Portas de Nadal

Page 1

Portas de Nadal


2


Idea e coordinación: Ana Penas Facorro Colaboración: Grupo de Nadal Textos: Biblioteca Mario Pereira Fotos: Carlos Míguez Decembro, 2023

3


4


Limiar Portas de Nadal cociñouse ao abeiro da idea da profesora Ana Penas Facorro, quen coordinou a actividade contando co desinteresado apoio dun grupo de profesorado que colaborou na realización do Nadal no centro. Nesta ocasión, para conmemorar o Nadal 2023 propúxose como actividade nuclear a decoración das portas das diferentes aulas ao seren estas a parte máis visible das mesmas, pois co simple feito de darmos un paseo polos corredores, podemos gozar do enxeño de cada grupo académico. Por parte, as bases para participar no concurso decorativo das portas recolléronse en tres puntos moi sinxelos: 1. Ter decorada a porta o mércores 20 antes das 12:00 h. 2. Usar material propio, debuxar, reutilizar, reciclar. 3. Ser orixinais no deseño e confección da decoración. Abofé que estes tres criterios abondaron para obter uns resultados que non deixaron indiferente a ninguén, tal e como recollemos neste libro sobre as Portas de Nadal.

5


6


Portas de Nadal

7


1º da ESO A amósanos unha porta ateigada de agasallos e cun Papá Noel que se interroga a si mesmo perante o boneco de neve, dubidando que galano lle achegar, no entanto a porta mostra unha clara preferencia como agasallo, unha Nintendo ornada de folerpas de neve; mentres na marxe dereita da porta observamos un festival de campaíñas arbóreas que semellan entoar panxoliñas virtuais.

8


1º ESO A

9


1º da ESO B deseña unha porta que deixa ver a metade dunha árbore de Nadal que acolle no seu pé unha morea de regalos ao quente dunha lareira de sala acesa decorada cuns calcetíns axeitados á época, mentres a través da ventá vemos como Papá Noel se afasta da casa nunha zorra cargada de agasallos que transporta baixo unha mesta nevarada.

10


1º ESO B

11


1º da ESO C propón unha porta que nos amosa na parte superior unha zorra presta a ser cargada de regalos e dous renos que agardan para seren enganchados á mesma, por parte o resto da porta mostra a Papá Noel mergullado nun saco de galanos, abofé que andará na procura dalgún en concreto, o rebusque vai acompañado dun vaivén de pernas. Canto á marxe dereita, esta mostra sobre un fondo negro un Grinch que semella estar furtando as bolas decorativas dunha árbore de Nadal.

12


1º ESO C

13


2º da ESO A, grupo 1, deséñanos unha porta que recrea unha noite estrelada e de nevarada cun Papá Noel que semella medio atuado no marco da porta, mais non o está senón que o que fai é cruzar cara ao grupo 2 de 2º da ESO A, e que turra polo saco do que van caendo regalos que fican perfectamente colocados cal clásico Tetris.

14


2º ESO A1

15


2º da ESO A, grupo 2, preséntanos unha porta na cal axexa Papá Noel procedente da porta do grupo 1 do mesmo nivel A da ESO e quen, con cara de estar cumprindo co seu deber no reparto de galanos, nos felicita o Nadal, ao mesmo tempo que vai depositando os regalos que vemos ao pé da porta, complementado todo cun fondo estrelado e de friaxe simbolizada.

16


2º ESO A2

17


2º da ESO B, grupos 1 e 2, móstranos unha porta decorada cun Papá Noel políglota que carrexa no seu milagreiro saco todo tipo de agasallos que vai depositando con extrema curiosidade, mentres na parte dereita vemos uns cativos que non sabemos se soben un baixan pola escada.

18


2º ESO B1 e 2

19


2º da ESO C, grupo 1, amósanos unha porta de contrastes, por parte vemos unha proposta de estética naíf visíbel no boneco con nariz de cenoria sobre uns paquetes de regalos, estética rachada pola foto de grupo da clase engalanada cunha fita decorativa; mentres na parte superior, cal emoticonas, flutúan elementos propios do Nadal.

20


2º ESO C1

21


3º da ESO A achéganos unha porta que na parte superior presenta unha alegoría de amor de plenitude, como o mellor agasallo posíbel, mentres que a parte inferior amosa un reno diminuto custodiando un paquete complementar do anterior; porta á súa vez coroada por unha rama de acivro, gardián da sabedoría e xerador do crecemento interior, entre outra simboloxía.

22


3º ESO A

23


3º da ESO B deséñanos unha porta complementada ao seu arredor con ornamentación de Nadal, salientando a lareira de salón cos seus calcetíns decorativos. Por parte, a porta en si presenta na parte superior un reno saltarico entre estrelas, mentres que a parte plena da mesma recrea unha casiña con árbore decorativa de Nadal e un moito de nevarada.

