Proxecto FĂsica Nuclear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagasaki. Historia, arte, ciencia e literatura
ExposiciĂłn-homenaxe a Ana Reboiro
Proxecto Física Nuclear, 75 aniversario de Hiroshima e Nagashaki. Historia, arte, ciencia e literatura Exposición-homenaxe a Ana Reboiro, 12 anos entre nós (2008-2020).
Ao fío da exposición Proxecto Física Nuclear, xurdido co gallo de se cumprir 75 anos do lanzamento das primeiras bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki, queremos renderlle unha sentida homenaxe de agradecemento á compañeira Ana Reboiro, profesora de Física durante 12 anos no noso IES, e que vén de trasladarse a un centro próximo á súa casa. Con esta exposición, coordinada pola propia Ana Reboiro, pretendemos facer xustiza ao intenso labor desenvolvido durante estes anos connosco no marco do Toc-Toc-A-Ciencia, proxecto nacido en xaneiro de 2013, impulsado desde a Biblioteca por Mario Pereira e Ana Reboiro para facer visible as ensinanzas STEM, e do que a compañeira Ana foi unha activísima fornecedora. Sen dúbida, o cume do seu labor foi o traer ao noso centro a celebración do XXXI Congreso ENCIGA. Moitas grazas, Ana. Lalín, outubro de 2020
O Proxecto Co gallo do 75 aniversario do lanzamento das bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki, a Biblioteca e o Departamento de Física e Química en colaboración interdisciplinar con outros departamentos puxo en marcha o Proxecto Física Nuclear coordinado pola profesora de Física Ana Reboiro. A exposición e demais actividades complementares deberían terse celebrado en abril, mais a suspensión da actividade lectiva presencial debido á COVID-19 pospuxo a mesma. Facémolo agora pero coas restricións derivadas do protocolo anti-COVID-19 para o curso actual. Na exposición poderemos ver, entre outros traballos realizados durante o curso 2019-2020, carteis alusivos ás aplicacións da física nuclear, á simulación dunha desintegración radioactiva (realizados por alumnado de CuCi de 1º Bac.), á explicación da física que hai detrás das obras de Dalí do período atómico (tarefa realizada por alumnado de 3º ESO), ás investigadoras en Física nuclear (exposición da UAB) con tríptico de seguimento, á carta de Einstein e Szilard a Roosevelt, á selección de fotografías de científicos implicados no Proxecto Manhattan, á aproximación histórica ao conflito, á liña de tempo (desde Becquerel ata a primeira reacción de fisión en 1938), a poemas de temática nuclear... Fóra da exposición polas medidas protocolarias anti-COVID-19 quedaron, entre outras actividades desenvolvidas, a maqueta en madeira coa situación das centrais nucleares españolas (sen rematar), maquetas sobre a fusión e a fisión nuclear, o Encontro con, a selección bibliográfica da biblioteca... Desde a Biblioteca e en nome de Ana moitas grazas a todo o alumnado e profesorado colaborador no Proxecto.
