Somos 4º ESO C

Page 1

Somos

4ยบ ESO C

1


IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 4º ESO C. Curso 2018-2019 Edita: Departamento de Lingua Galega 2


ÍNDICE DE AUTORAS E AUTORES: 1.

Abeledo Miguélez, María

2.

Bernárdez Ledo, Adrián

3.

Calvo González, Jimena

4.

Castro Sarandeses, Adrián

5.

Gil Madriñán, Sofía

6.

Giraldo Osorio, Tábata Luna Mª Fernanda

7.

Gómez Fuentes, Claudia

8.

González Basalo, Antía

9.

González Caramés, Celtia

10. González Golmar, Miguel 11. Granja González, Vega 12. Ibarra Soto, Melvin Antonio 13. Lalín Cunplido, Patricia 14. Maceira López, Lucía 15. Otero Sánchez, Alberto 16. Reboredo García, Luís Manuel 17. Saavedra García, David 18. Sanmartín González, Xabier

3


GĂşstame:

4


Os días de chuvia, pasear en soidade polo monte, facer filloas con miña nai e comelas con meu pai, o motocrós, ir aos rallys, as “pelis” de acción, xogar co meu gato, os refráns de meu avó, o pan con chourizo, Irina Shayk, os países bálticos, xogar á videoconsola, o caldo de miña avoa, ir ao ximnasio, estar cos meus amigos e coas miñas amigas, ter ensaio coa banda, o son da auga, escoitar bandas sonoras e obras galegas, durmir ata tarde, ir de compras, as vacacións, ver o atardecer, os xeados de chocolate e vainilla, rir, os xogos de mesa, ver as noites estreladas, as fotos e cancións que me recordan certos momentos, ir ao conservatorio, as series, as tatuaxes, a xente graciosa, os gorros, pasear pola praia no verán, as fotos en branco e negro, ir de acampada, as obras de Bach, xogar ao Trivial coa miña familia o día de Nadal, o lacón, debater cos meus amigos, os biscoitos de meu pai, os sons dunha orquestra, as matemáticas, xogar co meu primo pequeno os domingos pola tarde, a praia coas amigas, o estilo de Bansky, os paseos interminables con meu pai, tocar o violín, a cor amarela, as filloas da miña nai, a xente bondadosa, 5


tirar fotos coa cámara, a calor do verán, o Entroido, viaxar a países remotos, os animais, estar soa na casa, as flores do outono, as cancións da miña infancia, o tictac do reloxo no silencio, as persoas coidadosas, tolerantes e sinceras; mirar fotos vellas, o aguacate, a paisaxe de Galicia, probar comidas novas, a repostaría, ir ás termas nunha noite estrelada, as series de médicos e asasinatos, a codela do pan recentemente feito, o sentimento étnico, as sobremesas de miña avoa, a auga fría dos ríos e dos mares galegos, as casas grandes, os relampos, lanzarme a rebolos por unha ladeira, o sorbete de limón, os deportes extremos, a danza, o turrón, a sensación do corpo ao nadar, Leonardo DiCaprio en todas as súas películas, as obras de Rosalía, Curros e Castelao; rubir ás árbores, as tatuaxes pequenas, os “piercings”, a infancia dos nenos da década dos setenta e oitenta, xogar ao Twister, os xogos das noites de verán na rúa, as torradas con tomate, as cidades e a tranquilidade das aldeas, as cancións con lembranzas, saír de noite, a fotografía, o escritor Ken Follett, cantar e bailar desafogadamente cando estou soa, as películas que me fan chorar, 6


asustar a xente, as películas cómicas, os longos baños con música e as luces apagadas, a bioloxía, a educación finlandesa, o cheiro dos libros novos, montar en “bici” e sentir o vento na cara, a natación, o tenis, debuxar, o humor, as cancións estilo indie, metal, rock, trap e algunhas de rap; ir de festa, comer trapalladas, durmir sen pantalóns e coa estufa acesa, ver vídeos en Youtube, quedar cos amigos tardes enteiras, xogar a videoxogos como Zelda, Kingdom, Hearts...; ver animes de todo tipo como Shin Chan ou “Hora de aventuras”, as hamburguesas, o arroz, ter amigos, escribir, recibir moito diñeiro dos meus avós, andar en patín, levar roupa vermella e negra con colares de pinchos e chaves, pegarlle a David cando o vexo, durmir ata cansarme, xogar ao balonmán, a pizza de xamón e queixo, “Agárrate Saxo”, as pelexas de galos, a paella que fai miña avoa os domingos, o grupo Ska-P, o rap en xeral, os avións de papel que me fai o meu mellor amigo, os libros de Sherlock Holmes e de Harry Potter, como cheira o chan despois de que chova no verán, o libro “Como ser muller”, ver os partidos de fútbol sala dos meus amigos, durmir a sesta ao rematar os exames, a neve, que me fagan cóxegas no cabelo, 7


