Somos 4º ESO B

Page 1

Somos

4ยบ ESO B

1


IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO B. Curso 2018-2019 Edita: Departamento de Lingua Galega 2


ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES: 1.

Alves Rocha, Thais

2.

Capiscol Pérez, Sara

3.

Casal De la Fuente, Martín

4.

Castro Iglesias, Óscar

5.

Galego Ouro, Andrea

6.

García García, Suevia

7.

García Pereiro, Antonio

8.

García Varela, Fabián

9.

Gonçalves Barreiro, Érika

10. López González, Alfonso Manuel 11. Moldovan, Ioana Alexandra 12. Pasare, Elena Emilia 13. Pereiro Otero, Rosa 14. Pérez Iglesias, Antía 15. Rincón Ramírez, Amaral Janiny 16. Rodríguez García, Ainara 17. Romero Mariño, Ainhoa 18. Solís Villaverde, Alazne

3


GĂşstame:

4


Ir de festa cos meus amigos, sobre todo os sábados; viaxar aos países latinos como Brasil, Venezuela, República Dominicana...; xogar aos xogos populares, os xogos de mesa, ir de compras coas miñas amigas, escoitar música rap ou reguetón, conducir co auto de miña nai, falar portugués coa miña familia, maquillarme todos os días, durmir bastantes horas, ver Netflix, ver a serie “Los protegidos”, ir cear cos meus amigos ao San Martín, ir á Festa do Eurocubata, ter problemas con Alicia, ir á praia e ao río de Carmoega, ver partidos do FC Barcelona, ver fotos de cando eu era pequena, ver o atardecer sentada no meu balcón, ler libros de drama e romances, navegar pola Internet, entrar nas redes sociais, facer deporte no Lalín Arena, as tatuaxes, comer case todo o día, rir cos amigos, xogar á Play, facer festa cos meus amigos todos os sábados, conducir, estudar Historia, ir a vilas nas que non viva como Melide ou Silleda, para saír da rutina; ir a Castela e León, ir a Ponferrada a ver os meus amigos leoneses, os coches e as motos, pero conducilos, non velos; as vacacións, quedarme a durmir na casa dos demais, o castelán e a cultura española, os pisos, 5


espertarme tarde, estar todo o día en pixama, ver películas comendo flocos de millo, as pipas Facundo, os “piercings”, a tortilla crúa por dentro, ver fotos antigas, tirar fotos, os anoiteceres, o bacallau que fai miña avoa, as lentellas que fai meu pai, como cociña miña nai, o cheiro a libro novo e vello, a xente sincera, ir dar paseos ao monte, morderme as uñas, escoitar música, escoitar o ASMR, os vídeos e fotos de animais, viaxar, a maquillaxe, ir a concertos, xogar ás cartas coa familia, ir de festa, bailar, cantar, xogar con miña curmá pequena, o churrasco, andar co móbil, ver a televisión deitado no sofá, comer gominolas e todo tipo de bolos de cacao (Bollycaos), enfadar a miña irmá, os cabalos, as bicicletas e as motos, xogar ao fútbol cos amigos e ver partidos de rapaces que case son máis pequenos que a pelota, o baloncesto dos Estados Unidos, tocar a trompeta, o Seagrams, os chorros do spa, o cheiro da gasolina, o Real Madrid, o sol, a neve, a calor, o atardecer, as comidas familiares, ir á casa da miña avoa, o polbo á feira, a carne richada, conducir o tractor, os cans, aprobar sen estudar, escacharme coa risa, ver o anoitecer, coñecer xente nova, as apertas, 6


