Somos. 4º ESO A

Page 1

Somos

4ยบ ESO A

1


IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO A. Curso 2018-2019 Edita: Departamento de Lingua Galega

2


ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES: 1.

Abeledo Miguélez, Paula

2.

Areán Fernández, Aarón

3.

Blanco Pereiro, Adrián

4.

Crespo Martínez, Xabier

5.

Cuñarro Ferreiro, Martín

6.

Currás González, María

7.

Farnández Carral, Luís Manuel

8.

Fernández Sucasas, David

9.

Fernández Vila, Nicolás

10. Fontán Taboada, Rubén 11. García Fernández, Miguel 12. García Fuentes, Pablo 13. García Liñares, Antía 14. Iglesias Vázquez, Iván 15. Jácome Amarante, Iván 16. Ledo Lançao, Álex 17. Ledo Otero, Hugo 18. Méijome Diéguez, Hugo 19. Núlez Sila, Iker

20. Pérez Nieves, Hugo 21. Rivas García, Roi 22. Rodríguez Mato, Daniel 23. Rodríguez Mosquera, Aarón 24. Senra Trigás, José 25. Simón Porral, Álvaro

26. Vidal Cortizo, Esteban 3


GĂşstame:

4


A comida, o fútbol, os videoxogos, a tecnoloxía, os deportes, saír cos meus amigos, as festas, os fogos artificiais, a cor azul, os coches, as carreiras de coches, en especial os rallys; os edificios altos, as construcións antigas, a lasaña, o chocolate, a música, a roupa deportiva, os tenis, as vacacións, a calma, os días solleiros, as postas de sol, visitar novos lugares, a orde, a neve, ver a televisión, os animais, a fotografía, andar descalzo, as xoaniñas, os bicos de miña moza, as meixelas gordechas e redondiñas, sentar detrás da lareira, as meigas boas, os vagalumes que voan á noitiña, as boas enchentes, posto que so un larpeiro; as noites de lúa chea, os percebes, o luscofusco, coñecer novos compañeiros, o voo das andoriñas, os montes con árbores centenarias, os muíños á beira dos regatos, os mexillóns da ría de Arousa, a maxia do Nadal o polbo á galega, as persoas con sentidiño, sorrir, as apertas e os aloumiños dos meus, os meniños, as fervenzas, observar os lóstregos nas noites de treboada, o Entroido, e sobre todo correr cos peliqueiros; apañar amorodos, a cor laranxa do solpor, as mazás, durmir toda a mañá, o silencio, o número tres, a pelaxe do meu cabelo, os libros curtos, a vida, as persoas amables e alegres, 5


o pelo rizo, os sombreiros, unha cunca de leite quente con galletas, os chistes malos, as casas grandes, o azul do ceo, a forma das estrelas, o son do mar, escoitar os Rolling Stones, estar sentado, as apertas de miña nai, a diversidade, sentir o aire na cara, a soidade da cor branca, facer exercicio, empaparme en choiva, o francés, bailar, as peluches de animais, ser diferente, a Nocilla, as persoas sinceras, cantar, os nenos pequenos, os lagostinos, o inverno, as persoas que te valoran, a cor clara nos ollos, a froita, o feminismo, ler, os abrazos, o meu nome, sentirme importante, as lambetadas, as ciencias, máis en concreto a Bioloxía; os lunares, discutir con alguén, ter soños, a tranquilidade, o sol, o frío, a cor vermella, a arte urbana, os parques de atraccións, nadar, o mar, descubrir cousas novas, o cheiro de certas comidas recentemente feitas, pasar tempo cos amigos e coa familia, estar só cando estou triste, reflexionar, os retos, escribir para desafogarme, debater, o italiano, Italia, a xente inconformista, buscar figuras nos obxectos, os xogos de mesa, axudar, as sorpresas, coñecer as persoas, a ignorancia, sempre que me permita aprender; imaxinarme realidades paralelas, desfrutar do presente, ver animais salvaxes, a tradición, 6