animar o meu equipo, o son do fliscorno, bañarme no río durante o verán, ir andando para a casa cos meus amigos ao saír do instituto, viaxar en coche, ir ao cine, Frank Sinatra, as películas de terror, o meu can, tocar o ukelele, o chelo e o piano; picar a miña irmá, a clase de Historia, ter concerto da banda un sábado e ir de cea despois, os abrazos do meu adestrador, o zume de laranxa, os churros do día de feira, o polbo, ver a miña familia logo de moito tempo, acabar chea de negróns ao rematar un partido, xa que iso significa que o dei todo; escoitar as historias de miña avoa, Mickey Mouse, Tim Burton, o fútbol, escoitar música a todo volume, os mimos, a escuridade, o cheiro a libro novo, correr, facer ovos fritos, ver series e películas no ordenador, beber auga e Coca-Cola, falar coa miña avoa, estar a soas nalgún momento do día, camiñar pola natureza, os coches, cantar na ducha, escarallarme de risa cos meus amigos, xogar cos cans, durmir máis de doce horas, utilizar a calculadora para facer operacións pequenas, o mel, ver o meu avó cabreado cando perde á brisca, comer terróns de azucre, sentir a choiva caer sobre o tellado cando hai silencio, 8


ver “Ahora caigo” todos os días en Telecinco, durmir ata tarde os días de inverno, xogar ás cartas co meu avó, bailar nas festas diante da orquestra, ir de viaxe a Madrid, Cantabria e Tenerife; un sorriso, ver “La chica danesa”, ler un libro con final feliz, recordar os veráns na casa de miña avoa, escoitar música no coche, pintar paisaxes, observar como a xente sorrí, un café nunha terraza, nadar na praia ata tarde, unha foto orixinal, escoitar “Adele os días difíciles”, o xeado de laranxa, chorar coa risa, a tortilla de miña tía, o grupo La M.O.D.A., ver documentais de animais, as clases de Filosofía, pasear os días de frío pola aldea, aprender inglés, os bicos do meu mozo, as cóxegas de meu pai para erguerme, as meixelas redondas da miña curmá, bailar na clase co mecánico, o marisco, as bágoas da risa, que María me toque o pelo, a tortilla “mestra” de miña nai, os bocadillos de chourizo quentes, nadar no mar pola noite, os caquis, as películas de acción, os cereais integrais, o son da choiva escorregándose pola fiestra, o churrasco, mollar o pan na salsa, ducharme con auga quente, cociñar galletas de manteiga, as candeas aromáticas que cheiran a amorodo, estar no sofá tapada con moitas mantas, 9


Galicia, acariñar os meus cans, xogar ao tenis de mesa co meu irmán, Ribeira, pasear a carón das ondas do mar, as madalenas do almorzo, adurmiñarme xunto a lareira, empregar rotuladores de moitas cores nos meus apuntamentos, romper burbullas de xabón, o acento catalán, aloumiñar as pericas e os añiños, saltar nos charcos, a longa recompilación de insultos galegos, ser capaz de madrugar para ver o amencer, os arroaces, contar os segundos entre un lóstrego e outro, coleccionar moedas de distintos lugares, pasar horas entre documentos de hai décadas no faiado da casa da miña avoa, coa fin de descubrir novas historias; o queixo con marmelo, Rafa Nadal, o venres pola tarde, xogar ao bádminton cos meus amigos, a torta de chocolate con nata, ver partidos de fútbol do Agolada, visitar os meus primos pequenos, xogar ás cartas con meu pai, a roupa deportiva, a praia e a piscina, durmir escoitando música, as viseiras, a cor vermella, as cancións do verán, os agasallos, o Nadal, as festas do verán, que me queiran, as clases de ximnasia, ir a restaurantes, os días solleiros, as pizzas, xogar coa miña cadela, a comida de miña avoa, as motos, a tecnoloxía, os cómics, 10


