Sermos poetas3 4ºeso curso 2017 2018

Page 1

Sermos poetas 3

4ยบ ESO. Curso 2017-2018 1

https://www.google.es/search?


IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO. Curso 2017-2018 Edita: Departamento de Lingua Galega

2


As bonecas finximos sempre os sorrisos que mรกis nos favorecen. Berta Dรกvila, Corpo baleiro

http://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis/pluma-y-tinta 3


4


ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES. 4º ESO A: 1.

Couso Patiño, Isaac

2.

Couto Castro, Marcela

3.

Fernández López, Noa

4.

Ferradás Fernández, Uxía

5.

Gil Silva, Diego Manuel

6.

Gómez González, Rodrigo

7.

González González, María

8.

Gulín Castro, Miguel

9.

Lago Fernández, Juan Enrique

10. López González, Laura 11. Mariño Baca, Alba

12. Montoto Penas, Carlos 13. Oro Barbosa, Daniel 14. Otero Filgueira, Alba 15. Otero Iglesias, Óscar 16. Otero Sánchez, Alberto 17. Reboredo Iglesias, Diego

18. Santos Quintáns, Antía 19. Toimil Castellanos, Álex 20. Villaravid Blanco, Alexandre

5


ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES. 4º ESO B: 1.

Blanco García, Raquel

2.

Blanco Torreiro, Marcos

3.

Ceán Romero, Marta

4.

Díaz Peña, Yeray

5.

Docasar Rodríguez, María

6.

Dumitru Dumitru, Levis Armando

7.

Enríquez González, Laura

8.

Fernández García, Noelia

9.

Fernández Taboada, Francisco

10. García García, Miriam 11. Gil Fernández, Lucía

12. González Dobarro, Daniel 13. González Jacobo, Noelia 14. Ibáñez Leal, David Josue 15. Mouriño Mato, Lucía 16. Pereira Seda, Lúa 17. Rivas Amario, María Laura

18. Santalla Fernández, Helena 19. Torreiro Iglesias, Alejandro 20. Varela Alonso, David 21. Villanueva Ortega, Vilma

6


ÍNDICE DE AUTORES. 4º ESO C: 1.

Carballude Recimil, Brais

2.

Conde Carral, Rodrigo

3.

Cortizo Calviño, Raúl

4.

Cumplido García, Daniel

5.

Expósito Gómez, Cristian

6.

Jar Mato, Christian

7.

López Taboada, Manuel

7


8


O tolo Chamáronlle tolo, sen sequera pararse a pensalo. E se todo tivese sentido e estivese ordenado a vida sería un paseo de moi pouco agrado. A amizade é doce excepto xusto polo centro, moitas veces non sabes nin onde nin cando nin por que simplemente sabes que é. Isaac Couso Patiño

9


SOCIEDADE Ela despreza a liberdade, a liberdade de escoller o teu amor. Ela odia a igualdade, a igualdade entre cores de pel. Ela aborrece a xustiza, a xustiza para homes e mulleres. Ela non quere felicidade, a felicidade de respirar aire transparente. Ela faise chamar SOCIEDADE Marcela Couto Castro

10


Na túa rede Como podes berrar que me queres mentres bates o meu corpo contra a parede ódiote canto máis me feres aínda que por medo siga atada á túa rede. Quixera que foras ti o que sufrise mentres que eu te desfago con reproches poñéndolle fin a este inferno, gardándoo todo no caixón do esquecemento Noa Fernández López

11


Chorar Ti soa chorando, un ollo mazado, dor de cabeza, catro paredes e mais ti, e máis as bágoas. Se isto é un home mellor non ser nada, se isto é amor mellor estar soa. Golpes e bágoas, dor e mais dor, silencio. As promesas agora son golpes e mañá os golpes serán ameazas de morte. Que é desa muller que era eu? Hoxe coma quen di, son unha ninguén. Uxía Ferradás Fernández