A carta de Einstein e Szilard a Roosvelt
Albert Einstein e Leo Szilard en 1946 “recreando� o momento no que prepararon a carta enviada a Franklin D. Roosevelt
Proxecto Manhattan
PERSONAXES HISTÓRICOS MÁIS SOBRANCEIROS IMPLICADOS
J. Robert Oppenheimer
Leslie Richard Groves
Físico estadounidense destacado en varios campos de investigación incluíndo a astrofísica. Foi o principal responsábel do deseño e construción da bomba atómica de uranio, nos Álamos, Novo México. Tras finalizar a guerra, reexaminou a súa posición en prol do emprego das armas nucleares e converteuse nun claro opositor á bomba de hidróxeno alentada por Edward Teller. (Fonte: El Proyecto Manhattan. Tecnología nuclear, Manuel Guerrero Giampaglia e Victoria Vega Hernández)
Como líder do proxecto, estaba a cargo de todas as súas fases, incluíndo o desenvolvemento científico, técnico e de procesos, construción e produción. Aínda que tamén se encargaba da seguridade e a intelixencia militar das actividades inimigas, así como da planificación do uso da bomba. (Fonte citada)
Niels Bohr
Enrico Fermi
Físico danés e premio Nobel en 1922. As súas contribucións levaron a reformular o concepto de estrutura atómica baseado no comportamento cuántico de partículas subatómicas. Líder na investigación da fisión atómica. Temendo as iniciativas nazis colaborou activamente na construción de armas atómicas, primeiro cos británicos e logo uníndose ao Proxecto Manhattan. Activista do desarme na posguerra. (Fonte citada)
Físico italiano gañador do Premio Nobel en 1938, nacionalizado estadounidense. A partir dos seus experimentos coa radiación de neutróns demostrou a existencia de elementos artificiais transuránicos. Responsábel do deseño e posta en servizo do primeiro reactor nuclear experimental na Universidade de Chicago en decembro de 1942. (Fonte citada)
Edward Teller
Leo Szilard
Un dos moitos xudeus fuxidos do réxime nazi e gran defensor do programa de armas nucleares estadounidense, que culminaría na década dos 50 ca creación da bomba de hidróxeno. Xunto a Leo Szilard e Eugene Wigner visitou a Albert Einstein en 1939 e convencérono para que escribira a famosa carta que chegaría ao presidente Roosevelt e que remata-
Foi probablemente o primeiro científico que pensou seriamente en construír bombas atómicas. Con Fermi colaborou na construción do primeiro "reactor neutrónico", unha pila de uranio e grafito coa cal se obtivo a primeira reacción nuclear autónoma en cadea en 1942. O seu resentimento cara ao goberno estadounidense incrementouse debido ao seu intento errado de evitar o emprego da bomba atómica na guerra. (Fonte citada)
ría coa creación do proxecto. (Fonte citada)
Richard R. Feynman
Otto Robert Frisch
Físico estadounidense e Premio Nobel en 1965 polos seus aportes en electrodinámica cuántica. Director do equipo de computadores da división teórica do Proxecto Manhattan. (Fonte citada)
Físico británico de orixe austríaca. Incorporouse ao proxecto en 1943. Traballando en conxunto co físico Rudolf Peierls foron os mentores da iniciativa británica de construción de armas nucleares en 1941, coñecida como Tube Alloys. (Fonte citada)
Hans Bethe
John von Neumann
Físico estadounidense de orixe alemá e Premio Nobel de Física en 1967. Foi director da división teórica no laboratorio secreto dos Álamos. Culminada a guerra arrepentiuse da súa colaboración ao desenvolvemento de novas armas nucleares e o seu posterior abandono da creación de arsenais nucleares. (Fonte citada)
Experto en materia de explosivos. foi o encargado de calcular a que altura debían explotar as bombas antes de tocar o chan para que o seu efecto fose máis devastador. Así mesmo tamén estivo no comité encargado para seleccionar obxectivos potenciais xaponeses (cidades), onde facer caer as bombas atómicas. (Fonte citada)
Seth Neddermeyer
Albert Einstein
Deseñou un modelo de implosión, que podía utilizar tanto uranio como plutonio, e foi o creador da primeira bomba atómica, aínda que só foi unha proba. (Fonte citada)
A súa contribución ao proxecto foi breve pero determinante xa que coa carta que lle escribiu ao presidente Roosevelt advertíndolle do potencial enerxético do uranio e incitándolle á creación dunha sección dedicada a tal fin antes de que o fixeran os alemáns, pódese dicir que cambiou a historia da humanidade. Unha macabra anécdota deste feito sería que, após da detonación sobre Hiroshima, Einstein comentaría debido ao arrepentimento do que axudara a crear: debería queimarme os dedos cos que escribín aquela primeira carta a Roosevelt. (Fonte citada)
Katharine Way Formou parte do equipo do Proxecto Manhattan, para o que traballou no deseño de reactores e no procesamento de datos obtidos en diversos procesos radioactivos. Promoveu a publicación de One World or None na que varios Premios Nobel destacaban a necesidade do control internacional do armamento atómico. A ela débeselle a fórmula de Way-Wigner –xunto a Eugene Wigner– unha fórmula empírica para os ritmos de desintegración beta dos radioisótopos producidos en reaccións de fisión nuclear. (Fonte: mujeresconciencia.com/2016/02/20/katharineway-fisica/)
Maria Goeppert-Mayer
Colaborou no Proxecto Manhattan desde a universidade investigando a separación de isótopos, así como no Laboratorio Nacional de Los Álamos xunto a Edward Teller no desenvolvemento do deseño Teller –Ulam de bombas atómicas. (Fonte: gl.wikipedia.org/wiki/Maria_GoeppertMayer)
PROXECTO PROXECTOMANHATTAN MANHATTAN
Os científicos nucleares Leó Szilárd, Edward Teller e Eugene Wigner, refuxiados xudeus de Hungría crían que a enerxía liberada pola fisión nuclear podía ser utilizada para a produción de bombas polos alemáns, polo que persuadiron a Albert Einstein, para que advertise ao presidente Franklin D. Roosevelt deste perigo por medio dunha carta que lle foi enviada o 2 de agosto de 1939 e así adiantarse aos propósitos alemáns.
