Sermos poetas 4
4ยบ ESO. Curso 2018-2019 1
https://www.google.es/search?
IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO. Curso 2018-2019 Libro dixital: http://dgalegoiesrmallerulloa.blogspot.com/ Edita: Departamento de Lingua Galega 2
ร nico obxectivo: acertar co verso que che perfore dun sรณ disparo tripas e cerebro. Carlos Negro, Aplicaciรณn instantรกnea
http://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis/pluma-y-tinta 3
4
ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES. 4º ESO A: 1.
Abeledo Miguelez, Paula
2.
Aarón Areán Fernández
3.
Blanco Pereiro, Adrián
4.
Crespo Martínez, Xabier
5.
Cuñarro Ferreiro, Martín
6.
Currás González, María
7.
Fernández Carral, Luis Manuel
8.
Fernández Sucasas, David
9.
Fontán Taboada, Rubén
10. García Fernández, Miguel 11. Garcia Fuentes, Pablo 12. García Liñares, Antía 13. Iglesias Vázquez, Iván 14. Jácome Amarante, Iván 15. Ledo Lançao, Alex 16. Ledo Otero, Hugo 17. Méijome Diéguez, Hugo 18. Nuñez Silva, Iker 19. Pérez Nieves, Hugo 20. Rivas García, Roi 21. Rodríguez Mato, Daniel 22. Rodríguez Mosquera, Aarón 23. Senra Trigas, José 24. Simón Porral, Alvaro 25. Vidal Cortizo, Esteban
5
ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES. 4º ESO B: 1.
Capiscol Pérez, Sara
2.
Casal De la Fuente, Martín
3.
Castro Iglesias, Óscar
4.
Galego Ouro, Andrea
5.
García García, Suevia
6.
García Varela, Fabián
7.
López González, Alfonso Manuel
8.
Moldovan , Ioana Alexandra
9.
Pereiro Otero, Rosa
10. Pérez Iglesias, Antía 11. Rincón Ramírez, Amaral Janiny 12. Rodríguez García, Ainara 13. Romero Mariño, Ainhoa 14. Vence Balo, Kelly
6
ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES. 4º ESO C: 1.
Abeledo Miguélez, Maria
2.
Calvo González, Jimena
3.
Giraldo Osorio, María Fernanda
4.
Gómez Fuentes, Claudia
5.
González Basalo, Antía
6.
Granja González, Vega
7.
Ibarra Soto, Melvin Antonio
8.
Lalín Cumplido, Patricia
9.
Maceira López, Lucía
10. Otero Sánchez, Alberto 11. Saavedra García, David
7
8
Amor Amor é o que sinto cando te vexo Amor son as bolboretas que teño cando estamos xuntos Amor son todos os recordos Amor é o que sigo sentindo despois de que aquela man te arrebatara de min Amor es ti. Paula Abeledo Miguélez
9
Galicidio Marcha o mañá e queda o onte e o hoxe non sabe que facer, Galiza morre e déixana morrer. Seca en Vigo, no Sil e no Miño. Aldeas pantasma durante o camiño. Galiza morre e déixana morrer. Sen oportunidades e sen axuda, o sangue marcha da ferida aberta. Galiza morre e déixana morrer. O pulmón celta, negro polo lume. Non queda xente para protestar. Galiza morreu e deixárona morrer. Aarón Areán Fernández
10
Guerra Atopeime cavilando, a mañá cando espertei no pasado tan escuro, que nunca esquecerei. Mirei pola ventá, e todo xa era nada aquel fermoso mundo deseguido se derramara Sentinme esgotado, e cunha forte dor xogar a miña vida sería o meu labor. Loitar gañar ou perder, vivir ou morrer. Blanco Pereiro, Adrián.
