Cantos de Entroido de Lalín e Romances de cego. Os carteis de cordel

Page 1

Cantos do Entroido de Lalín e Romances de cego. Os carteis de cordel

Historia viva de Lalín e algo máis, en viñetas


Portada: Debuxo de Santo Torrisco A. C. “O Naranxo”


Índice: 1. Crimen de Cuenca (1985) 2. Crime de Mustafá (1986) 3. Coplas da Vila Olímpica (1986) 4. Coplas dun sagrado lugar (1987) 5. O crime do peluquín (1988) 6. Coplas dos ediles veletas (1988) 7. O crime do Xenaro (1989) 8. O ano de Chasco-Mus (1989) 9. O crime das rebaixas (1990) 10. Cousas de aquí (1990) 11.O crime do Ovella (1991) 12.Coplas do Ano da Vaca (1991)



Alá polo Entroido de 2011 levamos a cabo a dixitalización dos Cantos do Entroido de Lalín (1988-1999), con fin de recuperar os textos elaborados ou impulsados no seu día pola A.C. “O Naranxo” para correr o Entroido. E agora implementamos o labor dixitalizando tamén algúns dos carteis de cego e algunhas das coplas de Entroido, doazón de Viravolta, que serviron de ilustración aos Cantos do Entroido de Lalín neste caso no período que vai de 1985-1992, mágoa dos tres anos en branco. Tanto os carteis de cego como as coplas de Entroido son ilustracións de Damián Payo “Paío”, Antón Iglesias “Madero” e Beatriz Iglesias. Agás o “Crimen de Cuenca”, os cegos que sucesivamente foron saíndo á rúa eran do Colectivo O Naranxo ademais de todas aquelas persoas que se querían sumar á comitiva, coa compaña de Santo Torrisco. No seu momento desde a Biblioteca do IES Aller Ulloa deixamos constancia de que “co seu prima satírico recollen os acontecementos máis significativos de cada ano e dan fe da vida miúda do concello de Lalín e da política local, nacional ou, mesmo, internacional”. Non está de máis lembrar aquela dixitalización dos Cantos do Entroido de Lalín (I) que estivo acompañada de Santo Torrisco¹(creación de Anxo García) e dos Cantos do Entroido de Lalín (II).

¹ Naceu Sto. Torrisco en Catasós e viviu no século II na cidade de Siracusa. No ano 192 D.C., durante unha terrible vaga de fame que ameazaba con deixar a cidade sen poboadores, Torrisco descubriu nunha lacena un anaco de touciño, do que, cortando finiño segundo técnica aprendida do comerciante Ibensus Heladerum, conseguiu sacar torresmos para tódolos habitantes, o que a historia chama “a milagre dos Torresmos”. Martirizado e queimado en Lalín polo Consul Panem Accuae, foi elevado ós altares co nome de Santo Torrisco de Siracusa polo Papa Angelicus Basterrae no ano 1989. Os Gaiteiros/as de Deza escollérono como seu milagreiro santo patrón no Entroido glorioso do 1992. Imprenta “la patrio ca”, calle del General Franco 23 Lalín. Pontevedra ESPAÑA


Crime de Cuenca (1985) Viñetas: Paío Texto: Anónimo Primeiro cantar en saír ás rúas polo Entroido da man dos cegos: Anxo García “Basterra”, Damián Payo “Paío” e Pepe Abeledo “Corvo”.



Crime de Mustafá (1986) Viñetas: Paío Texto: Colectivo O Naranxo



O cego Paío co cartel das Coplas da Vila Olímpica

Coplas da Vila Olímpica (1986) Viñetas: Paío Texto: Colectivo O Naranxo



Coplas dun sagrado lugar (1987) Viñetas: Antón Iglesias “Madero” Texto: Colectivo O Naranxo



O crimen do peluquín (1988) Viñetas: Antón Iglesias “Madero” Texto: Colectivo O Naranxo



Coplas dos ediles veletas (1988) Viñetas: Antón Iglesias “Madero” Texto: Colectivo O Naranxo



O crimen do Xenaro (1989) Viñetas: Antón Iglesias “Madero” Texto: Colectivo O Naranxo



O ano de Chasco-Mus (1989) Viñetas: Antón Iglesias “Madero” Texto: Colectivo O Naranxo



O crime das rebaixas (1990) Viñetas: Beatriz Iglesias Texto: Colectivo O Naranxo



Cousas de aquí (1990) Viñetas: Beatriz Iglesias Texto: Colectivo O Naranxo



O crime do Ovella (1991) Viñetas: Beatriz Iglesias Texto: Colectivo O Naranxo



Coplas do Ano da Vaca (1991) Viñetas: Beatriz Iglesias Texto: Colectivo O Naranxo



Edición e Maquetaxe: Biblioteca Mario Pereira IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín) Maio 2021



Biblioteca Mario Pereira do IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.