12


Esa voz Soa a bucina, e no mesmo instante algo me chama, esa voz que sempre me collía en brazos e me subía ao camión. Esa que se foi sen avisar, sen despedirse e sen poderlle dicir todo o que a quería. Diego Manuel Gil Silva

13


A carón do lume O lume. O que te quenta no inverno. O que impide que teñas frío. O que te alumea con brío. O lume. O que alumea na escuridade. O que che indica o camiño. O que te guía polo descoñecido. Rodrigo Gómez González

14


Déixate levar Levanteime triste pensando en todo aquilo que dixeches que che importa que vista como queira. Ponte pintalabios, sae da cova. Sénteste cómoda sendo como calquera. Son diferente e iso amólate. As túas críticas só mostran a túa frustración. Veña, sae xa da comodidade levántate da cama móvete e deixa que falen sen necesidade de parecerme a ninguén. Déixate levar. María González González

15


A veces penso no amor e nas persoas que o senten, ás veces penso que se menten por facerse un favor. Algúns falan de media laranxa, outros de páxinas e episodios, pero eu abro outra franxa, o maior amor é o propio. Eu non digo recibir sen dar, non defendo o egoísmo, pero como poderás amar sen antes quererte a ti mesmo. Algúns estiman o amor externo sobre o propio, outros confunden amor e carne, como animais, tan só aprende a quererte a ti mesmo e aprenderás a querer os demais. Miguel Gulín Castro

16


A morriña Cando estou lonxe túa, xorde ese sentimento no meu interior que me fai volver o antes posible. Si, a morriña da miña terra, morriña das súas árbores e bosques, morriña das súas augas e ríos, morriña de todo aquilo ao que lle chaman Galicia. Juan Enrique Lago Fernández

17


Os labregos O campo, a súa casa; o sacho e o arado, os seus amigos; a camisa suada, a súa compañeira e o can de palleiro o seu vixía. E despois o amo, o amo, que non sabe do campo, do sacho, do arado de camisas suadas nin de cans de palleiro. O amo que só, tan só coñece a vara. Laura López González

18


Galiza Gaiteira que tocas A miña peza favorita Ledicia Inefábel Zoar d’ A miña terra querida. Alba Mariño Baca

19


Pobres esas árbores Carballos, cerdeiras e castiñeiros todos cortados e esnaquizados polos insensibles madeireiros que coas súas motoserras asasinan os nosos montes, Pobres esas árbores ás que privan da súa terra para dárllela aos estranxeiros. Pobres esas árbores as cales acabarán ardendo esnaquizadas e desfeitas lonxe moi lonxe de onde medraron. Carlos Montoto Penas

20


Futuro Levántome cedo para estudar e poder buscar un futuro non encontrado. Obríganme a estudar inglés, algo que nin me vai nin me vén, para poder buscar un futuro que non encontrarei. Daniel Oro Barbosa

21


No mar Un día estaba no mar pensando na vida, vendo as ondas pasar. Un día estaba no mar comendo un xeado, vendo os meniños brincar. Un día estaba no mar e non puiden volver máis, porque deixara de amar Alba Otero Filgueira

22


Humor, amor e morte Síntome nervioso a maior parte do día, éme case sempre imposible tomar a iniciativa, iso desemboca en falta de alegría, pesos en boca porque para que falar se lles dá igual o que eu lles diga. Aínda así tentarei estar contigo nesta vida, ata que non o consiga non quedarei exento, estou exhausto, e a felicidade está desaparecida, non vexo posibilidade de que exista, espero que sigas. Como non te teño escribo o que sinto, doume conta de que a vida tan só é un soprido, e como esa brisa non a podo pasar contigo, seguirei coa miña rutina pola cal estou curtido; noites de odio, mañás de esquecemento, ollos sanguentos, corazón “encardido”. Óscar Otero Iglesias

