Sermos poetas2 4ºeso curso 2016 17

Page 1

Sermos poetas 2

4ยบ ESO. Curso 2016-2017 1

https://www.google.es/search?


IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO. Curso 2016-2017 Edita: Departamento de Lingua Galega 2


A beleza primeira esa que é agasallo Yolanda Castaño, Pel con pel

Prefiro do silencio o simple ramo sobre a pedra calada, fría e dura se non rezan por min na lingua que amo. Marica Campo, Catro lúas e a da morte

http://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis/pluma-y-tinta 3


4


ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES. 4º ESO A: 1.

Calvo Soto, Noa

2.

Canda Ferreiro, Celia

3.

Docasar Rodríguez, Nerea

4.

Faílde Fernández, Noa

5.

Fuentes González, Carmen

6.

Gallego García, Fátima

7.

García Vales, Tania

8.

González González, María

9.

Janeiro Silva, Alba

10. Martínez López, Paula 11. Núñez Martínez, Rosa 12. Otero Batán, Patricia 13. Pedreira Jordedo, Celia 14. Portas González, Diego 15. Ramos Diéguez, Andrea 16. Sierra Pereira, Roi 17. Vilar González, Mario

5


ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES. 4º ESO B: 1.

Blanco González, Noa

2.

García Díaz, Noa

3.

Granja Blanco, Noelia

4.

Jorge Muiños, Laura

5.

López Ulloa, Cristina

6.

Martínez Beloso, Miriam

7.

Mirás Carballude, Sara

8.

Montoto Fernández, María

9.

Nogueira Otero, Laura

10. Otero Buján, Icíar 11. Polo Pernas, Cristina 12. Portas Baldonedo, María del Carmen 13. Río Pena, María del Carmen 14. Suárez Faílde. Andrea 15. Suárez González, Raquel 16. Thomé Oliveira, Gustavo 17. Ulloa Lodeiro, Sheila

6


ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES. 4º ESO C: 1.

Blanco García, Sandra

2.

Bodaño Fernández, Alberto

3.

Carrón Surribas, Diego

4.

Fernández Reboredo, David

5.

García Díaz, Andrea

6.

González Jorge, Marco

7.

Lamela Rodríguez, Nicolás

8.

Mayán Granja, Noa

9.

Montoto Jácome, Pilar

7


8


Vala deixar pasar unha vez. E se pasa unha, vai querer pasar outra. E se pasa outra, vaise apoderar de todo. Noa Calvo Soto

9


Dáte présa Levo toda a miña vida agardando polos teus beizos ollos meixelas peitos. Por ver saír o sol tras as túas costas. E sigo agardando a que me deixes sen palabras para poder escribir sobre ti. Non sei se piso moito, date présa. Celia Canda Ferreiro

10


En non máis de cinco minutos

Cantan os paxaros, esperto e vexo a fermosa paisaxe iluminada polos raios do sol, que entran pola fiestra, anunciando un novo día. As flores semellan fadas, que se diferencian nas cores, unas máis vivas ca outras, pero todas reflicten paz e alegría, recalcada coa temperatura, a cal agradecen os xa nomeados paxaros que bailan e bailan. Observo o ceo e ten a cordo mar, mais achégase unha nube. Todo se ve gris e as gotiñas comezan a caer. Pasan uns instantes e a xente xa puxo o abrigo. E a min, que sigo mirando pola fiestra só me sae unha palabra: Galiza. Nerea Docasar Rodríguez 11


Instálase lentamente, percórreche o corpo e a mente, sobre a calma da rutina escóndese a traxedia. Os días pasan e de repente non aguantan estoupan e aparece a traxedia, amence. Xa non hai volta atrás para volver conectar, non hai volta atrás, só queda esperar. Mentres agardas o final ás veces desexas que todo termine, ás veces non podes respirar. Ás veces só che queda agardar. Noa Faílde Fernández

12


Está a alumear nas nosas cabezas, constantemente, un pensamento de inquietude, unha sensación de desacougo, sentados no escritorio, desexando que remate xa, desexando que o tempo voe, mais que cando chegue se deteña e non marche máis. Carmen Fuentes González

13


A sinfonía da vida Hai uns cantos anos acendín a música para apagar un fragmento da miña vida, acostumeime, e de repente, deime conta de que non sei vivir, sen esa sinfonía da que forma parte, a miña vida. Polo de agora, non domino ningunha lingua, só sinto seguridade ao escoitar esa sinfonía que permite expresarme. As palabras, lévaas o vento pero a música, impacta no meu interior, viaxa por dentro ata chegar ao corazón, ao que lle marca o seu ritmo adecuado. Fátima Gallego García