o pelo curto nas mulleres, os profesores de Galego, Mates e Física; Twitter, as viaxes longas en coche ou avión, a cor negra, os cadros de Leonardo da Vinci, as margaridas, os libros de ensaio, as novelas negras, a lealdade, que me rasquen as costas, os animais exóticos, o filósofo Nietzsche, a filosofía, a xente que sabe o que quere, as chulas, as filloas, o escritor Stephen King, o ambiente do Nadal americano, a banda My Chemical Romance, a fotografía, a democracia, a cor rosa, o cantante Ed Sheeran, Lana Del Rey, as bibliotecas, a serie “Breaking Bad”, o cheiro do diñeiro recentemente saído do banco, as árbores na primavera, os xeados no verán cos meus amigos, a cor verde, as persoas que debuxan, ver fotos de cando alguén era pequeno, sentir que me queren, que me traian algo porque se acordaron de min, moitas cores xuntas, palabras como vagalume ou rabuxa, os cadros hiperrealistas, o silencio, que me falen con sinceridade, a torta de améndoas de miña tía, o inverno, a roupa extravagante, os poemas de rebelión, a educación persoal, ver como os anciáns xogan ás cartas, as paisaxes emotivas, mirar as nubes, ler un libro detrás da cociña de leña, apañar o millo, 11


facer os chourizos, as situacións nas que non é necesario falar, o estilo propio dalgunhas persoas, aprender, a música dos Beatles, os amigos que fan rir, quen parece que leva a ledicia no corpo, que me falen do pasado, os artistas, ver a alguén tirar fotos, as masaxes, a posibilidade de debater sen enfadarse, os regalos de miña irmá, facer amigos, imaxinar a vida das persoas que vexo na rúa, as tardes na praia coas amigas, ver as estrelas, o son do clarinete e da guitarra, escoitar o son da auga caer nas noites de choiva, ir de compras coas amigas e con miña nai, as noites de cine, as ceas familiares, viaxar e coñecer xente doutros lugares con costumes diferentes e coñecer e aprender de toda esa xente, viaxar ao País Vasco, as onda do mar, pasar tempo cos meus pais, ulir as flores, os xeados, ulir ben, estar limpo, xogar ao fútbol, baloncesto e bádminton; quedar cos amigos, ir de esmorga, viaxar tanto en avión como en tren, comer, tocar a trompeta e o piano, levar pulseiras, ver partidos de fútbol, ter camisetas de equipos de fútbol, a paz, o amor, a comprensión, os regalos, xogar á Play, xogar ao FIFA, vivir nas cidades, o verán, a praia, botar carreiras de bicicletas cos amigos, 12


os nenos pequenos, escoitar todo tipo de música, “Star Wars”, que me dean unha aperta cando estou triste, que me axuden, saír de noite, estar coa familia, durmir ata o mediodía, atopar diñeiro que non sabía que tiña, ir á praia de noite, comer chocolate ata que me doia a barriga, esquiar, ter a razón, bailar todo o día, ler ata quedar durmido, decatarme de que xa é venres, escoitar a choiva caer, rir ata caerme de costas, facer cousas novas, durmir cinco minutos máis, falar tan rápido que ninguén me entenda, coñecer a xente máis alta ca min, ver a xente caer, os festivos, o son do timbre, dicir o que penso, o último día de clase, probar deportes novos, facer cousas que asustan, as persoas seguras de si mesmas, a puntualidade, a choiva en inverno, ler novelas de misterio, a ciencia, a torta de queixo de miña nai, practicar ioga, a empanada de atún, a arte, aprender inglés, a poesía, descansar, a primavera, que me digan grazas, a Historia...

13


14


Non me gusta:

15


Os feixóns, o baloncesto, estudar moitas horas, que me berren sen motivo, as drogas, ver a tele moito tempo, facer deberes, o Real Madrid, sentirme angustiado, perder nalgún deporte ou competición, as persoas que se cren mellores cás outras, durmir menos de oito horas, os rapaces pequenos que non paran de chorar, a xente que fala moi alto, as fabas, a coliflor, o rato dos ordenadores, Telecinco, as películas de terror, o cheiro das aulas, que me digan o que teño que facer, Trump, ver a meu pai tenso, as persoas que non empatizan, os comentarios machistas, os insultos, os médicos, viaxar en avión, helicóptero ou globo; o vaga que son, as lentellas, os profesores amargados, sentirme inferior, estudar e sacar mala nota, “Sálvame”, que se fale nunha biblioteca, queimarme na praia, que me saia a auga fría cando me ducho, o repolo, as matemáticas, os filmes de medo, os tacóns, as risas falsas, o francés, o patriarcado, frustrarme, que a xente me leve a contraria cando estou segura de que teño razón, non ter razón, o reguetón, os filmes de ciencia ficción, as cunchas agochadas na area, que me caia o móbil ao chan e se lle rompa a pantalla, cando a culler cae no prato de caldo, os venres, 16


