Poemas para compartir
2ยบ ESO C 1
IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 2º ESO C (Desdobre). Curso 2015-2016 Edita: Departamento de Lingua Galega
Ilustración portada: Rosas de Noelia González Jacobo 2
ÍNDICE DE POEMAS E AUTORAS E AUTORES : 1.
Nos tempos da guerra, Que son as palabras e ilustracións. Miriam García García.
2.
A natureza, Morte e ilustracións. Lucía Gil Fernández
3.
O teu prezado amor, Rosas e ilustracións, Noelia González Jacobo.
4.
Cando te lembro, Aquel coello e ilustracións, Laura López González.
5.
A miña bisavoa. Alba Mariño Baca.
6.
Problemas. Xabier Sanmartín González
3
Un poema é un ser vivo que anda. Manuel María
4
Nos tempos da guerra Estaba agardando ao carón da lareira, para oír un conto que trataba dunha nena. Escapou da casa nun día calquera, quería liberdade non quería guerras. Quería esquecer o que alí acontecía, por iso buscou un lugar para poder escribir. Non o atopou, entón refuxiouse nun caixón, da súa habitación. Miriam García García
5
Que son as palabras Son voces, sons ou lembranzas, que nos levan de viaxe ata calquera parte. Que son os pensamentos? Ideas que xorden nun momento. Que é a lingua? Aquela poesía que se fala todos os días da nosa vida. E que é a vida? E aquela que contén palabras pensamentos e poesía. Miriam García García
6
A natureza Debemos coidar a natureza que nos dá a vida e ten moita beleza. Contaminamos a auga, é a nosa fonte de vida! Non somos conscientes do que facemos ata que acabamos con nós mesmos. Podemos parar e vivir en paz? Os bosques e os prados non están acostumados a que lle fagamos dano. Espero que nos deamos conta e paremos esta desfeita. Lucía Gil Fernández.
7
Morte Unha parede branca, unha chamada Alguén xorde da nada, obsérvame, crávame a mirada A súa pel é pálida, dun dos seus ollos, unha bagoa. Quen é...? Entón a vida arrástrame, ela achégase e sinto que me agarra. Xa me estou indo sen que ninguén saiba nada, adeus, un último alento se me escapa. O meu corazón xa non palpita, ela esta preto, a miña alma suplica. Ata pronto mundo cruel, clamaba! a morte chegará!, berraba. Lucía Gil Fernández.
8
O teu prezado amor Sempre recordarei de ti aquelas tardes de maio, poñendo como escusa aquel espantallo pequeno. As nosas gargalladas ás agochadas, cando ti aínda me querías. Ese pelo dourado que tanto boto de menos, fai sempre de min un alongado choro. A túa pel cor canela, á que sempre cunha vela alumaba. A ti, meu prezado tesouro, regáloche todo o amor deste pobre home. Noelia González Jacobo
9
Rosas Cariña ruborizada, corpo espiñoso, todas tedes, un abrazo moi doloroso. Eses labirintos que os teus pétalos forman, aos que moita xente asombran. Polos teus picos ben formados, case sempre convertidos en laios. Flor de grande aprecio, que tantos ramos formaches, agradecémosche moito todas as veces que nos picaches. Noelia González Jacobo
10
Cando te lembro... In memóriam da miña avoa Josefa
Cando miro a túa foto noto que se me mollan os ollos. Cando recordo a túa risa penso na túa partida Cando me deito na túa cama lémbrome como durmías. Cando miro o teu bastón recordo cando me perseguías. Cando cheiro a túa roupa paréceme que ulo o teu cheiro. Cando recordo as túas cancións preferidas ruborízome ao escoitalas. Cando como a comida que me facías imaxino que aínda sigo axudándoche a facela. Cando te lembro apértaseme o corazón e penso que sigo ao teu carón Laura López González
11
Aquel coello Di a xente que os animais non falan que non se expresan, que non din nada Conta a xente que houbo un coello, un coello que falaba, que ría, cantaba e choraba. O coello era de monte e tiña unha familia, é dicir vivía de marabilla O coello liscaba e ningún cazador o mataba. Era listo e traballador e cavaba tobos para estar mellor. Pero unha descubríronlle a gorida e o coello foi xantar do pedáneo do lugar Laura López González
12
A miña bisavoa Despois de anos da túa morte hoxe collo boli e papel e busco na miña mente recordos do pasado. Tardes de inverno enteiras ao calor da cociña de leña, xogando ás cartas. Tardes de verán baixo os kiwis nós as dúas sempre cantando. Curábasme as feridas con herbas molladas no viño. Contábasme historias mentres comías papas, despois rezabas, dábasme un bico e para a cama. E chegou ese día cheo de choros no que os teus grises ollos o teu pequeno sorriso as túas engurradas mans os teus mandís negros máis o teu bastón marrón estaban e estarán sempre no me corazón. QUÉROTE Alba Mariño Baca 13
Problemas 1 Non vexo que teñas problemas só que cambies a meta. Eu non voo nin me queimo non sei levar avionetas. 2 Un anxo do ceo veu, a alumbrar o teu corazón, foi tamén breve ilusión, pero estaba no seu destino irse sen decirche adeus. Xabier Sanmartín
14
Xuño-2016 IES Ramón María Aller Ulloa 2º ESO C (desdobre 2) Coordinador: Xosé Payo
15
16