14


O mundo caeu Xa van sete anos dende que o sol se queimou. As flores murcharon e os paxaros de cantar deixaron. O reloxo parou e non volveu camiñar. O branco inverno queda pro cal pola ventá mirar. Mais brotes novos aparecen retornando ao noso lar. Tania García Vales

15


Branco e negro Unha fotografía en branco un maior sentado no banco, unha fotografía en negro xogando no parque estaba o neno. O tempo pasa rápido como o fluír do río, pero tamén pasa lento igual que en verán o vento. O neno está chorando, son horas de marchar, o vello estase levantando, el xa sabe apreciar. Todo o que acontece na vida pensando que está unida, e o tempo segue correndo igual que o neno xogando. María González González

16


Cóxegas e sorrisos miradas e bicos Unha noite soñou que alguén o quería pero el sabía que endexamais pasaría algo tan especial na súa miserable vida. Mercaba caraveis brancos e vermellos para non sentirse tan só nas noites de treboada. É un ser humano, precisa e desexa ser amado coma os demais. Pero a soidade… devórao. Alba Janeiro Silva

17


Debo ir a calquera lugar para esquecerme que fuches algunha vez para min, lonxe de aquí lonxe de ti. Paula Martínez López

18


Soa o primeiro acorde da canción comezo a sentir esa sensación como unha enerxía que rebole ata o corazón sen decatarme, corpo e alma únense como unha fusión o meu corazón non perde a paixón nese instante recordo que os grandes bailaríns non son xeniais pola súa técnica senón pola súa paixón Rosa Núñez Martínez

19


O último que recordo son bágoas, bágoas que descendían sen descanso, polas miñas meixelas e que intentei inutilmente reter mentres sentía a dor dos celos na miña cara. Caín. Erguinme de novo. Intentei fuxir pero xa era tarde entón pechei os ollos e durmín, durmín un sono profundo e cando o son da ambulancia me espertou, souben onde me atopaba. Quizais conseguira escapar desa sombra que me viña seguindo desde hai tempo, pensei inxenua nese momento. Patricia Otero Batán

20


Vida... Uns anos despois de nacer falto de preocupacións, cando falar e andar xa sabes, a ler toca aprender. Na escola xa, os teus amigos comezas a ter mais algún problema sempre ha haber. Por que María non che cae ben? As noites comezan a ser longas e as mañás tristes, bendita puberdade, é máis amor que amizade. Mais o amor non foi como un agardaba, máis ben unha droga que acabou coa risada dunha nena ben linda que agora, triste na almofada choraba. Entre bicos e protestas chegaron os vinte, non fai máis que saír nin padece nin sente. Atopas o que queres, casar, ter fillos e fregar, para outra cousa non serves, muller, ademais has morrer igual. Celia Pedreira Jordedo 21


Amenceu coma un día normal coma sempre de camiño á casa aceleraba de xeito gradual coma sempre Willie Nelson no oído… Entre acorde e acorde matinaba tras cada estrofa chegaba a una conclusión distinta, a una conclusión coa que partirse de risa. Coas baladas imperaba na mente o teu sorriso. Consideraba as conclusións e aceleraba. Cando falaban os demos da radio raios e tronos amainaban na mente, perdía o sentido, pretendía seguir pensándote Diego Portas González

22


Sempre ti Tan bonita eras que cría que era un soño baixo esas melenas atopaba un doce rostro. Cando me miraches vin relucir o sol, pero baixo eses olliños atopábase un pequeno corazón. Sentín que non volverías pero soñaba con volverte ver, aínda que cada vez que abría os ollos pensaba en poderte perder. Nunca volviches sempre ti, nos meus soños sempre ti, nas miñas esperanzas, por favor volve! Andrea Ramos Diéguez

23


Amor inesperado sentimento oprimido no meu interior, ao verte, ao sentirte; con tan só pronunciar o teu nome sinto como o latexo do meu corazón pasa do común ao extraordinario. Espero, paro a pensar intento tranquilizarme, mais non son capaz todo o que pode facer é deixalo seguir, que continúe oprimíndome só con pensar en ti. Roi Sierra Pereira

24


A primavera Estación de cores e alegría. Flores xuntas dando harmonía. Os paxaros cantan á vez que bailan. Onde climas variados dan días extraordinarios. O tempo xa pasou, e a primavera acabou. Mario Vilar González