24


3º ESO B

25


3º da ESO C ofrécenos un antinadal Grinch, tal personaxe asoma cal Papá Noel tentando subtraer un enorme paquete que flota detrás dunha árbore típica e á calor da lareira de sala, escena so un ceo que promete neve a esgalla; mentres na parte dereita da porta sobre fondo branco e custodiado por dous bonecos un cartel avísanos, cal contrasinal, que petemos tres veces. Mentres na parte superior a carón de motivos de Nadal outro cartel distorce o sentimento destas festas, cal osímoro.

26


3º ESO C

27


3º PDC amósanos unha porta que na súa marxe dereita recrea a Papá Noel baixando por unha cheminea cabeza abaixo sen se dar conta de que a mesma está acesa, quizais pretenda de paso aquecer un chisco dada a noite de frío que a simboloxía mostra; por parte, na marxe dereita vemos unha lúa que ilumina unha zorra tirada por dous renos e cargada de agasallos, complementada a escena cunha árbore moi centrípeta ao abeiro da cal están depositados os galanos; mentres no cume da porta unha coroa rodea o cartel co nome da aula.

28


3º PDC

29


4º da ESO A aposta por unha porta de Nadal artística, recreando en ambas as dúas partes A noite estrelada de Vincent Van Gogh, obra á que lle engaden unha zorra tirada por dous renos e conducida por Papá Noel; mentres que na parte superior do marco da porta unha enorme estrela que se supón intermitente sobre un feixe de grilandas preside a escena, ao mesmo tempo que altera a harmonía.

30


4º ESO A

31


4º da ESO B preséntanos unha sarcástica alegoría das iluminacións de Nadal, de feito unha árbore de luces suxeitada pola man dun presunto Grinch que denuncia os excesos do alumeamento da cidade de Vigo, o que corrobora coa presenza da efixie do seu alcalde, mentres que no ángulo superior dereito un Papá Noel diminuto ante o desmesurado das luces berra: “it’s time!”

32


4º ESO B

33


4º da ESO C amósanos un Nadal enxebre con motivos locais caso do porco, o cocido, o aviador Loriga, a igrexa das Dores, ou o museo coa silueta de Ramón Mª Aller Ulloa; todo complementado cun “Bo Nadal”, unha austera árbore e un agasallo a compartir; e como fondo a neve. Mentres na parte superior dúas estrelas conforman un eixe de enlace arredor da porta con ramas de loureiro.

34


4º ESO C

35


1º do BAC A móstranos unha porta cunha dobre perspectiva, na parte superior observamos unhas diminutas imaxes penduradas cal monicreques cun fondo estrelado e friento, rodeada de zapatillas de Noel, mentres que a parte baixa fica decorada cunha orixinal árbore de Nadal con lazo patrio e con agasallos no fondo, amais do motivo complementar da neve.

36


1º BAC A

37


1º do BAC B propón un deseño maximalista coa presenza dun Papá Noel que semella incapaz de poder cruzar a porta, simbolizando a saturación que o Nadal provoca en todas e en todos nós.

38


1º BAC B

39


1º do BAC C amosa unha porta decorada cun Papá Noel de rostro recoñecíbel, inserido nun marco de estrelas e símbolos de neve, e co saco de agasallos ao fondo a carón de dous xa preparados para deixar no seu destino, complementado na marxe esquerda cunha salientada felicitación de Nadal impregnada de motivos invernais.

40


1º BAC C

41


2º do BAC A recréanos unha porta de Nadal ornada na parte superior cunha pequena árbore sobre fondo estrelado, mentres que o resto da porta presenta un boneco de neve e debaixo un Papá Noel acompañado do seu oxímoro Grinch e outras dúas figuras de bonecos; por parte, na marxe dereita, a carón da felicitación de Nadal vemos como Papá Noel está mergullado nunha cheminea procedendo a realizar a súa tarefa de distribuidor de felicidade. A decoración complétase cun Papá Noel pendurado dunha corda, que se supón o mesmo que se introduce após na cheminea; e unha árbore de Nadal decorada con grilandas e galanos ao pé.

42


2º BAC A

43


2º do BAC B achéganos unha porta decorada cunha enorme bola de Nadal sostida pola man dun Grinch sobre fondo negro, simbolizando a bomba consumista que supoñen estas datas, rodeada ao mesmo tempo dunha sinfonía de estrelas en forma de grilanda.

44


2º BAC B

45


2º do BAC C móstranos unha porta protagonizada polo titor e profesor de inglés Superpapá Noel, que procedente do Círculo Polar Ártico comanda a tropa alumnado de paxes da clase coa encomenda de distribuír agasallos, e todo rodeado por unha fileira no marco da porta que simboliza a presenza da neve.

46


2º BAC C

47


1º de FPB agasállanos unha porta tapizada de branco pletórica de bastonciños acaramelados decorados con pompóns varios e un Papá Noel sobre unha morea de regalos que sostén un cartel invitándonos a introducir nas dúas caixas do correo frases típicas sobre ceas de Nadal.

48


1º FPB

49


Edición e Maquetaxe: Biblioteca Mario Pereira IES Ramón Mª Aller Ulloa. Lalín Decembro 2023

50


51


52


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.