Logo da detonación sobre Hiroshima, Einstein comentaría: "debería queimarme os dedos cos que escribín aquela primeira carta a Roosevelt."
Estados Unidos, Reino Unido e Canadá levaron a cabo en segredo un proxecto chamado “Proxecto Manhattan”. Este consistía na fabricación dunha nova superarma, a bomba atómica. Foi desenvolto principalmente no actual Laboratorio Nacional de Los Álamos (Manhattan), polo científico Robert Oppenheimer e o xeneral Leslei R. Groves que se encargaba da seguridade e operacións militares.
O proxecto Manhattan conseguiu o seu obxectivo de producir a primeira bomba atómica nun tempo de 2 anos, 3 meses e 16 días, detonando a primeira proba nuclear do mundo o 16 de xullo de 1945 cerca de Alamogordo, Novo México. O artefacto chamouse Trinity e tratábase dunha bomba-A de plutonio do mesmo tipo que a Fat Man, lanzada días despois sobre Nagasaki.
Houbo numerosos centros que traballaron neste proxecto mais ata o final da guerra era segredo e os seus traballadores descoñecían para que traballaban. Por exemplo, as operadoras eran mulleres que traballaban en quendas de 24 horas sen coñecer o propósito ou as consecuencias do seu traballo.
Autores/as: Alumnado de 1ºBAC C. Curso 2019-20 Referencias - http://platea.pntic.mec.es/~jdelucas/proyectom.htm - https://www.ecured.cu/Proyecto_Manhattan#Miembros - https://mujeresconciencia.com/2019/01/17/elda-emma-anderson-la-fisica-que-fue-pieza-clave-en-el-proyecto-manhattan/ - https://de10.com.mx/top-10/2018/04/22/proyecto-manhattan-los-cientificos-detras-de-la-bomba-atomica
Enerxía nuclear
1º Bac.-CuCi (2019-2020)
Tipos de radiaciรณn ionizante
1ยบ Bac.-CuCi (2019-2020)
Aplicacións da física nuclear
1º Bac.-CuCi (2019-2020)
Simulaciรณn dunha desintegraciรณn radioactiva 1ยบ Bac.-CuCi (2019-2020)
Maquetas sobre a fisiรณn e a fusiรณn nuclear. Autores: Xabier Fernรกndez Batรกn, Breixo Pereira Gaiteiro e Lucas Rielo Couso
4ยบ da ESO, CuCi (curso 2019-2020)
FISIÓN NUCLEAR
Neutrón Uranio
Cripton Bario
Descomposición dun núcleo pesado ao ser bombardeado, en dous núcleos máis lixeiros. No proceso libérase moita enerxía, e tamén dous ou tres neutróns.
FUSIÓN NUCLEAR
Deuterio
Tritio
Neutrón Protón
Unión de átomos lixeiros para formar outro máis pesado. No proceso libérase moita enerxía e un neutrón.
Helio
Dalí e o período atómico.