recordar bos momentos, ter supersticións, estar feliz, os callos de miña nai, rir cos meus amigos, os bocadillos de chourizo e queixo, montar a cabalo, levar posta unha boina, quedar na casa a fin de semana, cear nun restaurante, a paisaxe de Galicia, as telenovelas, unha cidade que teña moitos xardíns, ir á casa de meus avós, ir de acampada cos meus pais, xogar ás cartas co meu avó, os cans, sobre todo o meu; montar en bicicleta, darlles o leite aos xatos, pasear pola rúa, comer patacas fritas todos os días, beber auga, facer o parvo, o chocolate con pan, viaxar polo mundo enteiro, o leite quente con cacao, ver películas na casa, xogar no ordenador, ir ao instituto, A Bioloxía, a Física e Química, o arroz, os chistes, vestir ben, as cancións de Green Day, o churrasco, falar cos amigos, Galiza, as Matemáticas, a fotografía abstracta, tirar fotos, o balonmán, a cor negra, as peras e as mazás, os espaguetes, a montaña, a noite fechada, as patacas, xogar ao fútbol, as gominolas, o xamón, o número vinte e tres, o teléfono móbil, facer kung-fu, o Cola Cao, ir ao cine, xogar no teléfono, as hamburguesas, xogar ao béisbol, os ordenadores portátiles, cociñar, tocar superficies suaves, comer melón, os mangas, a serie “Código Luoko”, 7


os recreos do instituto, facer o parvo, a expresión “ao chou”, estar co meu irmán, o queixo, a primavera, o verán, a praia, a auga quente, estar feliz, aprobar Galego, os agasallos, as rapazas, os filmes de todo tipo, ver series de Netflix, as cuncas de leite polas mañás, non ter que madrugar, vestir cómodo, o Real Madrid, ir a Sanxenxo, Barcelona, ser ordenado, tomar un bo trago de auga despois de facer exercicio, a aldea de miña nai, escoitar o apracible son da chuvia, ver como as pingas percorren a ventá, o son das ondas ao romper contra as rochas, a brétema, o orballo, as larpeiradas, as panxoliñas, ir aos cogomelos, o cheiro da terra mollada, as castañas, a poalla, as cores do outono, mergullarme no mar, ollar o luar, ver caer as avelaíñas, erguerme tarde, pintar a faciana polo Entroido, a sarabia, os toxos, ver a torba, ver como escampa, folgar, mirar os lucecús pola noitiña, o rir dos meniños, ver como caen as folerpas, xogar ao fútbol sala, axudar a miña nai coas tarefas da casa, ordenar a miña habitación, pasar a aspiradora, fregar os pratos, ver “Pasapalabra”, a pizza, a ensalada mixta, xogar á consola, ver vídeos de receitas, xogar ao baloncesto, facerlle comentarios literarios ao profesor de galego, realizar debuxos, a música galega, 8


quedar cos meus amigos para ver un partido de fútbol, facer traballos no ordenador, o biscoito, sobre todo de chocolate; o baile galego, escoitar cancións de Melendi, escoitar trap, coidar cans, tocar o tambor, a pandeireta e a guitarra; ver películas de acción, pintar cadros, xogar aos dardos, o cocido, ir á piscina coa miña irmá, o Fortnite, os gatos, os pasteis de nata, ir ao parque, ver vídeos en Youtube, os Chupa Chups, que me toquen o cabelo, a pizza con piña, os zapatos caros, a roupa de marca, as chaquetas negras, as chaquetas negras, as sestas, os baños, os xeados, ganar, as batallas de galos, a comida rápida, o parkour, a clase de Historia, estar coa familia, o Nadal, ver partidos de calquera deporte, a laranxa, a Educación física, xogar aos dardos, o pimpón, ver series, a comida lixo, a treboada, os refrescos, o leite polas mañás, as rapazas, a informática, as redes sociais, o xadrez, o bádminton, ser impuntual, a cor amarela, as películas románticas, unha canción que me traia lembranzas, Aron Piper, que me dean unha aperta cando estou triste, o balonmán praia, os amorodos, as flores na primavera, o mel, as chaquetas negras, as sestas, os baños, os xeados, ganar, as batallas de galos, a comida rápida, o parkour, a igualdade, 9