ler, ir ao cine, as comidas en familia, os animais, a natureza, pasear co meu can, facer atletismo, correr, a cor azul, os festivais, que faga sol, o Nadal, ir de excursión, debuxar, os nenos pequenos, coidar a miña curmá, as acampadas, as cidades, o número cinco, a paz, os sábados, a cidade de Bilbao, a roupa nova, escoitar música antiga, ver sorrir a miña avoa, cantar na ducha, os ollos verdes, xogar na praia, velo anoitecer dende un tellado, o chocolate negro, ir ao baño a todas horas, pelexar co meu irmán, os ollos da miña nai, ver películas de ciencia ficción, facer rir a xente, os rapaces con ollos escuros, escoitar música no autobús camiño da escola, sacar boas notas, viaxar a Romanía, darlle mimos ao meu gato, comer pizza na rúa, ver unha chuvia de estrelas, a literatura castelá, os videoxogos, a sensación de alivio ao defecar, os animais en liberdade, Twitter, o bico de boas noites de miña nai, bocexar, ler libros de fantasía, os amorodos con Nutella, o arco da vella, falar en inglés, a tolerancia, as apertas do meu avó, facer o parvo bailando na discoteca, o mar ao atardecer, as rapazas con ollos claros, a historia dos reis, ver películas paranormais, 7


o cabelo despeiteado polas mañás, o amigo de Naim, os calafríos que unha canción nos produce, o perfume dunha persoa querida, as viaxes en coche con música de fondo, sentir o Sol na cara en primavera, a melodía do piano, as sorpresas, os libros que me emocionan, as noites de verán cos meus amigos, volver dunha viaxe e durmir de novo na miña cama, os reencontros con alguén querido, cando me dedican un poema ou canción, aprender cousas novas, ver as estrelas, que os plans saian como os planeei, os ollos achinesados dunha persoa ao rir, o olor a doces, as conversacións ata a madrugada, que me fagan agarimos no pelo, escribir poemas, os nervios do primeiro amor, a cor negra, o son da choiva de noite cando estás na túa cama, as tardes de domingo vendo películas, a calor da estufa, a dor de barriga despois de rir moito, a complicidade, os mércores no instituto, o teatro, as pencas no nariz, o rosmar dos gatos cando os agarimo, o olor a crema, a terra mollada, ir de excursión coa miña familia, almorzar en familia, facer pasteis, pintar, disfrazarme, xogar ao balonmán, os gofres de chocolate, facer manualidades, a pizza, 8


montar en bici, ver películas cos meus amigos, os sábados pola noite, pasear o meu can coa miña familia, ir á piscina coa miña irmá, saír cos meus pais un domingo pola mañá, facer exercicio, a pasta carbonara, as series de comedia, a cor amarela, xogar ao xadrez, estudar Xeografía e Historia, os ollos verdes, ir andando ao instituto, as patacas fritas, pasar a noite na casa dos meus amigos, as películas de terror, os limóns, o xeado de laranxa, a noite, a lúa, os peluches, o anime, o manga, os cactos, a comida en xeral, a cor rosa, os bolígrafos de xel, ver vídeos en Youtube, a xente que non é falsa, xogar coa miña cadela, as bandas de música, ler libros interesantes, que confíen en min e poder confiar na xente, o recreo do instituto, facer rir, que a xente que me cae mal non me moleste, as criaturas sobrenaturais, o zodíaco, os poemas, os días de choiva, os venres, o xaponés, Xapón, Asia en xeral, a cultura asiática, as persoas de bo corazón, os nenos pequenos que se portan ben, os que son profesores (ou calquera outra profesión) por vocación, os aniversarios, a fantasía, o cine, os ordenadores, Lauren Krothe, os doces, o galego, o ceo, 9


os debuxos da infancia, as cousas novas, as paisaxes, o frío, as nubes, a luz, a felicidade, as persoas amables, os diamantes, o ocio, as cousas antigas, os misterios, a música clásica e a nova, a xustiza, a tranquilidade, saber resolver adiviñas, o aire fresco, non madrugar, o polo, as margaridas, ler libros de aventuras, saír a tomar algo, cociñar coa miña avoa, ver películas co meu irmán, normalmente de medo; os ollos verdes, o bo tempo, o piano, os xeados, os caramelos, nadar, ver as follas caer no outono, mirar o ceo unha noite estrelecida, os amorodos con nata, a cenoria, o baloncesto, o cabelo de cor castaño, as gaivotas, escoitar o meu pai tocar a guitarra, lembrar, escoitar, as noites de películas cos meus amigos, apoiar, pasar días enteiros vendo series, os rapaces, o cheiro do meu xampú, os pixamas de la, ir durmir tarde, almorzar unha cunca de chocolate, espertar a meus pais, saír de ruta as fins de semana, montar a cabalo, ir á praia no inverno e no verán, non saber o que vai pasar, o estampado de camuflaxe, as historias que me conta miña avoa, loitar polos dereitos das mulleres, facerme respectar, escribir poesía ou historias, 10


