Sermos poetas
4ยบ ESO 1
https://www.google.es/search?
IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO. Curso 2015-2016 Edita: Departamento de Lingua Galega 2
O que máis me gusta da poesía. Os silencios Kiko Neves, Ruído de motos
O poema é una pedrada na cabeza. Por iso lles recomendamos aos lectores que usen casco. Ronseltz (Colectivo poético), Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados.
http://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis/pluma-y-tinta 3
4
ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES. 4º ESO A: 1.
Laura Blanco Pereiro
2.
Antón Ceán Romero
3.
Tania Conde Facorro
4.
Andrés Couto Rodríguez
5.
Marisol Fernández Contreras
6.
Nora Fuentes Losada
7.
Noa García González
8.
Francisco García Pereira
9.
Sara López Rodríguez
10. Jesús López Sánchez 11. Nicolle Daniela Ochoa González 12. Andrea Otero Montoto 13. Simón Peña Fernández 14. María del Carmen Portas Baldonedo 15. Ángel Reboredo Iglesias 16. Alejandra María Recimil Silva 17. Iria Rivas García 18. Rosalía Paloma Rivera Marcos 19. Antía Rodríguez Fernández 20. Carlos Santorum Varela 21. Antía Varela Donsión 22. Borja Vázquez Ulloa
5
ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES. 4º ESO B: 1.
Carla Cortizo Framiñán
2.
Cristina Lamazares Taboada
3.
Mónica Méijome Pereira
4.
Érika Méndez Coego
5.
Tatiana Méndez Fuentes
6.
Alba Montouto Labandeira
7.
Uxía Pérez García
8.
Daniel Vázquez Soto
6
ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES. 4º ESO C: 1.
Lucía Abeledo Fernández
2.
Cecilia Fernández Cardero
3.
Ana Rosa Fernández Pájaro
4.
Gabriel Fernández Pájaro
5.
Mireia Hermida García
6.
Olalla Lamela López
7.
Sofía López González
8.
Alicia López Membiela
9.
Laura Nogueira Otero
10. José Rodríguez González 11. Alberto Taboada Vilar 12. Faisury Zapata García
7
8
Guerra Este día soleado do que sempre me lembrei recórdame o pasado do que nunca espertei. Cando espertei, aquela mañá soleada mirei pola ventá, e só vin unha guerra iniciada, naquel intre o medo apoderouse de min e pensei que xa nunca tería fin. Todo ao meu redor xa todo era nada só quedaban as cinzas, dun pasado xa esnaquizado. Laura Blanco Pereiro
9
Revolución De ferro son as cadeas que nos atan, de ferro tamén son os barrotes que nos privan da liberdade e de ferro son as varas coas que somos golpeados. Escapemos de bandeiras e ideais, entramos sos e sos sairemos, cada un por si sen fouces e martelos, frechas e cruces tan só pensando e actuando. Debemos destruír aos que erroneamente por parvos nos toman e coma candís de candea sen voz nos queren ver, amigos, ás armas, non naceu aínda pastor que valla para levar este rabaño, liberémonos! Antón Ceán Romero
10
A soidade Naceu, chorando por súa nai. Viviu, preguntando por seu pai, criouse na rúa pedindo comida, espertábase co sol, deitábase coa lúa. Só el e a súa agonía que o ía matando día a día. Soñaba si, non cos cartos, senón co amor coa felicidade... Soñaba coa felicidade de ter familia de ter nenos que teñan pais e deixar a agonía, deixala, naquel banco, naquel, o da grande avenida. Tania Conde Facorro
11
A choiva Envexada por uns e aborrecida por outros. Ás veces mollámonos con ela mais sempre desexamos que volva. Sabías que en galego temos máis de cen palabras para denominar a choiva? É que ese día o vocabulario estaba de oferta. Andrés Couto Rodríguez
12
Dentro de vinte anos Dentro de vinte anos non quero ser un nome calquera. Dentro de vinte anos quero seguir na túa vida. Dentro de vinte anos quero que alguén te pare pola rúa preguntándoche como estás e mencionar o meu nome. Dentro de vinte anos non quero que contestes, “hai anos que non a vexo”. Dentro de vinte anos espero que digas, “está agardándome na casa”. Marisol Fernández Contreras
