Nova flor de romances de cego composta por xente animosa de 4ยบ de ESO (curso 2010-2011) Parte segunda
Noelia Varela GarcĂa & Sonia Castro Castro 4Âş ESO C Curso 2010-11
Esta historia que imos contar narra a historia dunha moza namorada que nunca foi deixada porque xamais foi desexada
Un home mullereiro que paseasba pola terras dos mariñeiros encontrou o seu amor tan feiticeiro que nunca pensou que ía ser tan levadeiro
Camiñaban os dous tan sós e cheos de dor en busca dun amor feiticeiro e que fose moi verdadeiro
Lograron falar e foi así cando se deron de conta De que pronto queríancasar E que osunía o amor e non deixaban de pensar Que polo que sentían xamais se ían separar
Formaron una familia coas súas fillas Cecilia, María e Virxinia ás que amolaban todo o día para pasar de ser unas crías
Seguiron coas sĂşas vidas pensando Que non encontrarĂan o amor verdadeiro Pero felicices de que fose tan levadeiro E sobre todo tan feiticeiro
Tamara Iglesias Gutiérrez & Noelia Granja Gil 4º ESO C Curso 2011-2012
Vouvos contar A historia dunha muller Que por falta de home Deixou de comer MarĂa se chamaba E ben gorda ela estaba Pero ao deixar de comer Delgada se puido poĂąer
Comezou a saír de festa e tola se volveu pois todos os homes tiña cerca e ningún lle valeu
Pois como ela era fermosa orgullosa se volveu xa que cría que toda a vida homes detrás dela ía ter
Ao ver que co tempo a ningún home logrou coñecer nunha depresión volveu caer
Coa súa vida intentou acabar Pois ela quíxose matar Ata que un home a logrou namorar E a súa vida logrou encamiñar
Cristina Mirás Barciela & Iván Varela Fernández 4º ESO C Curso 2011-2012
A vella María quería saber a quen dos seus fillos podía casar, quedaba a máis nova, pero ela no quere coñecer a ningún home se non fose de ben
Pero veña Maruxiña, dicíalle a nai, se quedas solteira, ninguén te ha de mirar
Respondíalle a Maruxa, dácheme igual miña nai, este corpo ha de ser de quen me queira de “verdá”
O día da romaría eran todo risas e baile e a Maruxa sentada dicíalles a todos: non te quero vaite
Ao ver os fillos dos donos do pazo a Maruxa levantouse e ao facerlle unha breve reverencia o corazón da rapaciña acelerouse
Meses máis tarde repenicaban as campás, os dous namoradiños están a piques de casar
Belén Fuentes Saavedra, Juan Manuel Justicia Diéguez & Alejandro Lamas Pérez 4º ESO C Curso 2011-2012
Estaba a galeguiña a coidar na súa horta. Acabou chea de merda acabou feita unha porca
Roubáronlle a colleita pero a ela non lle importa porque lle deixaron os pementos e deixáronlle as cenorias.
O millo e as patacas alí xa non estaban, que comerán agora o seu rapaz e a súa rapaza
O seu home xa marchara como todo home da comarca e como volverá? cos ollos cheos de bágoas
O sol pegaba forte nas terras de labranza. o sol pegaba forte ela ninguĂŠn a axudaba
Estaba a galeguiĂąa a coidar na sĂşa horta morreu chea de merda pero morreu con moita honra
Javier García Docampo, José Gabriel Pose Varela & Adrián Jácome Alvarellos 4º ESO C Curso 2011-2012
Xoán era un neno, un neno que non paraba de rir. Era gordo e anano, pero o que mellor se lle daba era mentir
Foi un día de verán cando aconteceu o inesperado. Xoán estaba raro e calado, Pero nin el mesmo sabía o porqué de estar calado
Pasou o día e por fin deuse de conta o que lle pasaba a Xoán era estraño: durante toda a vida mentira, pero pola contra esta vez sentíase arrepentido de facelo
Fora onte pola tarde cando mangou, si, mangou os cartos da súa nai. Contara unha mentira que colou, Dixéralle á nai que perdera os cartos
A nai confiou nel e deulle a razón, Xoán quedou doído no corazón por terlle mentido a quen lle dera a vida e pensou que estaría así de por vida
Pasaron os días e Xoán Contouno. Si, contoulle a súa nai, Foi con medo pero contouno, a resposta da nai foi unha aperta
David Areán Méndez & Daniel Diéguez López 4º ESO C Curso 2011-2012
E morra o conto
Coordinación: Manuel Rey García e Xosé Paio Cangado