Poemas para Compartir 3 2ยบ ESO B 1
IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 2º ESO C(Desdobre). Curso 2017-2018 Edita: Departamento de Lingua Galega
Imaxe da portada: Ti de Alba López Taboada 2
ÍNDICE DE POEMAS E AUTORAS E AUTOR: 1.
A nosa lingua. Ti. Ilustracións. Alba López Taboada
2.
A realidade. Morte. Ilustracións. Breixo Pereira Gaiteiro
3.
As armas de destrución. Choiva de inferno. Ilustracións. Iria Pérez Alvarellos
4.
Que son as bágoas? Teño que marchar. Ilustracións. Vanesa Pérez Vallejos
5.
Namorouse. As rúas cheas de xente. Ilustracións. Noelia Reboredo Núñez
6.
Ela... A venda. Ilustracións. Andrea Segade Rozas
7.
Chegades a min. A vida é como un camiño. Ilustracións. Antía Segade Rozas
8.
A fame que fame? Berro de dor polas palabras. Ilustracións. Iria Viéitez Iglesias
3
Sรณ o poema pode escapar, pero Quen asume a disoluciรณn?
Antรณn Lopo, Corpo
4
A nosa lingua Hoxe ti, hoxe eu, mañá nós. Somos e sempre seremos os defensores da nosa gran pequena. Tan grande, tan pequena, tan túa, tan nosa. Tan delicada, tan forte. Sempre a nosa lingua. Alba López Taboada
5
Ti, o teu ser, o teu falar, o teu soñar, o teu espírito aventureiro, as túas ganas de vivir, as túas ganas de ser. En resume: ti
Alba López Taboada
6
A realidade Lideran, esixen, matan. Son persoas posuĂdas polo seu poder e os cartos, viven e desfrutan sendo asĂ. Morren sendo inocentes obedecendo os superiores aguantan sendo loitadores sofren polos seus temores. Breixo Pereira Gaiteiro
7
Morte Pola mañá entra un sol radiante pola ventá. Pola tarde treboando e chovendo a mares está, Que tan rápido pasa o tempo sen sabelo un morre por dentro, sen querelo sen sentilo sen decatarse, a morte nun momento. Breixo Pereira Gaiteiro
8
As armas da destrución Pistolas, fusís, bombas. Armas de destrución ás que ninguén lle busca solución. Disparar sen apuntar pois xa están a tiro. Pois para eles será divertido. Semellan directores dunha orquestra fatal. Sabes! Isto vai por ti Donald Trump. Medo mortes e fame. Iso é o que xerades. Iso vos merecedes. Non eles ! Iria Pérez Alvarellos
9
Choiva do inferno Polo abismo cae a fervenza con impotencia e desesperación. Polo teu amor as enfermidades arrasan este mundo intranquilo. Este sol abrasador queima a vida. Naquela escura habitación, observaba as túas agonías. Cando rematou a túa canción todos temían pola túa vida mentres o sol abrasador seguía. A fervenza sacaba por momentos dando paso á choiva do inferno. Este sol abrasador queima a vida mais por min segue chovendo en pleno agosto. Iria Pérez Alvarellos
10
Que son as bágoas? Para algúns símbolo de debilidade, para outros de alegría. E para min… Para min son moitas cousas. Son os teus regueiros que saen cando fai falta representar os sentimentos tanto de dor como de alegría. É a túa choiva que cae dende os teus fermosos ollos ata as túas meixelas vermellas. É o orballo que deixa a noite, pero para cada noite fría sempre hai un día cálido. Pero tamén poden ser os escintileos desas dúas esmeraldas brillantes caendo por ese sorriso. Tamén son as estrelas da túa pel morena cando estás preto de min e non pensas en nada máis. É o sol en primavera o que ilumina a todos o que inicia o verán o que sempre está. E agora escoita. Que son as bagoas? Unha soa pregunta miles de respostas.
Vanesa Pérez Vallejos 11
Teño que marchar Eu teño que viaxar e ir traballar, pero non quero saír e ter que emigrar. Adeus miña casa á que tanto quero, pronto estarás durmindo nos teus froiteiros. Ah, miña casiña! Aquí non saben cociñar . Eles teñen que comer un bo cocido de Lalín. Caen as follas das árbores e florecen de novo. Eu xa vin isto moito e aínda así non estou alí. Ai, miña terra! Xa falta menos, xa podo escoitar os teus ríos inmensos. Eu traballo, traballo, e durmo ben pouco; e cando podo soño esperto. Soño con eses montes cheos de cores, e cos ríos de augas limpas e frías. Ai, miña terra! Canta morriña pasei pero xa estou aquí e nunca marcharei.