11
Violación Xosé violou sen compaixón, Xosé non pensou nos problemas que traería a súa acción. Ana non foi a única afectada, tamén afectou ás súas amizades, e, sobre todo, ao froito desa violación. Ela non quería ese froito, era ilegal renunciar a el. Por iso Ana recorreu á corda para resolver esa situación. Xavier Crespo Martínez
12
Paisaxe Nubrada para aqueles que nunca a miran. Despexada só para os que a queren ver. Maltratada pola ignorancia. Fonte inesgotable de beleza que tenta regar as nosas pupilas desertas polas pantallas. Tórcenlle a vista preferindo mirar os bosques de edificios. Martín Cuñarro Ferreiro
13
Muller loitadora Chegou a sentirse tan segura que deixou de avergoñarse da súa figura. Entendeu que a súa beleza non radicaba nas súas curvas nin na copa do seu suxeitador, senón na fortuna de ser muller. Fermosa é a muller loitadora! María Currás González
14
Os traballadores non teñen nada que perder, salvo as súas cadeas, 10 de marzo de 1972, Ferrol, protestas sindicais, 10 de marzo de 1972, Amador Rey e Daniel Niebla, 10 de marzo... Reclamo galego das melloras laborais. As súas motivacións: a represión franquista e as condenas, mortos, encarcerados, sufrimento, despedimentos, ninguén recibiu axuda. Todo represión que nunca tivo condena nos xulgados. Os traballadores non teñen nada que perder, salvo as súas cadeas. Luis Manuel Fernández Carral
15
De cero a cen Saen do bar ás 4 da mañá con medio gramo de algo no sangue, soben ao coche, meten o contacto, póñeno 5000 revolucións, de 0 a 100 en 5 segundos, logo diso escóitanse sirenas … A furgoneta de atestados, a patrulla da garda civil, o berro adoecido dunha nai, os lamentos dun pai. Mala forma de tirar así a vida, a 130 nunha curva pechada David Fernández Sucasas
16
Fadas Só é fada se a deixas voar se a deixas vivir e non lle cortas as ás queren ser libres romper as barreiras e levar a súa mensaxe máis aló das fronteiras queren pintar de cor malva ceo, terra e mar soñar cun mundo mellor no que todos sexan iguais. Eu son fada quero voar! Rubén Fontán Taboada
17
O río non para Chego, subo ao barco do río da vida cheo de incertezas, de preguntas sen resposta; rodeado de cousas descoñecidas. Alegre, afervoado por descubrir por aprender, por vivir; sen darme conta de que o río non para e ninguén pode facer nada para volver á serra na que a viaxe comezara. De repente, decátome e diviso, entre a brétema, a fin da viaxe; desesperado, recordo que o río non para, que vou desembocar no mar da eterna escuridade. Pablo García Fuentes
18
Os mariñeiros estaban a piques de partir, era unha triste mañá e un grito as cousas foi cambiar. agora o día sorríalle a Zalo, pois a lotaría acababa de gañar e foi a súa muller que llo dixo xusto antes de non volver máis Miguel García Fernández
19
Gústanme as saias Mamá, teño un problema son túa filla e gústanme as saias. Gústanme as saias, tan curtas como a capacidade humana, cren que se pode aclarar o meu nivel de feminidade polo longa da mesma? Antía García Liñares
20
As bágoas Ríos cargados de sentimentos, o límite da cordura en moitos momentos, fraccións de segundos que se fan eternas, grillóns de ferro que me puxeron nas pernas. Son a lupa que amplía o pasado, fanme cargar con todo aquilo non soltado, son un lastre que rabio por perder, mais se me ve alguén hanmo volver poñer, son sinal de debilidade, soltalas é símbolo de fraxilidade, mais nunca collín algo tan pesado, son todo aquilo que non dou aguantado, tamén reflicten os bos momentos, é pouco común, mais son grandes eventos, son un río transparente nada vacilante, e por iso só nos fixamos un instante, pois todo o mundo ve o que está resaltado, ninguén se fixa nun espello cando se ve claro. Dígocho a ti, vento que levas as miñas mágoas, para que saibas que para min, iso son as bágoas. Iván Iglesias Vázquez