23


Sempre ti Tan bonita eras que cría que era un soño baixo esas melenas atopaba un doce rostro. Cando me miraches vin relucir o sol, pero baixo eses olliños atopábase un pequeno corazón. Sentín que non volverías pero soñaba con volverte ver, aínda que cada vez que abría os ollos pensaba en poderte perder. Nunca volviches sempre ti, nos meus soños sempre ti, nas miñas esperanzas, por favor volve! Andrea Ramos Diéguez

24


Sociedade Comezo o día vendo a sociedade, esperto, érgome pero cada día con máis maldade aínda que non queira teño que mostrar amabilidade, porque senón castigaranme. Cada día vexo a sociedade máis cruel. Non é a miña culpa senón del. Cada día téñoo que ver máis fiel, senón terei que expresar o que vexo sobre un papel Alberto Otero Sánchez

25


Historia dunha princesa Esta non é a típica historia, na que a princesa busca un príncipe, esta é a historia dunha princesa, que busca ser ela. A princesa tiña o seu príncipe azul, el queríaa e buscaba facela feliz, a princesa estaba leda, ata que un día descubriu que non necesitaba príncipes, necesitaba ser ela mesma. Diego Reboredo Iglesias

26


Frío Momento Ola Abur Comezo así á mañá vou errando case sen pisar o chan porque xa queima, e teño frío fálasme e mudo de ser. Momentaneamente é vida un sorriso á calor suave dos raios; ata mañá e vaste. Antía Santos Quintáns

27


Convivimos aterrados nunha burbulla na cal cada día tentamos de explotar, pero polos pensamentos, a burbulla tende a aumentar. Algúns valentes conseguen saír ,pero cando sucede, algúns tenden a criticar desa maneira a burbulla volve medrar. Os inconscientes non o ven con claridade por iso non lles fai falla buscar a felicidade pero por desgraza adoitan ter pouca idade. Buscan un cambio no seu arredor, sen mirar antes no seu interior. Por desgraza, nunca encontrarán o seu error.

Álex Toimil Castellanos

28


Na soidade do meu pensamento milleiros de cousas pasan pola miña cabeza, máis todas elas nun cúmulo intentan buscar sentido peza a peza. Neste momento estou confuso, un sentimento de vulnerabilidade e chegando a unha única conclusión: EXISTE A VERDADEIRA AMIZADE! Alexandre Villaravid Blanco

29


Parálise do sono Intento durmir de todo, xa me sei esa sensación. Miña nai tiña razón, pero a dura sesta… Merda! Noto unha man que percorre o meu costado, non pode ser, sei que non é real. Grito, ninguén me escoita. Sacudo a cabeza, non se move. -“ Shh… Tranquila ” Era el de novo, o home da paz cos seus tirantes, pero xa, co cabelo branco. -“Grazas. “ Raquel Blanco García

30


Azul do ceo Din que se puideses voar nunca máis volverías mirar atrás. Se un día espertas e descoñeces o mundo abre os teus brazos e voa moi lonxe. Eu agora so quero ver como sería o azul dende o ceo. Marcos Blanco Torreiro

31


VI Por que el e non eu Por que el e non ela Por que eu pago e el cobra Por que eu traballo e el sorrí Se isto é unha democracia Por que non o escollo O seu sangue é mellor có meu? É superior a min? Marta Ceán Romero

32


Ao mesmo sitio Todos están sos ou só o estou eu. Todos somos un regato que nos unimos a un río, que vemos outros ríos empezar e terminar, pero todos, todos rematan no mar. Yeray Díaz Peña

33


Non che podo dar solucións para todos os problemas da vida. Non podo dicirche quen es nin quen deberías ser. Soamente podo quererte como es e ser a túa amiga

María Docasar Rodríguez

34


Un mísero adolescente Son un mísero adolescente introducido nesta burbulla de escravitude absorbente, a miña mirada indolente fronte a olleiras da xente; sempre van con présa e co abrigo posto a medias. Cumpren con ordes para manter a súa familia, ter cartos para un simple agasallo en Noiteboa chegan á casa cheos de ledicia, disimulando que por dentro caen ríos de bágoas. Un futuro escuro agárdame. Se me teñen que ver serei feble, ese neno correúdo desapareceu. Eu sigo sen comprender este mundo. Son un mísero adolescente. Levis Armando Dumitru Dumitru