13
Chove ao carón da tenda de doces Chove ao carón da tenda de doces e caen as gotiñas polo cristal. Agás polo son da auga caendo o silencio na rúa é case total. E o vento larpeiro entra asubiando dentro da tenda para os doces roubar. “Ai, vento! Non entres! Que fóra vai frío e non quero marchar!” Nora Fuentes Losada
14
E encantábame a noite. Ver a lúa entre os seus brazos. As películas no seu sofá cando chovía fóra. Os bicos no portal. O seu sorriso ao escoitarme falar. E foise. Polo día sobrevivía a base de amigos e poesía, pero cada noite era unha agonía. Desexaba que non chegase nunca para non ter que pensar nos seus ollos. E foise. E xa non conto ovellas, ata elas choran coa miña pena. Lembrando como faciamos de cada noite un día, de cada cama unha vida. Noa García González
15
Ausencia Levanteime hoxe engurrado, engurrado pola pena de sentir o aire que pasa e non ve o silencio da túa ausencia a covardía de non chamarte de non “whatsappar” o teu nome. Espero que ti chames e agardo, pero o silencio de novo no aire. Collo o teléfono e chamo, pero a pesar de estar en liña non contestas, non falas, non chamas só indiferenza, silencio, aire, dor. Francisco García Pereira
16
Mentres estivemos soñando Mentres estivemos soñando, as tardes de verán pasaban rápidas gotas de felicidade derramando formando unha lagoa de (momentánea) sensación de calma. Pero a lagoa desbordou. Cortaches a nosa pequena paz, arrasando con todo, arrasando co que somos. E agora esas pequenas gotas de felicidade trocáronse nas miñas que esvaran, formando unha lagoa de restos rotos do que un día fomos. Sara López Rodríguez
17
Miña tristeza Cando se vaia o vento de outono dime que farás, compañeira, irei para onde el me leve porque morro na primavera. O vento de outono volveu e ela collida do seu brazo, bambeándose ao compás do baile das follas mortas. Chamou á miña porta esperando a miña resposta, e como non lle quixen abrir foise moi triste, miña tristeza. Jesús López Sánchez
18
Lembranza Recórdote cando xogo á brisca, véxote triste ao redor da TV, chamando por mamá dicindo que fora xunta a ti. Ela abríache e ti mirabas esperando a que te atendera e ríaslle, de novo perdías a mirada, ollabas para calquera lugar, repetías moito as palabras, logo recordabas o pasado e presente parecíache indiferente, pero a túa presenza era doce. Agora a cadeira de brazos baleira, ausencia, tristeza da filla, recordo meu. José Manuel Matanzas Taboada
19
Ti Ti es traballadora, mais moitos non o aprecian. Ti es forte, mais por dentro sĂŠnteste doĂda. Ti es valente, mais moitos son os que burla de ti fan. Ti es cariĂąosa, mais moitos te desprezan. Loita polos teus dereitos, faite valer. Andrea Montoto Otero
20
Ti... Es avergoñado Es maltratado Es odiado Es desprezado e isto non o dás aguantado, ti queres morrer e non ser tratado como se foses unha persoa da que queren rirse. A soidade a túa amiga e a morte é a saída. Nicolle Daniela Ochoa González
21
Cegueira Foi un día complicado, nunha noite escura, todos falaban á vez, ti calabas (á unha). Era outro día, algúns ceaban, outros comían, ti facías o que podías. Pode ser un conto, non é unha broma, antes non era así, vaino ser sempre. O “amor” non é unha serpe. Simón Peña Fernández
22
2005 Era apracible o día e temperado o ambiente. Estaba pousada sobre un frío e doce mar, o sol queimaba, a lúa era fría. Volvo os ollos e contemplo o ceo azul no cal a profundidade é o máis grande. Mª Carmen Portas Baldonedo