ir a lugares abandonados, dar masaxes, cociñar sobremesas de chocolate, os monumentos, contemplar o solpor, os incribles ollos azuis de miña nai, o ruído de meu irmán cando xoga, os agasallos inesperados, ir ao acuario, facer sorrir a meu irmán, soñar con lugares estraños, a calor da cociña de leña de miña avoa, cambiar de perfume moi axiña, que meu pai conduza rápido, o Cola Cao que preparan no Orly, ver os meus padriños, abrazar a todo o mundo, nadar na piscina cando estou soa, beliscar as meixelas dos meus amigos, xogar ás cartas todos os días, acompañar calquera comida con ensalada, facer que a vida sexa interesante, a cara da miña mellor amiga cando lle dá o sol, o biscoito de chocolate que fai miña nai, pasear coa miña irmá, xogar ao Homescapes, o xeado de nata, o bocadillo de xamón serrano, ler libros de amor, as cancións que me traian lembranzas, a cidade de Barcelona, Salou, o silencio, estudar Matemáticas e Economía, a roupa de marca, a cor laranxa, comer macedonia no verán, Beret, que me digan quérote, as mensaxes inesperadas, a auga quente á hora da ducha, a lasaña de miña nai, ir de compras coa miña avoa e ir de pesca co meu avó, 11


ir de vacacións a diferentes sitios e coñecer novas culturas, durmir escoitando música relaxante, o escritor Blue Jeans, o polbo con patacas, o feminismo, a xente cariñosa, ver series no móbil, facer deporte de cando en vez, a pasta, máis en concreto os macarróns; ver algún que outro partido de baloncesto os venres de madrugada, o fútbol americano, LeBron James, discutir con Iván sobre calquera tema, a cervexa, e se é galega mellor; a comida da casa, o queixo, axudar os demais, durmir con suadoiros, que empece o verán, visitar os meus avós, comprar roupa, axudar en calquera tarefa da casa, sentirme importante, Adidas, as sestas dos días longos, os lagostinos, ser delegado, ter sempre razón, comer lambetadas, falar, colorear, os amorodos, a tranquilidade da noite, a brisa da praia, os solpores de cores, o algodón de azucre, estar na ducha moito tempo, as mandarinas, os ollos azuis, as croquetas de xamón, os suadoiros, o chocolate con churros, as cores pasteis, aprobar os exames, as zapatillas brancas, ter ordenada a miña habitación, almorzar nas cafetarías, tocar a gaita, bailar baile tradicional, os pendentes, patinar, a froita, as verduras, os sábados polas noites, 12


dicir e que me digan grazas e quérote, saír a pasear con miña nai, cociñar coa miña avoa, ler o xornal co meu avó, axudarlle ao meu irmán cos deberes, calquera sobremesa que leve chocolate, as esculturas, as obras de arte, as tatuaxes pequenas, escoitar música cos auriculares postos, sobre todo pola noite; que me abracen cando non me atopo ben, que me manden mensaxes e memes, as cidades cosmopolitas, as praias de auga cristalina, as películas antigas, esculcar nas caixas onde a miña familia garda os seus recordos, a roupa “vintage”...

13


14


Non me gusta:

15


A xente ignorante, estar nerviosa, estudar, suspender cando me esforzo, o mal tempo, ter a menstruación, durmir e espertar cedo, que non me pidan perdón, as arañas, os feixóns e os chícharos, os fachas, que me fagan cóxegas, a xente que cando falas non te escoita, o maltrato animal, non poder ir a concertos, que me berren, non poder viaxar, as piscinas, a desigualdade, que me quiten o móbil, madrugar, ofender, pelexar, insultar e que me insulten, meterme coa xente, as praias, as peras, o brócoli, o puré de cabaza, o café, ser rexoubeira, a xente machista, a guerra, o maltrato a mulleres, homes ou animais; os castigos, os mosquitos, o medo, ler libros grandes, saír de festa ata moi tarde, o mal tempo, ter moitos exames, facer deporte, bailar, as películas de medo, viaxar soa, quedarme na casa cando vai bo tempo, a roupa frouxa, ler, discutir, quedarme sen batería no móbil, as lentes, cociñar, limpar, a xente falsa, a xeada, as gomas de mascar de menta, estar enferma, o ruído da cidade, a caza, as tormentas, as comidas con demasiado sal, as mañás frías, a cebola, os pantalóns estampados, ter sono e non poder durmir, o aguacate, as gambas, cortarme co papel, os deberes, o actual equipo de FC Barcelona, 16


non facer nada, sentir impotencia ao non poder axudar a alguén, ler obrigatoriamente cousas que son aburridas, as recuperacións, perder algo que me importa moito, agoniarme por calquera parvada, picarme facilmente, facerlle dano a alguén xogando, o rugby, os bolígrafos sen tapa, enfadarme cun amigo, caerme torpemente, que non me dean a razón cando a teño, que me fagan perder o tempo, sentirme incomprendido, ser a cabeza de turco en determinadas situacións, responder por persoas que non o farían por min, a seriedade en determinadas ocasións, aburrirme, a tauromaquia, a violencia de xénero, espertarme pronto cando non toca, que ofendan a miña terra, os días de inverno, estudar Latín e Lingua castelá, morder as uñas, que as cousas me saian mal, a carne de tenreira, a cor amarela, os cómics, o egoísmo, o final das vacacións, os tenreiros, que a miña irmá colla as miñas cousas e as esconda, as saias, a morte, ler en inglés, a impuntualidade, camiñar soa pola rúa cando xa é de noite, perder o autobús do instituto, Pablo Neruda, os gatos cando se fan grandes, quedar na casa a fin de semana, ver os programas que vén miña nai ou meu pai, 17


ver chorar a alguén moi próximo a min, comer peixe en xeral, estudar Matemáticas, que chova polo día, o bocadillo de queixo, escoitar música rock, o xeado de café, ler noutro idioma que non sexa portugués, a cor castaña, ir sachar ás patacas, ir traballar na leira de meus avós, a xente mentireira, que meus pais me castiguen, viaxar a Europa, a xente manipuladora, viaxar en barco, o chocolate negro, o medo, fregar a louza todos os días, os rubios, o monte, a choiva, estar coa miña nai, que me digan o que teño que facer, os drogados, os acusadores, o Real Madrid, cambiar de táctica de xogo no fútbol sala, algunha xente da miña clase, ir de compras coa miña familia, os árbitros estritos, os exercicios de Física, engordar, non comer, pasar frío cando chove, estar mollado ou ter a roupa húmida, o pelo do corpo, os pantalóns brancos, as comidas picantes, o cheiro a lixivia, as capuchas mal colocadas, ler en alto, poñerme rubia, as rifas, que me anden no móbil, a xente hipócrita, que non me escoiten, que me esperten, o veludo, a desconfianza, os celos, ter que marchar cedo dunha festa, que me toque o lombo coas mans frías, chorar, estar en tensión, ter fríos os pés, ir ao médico, a pizza con piña, 18


ter vergoña, trabarme a lingua, as vacas, plantar patacas, picar leña, traballar, as fabas, as bebidas con gas, o cheiro do fume, as flexións e as sentadiñas, os profesores, os institutos, o hospital e o cheiro deste, o inverno, a época dos exames, as malas notas, as pelexas, os pecados, cando miña nai me berra, os gatos, as persoas pesadas, os cadernos, o horario de clase, picar no delegado, os trucos de maxia, perder xogando ás cartas, as patacas cocidas sen aceite, os partes de expulsión, os exames de Literatura galega, as cartas do centro, que a xente chegue tarde, que me berren, caer, as mentiras, pelexar coa miña irmá, ir ao dentista, a cor rosa, lesionarme, que vaia frío, facerme maior, ver sufrir a xente que quero, os semáforos, os atascos, a política, o número sete, as películas de medo, esquiar, que maten os touros, que collan as miñas cousas sen permiso, os luns, o tomate, as matanzas dos porcos, oír a xente mastigar, o acento do monte, a Literatura galega, ruborizarme, as persoas maleducadas, o pemento vermello, o acoso na rúa, as rifas da miña nai, as persoas calvas, a xente aduladora, as apertas sen pedilas, os alcohólicos, os porros, os cariños públicos, o feito de insistir, 19