21
A miña terra querida (1940) Dende que marchei daquel lugar nunca parei de cavilar nos momentos daquel sitio que nunca poderei esquecer. Dende que marchei daquel lugar o meu corazón deixou de latexar e a miña cabeza quedou alá illada. Dende que marchei daquel lugar nunca volvín vivir xa que volver a Galicia é o soño a cumprir. A miña terra querida que nunca serás esquecida Iván Jácome Amarante
22
Onde se ensina a competir desde unha temperá idade forxando unha actitude con fera maldade. Onde se crían acosadores no canto de alumnos con valores incúlcaselles a violencia que se lles cala na conciencia. Onde a sociedade se apodera de almas onde o prexuízo é o rei e as persoas son a súa plebe. Onde a tolerancia se desvanece nin o máis pobre a merece aínda que o rico a poida pagar e con resignación débese admirar. Un mundo onde a educación non sexa un negocio onde vallan menos os cartos que desfrutar do teu ocio non vivir como un robot unha vida baleira sen que todo se resuma a ser igual día tras día. Un mundo onde a superficialidade sexa para nós o mais superfluo do mundo por que non sentir desde o máis profundo que ningunha persoa é fea? Un mundo onde os homes se comporten como tales e non coma simples animais que denigran e desprezan a unha dama crendo que debe ser a súa submisa ama. Un mundo cheo de políticos sinceros e non dun rabaño de incompetentes que en todo deben ser os primeiros a custa de enganar as nosas xentes. Un mundo onde a exclusión social sexa historia e ningún recordo torturador perdure na nosa memoria nin se interpoñan na nosa capacidade para soñar posto que é ao que todo ser debe aspirar. Álex Ledo Lançao 23
O teu sorriso A choiva era o meu son favorito ata que te escoitei rir. Co teu queixelo no meu ombro ou teu sorriso pegado ao meu lombo. Coa súa trama e o seu xénero, con misterio e desenlace. Cando rompes co silencio da habitación ou cando non paramos de pisarnos para falar. Esa risa nerviosa antes dun bico ou esa que debuxas durante... E porque, ao final, decidín quedarme toda a vida e verte rir. Hugo Ledo Otero
24
Espello Miro o meu reflexo encontro mil e un complexos non me acepto. Compárome ao resto e detéstome síntome resto nunha división non chego a ser do montón Apareces ti o sumando que falta a esta suma e da súa man consigo ser o humano que deixa de lado o malo e saca da súa mente o seu lado máis sobresaínte Hugo Méijome Diéguez
25
O rural Deime conta de que na vida non é fácil ter que escoller entre a felicidade e os cartos pero se por algo se nos caracteriza é por sufrir. Pensei moitas veces en vivir, vivir aquí, mais non me decidín. Agora xa me estou a arrepentir pero xa non podo facer nada por ir. Moitas terras por abrir pero pouco tempo por vivir. Cantar, soñar e sorrir iso é todo o que podes facer aquí. Iker Núñez Silva
26
Auria A terra onde nacín, onde me criei Auria! A Terra da Chispa, a cidade das Pontes Auria! As túas veas levan o nome de grandes escritores, como Risco ou Otero Pedrayo, os mellores. Auria! Hugo Pérez Nieves
27
Cambio Ano dous mil dezanove. Estamos a vivir un cambio, que por desgraza moitos negan. Que será das nosas fermosas paisaxes? Que será dos nosos vivos mares? Que será dos nosos maxestosos montes?, nos que se agochan fermosos e exóticos animais. Que será das nosas vilas e aldeas? E que será da nosa fermosa cultura, da que pouco a pouco nos estamos a esquecer? O mundo é como un castelo de area que se está a desfacer. Roi Rivas García
28