23
Posibilidades (Inspirado no poema Posibilidades de Wislawa Szymborska) Prefiro a orixinalidade do sentido común á dun político. Prefiro a terra en primavera. Prefiro os países de sol no pensamento. Prefiro ter unllas para comelas. Prefiro o demo a ratos que as oracións de xeonllos. Prefiro os cantos de berce para volver ser cativo. Prefiro as follas sen flores que as follas dun xornal. Prefiro a voz que o silencio. Prefiro os armarios. Prefiro moitas cousas que me calo e moitas outras que me imaxino. Prefiro o infinito que a vida con números. Prefiro tocar o ceo. Prefiro preguntar que responder. Prefiro o escenario. Prefiro as garras do león. Prefiro os castiñeiros milenarios. Prefiro os cartos no meu peto e non en Panamá. Prefiro que me guste a xente que amar o próximo. Amén. Prefiro non afirmar que a responsabilidade é miña. Prefiro a orixinalidade. Prefiro saír máis tarde. Cos profesores prefiro excursións. Prefiro vacacións recreos. Prefiro gardarme que compartirme. No amor prefiro que chegue que se celebre cando remate. Prefiro aos realistas que me din onde teño que ir. Prefiro a posibilidade dun porvir. Ángel Reboredo Iglesias
24
Camiño longo de pedra, camiño que leva ao noso lugar, estreito e escuro escuro e estreito ao luar. Lugar onde che gustaba correr, xogar, lugar onde, meu, sempre vas ladrar. Alejandra María Recimil Silva
25
De todas as voces bonitas que hai no mundo só a túa alborota o meu corazón. De todas as miradas coas que me crucei só a túa me fixo tremer. De todas as mans que toquei só as túas me deron calor. De todos os abrazos que me deron só os teus me fixeron sentir como na casa porque es o meu modus vivendi. Iria Rivas García
26
A mensaxe Cando as árbores están soltas, achégaste. Os paxaros levan consigo a túa mensaxe. Os peixes do mar fican quedos. Ao mirarte o meu corazón acelera a súa velocidade, desviándose cara ao amor. O vento zoa tras de ti como unha onda que, sen deixarte respirar, acaba por afogarte, ocultando o teu sentimentos. Sen quererme e sen quererte, así sen máis, desapareciches como aqueles paxaros que desapareceron das árbores soltos levando consigo a túa mensaxe. Rosalía Paloma Rivera Marcos
27
Primavera Primavera, fóra sae o sol, os paxaros cantan, florecen as cerdeiras, e todo torna en felicidade, en color. Primavera, no meu interior tamén, tamén cambio de estación. Sae o sol, e despexo esa nube negra que aniñara na miña cabeza. Os paxaros cantan, xa non choro, agora río e canto e bailo. Florecen as cerdeiras, e penso en desfrutar. Xa non son árbore de outubro que mira atrás, lamento a perda das súas follas. E si, dentro de min, coma no exterior, todo torna felicidade, todo torna en color. Antía Rodríguez Fernández
28
Chove Espertou, viu pola ventá que a néboa o cubría todo. Saíu pola porta, ía sol e pensou que non chovería. Antes de chegar ao seu destino comezou a chover. Tivo que volver polo paraugas. Carlos Santorum Varela
29
O valor do tempo Pasara un día máis, que era tamén un día menos, un día menos do tempo que quedaba, do tempo que quedaba para aproveitar, aproveitar as cousas que nos fan sentir mellores persoas, actuando como se este tempo, en realidade, nunca tivese fin; porque as mellores persoas, fanche esquecer que isto é efémero. Son as que che ensinan a aproveitar o que xamais regresa. Antía Varela Donsión
30
As cousas Por que agardas con paciencia as cousas? Se estas son inútiles para a túa vida, inútil é tamén agardar. Se as cousas son necesarias, elas virás a tempo. Borja Vázquez Ulloa
31