35


A vida é inxusta e cruel, cando estás no mellor momento de súpeto arrebátache o que máis queres. Non creo en deus pero ás veces rezo para que volvas, podo sentir que aínda estás aquí. Estás presente nos meus pensamentos e no meu corazón e con bágoas nos ollos miro para o ceo recordándote. Imaxinar que segues aquí é o que fai que siga adiante. Ausencia Laura Enríquez González

36


A nosa canción Soa o bombo, e ao mesmo tempo algo golpea en min. Redobre de tambor, recordos e bágoas, que saen a flote coma se dun barco se tratase. Negras, corcheas ou semicorcheas; dá igual cando, onde, como ou por que, pero eu sempre te recordarei. Porque aínda que te foses coa túa música a outra parte, eu seguirei tarareando a nosa canción. Noelia Fernández García

37


Dous bandos Eles están nese bando préndese a tele e aí están. Falan, menten, rouban, entran no cárcere, saen do cárcere e fano polos outros. Os outros están noutro bando traballan arreo, estudan, coidan dos fillos, coidan dos vellos, madrugan, malviven e mírannos na tele.

Francisco Fernández Taboada

38


Música Pura maxia, que nos fai sentir vivos. cada nota e acorde fainos lembrar, esquecéndonos dos problemas e do mundo que nos rodea. Por un momento vólvote sentir preto de min aínda que sei que nunca volverás máis.

Miriam García García

39


As mulleres son... As mulleres son tranquilas, os homes inquedos. As mulleres son obedientes, os homes rebeldes. As mulleres son estudosas, os homes folgazáns. As mulleres son a cor rosa, os homes o azul. As mulleres son femininas por iso non deben abrir moito as pernas, os homes poden abrilas con tranquilidade e ocupar dous asentos. As mulleres son caladas, os homes faladeiros. As mulleres choran, os homes non. As mulleres son bailarinas, os homes son xogadores de fútbol. Non. Por que non? Porque as mulleres ante todo son LIBRES. Lucía Gil Fernández

40


Moitos son os que desfrutan de luxosos cruceiros polas túas costas. Moitos son os que buscan aventuras indo de safari. Tamén son moitos os que fan turismo nas pirámides de Gizeh. E son moitos os que viaxan de vacacións á fermosa cidade de Marrakech. Pero son moitos máis os milleiros de persoas que morren de fame cada día, os que xa desde rapaces traballan de sol a sol sen poder ir á escola, os que arriscan a súa vida montándose en pateras cara a España, os que teñen que contemplar como outros desfrutan, mentres eles só poden soñar cunha vida mellor.

Daniel González Dobarro

41


Palabras Aquelas que nos gustaría expresar, pero que por medo ou vergoña gardamos no lugar máis escuro e interior de nós mesmos. Aquelas que me ensinan a mirar a alguén e sorrir sen motivo. Aquelas que me lembran que nos debemos algo, unhas palabras co corazón aberto. Noelia González Jacobo

42


Confusión Non sei se é normal este estraño pensamento: A avaricia, o diñeiro e o poder. Aínda que moitos mo neguen, é a nosa natureza David Josué Ibáñez Leal

43


Vou estar ben… prometinmo, pero as voces dinme “faino” Quixen ocultar os sentimentos, ignorar o meu propio pranto, pero o rival máis difícil está na cabeza. É só un peso constante no peito que che recorda que non mereces estar vivindo. Unha e outra vez, sen ningún resultado satisfactorio, intentei matar a persoa á que máis odio. Un corte por cada día que incumpra a miña promesa. Lucía Mouriño Mato

44


O xogo do lume Co son do bosque corre, perseguida polo lobo na soidade da noite, un profundo berro, que ao minuto se volve converter na voz do silencio afogado LĂşa Pereira Seda