3º da ESO (2019-2020)
As outras armas da II GM
1ยบ de Bacharelato HMC (2019-2020)
Eixe cronolรณxico da II GM
1ยบ Bacharelato HMC (2019-2020)
As bombas atรณmicas (6 e 9 de agosto de 1945) 1ยบ Bacharelato HMC (2019-2020)
Itinerario dos bombardeiros
Radio de acciรณn da bomba atรณmica
As bombas atómicas. Simulación sobre Lalín. 1º Bacharelato HMC (2019-2020)
Que Quepasaría pasaríase selanzasen lanzasenaabomba bombaLittle LittleBoy Boy sobre Lalín? sobre Lalín? Little Boy, a bomba de Hiroshima (15kt): ●
Número de falecidos: 4.760
●
Número de feridos: 2.840
1. Zona cero: Radio, 180 m. A relevancia dos danos no chan depende da altura da detonación. Se toca o chan, a cantidade de radioactividade aumenta significativamente. Todo en 180 m de radio da bomba se evapora
4. Radio de danos moderados, 1,67 km: Producirase a destrución ou outros danos en edificios e existe alto risco de incendios.
2. Radio de danos graves de explosión, 340 m:
3.Radio ata onde chega a radiación: 1,2 km.
Prodúcese a destrución total de edificios e infraestructura.O número de vítimas aproxímase ao 100%
En aproximadamente un mes, o 15% dos sobreviventes morrerá de cancro como consecuencia da exposición á radiación. Ademais, a maioría dos edificios serían destruídos e habería numerosos incendios.
5. Radio de radiación térmica, 1,91 km: Produciranse queimaduras de terceiro grao que se estenden polas capas da pel e adoitan ser indoloras porque destrúen os nervios da dor (nociceptores). Poden causar cicatrices ou discapacidades graves e poden requirir amputación.
Autores/as: Tradución, Sara Capiscol Pérez. Referencias : Simulador de lanzamento de bombas atómicas -https://nuclearsecrecy.com/nukemap/
6. Radio de danos por explosión leve, 4,52 km: Nesta zona, a máis grande, espérase que as ventás se rompan, polo que moitas persoas poden resultar feridas.
Que Quepasaría pasaríase selanzasen lanzasenaabomba bombaFat FatMan Man sobre Lalín? sobre Lalín? Fat Man, a bomba de Nagasaki (20kt): ●
Número de falecidos: 4.980
●
Número de feridos: 2.760
1. Zona cero: Radio, 200 m. A relevancia dos danos na superficie depende da altura da detonación. Se toca o solo, a cantidade de radioactividade aumenta significativamente. Todo en 180 m de radio da bomba se evapora.
4. Radio de danos moderados, 1,72 km: Producirase a destrución ou outros danos en edificios e existe alto risco de incendios.
2. Radio de danos graves de explosión, 0,76 km:
3.Radio ata onde chega a radiación: 1,31 km.
Prodúcese a destrución total de edificios e infraestrutura. O número de vítimas aproxímase ao 100%
En aproximadamente un mes, o 15% dos sobreviventes morrerá de cancro como consecuencia da exposición á radiación. Ademais, a maioría dos edificios serían destruídos e habería numerosos incendios.
5. Radio de radiación térmica, 2,21 km: Produciranse queimaduras de terceiro grao que se estenden polas capas da pel e adoitan ser indoloras porque destrúen os nervios da dor (nociceptores). Poden causar cicatrices ou discapacidades graves e poden requirir amputación.
Autores/as: Tradución, Sara Capiscol Pérez. Referencias : Simulador de lanzamento de bombas atómicas -https://nuclearsecrecy.com/nukemap/
6. Radio de danos por explosión leve, 4,59 km: Nesta zona, a máis grande, espérase que as ventás se rompan, polo que moitas persoas poden resultar feridas.
Os hibakusha. Superviventes da explisiรณn
atรณmica. 1ยบ Bacharelato HMC
Investigadoras en FÃsica Nuclear
Liña temporal: Desde Becquerel ata a fisión (1896-1938). Autoras: Alba Fernández Lamela e Andrea González Sánchez.