que pasen de min, o sarcasmo esaxerado, as cantigas de amigo, as persoas en si, a relixión imposta pola Igrexa, as pallasadas que botan na tele, a infidelidade, as malas comedias, o leite semidesnatado, os homes peludos, as persoas dramáticas, que a choiva me molle, as pastillas, as novelas de medo, a praia, que me pisen os zapatos, que non me fagan caso, estar soa polas noites, levantarme cedo, sentar nunha cadeira fría, os zapatos apertados, as persoas que falan moi baixo, as noites de insomnio, a música moi escandalosa, as serpes e os insectos, que se me mollen as lentes, o bochorno provocado pola calor, os sitios con moita xente, as persoas necias, o fume do tabaco, o cheiro a alcohol, as traizóns e as mentiras, a falta de respiración, ter que facer tarefas, a caza de animais por diversión, as películas de terror, o outono, falar en público, a violencia, ter problemas con algunhas persoas, a contaminación, o fútbol, o racismo, os libros curtos, a homofobia, as películas cun final triste, o azul, o algodón de azucre, os exames de Matemáticas, o kiwi, a coliflor, a pobreza, os autobuses, o mes de outubro, as clases de Música, os verbos en inglés, os toxos, a xente prepotente, os domingos, 20


as vieiras, a Coca-Cola, a soberbia, estar rodeada de moita xente, ter que aguantar persoas que me molestan, que lle fagan algo malo á miña familia ou amigos, os días de sol, os días nos que vai moito frío, a Xeografía, as persoas que non entenden o que é ser feminista e que con moita ignorancia nos atacan, que se utilice “prostituta” como insulto, a area da praia, os nenos pequenos que se portan mal, un carácter irascible, que se enfaden por todo, que se rían da xente polo seu físico, que falen do que non saben, o caldo de verduras, as ameazas, a dor, a maldade, cometer erros, que se metan comigo, esperar moito tempo pola segunda parte dun libro, os exames difíciles, a arte abstracta, a corrupción, a lingua castelá, as lentellas, os vexetarianos, o abuso de poder, escribir moito, a roupa das pasarelas de moda, a torta de cenoria, o pastel de atún, facer a letra pequena, as salchichas, os champiñóns, que me rouben libros, Trump, as telenovelas, a piscina, a area, os gritos, os problemas, os espárragos, a viruxe, a purpurina, a neve, o cheiro a terra mollada, a humildade, as formigas, ir a clases particulares, cortar o cabelo, discutir cos meus pais, 21


as clases pola tarde, durmir pouco, que a xente me fale mal, a roupa de cor morada, enfadarme facilmente, ter frío, as cancións sen rima, as faltas de ortografía, o bigote, o pelo mal cortado, o vento do inverno, a calor abafante, a impotencia ante as inxustizas, que me manden calar, os videoxogos, a xente con mal perder, os enfados entre amigos, as discusións na casa, as comidas familiares, os problemas económicos, o lume, a xente á que non lle gusta a música, as malas experiencias, non caer ben, ser insegura, sentir cansazo, o baloncesto, as pelexas polo fútbol, non ter nada que facer, os ataques de ansiedade, saber o que vai pasar, a auga fría cando me estou duchando, a xente que fai “bullying”, as acelgas, ter un mal presentimento, comer e quedar con fame, falar dos meus ex, os chistes malos, esquecer cousas importantes, o pelo curto, os berros de meu avó, as historias inacabadas, as películas de final aberto, ter pesadelos, ter exames sorpresa, ter mozo, os que escoitan conversas alleas, ver sente pedindo, os días curtos, ter sono e non dar durmido, os silencios incómodos, as ditaduras, as catástrofes... 22


Febreiro-2019 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO B Coordinador: Xosé Payo

23


24


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.