Vanesa Pérez Vallejos 12
Namorouse
Sabía que era un erro, pero fíxoo. Namorouse da súa maneira de beber, da súa maneira de arrincar a pel de como te enganaba co seu cheiro a ceo para levarte ao inferno. Ata confundir a paixón con asañamento non a estabas querendo, estábala matando. Ela sabía que non ía funcionar, ti chamábaslle pequena e ela sempre se crera unha gran muller. Ela sabía que era un erro, pero fíxoo.
Noelia Reboredo Núñez
13
As rúas cheas de xente, pancartas de moitas cores mensaxes cheas de dor. Berros de desesperación, bágoas de moita dor. persoas sen esperanza, problemas sen solución. Ninguén fai nada, cada vez xa son máis as protestas son voces xordas as persoas xa non queren loitar máis. Noelia Reboredo Núñez
14
Ela... Os doce meses do ano. As catro semanas de cada mes. Os sete días de cada semana. As vinte e catro horas de cada día. Sempre contigo. Sempre xuntas. Ata que un día chegou un demo que con el todo levou. Non deixou de nós, nin as poucas horas dun día. Volva demo volva e non me teña medo, traia con vostede o tesouro ao que eu máis aprecio. Andrea Segade Rozas
15
A venda Estaba soa, sen saída. Non sabía por onde escapar nin a quen avisar. Estaba soa. Ela trepaba, intentábao día tras día, non tiña saída. Estaba soa. Inda tiña esperanzas. Só precisaba bater cun raio de luz pero a venda impedíallo. Estaba soa. Ata que ese raio de luz, esa pequena esperanza, dan o seu froito. Xa non estaba soa. Nunca o estivo. Pero agora voa co medo de volver bater con ela, a venda. Andrea Segade Rozas
16
Chegaches a min como quen di nada, e fuches ti quen prendeu a luz do meu día. Isto non valeu para nada, porque todo comeza bonito, pero pronto se acaba. Despois dun tempo todo volve a un principio, pensas que é diferente pero este poema non se le só unha vez.
Antía Segade Rozas
17
A vida é como un camiño todo comeza como se nada pero pronto veñen os estudos pero isto non é nin a metade Os pequenos queren ser maiores e os maiores pequenos, isto sempre foi así A xente maior ten razón, a vida de estudante é o mellor, vagueamos por estudar e nun futuro será por traballar. Antía Segade Rozas
18
A fame, que fame? A que fala dos nenos de África dos refuxiados de Siria dos sen teito. A fame, que fame? A das persoas anónimas que pasan á nosa beira e non miramos para elas. A fame, que fame? A do que está lonxe. A do que está preto. A quen non queremos ver. A fame, que fame? A que pasa sen ruído non contaxia nin che rouba a vida A fame, que fame? A que mata de dor mentres tin non sabes que comer A fame, que fame? A que as televisións no mostran. A que os gobernos calan. A que os cidadáns esquecen. A fame, que fame? A que poderiamos curar. A que podería desaparecer. A que non debería existir. A fame, que fame? Basta xa, reaccionemos. Basta de inxustizas. Basta de miserias. Iria Viéitez Iglesias 19
Berro de dor polas palabras que coma dardos se cravan. Son só... unha nena chorando. Polo silencio intencionado polas teas que non caen. Son só... unha nena chorando. Escoito un murmurio insistente que me persegue e me enlouquece. Son só... unha nena chorando. Sinto cada bágoa caer como a choiva no cristal. Son só... unha nena chorando. A que sofre, a que cala, a que se esconde e se engaiola. Son só... unha nena chorando. Triste ando soa e muda. Son só... unha nena chorando. Son eu, si son eu un corazón que latexa unha esperanza que sente. Son só... unha nena chorando. Da escuridade saio. As palabras bórranse. As teas caen. Son só unha nena. Iria Viéitez Iglesias 20
Xuño-2018 IES Ramón María Aller Ulloa 2º ESO C (desdobre 2) Maquetación e Coordinación: Xosé Payo
21
22