25


O cadro Lenzo despexado Para poder imaxinar Pinceis vestidos coas cores da natureza Para crear Que bailan sobre o branco Creando sentimento Para poder expresar Noa Blanco Gonzรกlez

26


Ela pasa e leva o inverno consigo. Cos seus olliños tristes, de estrelas que perderon desexos Ela pasa, coa súa primavera libre de cerdeiras e os máis tristes dos versos. Leva consigo a tormenta perfecta e a dor en venda. Non quere que a golpee o amor, porque ela xa leva todas as penas consigo. Cando pasa. Noa García Díaz

27


As súas mans tremen case tanto como as súas pernas. Os ollos énchenselle de bágoas non quere que el entre pola porta. Non quere outra noite máis de berros e medo. Tes que espertar muller ninguén o vai facer por ti, levanta a cabeza e plántalle cara. Ti tamén es forte, moi forte Noelia Granja Blanco

28


O noso mundo Este é o noso mundo, un mundo onde os ricos comen marisco, mentres os pobres non teñen nin para alimentar os seus fillos. Un mundo no que hai xente pasando fame, xente sen poder durmir baixo un teito. Pero que fan os políticos? nada, soamente mirar de ter o seu bandullo cheo. Os políticos, ese é un tema interesante, no noso mundo hai moitos, pero, cantos deles se preocupan realmente por todos nós? Falan e falan prometendo cousas que xamais cumprirán, xa que cumprilas implicará menos cartos que poder roubar. Laura Jorge Muiños

29


Noites de verán E subir a algún edificio alto da cidade, con cheiro a verán. Con dúas Coca-Colas con moito xeo. Para demostrar que, algunhas veces, e aínda que o ceo estea despexado, míranse antes as estrelas na túa mirada. Cristina López Ulloa

30


As estrelas Mira as estrelas aí soas no ceo, como polos que se repelen. Intocables. Como se sentirán? Como será observar este pequeno mundo dende as alturas? A soidade é como a paz, pero pregúntalles a elas o que se sente, ao estar soas toda a vida. Elas poderán velo todo. Elas poderán sabelo todo. Elas poderán decatarse de todo. E encontrar a tranquilidade. Pero elas nunca saberán o que é o amor. Miriam Martínez Beloso

31


Paso de todo Opresión, violencia, desesperación, maltrato día a día no xornal; pero estou anestesiado ante o padecemento do meu igual, só me preocupa traballar día a día como un animal para poder mercar fugaces ilusións no centro comercial, emociónome fondamente se o meu equipo gaña a final Pero nin sinto nin padezo ante a inxustiza social, non perdo o sono se un inocente pasa a súa vida no penal pero devezo por manter o meu peso ideal, vivo feliz e despreocupado no meu mundo superficial non movo palla por defender un nobre ideal, troquei hai tempo os meus principios polo material nada me afecta, me perturba, todo me dá igual e tranquilo observo o planeta camiño da súa destrución total, o consumismo e a contaminación provocan a degradación do medio natural, non perdamos a esperanza, aínda todo pode dar un cambio radical. Sara Mirás Carballude

32


O día que voltarás Quedei apenada, tristre, ao verte marchar. Pero espero, con impaciencia o día en que voltarás. É inxusto, como antes, como nos vellos tempos que tiñas que irte ao estranxeiro para poder traballar. Que hai de nós? Claro, o destino non se fixou nos sentimentos. Só grazas ás tecnoloxías podo verte e falar contigo, pero non é o mesmo. Onde quedan as apertas e os bicos? Como vou durmir agora, ata que voltes, se me acostumaches toda a vida a un bico e a un “boas noites filla”? María Montoto Fernández

33


Ramira Chámome Ramira e a miña vida non é tan apaixonante como a dunha galiña. Cada mañá adoito madrugar para ir sachar e darlles de comer ás pitiñas. Ao acabar de traballar vou comer e miña nai sempre me ten comida de rei. Ao rematar de xantar voume peitear e unha vez me avíe vou pasear e de paso comprar. Adoito ir ao Carrefour, e sempre me atopo a miña veciña Carmela que me adoita contar os ruxerruxes da aldea, como boa maruxa que é ela. Subindo as escaleiras da miña casa ía eu despistada escribíndolle á miña cuñada, de tal maneira que non me fixei e esvarei, de costas caín, e dezaoito chanzos comín. Entrei malferida na casa, e meu pai xa estaba a fumar na terraza, e miña nai coas revistas na cama. Unha vez acabei de cear, funme deitar e esta vén sendo a miña vida cotiá. Laura Nogueira Otero 34