ter un soño e ao día seguinte lembrarme del, as novelas de John Green, a fisioterapia, Pontevedra, cando as avoas che dan cartos intentando que os pais non se decaten, as cores do outono, Harry Potter, os filmes de Marvel, estar cos primos, ir traballar con meu pai, a clase de Galego, mentir; ver xogar e gañar os Celtics, ir ao río no verán, Goiás, os pasteis de chocolate, espertarme e saber que podo durmir máis tempo, facer deporte, animar o meu equipo, abrir agasallos no Nadal, os animais salvaxes; as películas de Disney, os días de choiva, abrazar a miña irmá, pasar o meu aniversario coas persoas que quero, ver sorrir a miña nai, tomar xeados cando vai moita calor, as batallas de rap, a música inglesa, pegarlle a miña irmá, as tardes de sofá, manta e película; as árbores, a clase de Cultura Clásica, as claudias maduras, os partidos que xogo as mañás dos domingos, os grelos, gañarlle a Iván xogando ao fútbol, xa que se pica moito; o Barcelona, as pelexas de galos, o movemento feminista, o PACMA, os memes, as clases de Tecnoloxía da Información e Comunicación (TIC), os polinomios, a formulación, andar en bicicleta polo monte, durmir durante dez horas ou máis, Arxentina, as excursións do instituto, as vacas, 10


o posible cambio de presidente en Venezuela, e sobre todo a súa liberdade; axudar a xente no que podo, a deportividade, ler revistas, só as de divulgación científica; nadar no río, que me fagan agasallos, camiñar, a calor, os doces, os xeados, sobre todo de chocolate; as películas de ficción, trasnoitar, o biscoito de limón, as xuntanzas familiares, mercar roupa, a fin de semana, o mundo do motor, camiñar polo monte, estudar, o pastel de mazá, ver o Real Madrid, investigar algo na Internet, debuxar, navegar pola rede, pescar, aprobar todo, quitar boas notas, ir a clases de Inglés, ler libros de misterio, as películas de piratas, aprobar Matemáticas, xogar ao Trivial, ver as noticias, ver concursos na televisión, as clase de Educación Física, a tortilla de patacas, a cebola, os ovos fritidos, a álxebra, ver “Cuarto milenio”, a piña, o turrón, ir de ruta coa bici, a mecánica, o leite con cereais, as galletas, a Nocilla, o cacao, os cubos de Rubik, as plantas, toda a natureza, en especial a galega; os documentais, a comida que fai miña nai, saír a correr os día que non chove, os libros en galego, todo tipo de artes, o olor a gasolina, o vento zoar, “Operación triunfo”, camiñar polo monte, estudar, o pastel de mazá, 11


o cocido se é de Lalín, mellor; Eurovisión, as orquestras, facer esquemas, que o Celtiña gañe, cear coa miña familia, o galego, o marisco, a praia das Catedrais, Italia, o Breogán, a cor verde, as emocións fortes...

12


Non me gusta:

13


Os bolígrafos sen tinta, o ruído, xogar ao fútbol, o peixe, as alturas, as atraccións, os sitios pouco ordenados, o frío, erguerme cedo, os exames, os beizos repelados, recoller a mesa, a impuntualidade, Telecinco, o racismo, perder un partido por un punto, almorzar ás présas, que me griten, o cocido frío, o machismo, os conflitos, a xente á que lle dá igual todo, volver cedo das festas, o chocolate, durmir pouco, chegar tarde aos sitios, que me contesten mal, que me falten ao respecto, os bichos, máis en concreto as arañas; ver a televisión, os lugares pouco ordenados, estar enfermo, os medicamentos, tropezarme, a sopa, as alturas, a cor rosa, a xente demagoga e hipócrita, os chícharos, ver a xente pelexar, os silencios incómodos, pelexarme, a miña timidez, a calor, a praia, estudar Música, facer os exercicios, vir á escola, os gorilas, a xente mentireira, ir de compras, que me fagan cóxegas, os corvos, que me requisen o móbil, estar sentado, os rapaces pequenos que choran día e noite, escoitar música, quedar só na casa, o tictac do reloxo, facer o xantar, os crocodilos, traballar, enganar os demais, lavar a louza, sobre todo cando non me toca; os días que chove, o final das vacacións, o aire acondicionado, as noites frías con xeadas, 14