os tomates moi maduros, os zapatos brancos sucios, esvarar na lama, o cheiro a tabaco, o son do reloxo espertador, os repugnantes, que se me desaten os cordóns dos zapatos, manchar o meu xersei favorito na hora do xantar, a humidade, pois o meu pelo tórnase nunha nube castaña; ter os pés mollados por pisar unha baldosa rota, a contaminación sonora causada polas telenovelas de miña nai, o chihuahua da miña veciña de en fronte, non atopar algo, as inxustizas, os bebés fracos, as cadeiras do instituto, non saber pintarme as unllas, as situacións de estrés, esquecerme de cousas importantes, a nata, as minisaias, as persoas preguiceiras, furar os calcetíns, os cazadores, os xerseis con estampado de leopardo, as sorpresas, a miña avoa falándome dos mozos, a comida graxenta, a escuridade, non ver ben e ter que empregar lentes, as lentes de contacto, ter medo a ir soa pola rúa, que meu pai me chame “lerda”, ir ao médico, andar sempre ás présas, a xente que abandona os animais, as guerras, os ruídos fortes, os lóstregos, o acoso escolar, a violencia de xénero, os gatos negros, ir aos hospitais, que me castiguen sen xogar ao bádminton, os medos, as verduras, 17


a falta de solidariedade, as barreiras arquitectónicas, madrugar, estar enfermo, os días de choiva sen poder saír, aburrirme, os días de exames, a calor, ir ao instituto, a xente falsa, o maltrato animal, madrugar demasiado, as películas románticas, a praia, a deforestación, a desorde, os vellos, as redes sociais, os adolescentes mediocres, Física e Química, non poder coñecer todo neste mundo, os dilemas, as festas, os carruseis, compartir habitación, os gritos, as casas pequenas, os lugares cerrados, o filósofo Anaximandro, a xente que fala máis do que debe, os doces, o cristianismo, as novelas de ciencia ficción, o escritor John Green, as olivas, ter moita xente cerca de min, os gatos, que non se me valore o que fago, o chocolate, a comida do mar, o mar, os insectos, a impuntualidade, a Idade Media, Instagram, ter que falar cando non quero, que a sociedade se rexa polo diñeiro, non poder expresarme, a serie “Pequeñas mentirosas”, a xente que non escoita, as persoas mimadas, que ninguén faga nada por axudar os demais, ollar con pena, os traballos en equipo, os domingos, as voces estridentes ou que berren, que algo non saia como quero, ir de compras, que me tiren fotos, 18


as cousas non planificadas, o verán, o sistema educativo, as redaccións, as sorpresas, as barbas, ter o pelo longo e que se me pegue á cara, deitarme cedo, sobre todo nas vacacións; a rutina, as gomas do pelo que non amarran ben, mentir e que me mintan, os bolis que escriben mal, que se me rompa algo, as persoas que non apoian ningunha causa, a pasividade, a frustración, o café, a luz artificial, os cadernos raiados, discutir coa xente, pasarme días estudando para non obter bos resultados, suspender materias, esquecer cousas por aí e non lembrar onde as deixei, erguerme cedo polas mañás, camiñar soa pola rúa cando se fai de noite, algunhas verduras, que a xente non agradeza o que fas por ela, ver a xente pasalo mal, que vaia frío, esta sociedade, o cheiro a suor, que algunhas persoas non teñan comida mentres que outras viven tirando os cartos, quedar só, estar todo o día sen saír da casa, durmir, tocar o violín, as incomprensións, a violencia, estar sucio, ulir mal, quedar na casa unha noite de esmorga na que saen todos os meus amigos, o pan de molde feito con fariña de millo, que me rompan as cousas, ter un pesadelo, 19