Os meus gritos enchen a casa os nenos venme chorar, e ti golpéasme sen mirar a ninguén máis. Non me pegues que me doen o corazón e a alma, non son o teu obxecto nin a túa propiedade. Cicatrices me deixaches na mente e no corpo, crendo que son a túa escrava pensando que es o meu dono. E de pronto nas túas mans está o meu corpo sen vida. Golpéame que xa non sinto nin as feridas do cinto. Icíar Otero Buján

35


Algún día Algún día reprocharasme que me fun e que non souben como quedarme. Botarasme en cara as túas noites sen durmir pensando na curva perfecta das miñas costas. Dirasme que pasaches frío que as sabas non saben abrazarte coma min. E entón mirarasme aos ollos e pensarás que por que deixaches escapar algo tan bonito. Mentres eu lembrareime do ben que sobreviven os recordos ao inverno baixo as miñas pálpebras. Algún día reprocharasme que me fun sen mirar para atrás, así, de repente, un día morrerei. E eu lembrareime daquel día no que ti me vías marchar e cando ao fin agochaches a cabeza vireime un momento para ver por derradeira vez aquilo que aínda que non quería tiven que deixar atrás. Cristina Polo Pernas 36


14 anos O tempo cambia, afástanse os detalles, como a cor dos seus ollos. A rosa secou, morreu. A palabra volve tornar a verde. Os nós perduran. As palabras fican, igual que os escasos bicos e as agarimosas apertas. Os paseos de antes son os meus de agora, e os gustos seus seguen sendo meus. Os monecos seguen alí, cóidanse con agarimo, o meu está comigo. O trevo está seco, pero así mesmo segue vivo. Sabes? O outro día encontrei unha das botellas que que tanto apego lle tiñas, estaba baleira, púxena no cuarto a carón da nosa foto. Si, o tempo pasa, corre, morre, pero onde había lume hoxe quedan só cinzas. Mª Carmen Portas Baldonedo 37


Tormenta A noite achégase unha vez máis, preséntase como amiga acompañada do sono. déitome con medo sen querer soñar pois terei máis pesadelos e non durmirei nada. voltas e voltas tratando durmir pero sen poder conseguilo, a tormenta xa está aí. e esperto con sono, o amigo da noite, comeza un novo día, esperando que nunca remate. Mª Carmen Río Pena

38


16 primaveras As margaridas son amarelas, como o sol da primavera. Un raio de sol na praia, penetra a miña morriña, morriña pola terra galega lugar onde me criei do que xamais me esquecerei. O amor faime emigrar, o sentimento faime regresar á miña terra natal na que fun feliz mentres era unha “perdiz” chegando ao corazón de calquera mestre e aprendiz. Andrea Suárez Faílde

39


24 de outubro Era 24 de outubro outro día calquera. Fóra non cesaba de chover e ela alí dentro, sempre dentro. Xa case non saía da casa non quería que viran a súa cara chea de marcas. Moureada. Xa só podía traballar na casa; non a deixaba nin ir á compra soa. Quería escapar, pero era incapaz. Era infeliz... Mais iso non importaba. Era o seu marido. Tíñao que aturar ou iso dicía a igrexa... Era 24 de outubro e ela non puido aguantar máis.

Raquel Suárez González

40


Hai que facer un poema sen rimar dixo Payo. Está tolo, pensei, non dou. A miña vida desde esas é un inferno, sei que é menos moderno pero con rimas queda mellor a peza. Non ves o mal que queda, os versos soltos, sen dono, sen parella, sos. Agora así é diferente, o verso é máis intelixente, con máis ingrediente, ou iso pensa a miña mente. Tamén

poema podo

un facer

desigual Agora ámame. Poucas palabras pasan: Rápido, recreo, Obsceno, oblicuo, Básico e bastardo, Ama e adora, Moito mimo mátame máis, Edúcame. Gustavo Thomé Oliveira 41


E alá que fun colgar, colgar toda a roupa. E non hei colgar, teño unha chea de cousas. Dor, que aquel meu amor. Golpes, que el prometeu que curaría o amor. Feridas e máis feridas, que xa cicatrizarán. Non teño presa. Só preciso del, o meu amor incondicional. Sheila Ulloa Lodeiro

42


Saudei o vento. Saudei as augas doces que pouco a pouco se pousaban en nós. A tristura tamén caía sobre as copas de inmenso verde que a nosa querida paisaxe tiña. E aparentemente ledas, de imaxe despreocupada, chistosas as nosas almas cheas de pequenos e grandes intentos de facernos dobregar. Mentres, na fondura dos nosos corazóns, nace con espírito rebelde, que pouco a pouco, desobediente, érguese con decidida afouteza cos primeiros raios de sol. Quíxenlle facer acenos de que se achegase, para poderlle así dicir que o mundo no que vive é unha falsa realidade, na que todos rematamos por igual.