Para el só era un obxecto, Só servía para facerlle a comida, Unha vez cansei e rebeleime, Agora xa descanso tranquila. Todos os días era o mesmo, Todos os días facía algo mal, Todos os días mallaba en min, Todos os días, ata hoxe. Daniel Rodríguez Mato
29
Galicia Galicia, a nosa terra. Esa na que as árbores bailan muiñeiras coa música do vento. Vivamos nunha Galicia galega, que a súa tradición non se perda. Esa música, na que as gaitas soan, espertando en nós un sentimento. Vivamos nunha Galicia galega, que a súa tradición non se perda. Roncos, punteiros, pandeiretas e pandeiros soan nas mans dos músicos para o noso divertimento. Vivamos nunha Galicia galega, que a súa tradición non se perda. O son do tamboril avisa a foliada comeza galegos e galegas ide bailar á festa. Vivamos nunha Galicia galega, que a súa tradición non se perda. Aarón Rodríguez Mosquera
30
O derradeiro recordo Pasan as tardes e intenta recordar a felicidade nun camiño cada vez máis escuro. Intenta recuperar a felicidade No entanto petan na porta pois é a implacable norte silenciosa e fugaz como a mesma vida. Esta tan inoportuna entra sen avisar, isto xa vai rematar e si, ás campás xa están a soar José Senra Trigás
31
Galiza Terra que me veu nacer, Terra dos meus ollos; eles maróns, tinguidos de verde dos montes de meu boa meiga que me trouxo, meiga boa que me deu a vida. A miña fala, a miña lingua coa que soño día e noite coa que cavilo e vivo día si e día tamén... Noite pecha de estrelas coas que me estreo cada vez que ollo o ceo baixo elas escribo e mimo estas letras. Vocábulos dos que presumo con orgullo. Galiza ceibe, Galiza sen prexuízos, non deixarei que te leven, ti déchesme o que teño, os teus ríos, os teus regatos, que regan o meu sangue, toda ela azul. Xente de ben levarate sexa onde vaia e sentirá a morriña de verte lonxe, e volverán aínda que non sexa polos seus propios pés para formar parte da túa terra e da túa historia o resto da súa vida. Alá no noso curruncho onde se remata o mundo pero para nós, só comeza. Álvaro Simón Porral
32
Mírote, mírasme. Pérdome no teu tornado, o teu cabelo cégame, quero estar ao teu lado son o froito, o froito, o froito da nosa obsesión auga do mar morto Esta é a nosa relación No noso espazo exterior encontrar a parede, rompela coa nosa calor e que o mais alá nos hospede. Necesitamos volver a ese dia no albor, a ese roce, da miña lingua e a túa flor Esteban Vidal Cortizo
33
Collo flores e miro para elas, algunhas con bonitas, outras son feas. Cada unha ten a súa cor: brancas, azuis e ata amarelas. Só me fixo no de fóra, non sei se rin pero tampouco me importa. Sei que se as arranco, as podo matar pero a min iso dáme igual. Sei que, se quero, as podo danar pero a min iso dáme igual Todos os pétalos voulle arrancar á flor que sempre ao meu lado está. Todos os pétalos vou torturar e sen cores vouna deixar. Nin branca nin negra vai quedar, as súas follas desperdiciar. É o que na miña man está pero a min iso dáme igual. E á flor máis bonitiña, cortareille o talo, para que así non saiba canto a engano. Sara Capiscol Pérez
34
O medo O medo ten nome e apelidos. Chamase racismo. Machismo. Homofobia. A xente ten medo ao que non coñece Ao distinto. Ao que non cumpre os patróns. Ao que non é branco. Ao que non é do teu país. Ao que é da cor do arco da vella. O medo chamase desigualdade. Martín Casal De la Fuente
35
Espertou Espertou, coma sempre na súa cama pero atopábase estraño. Non daba movido os brazos. Non daba movido as pernas. Tampouco podía respirar. Nin sequera sabía que era o medo que tiña, quería berrar, quería acender a luz, Quería moverse. Quería. Ata que se deu conta de que non estaba esperto nin o ía estar nunca máis. Óscar Castro Iglesias
36