45


Sen ti Cada día levántome con ese nó na gorxa, o só feito de ver que xa non estás ao meu lado entristéceme. Cada vez que me levanto entristéceme non ver o teu rostro e dúrmome facéndome a mesma pregunta unha e outra vez Que tería pasado se… ? María Laura Rivas Amario

46


Pálida como a lúa nunha noite solitaria, fría chea de temor e angustia pola súa chegada. Camiñando paseniño, sen présa fixouse naquela fermosa muller, que no seu ventre permanecía unha nova vida á que a morte xa estaba esperando. Helena Santalla Fernández

47


Desperdicio Desperdicio tempo Escribindo por tanto tempo desperdiciado Sabendo que nada volverá Pensando que todo cambiará Explico estes sentimentos Razoo as causas e Dito as consecuencias. Imaxino unha utopía Con falta de convicción. Inspírome no Orballo deste frío inverno. Alejandro Torreiro Iglesias

48


Liberdade Liberdade, algo necesario para nós, aquilo do que aínda persoas carecen, aquilo que todos debemos ter, agardando a que todo o mundo dispoña dela Irmán, unirémonos para conseguila, loitaremos por unha igualdade de dereitos total, por unha liberdade con todas as letras, que en cada país poña o seu nome. David Varela Alonso

49


Morreremos O galego estase perdendo como eu me perdo na túa vista, e a culpa non é miña, é nosa. A nosa relación está en alerta como a nosa lingua, e ninguén se dá conta. Se algún día chegas a morrer, morreremos, e ninguén se dará conta. Vilma Villanueva Ortega

50


Só ti Cando o ceo torna gris, só os teus ollos poden devolverlle a cor. Cando o mar enfurece, só a forma dos teus beizos o pode calmar. Cando non quede máis nada, só ti serás a razón pola cal esta terra quedará abandonada. Brais Carballude Recimil

51


O mellor que me pasou na vida Recordo aquel día que te coñecín un día de verán que ía moita calor o día que por primeira vez me namorei. Un día que sentín amor de verdade. Cada vez que escoito a túa voz acórdome dos bonitos días de verán. Cada vez que te vexo éntranme ganas de chorar e cando escoito cancións acórdome de ti e bótome a chorar. Rodrigo Conde Carral

52


O milagre da vida Miro á fronte e vexo todo verde vexo como medran as pequenas árbores vexo como as bolboretas voan, mostrase a miña felicidade. Miro á fronte e vexo o mar calmo vexo como os peixiños nadan vexo o sol reflectirse na auga demostrase a miña esperanza. Móstrase a natureza contenta proxéctase nela o meu amencer canto vitorioso aos nosos deuses por este meu fillo que vén de nacer. Raúl Cortizo Calviño

53


Vida Nacer sen preocupaciĂłns nin obrigas, o paso do tempo e do tempo do que poucas persoas se decatan, adulto xa, traballando ansiando a tranquilidade da vellez, unha ve atopada recordando os tempo da mocidade. Daniel Cumplido GarcĂ­a

54


Se queredes marchar facédeo legal, non nos insultedes, non nos coaccionedes, deixade o noso. Xustificádevos, e se tedes razón falaremos despois. Cristian Expósito Gómez

55


Pensando dentro da miña cama naqueles bos tempos que pensei que nunca rematarían. E agora aquí estou, vello. Parece que foi onte cando aínda era mozo. E agora aquí estou pensado Christian Jar Mato

56


Dicían as malas linguas Dicían as malas linguas que ese rapaz só facía falcatruadas . Era túzaro, falcatrueiro, inquedo; todos dicían que estaba enmeigado, pero ao rapaz gustábanlle as fadas. Se cadra demasiado, para a súa idade, nunha aldea que non comprendía os incomprendidos, así coma un tal Balbino . Manuel López Taboada

57


58


Xuño-2018 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO Coordinación e maquetación: Xosé Payo

59


60


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.