visitar hospitais, vivir nunha cidade grande, os xeados, a desorde, o silencio, cabrearme, estar triste, quedarme en branco, mentir, a verdura, o cine de terror, que me manipulen, medrar, estar en tensión, o baloncesto, a violencia, cando é innecesaria ou excesiva; as reprimendas, ter que me erguer cedo, ler por obrigación, a contaminación, que che morra un ser querido, a roupa moi axustada, ver a xente chorar, facer regalos, os luns, o ruído cando hai pouco tempo que espertei, sentirme inútil, ter faltas de ortografía, ler libros en formato dixital, cando a comida se che queda entre os dentes, falar en público, aburrirme, ter vertixe, perder, o sentimento de impotencia, que non me respecten, que me infravaloren, o leite, as arañas, o ruído, o sangue, as redes sociais, as persoas falsas, escribir co lapis, as miradas de superioridade, as serpes, os prototipos de muller, o mel, o apelido García, as portas pechadas, os espellos, as persoas que non distinguen entre discutir e falar as cousas, chorar, o inglés, os cadros, o humor negro, Vox, perder o tempo, o ferro oxidado, os reloxos atrasados, entrar na ducha, estar só de noite, que maten animais por pracer, que se acabe a pasta de dentes, pasarlle o ferro á roupa, estudar sen aprender, a treboada, 15


o final da vida, o alcol, os libros sen portada, que me dean un susto, comer sen ter fame, ter que aguantar algunhas persoas, a escuridade, os sitios estreitos, o negror da lúa nova, os feitizos, as malas vibracións, as persoas rabudas e testanas, os lumes que arrasan os nosos montes, empregar luvas, xa que me fan suar as mans; as tartarugas, as tardes nas que arroia, xogar de gardameta, os espantallos entre o millo, ver bágoas nas meixelas dos meus, falar en castelán, os toxos no medio dos camiños, os pesadelos que me fan espertar atemorizado polas noites, as mentiras, discutir coa miña moza, mollar os pés, estar moito tempo sen ver os meus avós, muxir e levar as vacas ao prado, as panxoliñas, camiñar sobre o trollo, as cóxegas debaixo dos brazos, o fedor a tabaco, tomar xarope, a viruxe nos días fríos, darlle o leite aos xatos, os pementos, a xente maleducada, o programa “Sálvame”, as aglomeracións de xente, as algas, os debuxos abstractos, o viño, os roubos, as lesións, as setas, os retrasos, a política, pintar, a sucidade, a xente que destrúe a natureza, os galegos que din que non son galegos, os que critican os galegos e a súa lingua, a comida do comedor, a comida sen sal, o tabaco, as drogas, os sons desagradables, 16


a calor artificial, a chuvia no verán, que miña nai me diga que roupa pór, o dentista, as poucas vacacións, as telenovelas, os insectos, o refresco de cola, non quedar cos meus amigos a fin de semana, perder ás cartas, tirar o lixo, os ruídos dos veciños, comprar roupa, facer os deberes, perder un partido de balonmán, o chourizo de cebola, a Física e Química, ler libros obrigatorios, estudar Historia, levar días estudando e ao final suspender, ao maltrato aos animais domésticos, os estoupidos ou sons moi fortes, a violencia de xénero, realizar redaccións moi longas, as serpes velenosas, algúns debuxos animados, a tortilla pouco feita, que se me esqueza unha cousa moi importante, as rifas da miña nai, que me molesten cando estou estudando, perder as cousas, que os meus compañeiros non calen cando hai exames, a caza furtiva, as silvas, que me castiguen, os baños públicos, ver cadros dalgún pintor, a corrupción, os exames de Matemáticas, non facer nada, a música clásica, o chocolate negro, a cor amarela, xogar ao tenis, a roupa frouxa, as inxustizas, o noso sistema educativo, o bacallau, o caldo, durmir a sesta, os lóstregos, os cogomelos, o brócoli, a suor, as abellas, os froitos secos, que me molesten mentres durmo, os avións, 17