Sen saber nada Esta noite séntese soa sen ningún apoio próximo matinando en algo para poder facer. Séntese como unha única nube no ceo, sen ninguén en quen confiar nin poder falar. A súa cabeza matina: quedar ou regresar... Atópase no seu cuarto encerrada entre catro paredes, vendo como as súas bágoas caen paseniñamente facendo dano. Agora só lle queda agardar e matinar unha forma de fuxir dese sufrimento que tanta marca lle está a deixar e do que non sabe se se poderá recuperar. Carla Cortizo Framiñán
32
Un día de inverno Un día de frío inverno, unha moza namorada pensou moito no seu namorado, decatándose do mal que estaba, por non poder velo. O tempo pasaba, e da súa cabeza non o sacaba, por moito que o intentaba, e en mil cousas pensaba, nada máis que nel matinaba. O tempo pasaba, e nada nela cambiaba, por moito que o intentaba, e en mil cousas pensaba, o amor por el mandaba. Cristina Lamazares Taboada
33
A chuvia A chuvia cae, escravízanos, ante todo aterrorízanos ver o que o mundo move, o terror que se expande, o terror que fire. Non se entende? Isto non consiste só en rimar consiste en dicir o que o meu cerebro pensa reivindicar. Fixéronme cousas imaxinables, non me equivoquei, a ti tamén che pasou, iso significa que a vida é mala por levar a xente mala a esta vida. Soportamos dores, abrimos e cerramos cicatrices, á parte de por amores, tamén por nós mesmos. Aí é cando dis perdoa Aí é cando xa che din, persoa Mónica Méijome Pereira
34
Esquecida Ti eras a sombra provocada pola miña luz, sentíchesnos? Outra estrela, ti esfúmaste. Temo que o noso obxectivo non estea ao alcance da vista. Onde estás agora? Foi todo unha fantasía miña? Fuches só imaxinario? Como a Atlántida, baixo o mar. Outro soño máis, o monstro corre libre por dentro miña. Esquecida, tan perdida. Estas augas pouco profundas non me deron o que quería. Déixoo pasar, un mergullo máis profundo, o eterno silencio do mar, estou respirando, viva. Baixo as brillantes pero descoloridas luces ti prendiches lume ao meu corazón. Érika Méndez Coego
35
Volver Sempre hai unha despedida e un volver. E é a mesma historia que a miúdo ser repite de querer volver. Volven as estacións do ano e con elas o seu acontecer; volve a horta a florecer, o froito a crecer e as follas a caer. E nós, para ben ou para mal, sempre queremos volver onde quedou enterrado o cordón umbilical. E, que sucede cando volvemos ao sitio anhelado? Entón dámonos conta que nada é o mesmo, e que todo cambiou. Tatiana Méndez Fuentes
36
Silencio doloroso Se cada golpe fora mortal tería tantas camas no ceo como pelos na cabeza. Ti. Vós. Eles... Sodes moitos os que fixestes da vida un inferno e da morte o ceo. Sentía o meu lombo latexar cada vez que entrabas ti pola porta da habitación. Escoitaba os teus pasos nos meus ollos. Eran duros e fortes. Co tempo foron brandos e suaves. Xa pensei que era tan bo o ceo como o inferno. Alba Montouto Labandeira
37
Adeus Porque sei que a veces te vas, marchas, e non volves por razóns da vida por momentos que alguén ten que sufrir. Acórdome de ti, das túas palabras, e agora acordareime deste día infesto. Marchas para sempre marchas sen dicir sequera ADEUS. Agora xa é tarde collinte da man e aínda así soltácheste, deiche un ósculo e aínda así fúcheste. Non esquezas o camiño, non esquezas o regreso, esquece os problemas dunha vida chea de dor. Uxía Pérez García
38
