nada. Ruínas dunha guerra e ilustración. Miguel González Golmar
5.
As bágoas espantadas. Silencio de manifestantes e ilustracións. Vega Granga González
6.
O desamor. A política e ilustración. Adrián López Freijido.
7.
Xa te atopei... Xadrez e ilustracións. Lucía Maceira López
8.
Corazóns que laten. Que non exista a guerra! Noelia Pardo Areán
9.
Cariño. Reflexións e ilustracións. Luís Manuel Reboredo García
10. Basta xa! Ela e ilustracións. Daniel Rodríguez Mato 11. Este poema é. Eu teño unha Estrela e ilustracións. David Saavedra García 12. Amor secreto. Peregrino a Santiago e ilustracións. José Senra Trigás 13. Compañeiros do demo. Pensamentos e ilustracións. Álvaro Simón Porral
3
Mรกis que un poema. Chus Pato
4
Eu aínda non me namorei Porque non atopei a muller dos meus soños a dos verdes ollos. O día que eu te atope metereime nun pote para a outra non ver e só a ti querer. Faremos festa rachada cando consiga namorarte non faltará de nada Casaremos á beira dun río vestidos de branco, cando non faga frío. Hugo García Requeijo
5
Non teño traballo estou desesperado, búscoo cada día, non vexo saída. Teño un amigo que está deprimido, xa anda a pensar en ir a emigrar. Emigrante son. Terei moita sorte. Vallo un montón. Hugo García Requeijo
6
A vida A vida é como a choiva, ás veces amaina pero sempre volve. A vida é como a choiva, é dura como as pedras, é fría coma o xeo, e é húmida como a auga. A vida é como a choiva, e senón queres mollarte terás que coller un paraugas. Fabián García Varela
7
Agárdote Agárdote polas mañás na porta da miña casa, agárdote a que veñas outra vez, agardo que volvas dunhas vacacións, das que non tes pinta de volver. Cheiro a túa roupa todas as mañás, e déixoche un pratiño de caldo, rezo por ti para que a guerra non poida coa túa alma de guerreiro, pero sei que non é así. Saen as primeiras raiolas de sol e a xente refúxiase nas súas casas, xa sabes que é a hora, unha hora que xa temos asimilado á nosa rutina, as máquinas xa están nas rúas. Fabián García Varela
8
Feminismo Unha revolta. Unha protesta. Mulleres ás rúas, berros nos beizos! Inconformismo. Inxustizas. Independencia. Inspiración! Igualdade ante todo, nin rosa nin azul, nin princesas nin heroes “de señoritas” e “de homes” Basta xa, non queremos máis! Non queremos máis malos tratos máis compañeiras caídas. Basta xa! Non queremos máis! Patriarcado, o verdadeiro gobernante imponnos as súas normas. Isto é bonito, isto non. Ti es bonita, ti non. Basta xa! Basta de opresión. Non nos venceredes. Non, hoxe non! Mulleres ás rúas, á loitar co corazón! Claudia Gómez Fuentes
9
Nunca pensei Nunca pensei que hai dous anos descoñecía parte da miña familia. Nunca pensei que coñecería a miña irmá por unha simple repartición. Nunca pensei que a rariña que caía mal chagara a ser o meu ciclo vital. Nunca pensei que as miñas mellores se afastarían de min por simples ruxerruxes. Claudia Gómez Fuentes
10
Nada Esperto todas as mañás, e todo segue igual. Vou ao colexio todos os días, e todo segue igual. Volvo para a miña casa, e todo segue igual. Traballo con todas as miñas ganas, e todo segue igual. Vou para a cama todas as noites e todo segue igual. Volvo espertarme pola mañá, e todo segue igual. Pero chegará o día que me darán ganas de dicir, que nada segue igual. Miguel González Golmar
11
Ruínas dunha guerra As ruínas espalladas no campo de loita, só poden recompoñerse coas bombas dos pecadores. O sangue dos inocentes no campo de loita, só pode ser vingado coas mortes dos seus asasinos. Os cadáveres dos soldados no campo de loita, só poden ser perdoados coa caída dos seus gobernantes. E mentres os ditadores se esconden detrás do seu exército, só son capaces de seguir cumprindo a súa misión, “matar”. Miguel González Golmar
12
As bágoas espantadas Un furacán, unha tormenta e un anticiclón. Un furacán cando chegaches a min. Conseguiches alumear o meu mundo. Que faría eu sen ti? Ti, galeguiño!, acougaches aquí, no medio da miña tormenta, onde as bágoas pola miña nai caían, a pesar de que a súa imaxe se afastaría. Os recordos nunca existiron. Foi unha folla movida demasiado... rápido polo vento da miña vida, non me valen as imaxes. As imaxes son pintura. Eu o que quero é pintar con ela. Eu o que quería era saltar con ela. Eu o que quería era recordar os seus beizos e a súa cara. Preto da fontiña, alí na praza, vía os nenos xogar, mentres as nais ollaban para eles. Eu soa como sempre! Meu pai non estaba e o resto fuxira. Soíña eu estaba; ai, galeguiño! Se ti soubeses! Caín no medio da escuridade, sen ver nada, sen sentir, sempre chorando día tras día. Ata que ti chegaches e acougaches aquí onda min, facendo da escuridade luz. Ai galeguiño! Ti tan riquiño. Ti! Miña luz, meu salvador. Es o meu anticiclón, o que levou todo o malo. Ti trouxeches a vida, o sorrir, o ter amigos, o bicar e o non chorar. Ti cos teus beizos es o presente do vento por levarme a vida. Galeguiño, nunca me faltes. Ti e mais eu somos como a choiva e Galicia.