Esa heroína afastada xa dos contos de fadas tinguía agora a súa pel. Nin sequera puido defenderse por mor do peso daquela xiringa. o monstro de bragueta áxil Nin sequera foi xulgado, E nas portadas dos xornais O máis sinxelo foi botar Unha cortina de fume Co bafo da morte: " O cabalo matouna". Andrea Galego Ouro
37
Catástrofe Porque eu son a causante das túas iras das túas tensións das túas penas e ademais son didáctica destrúo a túa paz todos os días e amárrote Nunca souben ata hoxe que eu era tan impresionante. Eu cría ser muller Nunca souben que selo fora una catástrofe. Suevia García García
38
Para que pensar, pensamos sobre os erros do pasado, pero non nos damos conta de que non se pode cambiar nin alterar, pero que sería de min agora mesmo, se estivese na rúa en vez de aquí, non como o indescifrable futuro, esa pregunta eterna de que nos terá, pero sexa bo ou malo, non pensemos e sexamos felices neste mundo de ignorantes. Fabián García Varela
39
Festa en Bermés Festa en Bermés, o catorce, o xamón, á mañá seguinte misa, á unha concerto da banda e un vermú. Logo ensalada rusa e carne asada, brazo de xitano e “chupitos” contos, cantes e risas. O dezaseis, coa calor de agosto, a festa de San Roque, hoxe polbo e empanada, tarde de petanca e ausencias. Alfonso Manuel López González
40
Monotonía Difícil recoller o valor e a coraxe para fuxir do que sempre sentiches teu, pero que outra saída queda cando cada recuncho da túa casa che recorda que es só un estraño. Ioana Alexandra Moldovan
41
Caciques modernos Caciques modernos que rexorden dos infernos. Políticos de luvas brancas que tinguen de vermello ata as trancas. Caciques modernos con amigos eternos son de mentir e enganar, basean a política en criticar. Caciques modernos. Irmáns de amor fraterno tronzan a nosa confianza E enchen o seu bandullo. Caciques modernos conforman novos gobernos. Malgastan no falso benestar. Teñen medo a progresar. Rosa Pereiro Otero
42
Os sentidos Pechei os ollos… Pechei os ollos e entón volvo escoitar o océano nunha cuncha xunto ao meu oído. Respirar fondo a carón do mar, a area quente nos meus pés. Antía Pérez Iglesias
43
Culpa No presente, teño unha vida baleira cunha gran melancolía o seu corazón sen ritmo acabou. Todo ía moi rápido, nun abrir e cerrar de ollos xa non estabas ao meu carón. Simplemente era ela. Simplemente era perfecta. Simplemente era o meu amor. Amaral Janiny Rincón Ramírez
44
Arte Dúas mans case unidas como na creación de Adán, unha muller espida que se asemella á grande odalisca Achéganse como representando o bico entre anxos na metade dun lago cheo de nenúfares como no cadro de Monet. Ainara Rodríguez García
45
Mal de amores Os amores xa de tempo mal se podes esquecer que vida teñen as solteiras quen me dera coma elas. Hoxe é domingo e mañá día santo o meu corazón fagocita tanto. Algún día de prata agora só de chumbo con iso saberás neno as voltas que dá o mundo. Escribinlle unha carta era de noite e non vía se a das a ler a outro acabouse a marabilla. Ainhoa Romero Mariño
46
Minuto a minuto Sei que es coma unha bomba, que podes cambiar radicalmente. Seino. Sei das pelexas cos teus pais, que te intentaches suicidar. Seino. Pero tamén sei que é a miña decisión, que non vou fuxir. Seino. Nós. Minuto a minuto. Xuntas. Non ves nena? Xa levamos un. E aínda sigo aquí, ao teu carón. Kelly Vence Balo
47
Cadeas autoimpostas sigo sen saber se seguir ou se non os sinais da senda que deixas para min sendo eu quen son unha pobre infeliz que non comprende onde está o de vivir felices e comer perdiz que xogas un tira e afrouxa atopándome eu na corda frouxa sabendo que mentres te queira non poderei ser miña, toda enteira cruel verdugo o destino que decidiu que o meu camiño sería non poder ser libre como a lebre e sentir que morro cando non me miras a pesar de saber que sempre me miras, pero non me ves. María Abeledo Miguélez