A amizade Amigos, sempre seremos amigos para contar alegrías e penurias, unha a unha, e así teremos como testemuñas o sol, o vento, a noite, ou a lúa. Viaxaremos por mundos distintos para buscarnos con todo o empeño. Seremos como o camiñante que cabalga buscando o seu soño! Amigos sempre sobre todas as cousas como van unidas espiñas e rosas sen que importe nunca a distancia nin o tempo. Eu seguirei así como o fan poucos, buscando na vida os meus soños. E, se algo pasara, sempre seremos amigos. Daniel Vázquez Soto
39
O futuro é dos que soñan Soñar para cantar, soñar para bailar, soñar para rir, soñar para namorar. Non deixar de loitar aprender a respectar e valorar o que cada un pode dar. Non lle digas a ninguén que non se pode nin permitas que ninguén cho diga. A vida é un soño que aproveitar e os soños, soños son. Lucía Abeledo Fernández
40
Oda a Ourense Oh, Ourense! Terra de afiadores e paraugueiros. Xunto co correr das augas do río Miño corre a túa historia, pasando polos teus inicios coa Ponte Vella e continúan, rápidas coma o tempo, ata chegaren á Ponte do Milenio. Os teus veráns caloroso, que quentan a miña alma con liberdade e alegría. E agora que te vexo, rodeado de montañas grises como a cinza e coa néboa entre os teus edificios, case pareces unha ilusión, unha quimera que non pode ser real. Cecilia Fernández Cardero
41
Deixa que a música entre no teu corazón Deixa que a música entre nos teus sentimentos Deixa que a música guíe este momento Non deixes de tocar un instrumento Non deixes de bailar con sentimento A música inspira, tranquiliza A música dá alegría A música da vida A verdade é que se a música non existira non sei que faría. Ana Rosa Fernández Pájaro
42
Cando todo acabou, soubémolo. Todo quedou en silencio, nin as pombas, nin os paxaros, nin os xeonllos da avoa soaban... Ninguén dicía unha palabra. Pero de volta o ruído volvía, e esta vez era moito máis forte. Este ruído atronador facía romper os cristais das fiestras dando e producindo máis medo. Todos estabamos debaixo da mesa da cociña cando todo rematou. O peor de todo foron as mortes, as vivendas e soños esnaquizados... Polo demais segue todo igual. Gabriel Fernández Pájaro
43
Sen vida Engaiolada como un paxaro, triste e sen vida coma unha flor seca, tan doída coma un animal ferido. El tratábaa como quería, ela facía o que el dicía. Tiña medo, medo do dano e do engano que sufría. tan namorada e que enganada estaba, as promesas que del tiña eran mentira. Só había unha verdade, a dor; esa, esa seguía aí e permanecería toda a vida que el aínda non lle arrebataría. Mireia Hermida García
44
A pluma chea de amargura Vinme atraída por un soño a este lugar. Pero o soño agora xa se desvaneceu. O presente está manchado de silencio e soidade, agora xa caín na realidade? Durmirei mentres as miñas ás floten porque chegarei, ao destino onde un día meu corazón curarei. E os anacos da miña alma rota ninguén recollerá, como unha pluma o vento me acollerá. A eternidade é moi triste e búscame xa. Quero teu amor pero el mañá non chegará. Olalla Lamela López
45
Oxalá algún día consiga Oxalá algún día consiga que te vexas cos meus propios ollos, pero non te preocupes, que mentres tanto teño a intención de non deixar de mirarte nunca. Oxalá algún día consiga que te escoites cos meus propios oídos, así entenderías porque a certas cousas só sei responderche cuns bicos. E creme, namoraríaste de ti cada día, se foses eu. Sofía López González
46
Verbo Abre a túa conciencia e mira nas paredes. Dirán que podes ser un mesmo sen fixarte noutros seres. E ser vento entre desertos de cemento, sabendo que quen te rodea xa non te moldea facendo que todos crean, que loitas polo que queres. Ti dis, ti fas, ti creces ti sentes porque es verbo. Alicia López Membiela
47
