23/05/2019
VI Concurso literario Mª Vitoria Taboada de relato curto, poesía e sketchs teatrais Programa
. IES RAMÓN Mº ALLER ULLOA
1
INTRO PEZA MUSICAL: Aleluia de LEONARD COHEN Intérpretes: Violín: Lía Montero Presas Piano: Marta García Méndez Presentación do acto a cargo de Nuria García Pardo e Rubén Fontán Taboada. 1. LECTURA DO FALLO DO XURADO DE RELATO CURTO (ACCÉSIT) O xurado integrado por Mª Pilar Espiño Espantoso, Carlos Míguez Macho e María Fe Pérez García, acorda por unanimidade outorgar un accésit no 6º Concurso literario Mª Vitoria Taboada de Relato Curto ao relato titulado A caída luar de ALBA LUGO REY, “pola brillante mestura de realidade e mito nunha narración suxestiva grazas á súa coidada precisión léxica e sintáctica”. Entrega do premio á gañadora ALBA LUGO REY (Lectura dun fragmento por parte da premiada).
2
2. LECTURA DO FALLO DO XURADO DE RELATO CURTO (ACCÉSIT): O xurado integrado por Mª Pilar Espiño Espantoso, Carlos Míguez Macho e María Fe Pérez García, acorda por unanimidade outorgar un accésit no 6º Concurso literario Mª Vitoria Taboada de Relato Curto ao relato titulado O repartidor de xornais de AINHOA PEREIRA GARCÍA, “pola valentía na expresión dunha historia dura que te fai partícipe da crueldade dunha realidade que, con todo, deixa un final aberto á esperanza”. Entrega do premio á gañadora AINHOA PEREIRA GARCÍA (Lectura dun fragmento por parte da premiada). PEZA MÚSICAL Salut d’amour, op. 12 de EDWARD ELGAR, interpretada por Lía Montero ao violín e Marta García ao piano.
3
3. LECTURA DO FALLO DO XURADO DE RELATO CURTO (1º PREMIO): O xurado integrado por Mª Pilar Espiño Espantoso, Carlos Míguez Macho e María Fe Pérez García, acorda por unanimidade outorgar un accésit no 6º Concurso literario Mª Vitoria Taboada de Relato Curto ao relato titulado O voo 3623 de BREIXO RIVAS FERNÁNDEZ, “no cal o xurado valorou especialmente a orixinalidade da historia, exposta cunha coidada construción narrativa e cun uso preciso das descricións que te somerxen nos escenarios da mesma”. Entrega do premio ao gañador BREIXO RIVAS FERNÁNDEZ. (Lectura dun fragmento por parte do premiado) 3ª PEZA MÚSICAL [As intérpretes presentan a peza] Lúa nova, de Juan José López Rey, alumno de 2º de Bacharelato. Intérpretes: Lía Montero ao violín e Marta García ao piano. CLAUSURA DO ACTO A cargo da directora do IES Ramón Mª Aller Ulloa, dona Xoana Mouriño.
4
5
6
7