13
Vega Granja González
Silencio de manifestantes Un día máis nas nosas rúas, nestas rúas molladas por bágoas. As rúas desta Galicia! A xente aínda cos corazóns rotos e a boca pechada, por temor de que sexa metrallada. Os sons de protesta non saíron de paseo, aínda o son está prohibido, e a vida da lingua está en vilo. A loita non se pode facer. As cunetas son desaugadoiros dos que loitan e se manifestan. Desaugadoiros de sangue! De sangue daqueles manifestantes os que aman e os que merecen medallas. Persoas capaces de metrallar, de silenciar a xente co temor, non se merecen recoñecemento senón encarceramento. Silencio, escóitase nas rúas. Algún berro dunha lingua libre. Non durará moito! Todo isto ocorreu hai tempo, é o mesmo que facemos nós. Silenciamos con golpes e tapamos as verdades. Vega Granja González 14
O desamor Que triste é estar sos, cando ves que pasan os días da túa vida, sen compartila con ninguén a quen ti queiras. Por amor a unha persoa podes chegar a facer moitas loucuras, por demostrarlle o teu amor, a esa persoa. O amor é moi bo, estarás sempre contenta vendo que a túa parella tamén te quere, como ti a ela. O amor abate fronteiras, pero tamén pode acabar coas persoas, sumíndoas en problemas psicolóxicos. Adrián López Freijido
15
A política Estes políticos que temos só se preocupan do seu peto, a xente dálles igual. Cada político que se pon ao mando do país faino igual có anterior, entón case é igual quen se poña, porque son todos iguais. Cada político é un acontecemento importante, todos os partidos que pasan polo trono son iguais. A xente fai cancións en contra dos partidos que acaban coa ilusión dos máis desfavorecidos.
Adrián López Freijido
16
Xa te atopei... A meu avó, in memoriam Abro os ollos, aí estás. Pecho os ollos, non te vas. Vou á cociña, sentado á mesa. Saio á eira, sachando na veiga. Camiño á corte non te atopo. Tombado na cama, permaneces calado... Pecho os ollos, xa non estás. Abro os ollos, xa non te vexo. Onde te atopas, meu avoíño? Nin na horta nin no muíño, xa non te vexo polos camiños. Onde te atopas meu avoíño? Onde está o meu tesouro, o meu velliño de corazón de ouro. Xa non peiteas os meus cabelos, nin espantas os meus pesadelos Xa non teño ao meu heroe que me defenda e me perdoe. Onde te atopas meu avoíño? Volta para a casa, por favor cho pido
Lucía Maceira López
17
Xadrez Brancos e negros damas e peóns, pezas do mesmo xogo con distinta opinión. “Unha boa sociedade”. Que mentira máis irreal. Fáltanlle os cimentos e xa están pensando no teito. Vivimos graduados segundo o poder, rei, raíña, cabaleiros e torres. Algúns sen nada para comer, outros afogan de tanto lecer. Acostumados a durmir soñando e non a soñar expertos, a pasar a vida laiando en vez de co corazón loitando. Intrépido peón avanza enfróntase á lexión. A mellor arma son as palabras, medo é sinónimo de prohibición. Actúan como autómatas sen criterio nin decisión, máscaras con nome alleos á palabra “revolución” Lucía Maceira López
18
Corazóns que laten, corazóns partidos. Corazóns que laten. As túas pequenas miradas na miña alma combaten. Corazóns que piden, corazóns que choran. Son bágoas que caen cada vez que te estrañan. Corazóns latexando corazóns pequenos. Pero que saben amar! “Corazóns xuntiños” Noelia Pardo Areán
19
Que non exista a guerra! A guerra non nace. A guerra faise. O home mátase con armas e bombas. As bombas estoupan, nun par de segundos destrúen moitas cousas que son lindas e fermosas. A guerra é maldade, a paz é bondade, a guerra é inxusta, a paz é veraz. A xente morre sen saber por que! Os nenos asustados non saben que facer! Algúns escóndense para non morrer, outros dórmense para non sufrir, algúns rezamos para pedir: que a guerra no mundo deixe de existir. Noelia Pardo Areán
20
Cariño Os teus versos son o meu delirio, as túas caricias son a miña paixón, non verte é unha tortura para o meu corazón. Algo divino ten que ser pra chegar á túa alma e en ela percorrer o seu alento. Quero sentirme nos teus brazos dia e noite sen pensar o teu amor no meu corazón, algo que non podo expresar. Se un día me deixas polo mundo estou condenado a vagar en cada porta, as miñas queixas co vento han de chegar. Luís Manuel Reboredo García
21