8 de xaneiro Abrín os ollos co primeiro asubío, saquei unha perna e logo a outra tan longas como o Miño, e acompañadas desas curvas do Candán. Sentín uns berros chamando por min, berros ocos, coma os cocos pero arrepiábame ata o último pelo de tal maneira que a lente de contacto se me caeu polo sumidoiro, sabía que me miraba, como eu a miraba, pero incluso estirando non chegaba. Abrín a fiestra e contemplei a horta, xa andaba o raposo papando nas cebolas, as galiñas cacarexando coma tolas e o galo aínda durmindo, que non me serve nin para dar as cinco. (Vivo nunha casa de dous pisos, pero cando toca limpeza non se asoma nin cristo) Dirixinme ás escaleiras, os berros ocos seguíanme a chamar seguramente pola miña ausencia. Distraída piseille a cola ao gato de maneira que este me mandou unha gadoupada, e alí fun escaleiras abaixo. Sentín o contacto cos catorce chanzos e cada un deles con distintas sensacións ferro, madeira, pedra, lousa e formigón; ata chegar ao último que me proporcionou un tirón. 48
Quedei no chan escarranchada, coas pernas estiradas. E esperando a que se me pasase o tirón albisquei un sorriso pillabán. Unha mirada profunda como a das vacas, entón decateime de que fora unha trasnada do meu irmán e as súas pallasadas. Cheguei á cociña de mala maneira e alí andaba a voz, mirándome perplexa. Miña nai adóitase preocupar moito e para iso conteille un conto, senón mándame quedar, e hoxe tiña que ir traballar Senteime a almorzar, outra vez leite con pan. Comprarei un bocata, de xamón e queixo, para coller forzas e poder pasar a mañá no inferno. Dirixinme á parada do autobús e observo como as vellas, fan cola na porta do Carrefour. Entro e sento, botando unha ollada aos nenos que fan as tarefas pendentes do inverno Acabáronse as vacacións, outra vez, día tras día, volta á rutina. Laura Nogueira Otero 49
Tan cerca e tan lonxe Espertei e non estabas cerrei os ollos e tampouco intentei acariciarte pero non dei non estabas. Soñei contigo con estar ao teu carón con darche un bico unha aperta paro unha vez máis non estabas. Pronunciei o teu nome e non contestaches inquieteime e unha vez máis púxenme a chorar Sigo esperando o teu regreso os teus beizos e esa mirada inquietante. José Rodríguez González
50
Corpus Christi Outro ano máis estaba alí, as campás resoaban fortemente, a auga caía, a praza chea de xente. Todos baixaban pola rúa da Esperanza unha travesía de dúas cores pero hoxe asemella un mundo vexetal. Chove. Chove a mares, a caldeiros, a cachón... O caso é que chove. Pablo e Pedro tiraban fotos, moitas fotos. Fotos para as súas postais POSTAIS SEN ENDEREZO. Alberto Taboada Vilar
51
O seu lindo mirar Os seu ollos son como un raio luar que está sempre disposto a iluminar a escuridade cando o sol se aparta. Os seus ollos, a para min, son reflexos que ilumina o meu camiño. Os seus ollos son divinos e téñenme aprisionado aos eu arredor. Eu non sei o que me farán os seus ollos que ao mirarme mátanme Entón, que vai ser de min? Se cos seus ollos me quere matar, non me deixarán vivir o meu ben en paz. Faisury Zapata García
52
O seu lindo mirar Os seu ollos son como un raio luar que está sempre disposto a iluminar a escuridade cando o sol se aparta. Os seus ollos, a para min, son reflexos que ilumina o meu camiño. Os seus ollos son divinos e téñenme aprisionado aos eu arredor. Eu non sei o que me farán os seus ollos que ao mirarme mátanme Entón, que vai ser de min? Se cos seus ollos me quere matar, non me deixarán vivir o meu ben en paz. Faisury Zapata García
53
54
Xuño-2016 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO Coordinador: Xosé Payo
55
56