4º da ESO. CuCi (curso 2019-2020)
1896: RADIOACTIVIDADE Desintegración dun núcleo atómico inestable, producíndose outro máis estable. Neste proceso libéranse enormes cantidades de enerxía en forma de radiacións ionizantes, que poden ser de tres tipos:
Alfa (α)
Beta (β)
Gamma (γ)
ANTOINE HENRI BECQUEREL
1897: ELECTRÓN Partícula subatómica elemental con carga eléctrica negativa (e-). Pode atoparse orbitando entorno a un núcleo atómico, formando feixes no baleiro ou trasladándose de xeito independente pola materia. JOSEPH JOHN THOMSON
1898: RADIO E POLONIO Traballando con pechblenda (un mineral radioactivo), esta parella de científicos descubriu dous elementos moito máis radioactivos que o uranio:
O radio(Ra) é un alcalinotérreo, e trátase do elemento coñecido con maior poder radioactivo.
O polonio (Po) é un metal raro altamente radioactivo: 400 veces máis que o uranio.
PIERRE E MARIE CURIE
1902: RADIACIÓNS ALFA, BETA E GAMMA Libéranas as substancias radioactivas, e teñen poder ionizante: descompoñen as moléculas das nosas células causando lesións. Poden ser de tres tipos: • •
•
ALFA (α) : Carga positiva. Baixo poder de penetración, alta enerxía. BETA (β) : Carga negativa. Poder de penetración intermedio, menor enerxía. GAMMA (γ) : Sen carga. Elevado poder de penetración.
ERNEST RUTHERFORD
1911: ISÓTOPOS Son átomos do mesmo elemento que teñen o mesmo número atómico (Z) pero distinto número másico (A). É dicir, diferéncianse no número de neutróns. A súa existencia descubriuse como consecuencia do estudo das substancias radioactivas naturais.
FREDERICK SODDY
1918: PROTÓN Partícula subatómica elemental con carga eléctrica positiva igual, en valor absoluto, á do electrón. A súa masa é 1836 veces superior á dun electrón.
ERNEST RUTHERFORD
1934: RADIOACTIVIDADE ARTIFICIAL Radioactividade producida por un isótopo radioactivo xerado artificialmente a partir doutro elemento non radioactivo.
Este descubrimento foi merecedor do Premio Nobel de Química en 1935.
IRÈNE JOLIOT-CURIE E FRÉDÉRIC JOLIOT
1932: NEUTRÓN Partícula subatómica, sen carga neta, presente no núcleo atómico de todos os átomos, excepto o protio. Un neutrón está composto por tres partículas fundamentais cargadas, chamadas quarks, cuxas cargas sumadas son cero.
JAMES CHADWICK
1938: FISIÓN NUCLEAR Trátase dunha reacción na cal un núcleo pesado, ao ser bombardeado con neutróns, vólvese inestable e descomponse en dous núcleos máis lixeiros. No proceso libérase moita enerxía, e tamén dous ou tres neutróns.
LISE MEITNER
Proxecto de mapa en madeira
das centrais nucleares españolas 4º ESO Tecnoloxía
Dentro do programa interdisciplinar “Toc Toca Ciencia 2020: Proxecto Física Nuclear, 75 Aniversario de Hiroshima e Nagashaki. Historia, arte, ciencia e literatura”, os alumnos de Tecnoloxía de 4º da ESO recadaron información sobre a enerxía nuclear en España e no mundo a fin de elaborar varios sitios WEB mediante Google Sites. Así mesmo, tamén estaban a elaborar unhas maquetas de madeira nas que se localizaban as centrais nucleares de España e as principais potencias nucleares mundiais . Nesas maquetas pretendiamos poñer os principais datos das centrais e relacionalos mediante un circuíto electrónico con indicadores luminosos visibles na posición en que se localizaba a central correspondente. Mais a suspensión da catividade docente presencial interrompeu a continuidade do proxecto, e a dificultade para o traballo en grupo na actualidade aconsella no retomalo polo de agora.
Poemas nucleares.
Selecciรณn
A Rosa de Hiroshima Pensem nas crianças Mudas telepáticas Pensem nas meninas Cegas inexatas Pensem nas mulheres Rotas alteradas Pensem nas feridas Como rosas cálidas Mas oh não se esqueçam Da rosa da rosa Da rosa de Hiroxima A rosa hereditária A rosa radioativa Estúpida e inválida A rosa com cirrose A antirrosa atômica Sem cor sem perfume Sem rosa sem nada. Vinicius de Moraes
November by William Stafford From the sky in the form of snow comes the great forgivenss. Rain grown soft, the flakes descend and rest; they nestle close, each one arrived, welcomed and then at home.