Sandra Blanco García

43


A brisa Cálida e cristalina es ti. Danzas como unha bailarina, mira que es fina. Bela brisa dos Andes a Xapón irías acariñando rostros sen nos dar antollos. Paséaste pola rúas, cando o día caloroso torna, mostrándonos os detalles das túas lindas viaxes

Alberto Bodaño Fernández

44


Preguiza Deixádeme só. Deixádeme en paz. Se alguén quere vir buscarme, decídelle que non estou. Non estou para nada: Nin para saír, nin para vivir. Sinxelamente só quero durmir. Deixádeme en paz. Deixádeme morrer. Quero vivir estes últimos momentos só, sen ser unha carga para ninguén. Só quero durmir. Todo o que puiden desfrutar, desfruteino, pero sempre me arrepentirei do que puiden e non fixen.

Diego Carrón Surribas

45


Chegaches como treboada fúcheste coma un furacán non saber ser namorada porque gustas da liberdade. Eu son calma e tranquilidade, son sosego, son un día de verán, quen a ti se acerca perde a calma quen a min se acubilla consegue a paz. Somos como aceite e auga igual que treboada de verán.

David Fernández Reboredo

46


Son galego. Son da terra onde a choiva entra sen permiso, onde os veráns olen a mar en calma, onde as meigas tecen lendas coas fadas, o país do permanente feitizo. Son do eterno paraíso, o paraíso das letras, das postas de sol, dos camiños de xestas dos mares revoltos e en clama da xente rara de mil preguntas. Son galego, da terra sen fin, con cada galego que marcha unha pequena parte de Galiza marcha, terra de morriña, palabra incomprensible menos na nosa fala. Son galego

Nicolás Lamela Rodríguez

47


Soa a problema de matemáticas Todo se une, todo acaba encaixando. A última vez que me parei nesa rúa, unha persoa despediuse de min. A nosa primeira de catro citas. E un bo día, tempo despois, ano e mes despois outra persoa lévame por alí, non se despide. Invítame a pasar. Ábreme a porta xusto nun portal que carecía de sentido ata que el foi meu. E todo encaixa, un ano despois...

Andrea García Díaz

48


A natureza Tan extensa e bela, lugar de encontros, lamentos e choros nas primaveras estala, e na nosa Galiza vólvese verde, fermosa e frondosa. Que felicidade se sente ao percorrela! Ao sentar ao pé dun piñeiro en maio, nun silencio, soamente roto polo paxaros e polo aire, que move as follas. Miña aldea! Piñeiros, carballos, castiñeiros, salgueiros, sabugueiros, vidos e froiteiras. Canta ledicia, paseando pola miña terra! Paz, descanso, tranquilidade.

Marco González Jorge

49


Esencia Pasado, presente e futuro; tres cousas que compoñen o noso día a día. Accións e consecuencias; seica que todo ten solución... Todo, menos a morte. E eu pregúntome, a morte é unha solución por si mesma? Din que o peor inimigo dun mesmo habita na súa cabeza. Convives con el ata que non dás máis de ti mesmo, e a túa esencia acaba esnaquizada. Esencia... que bonita palabra. Pero... esperta! Non todo está acabado; podes seguir un pouquiño máis. Decidir saír adiante está nas túas mans, e eu estarei aí para apoiarte. Atentamente... a túa esencia. Noa Mayán Granja

50


Principio e fin O seu corpo tan fráxil, as súas bágoas tan inocentes, os seus pasos tan torpes coas necesidades de descubrir mundo. Os primeiros amigos, a escola primaria, o salto a secundaria, pensa o seu futuro uns anos lonxe de nós, a súa parella un futuro compromiso, os primeiros prantos dunha criatura, o bastón e o lombo eslombado e os ollos pechados Pilar Montoto Jácome

51


52


Xuño-2017 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO Coordinador: Xosé Payo

53


54


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.