48
Descrición Absurdo, como a propaganda electoral, como a guerra do petróleo, como o custe das medicinas. Ceibe, coma os paxaros como a Galicia para Méndez Ferrín. Afogado, coma Virginia Woolf como un obreiro chega a fin de mes. Sereno, como a auga (só no inverno cando conxela). Jimena Calvo González
49
O noso teatro Somos monicreques de carne formando parte deste teatro do que sempre acabamos caendo borrando as pegadas, as nosas pegadas e,sen mais , volvemos comezar borrando o sinuoso percorrido. MarĂa Fernanda Giraldo Osorio
50
A verdade, a realidade A verdade? A verdade ninguén a sabe. Só algúns, ás veces, se achegan á realidade. Pero que é? Unha ilusión? Un sentimento? Unha percepción? Somos confusos e a nosa cabeza en verdade moitas veces só nega a realidade. Claudia Gómez Fuentes
51
Sons O estalido das ondas ao romper contra un acantilado, o clamor dun aplauso, un grito de emoción, son sons que espertan, electrifican, enchen de esperanzas sons que invitan a soñar. Antía González Basalo
52
Pasado Abrín os ollos. A soidade gañou presenza. O oído envolveu a miña cabeza. A rabia esnaquizou os meus ósos A cor dos meus ollos esvaeceuse ata fundirse nun soño profundo. Non esquecín o pasado; e el vingouse. Na miña pel todo está gravado. Queres velo? O bo tamén está impregnado Queres tocalo? Vega Granja González
53
E isto para que? Se total vaise acabar. Se non haberá contos que contar e aínda que se conten. Para que? Para que nos imos molestar? Se á xente lle dá igual. Estea todo ben. Estea todo mal. É así, porque para que? Para que vivimos? Se só somos manequíns á espera do vestido. E se non os visten non nos damos por aludidos. Para que? Somos importantes porque somos homes. Si oh!, cantas estrelas saben os nosos nomes? Se hai algunha, por favor, que se asome. Elas saben o “porqué” Eo “para que?” Para que facemos cartos? Vale a pena acabar fartos. Para que creamos camiños que non camiñamos. Para que? Os cafés. A brisa. O traballo. A nosa fe. As risas. Os nosos fallos. Foder. As cinzas. Os ensaios. Para que? E isto para que? Melvin Antonio Ibarra Soto
54
É sinxelo Xogas e abusas da túa maxia, alterando sentimentos ata esvaecelos coa túa ausencia. Decátome de que non es o que aparentas e engánaste a ti mesmo. Afástaste intentando facer máis sinxelo pero non sentes nin o mínimo para coñecelo. Volver ao comezo ata imaxinar o lonxe que te atopas do momento. Patricia Lalín Cumplido
55
Historias Disque hai historias que comezan por comezar que non contas con elas e xorden devagar. Disque hai historias nas que todas as pezas semellan encaixar mais a realidade non é tal. Disque hai historias que por moito que o intentes non sempre rematan ben, e non se ten máis que facer. disque hai historias que poden engaiolar mais en vez de sumar simplemente anulan. Disque hai historias que por moi bonitas que parezan fan que un mesmo esqueza a súa propia existencia. Lucía Maceira López
56
Ollos azuis Ese ser que ten os ollos azuis, azuis coma a cor da auga cristalina, qué día a día vai caendo no mar, tan azul coma o firmamento, que coas súas estrelas ilumíname no escurecemento. Alberto Otero Sánchez
57
Unha botella de vidro Unha botella de vidro, un anaco de papel. Que importa! Eu non o sei! Malas herbas a nacer, fumareda de traballo Que importa! Que está a acontecer! Velutinas que se impoñen, chan que está a arder, ondas magnéticas a esparexer. Fin da Terra Que importa! Eu non o vou ver! David Saavedra García
58
Xuño-2019 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO Coordinación e maquetaxe: Xosé Payo
59
60