The Atomic Bomb by Sakamoto Hatsumi When the atomic bomb drops
If the sky lets go some day and I'm requested for such volunteering toward so clean a message, I'll come.
day turns into night
The world goes on and while friends touch down
people turn into ghosts.
beside me, I too will come.
Novembro de William Stafford
A Bomba Atómica de Sakamoto Hatsumi Cando a bomba atómica cae
Dende o ceo en forma de neve Aproxímase o gran perdón. Choiva tornándose branda, as folerpas caen
o día vólvese noite
e descansan; recóllense xuntas, chegou cada unha,
a xente convértese en pantasma.
saudándose e logo cara ao fogar.
Se algún día o ceo se libera e eu son requirido como voluntario para esa mensaxe, irei. O mundo perdura e mentres os amigos aterran ao meu carón, eu virei tamén.
"Cero" Invitación al llanto. Esto es un llanto, ojos, sin fin, llorando, escombrera adelante, por las ruinas de innumerables días. Ruinas que esparce un cero —autor de nadas, obra del hombre—, un cero, cuando estalla. Cayó ciega. La soltó, la soltaron, a seis mil metros de altura, a las cuatro. ¿Hay ojos que le distingan a la Tierra sus primores desde tan alto? ¿Mundo feliz? ¿Tramas, vidas, que se tejen, se destejen, mariposas, hombres, tigres, amándose y desamándose? No. Geometría. Abstractos colores sin habitantes, embuste liso de atlas. Cientos de dedos del viento una tras otra pasaban las hojas —márgenes de nubes blancas— de las tierras de la Tierra, vuelta cuaderno de mapas. Y a un mapa distante, ¿quién le tiene lástima? Lástima de una pompa de jabón irisada, que se quiebra; o en la arena de la playa un crujido, un caracol roto sin querer, con la pisada. Pero esa altura tan alta que ya no la quieren pájaros, le ciega al querer su causa con mil aires transparentes. Invisibles se le vuelven al mundo delgadas gracias:
La azucena y sus estambres, colibríes y sus alas, las venas que van y vienen, en tierno azul dibujadas, por un pecho de doncella. ¿Quién va a quererlas si no se las ve de cerca? Él hizo su obligación: lo que desde veinte esferas instrumentos ordenaban, exactamente: soltarla al momento justo. Nada. Al principio no vio casi nada. Una mancha, creciendo despacio, blanca, más blanca, ya cándida. (...) detrás de tanta blancura en la Tierra —no era mapa— en donde el cero cayó, el gran desastre empezaba. (...) ¿Se puede hacer más daño, allí en la Tierra? Polvo que se levanta de la ruina, humo del sacrificio, vaho de escombros dice que sí se puede. Que hay más pena. Vasto ayer que se queda sin presente, vida inmolada en aparentes piedras. (...) Pedro Salinas
"Oda al átomo" Pequeñísima estrella, parecías para siempre enterrada en el metal: oculto, tu diabólico fuego. Un día golpearon en la puerta minúscula: era el hombre. Con una descarga te desencadenaron, viste el mundo, saliste por el día, recorriste ciudades, tu gran fulgor llegaba a iluminar las vidas, eras una fruta terrible, de eléctrica hermosura, venías a apresurar las llamas del estío, y entonces llegó armado con anteojos de tigre y armadura, con camisa cuadrada, sulfúricos bigotes, cola de puerco espín, llegó el guerrero y te sedujo: duerme,
te dijo, enróllate, átomo, te pareces a un dios griego, a una primaveral modista de París, acuéstate en mi uña, entra en esta cajita, y entonces el guerrero te guardó en su chaleco como si fueras sólo píldora norteamericana, y viajó por el mundo dejándote caer en Hiroshima. Despertamos. La aurora se había consumido. Todos los pájaros cayeron calcinados. Un olor de ataúd, gas de las tumbas, tronó por los espacios. Subió horrenda la forma del castigo sobrehumano, hongo sangriento, cúpula, humareda, espada del infierno. Subió quemante el aire y se esparció la muerte en ondas paralelas (...)