os pallasos, as enfermidades, saír de festa, as películas románticas, ir ao médico, poñer a alarma, o chocolate branco, as culturas, deitarme cedo, a cor verde, as pelexas entre amigos, o independentismo, a homofobia, o maltrato animal, sobre todo aos cans; a pizza con piña, o veganismo, non só a dieta; o comportamento dalgún compañeiro nalgunha clase, as clases de Historia, a deforestación, o racismo, as películas que se asemellan a outras como “Star Trek” con “Star Wars”, a Coca-Cola, o tempo que está levando sacar a Julen do pozo, o quentamento global, o reguetón, polas súas letras; ver partidas de dardos, o Real Madrid, o zurro, ver como matan os porcos, correr tras as ovellas, os concursos lixo de Telecinco, especialmente “Gran hermano”; as comedias románticas, as violacións, as películas tristes, o olor a can mollado, as guerras, botar moito tempo sen ver a unha persoa, a pedofilia, a tortilla con cebola, a miña profesora de terceiro e cuarto de primaria, o programa de televisión “Operación triunfo”, ter moitos exames, perder os partidos, a xente que fai ruído ao mastigar, ducharme con auga fría, as comidas familiares, os “reality shows” como “Gran hermano”, “MYHYV” e “Supervivientes”; vir ao instituto, 18


saír da ducha, ler, ir ao baño e que non haxa papel, aforrar, facer os labores da casa, LeBron James, que me regalen roupa, as persoas que me fan esperar, o golf, perder, a tormenta, as alarmas, a tortilla sen cebola, as películas de medo, que se me acabe a tinta dun bolígrafo, os embigos, que se embacen as lentes, chocar contra farois e papeleiras, rematar as fins de semana, que me collan as cousas sen pedir permiso, que meu irmán marche de viaxe, a distancia, as fabas, os chícharos, viaxar en avión, barco ou moto; os iogures de pera, que me pidan perdón cando me fan dano, que alguén fume preto de min, o ruído molesto continuo, as persoas que son antipáticas, as discusións, as rifas de meus pais, a sociedade, os cárceres, durmir con calcetíns, debuxar, as clases, sobre todo pola tarde; ordenar a miña habitación, limpar, a música electrónica, xogar con meu primo, as bebidas con gas, as miñas notas, a cor lila, que me insulten, os kiwis, a cebola, estar castigado, estar sentado moito tempo, o arroz con leite, as escordaduras, ser rexeitado, a Bioloxía, os cogombros, que non funcione a wifi, que miña avoa estea enferma, que miña nai fume, as persoas egocéntricas, a Xeografía, que a miña mellor amiga non me fale, a cor marrón, 19


apañar nas patacas, arrincar as malas herbas, a xente que se droga para chulearse, a carne pouco feita, a falsidade nas persoas, xogar ao pádel, os touros, os gatos, a xente presumida, ver programas do corazón, comerme as uñas, beber alcohol, utilizar calcetíns de nocello, poñer a lavadora, darlles de comer aos gatos, as infusións, sacar no esterco, plantar na horta dos meus avós, estudar polas noites, ler libros pola noite, fregar os baños, a coliflor, que me suspendan, que me fagan cóxegas no pescozo, que a miña nai tire as miñas cousas e que me descoloque todo na miña habitación, as lentes de sol que teño agora, ir coller aos toxos para as cortes, porque me espiño todas as pernas e despois dóenme moito; coller comida das máquinas expendedoras, fumar, ler libros en inglés, andar co móbil moito tempo, utilizar calcetíns longos ou de lona, que me rifen, que fagan mofa de min, fallar moitas veces, os ladroízos, a viruxe, os esbirros, os lacazáns, mergullarme en auga fría, ter calafríos, ter comellóns, saloucar, esnafrarme contra o chan, que non teñan agarimo comigo, que non me dean unha aperta, sentir morriña e saudade, desencantar os demais, quitar a árbore de Nadal, non celebrar o Samaín, 20


vivir nunha sociedade que non sexa ceibe, que me fagan cóxegas, as vacalouras, o repolo, disfrazarme, adestrar chovendo, que se crean superiores a min, facer un mal partido, que me castiguen sen razón, que me mintan, os malos cheiros, que me rouben obxectos na clase, percorrer moitos quilómetros en coche, que me repitan as cousas moitas veces, que a xente se faga a graciosa, ter que esperar por alguén, ir sachar, a xente que molesta nas clases, ver o telexornal, a cor marrón, facer ioga, os ladróns, o número trece, a materia de Castelán, a xente chula, as batas dos doutores, a materia de Matemáticas, as cancións de rock, as clases dos luns, levar gorro, ser alérxico ao pole, o Nesquik, levar posto vaqueiros, estar lesionado, andar en triciclo, ir de caza, o outono...

21


22


Febreiro-2019 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO A Coordinador: Xosé Payo

23


24


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.