Sermos poetas 5. Poemas para un xantar

Page 1

Sermos poetas 5

Poemas para un xantar

David Fernández Porral (3º ESO B) Ana Fuentes González (4º ESO B) Aitor Gil Rodríguez (4º ESO B) Sonia Senra Trigás (4º ESO B) Ilustracións: Sofía Gil Madriñán (4º ESO C) 1

https://www.google.es/search?


IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín Curso 2019-2020 Ilustracións: Sofía Gil Madriñán Edita: Departamento de Lingua Galega 2


Rematado o mes do cocido, convén depurarmos o aparello dixestivo de cara á primavera que está a piques de comezar. Ofrecémosvos estas receitas culinarias que elaboraron catro dos nosos alumnos de 3º e 4º da ESO, servidas en verso libre e adubadas con algunha que outra metáfora. O obxectivo da actividade era iniciármonos nas peculiaridades da linguaxe lírica, procurando descubrir nela as potencialidades evocadoras que posúe. Estes catro exemplos demóstrannos que, se axexamos no noso interior, agroma a sensibilidade poética que como seres humanos levamos dentro. Suso Amboaxe

http://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis/pluma-y-tinta 3


4


ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES:

1.

David Fernández Porral (3º ESO B)

2.

Ana Fuentes (4º ESO B)

3.

Aitor Gil Rodríguez (4º ESO B)

4.

Sonia Senra Trigás (4º ESO B)

5


6


A BBQ AMERICANA Un porco chegou a presidente, verza amarela por perruca, pel cuberta de graxa alaranxada, di el que o mellor é a BBQ americana. Mandou facer un muro de costelas para non deixar pasar a ladróns, di el; polo poderío e soberanía da BBQ americana, iso di el. A todos os que prefiren outra comida, con chourizos bombardéaos el; sexa que prefiran arroz, sexa que prefiran falafel. Faino todo pola liberdade da BBQ americana, pola liberdade, di el. David Fernández Porral (3º ESO B)

7


8


Sátira do cocido Fabas e garavanzos andaban un día a discutir: “Ti es do caldo! Eu son do cocido!” Nisto entra a cachucha na discusión: “Nin necesarias nin precisas sodes nesta canción!” Eran poucos e viñeron os chourizos cheos de razón: “Sen nós si que non hai son!” Pero con quen non contaban en tal coloquio era cos grelos, nabizas e repolos, que chegaron para a ocasión. Foi tal o alboroto, que o cociñeiro meteunos a todos nunha ola a presión. E así naceu o cocido de Lalín, de xuntar auga e lume (que lles deu unha lección) aos ingredientes que crían ser o mellor, xa que pensaban que sen eles non había folión. Ana Fuentes González (4º ESO B)

9


10


Recordos do verán cunha copa de amorodos. A túa cara reflectida na copa coma un bico ao amencer. Un pouco de café na despedida, sen azucre, coma un recordo amargo. Sen saber que aquel mollo de grelos foi testemuña do noso amor. Sonia Senra Trigás (4º ESO B)

11


12


Cheirabamos os dous os mesmos aromas do compartido gusto do cocido, do son fermoso dos garavanzos, do amor fervido en pota grande. Pataqueiro é o noso amor e a nosa vida, xuntos como unto e máis chourizo, cor de verdura, esperanza de vida, música de gaita e ledicia. Doce sobremesa foi o noso amor, conversa familiar a nosa historia, danza, muiñeira e bombas, ledicia que desborda e alimenta. Aitor Gil Rodríguez (4º ESO B)

13


14


Marzo-2020 IES Ramón María Aller Ulloa Alumnado de 3º e 4º ESO Coordinación: Suso Amboaxe Maquetaxe: Xosé Payo

15


16


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.