Pablo Neruda
Poema nuclear ¡Qué ben, que a bomba vén do seu rebombio! A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo A bomba con aramios, con formigas, con fornos pra asar meniños loiros. A bomba ten lombrices, bombardinos, vermes de luz, bombillas fluorescentes, peixes de chumbo, vómitos, anémonas, estrelas de plutonio plutocrático, esterco de cobalto hidroxenado, martelos, ferraduras, matarratos. A bomba, bong, A bomba, bon amigo Con átomos que estoupan en cadeia e creban as cadeias que nos atan: Os outos edificios Os outos funcionarios Os outos financeiros Os outos ideais ¡Todo será borralla radioaitiva! As estúpidas nais que paren fillos polvo serán, mais polvo namorado.
Os estúpidos pais, as prostitutas, as grandes damas de beneficencia, magnates e mangantes, grandes cruces, altezas, excelencias, eminencias, cabaleiros cubertos, descubertos, nada serán meu ben, si a bomba vén, nada o amor, e nada a morte morta con bendiciós e plenas indulxencias. ¡Qué ben, que a bomba vén! Nun instantiño a amable primavera faise cinza de vagos isótopos placentarios, de letales surrisas derretidas baixo un arco de átomos triunfaes. A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombo de setas e volutas abombadas axiña vén, vela ahí vén, bon amigo. ¡Estanos ben! ¡Está ben! ¡Está bon! ¡¡¡¡BOOOONG!!!!
Celso Emilio Ferreiro, O soño sulagado (1954)
Soldado 2 De súpeto, nos límites lonxanos do horizonte fitóu o resprandor dunha cidá en chamas semellante a un remoto mencer amarelo. De enriba baixóu un rumor de treboada, un xordo bruido de río enrabexado, coma un rouco balbordo cubrindo a paisaxe. Oubeóu un can nos arrabaldos, e comenzaron os lóstregos. O fume, coma unha palmeira xigantesca abríu os seus brazos ardentes i esparexéu pola bóveda celeste un escuro anuncio de morte. Asubíos e lóstregos. Os paxaros da tarde caíron mortos cal follas de outono. A sireia da fábrica erguéu o seu chifro fendendo en dous anacos o día tépedo, o día húmido e íntimo con sbor de beixo. Lóstregos (Alcendéuse a bombilla) Unhas maus deformes afirmaron os cotobelos no aire estremecido e un retablo de caras esmaceladas, mirando para o cumio, increparon aos dioses. Queimada carne, pernas, pés, ferraduras...
Un touro axexante, coma un Minotauro perdido nun laberinto de brazos, rostros, pernas, seos tumefactos, muxía longamente.
(Apagóuse a bombilla) Un cincel roto procramóu a súa protesta. Un cabalo dislocado, desbocado, agallopóu frenético sobre cascos de pedra e nitroglicerina. Lóstregos. Fedía a cortello misturado con cloaca e azofre. (Alcendéuse, apagóuse a bombilla.) Viuse e non se viu unha paisaxe de brazos, rostros, pernas, dedos, tellas, seos, portas, aramios... Lóstregos e os derradeiros estoupidos. Dempóis, nada. Silencio. Un mesto silencio de noite nevada ou de terra erma. Xorxe, meu vello amigo: Ti que estás cos que sofren a historia i en contra dos que a escriben, ¿cómo fuches parar á tropa? Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra
Ana Reboiro nos medios.
Selecciรณn
Una profesora de Física del Aller de Lalín en el CERN Ana Reboiro fue seleccionada para participar este verano en un programa destinado a docentes de todo el mundo
La Voz de Galicia (12-06-2014)
Ana Reboiro López: "Uno no se da cuenta de lo que impresiona el acelerador de partículas hasta que lo ve" "Para motivar que les guste la ciencia a los alumnos, en el Aller organizamos actividades para sacarlos del aula"
Faro de Vigo (21-10-2018)
Proxecto Física Nuclear. Exposición-homenaxe a Ana Reboiro IES Ramón Mª Aller Ulloa. Outubro-novembro 2020.
IES Ramón Mª Aller Ulloa