Reflexións Non só os parvos din parvadas dende ben pequenos hai que apartar ao diferente cantas persoas presumen de valentía pero ben estreita e cerrada permanece a súa mente O fútbol vólvenos irracionais todo é unha boa escusa para comportarnos coma verdadeiros animais defendendo xente rica que nin te coñece, á que non lle importas. Algúns rouban para comer pero aos políticos impútanos, eles rouban a pracer, fan a política corrupta O mundo vai cada vez a peor nenos que se suicidan por culpa dun acosador os acosadores son no fondo persoas cohibidas e medrosas que por pegarlle e traumatizar a alguén xa son poderosas Luís Manuel Reboredo García
22
Basta xa! Que se brancos que se negros, isto xa parece un chiste, moitos prexuízos pouco cerebro, contemplar este mundo e triste. Vivir para traballar, traballar hasta morrer, durmir sen descansar, e chorar por non rir. Os políticos rinse, cando din que xa non haberá crise, se deixasen de falar, roubar e se puxesen a traballar. Miserable ser humano, conformase con calquera cousa, el di “está na nosa man” e con ela cava a súa fosa. Daniel Rodríguez Mato
23
Ela Amor e querer a diario, non unha cea con candeíñas, dáme igual o regalo do aniversario, con palabras que me excitan. Amor non son uns “bos días” nin unhas “boas noites”, o amor é que saiba que penso nela só cunha frase. O amor é equivocarse e que non haxa reproches. Estar con ela toda a vida sen que nada pase. Non sei que é o amor, sinceramente, pero chamo meu amor a quen me brinda a paz, esa coa que podo falar tranquilamente, e a que fala sincero e claro quitándose o anteface. Moitos tratan de amor, sen coñecerse a si mesmos, e precipítanse ao mar, que lles afoga o seu egocentrismo.
Daniel Rodríguez Mato
24
Este poema é por ti e para ti, para elas e por elas; calquera pode ser a vítima, vítima dunha inxustiza, vítima do terror, do odio, do maltrato, do poder… A violencia non é nin fai a un máis forte, máis poderoso, converte a persoa en débil, o pobo en tristeza, o país en amargura e o mundo en infeliz. Aprendizaxe do pasado, cambio a un futuro mellor, calma, tranquilidade, comprensión, empatía e felicidade. David Saavedra García
25
A meu pai Benito Saavedra Castro Eu teño unha Estrela que dende o ceo moi forte alumea. Uns anos estivo moi preto de min, ensinoume a amizade, a ledicia, a paixón e a ilusión. O esforzo, a dedicación e a colaboración son palabras que en min deixou gravadas. Tenrura, cariño, amor é o que con felicidade aprendín. Xa non está preto, ou si? Porque no corazón preto de min está. David Saavedra García
26
Amor secreto Que mágoa finxir solo amizade cando o que pasa é amor de verdade Ti es a que me protexe de toda hostilidade o que pasa é bondade. Aínda que non me queiras afogado por sempre na miseria, recordareite; sempre serás a que eu quixera Ti es o meu segredo inconfesable o meu arrepentimento imposible o meu soño inalcanzable e o meu amor inesquecible. Ti es a luz da miña vida a que me guía nas tebras a que me impulsa a superarme a que sempre estará enterrada no meu corazón José Senra Trigás
27
Peregrino a Santiago Po, barro, sol e chuvia é o camiño de Santiago milleiros de peregrinos e mais dun millar de anos Peregrino, quen te chama? Qué forza oculta te atrae? Nin o campo das estrelas nin as grandes catedrais. Nin a xente do camiño nin os costumes rurais. Non é a historia e a cultura nin o galo da calzada Peregrino, quen te chama? Que forza oculta te atrae? Peregrino, peregrino algo oculto hai José Senra Trigás
28
Compañeiros do demo Todo por unha ideoloxía mortos, vítimas, armas e armados; a quen lle fan mal, doe o corazón e o sentido, cabeza nubrada e corazón partido. Medo, rabia, traizón como compañeiros do demo fan estalar o seu corpo para ir onda el. Satisfeitos? Non o sei. Vencedores? Non o sei. Camiñan para adiante sen mirar atrás e todo por unha ideoloxía. Álvaro Simón Porral
29
Pensamentos Que é o amor? Un abrazo sen abrigo cando vai frío. Amor é enfadarse e reconciliarse sen necesidade de perdón, non ter nada en común e que os seus soños sexan os mesmos. Amor é desfrutar da nosa inocencia pero saber que con paciencia alcanzaremos utopías. Amor é respecto, aceptación, coraxe, sinceridade. Amor é unha canción. Chorar polos seus ollos iso é amor de verdade. Nin eu son seu nin ela é miña cada un é de si mesmo pero sei que se me falta un día sería caer ao abismo. Álvaro Simón Porral
30
Xuño-2017 IES Ramón María Aller Ulloa 2º ESO B (desdobre 2) Coordinador: Xosé Payo
31
32