o ruído en exceso, a choiva, os mosquitos, que me critiquen demasiado, suspender polas faltas de ortografía, mancarme, non saber o que quero, as noites de treboada, ser o centro de atención, que lle dean a razón a miña irmá, as persoas que se cren intelixentes, coñecer xente nova, intentar ser algo que non son, abrir o armario e non atopar chocolate, o son do espertador ás sete da mañá, non acabar a tempo as uvas en “Fin de ano”, imaxinarme o meu futuro, non conseguir o que quero, ter moito traballo acumulado, facer a cama, ter que cociñar, que me deixen tirado, as películas de amor, os programas do corazón, as croquetas de xamón, ver partidos de fútbol, aguantar a meus curmáns, a música clásica, o aparello dos dentes, o acento arxentino, os días calorosos, o paso dos anos, erguerme cedo, os profesores, ir a misa, fregar a louza, durmir ao frío, as ameixas con areas, a froita, discutir cos meus amigos e as miñas amigas, os pallasos, a xente egoísta e hipócrita, os legumes, ir soa pola noite, andar descalza, os espertadores, que pase tan rápido o tempo, o choro dun bebé, os circos con animais, as primeiras horas de clase pola mañá, 20


querer poder facer algo e non poder, ter que ir andando todas as mañás ao instituto, os pantalóns acampanados, estar escoitando música e que me falen, que me fagan spoiler ou que me deixen coa intriga, ter medo a certas cousas, a xente que aparenta o que non é, a xente manipuladora, ter fame ou sono, os bolsos, espertar cedo os domingos, o brócoli, a choiva cando teño que saír da casa, o inglés, as películas de medo que non dan medo, as arañas, o día do meu aniversario, a remolacha, a sociedade machista, que o meu tío nos faga cóxegas a miña prima e a min, o rosa, os poemas de Allan Poe, a xente desordenada, as mentiras, que se me amolen os plans, os xenocidios, as ditaduras e a democracia, a cor laranxa, as persoas hipócritas, falsas e mentireiras; a primeira clase dos luns, as serpes, que miña irmá faga o que lle dea a gana, os nenos mimados e malcriados, o son da choiva nos tellados, os documentais de historia, as películas que non se parecen aos libros respectivos, a mediocridade, a perda de tempo, o apio, que me boten o fume do tabaco na cara, a ignorancia das sociedades, a Santa Inquisición, que me rompan as medias, o eclipsamento das mulleres ao longo da historia, 21


o comercio de mulleres e escravos, o xeado de chocolate, que me chamen polos meus catro nomes, medrar e ter que madurar, esquecer os recordos, o sarcasmo, a homofobia, durmir cara arriba, os corruptos, os racistas, non saber organizar o tempo, engordar, o acne, as persoas que piden respecto e non o dan, as mortes pola fame, os espellos, o analfabetismo, o seseo, falar en público, os funerais, as paisaxes secas e chás, o abandono das linguas propias, limpar, os crebacabezas, a auga salgada do Mediterráneo, a soberbia, a vaidade, os nenos pequenos que andan co móbil para así portarse ben, as pasas, a miña impuntualidade, non ter saúde, a soidade, ter que dar explicacións, a imposición de cores ou gustos a homes e mulleres, os estereotipos, o tomate, a cor rosa, a xente que non sabe sacar temas de conversación, os vestidos, as persoas que se molestan porque me chame gorda a min mesma, a música repetitiva, as mofas dos adultos cara aos meus fallos, as denuncias falsas, as persoas que pensan que por non ser feminina son lesbiana, a educación española, a pouca visibilidade da lingua galega, o clasismo, o sexismo, os caracois, as lesmas, os cempés, 22


a couza, vestir con roupa apertada, ter ese tipo de personalidade co cal non todo o mundo se sente cómodo, facerme a parva de cando en vez en broma nos momentos serios, preocuparme moito por persoas coas que me levo e non me levo tanto, que pensan que me estou metendo nas súas vidas por murmuradora, que me usen no seu proveito, as tormentas, facer comentarios de galego, depilarme, ir á igrexa, as ceas familiares, Vox, que haxa festa e clase ao día seguinte, ver chorar a miña irmá, o Espanyol, ter rei, ler libros obrigatorios, que me rouben os bolígrafos, a clase de inglés, os ensaios de banda pola mañá, ter os pés fríos e os calcetíns mollados, o fume do tabaco, o arroz con leite, perder partidos, cortar o pelo, que se me rompan ou se me perdan os auriculares cada dous por tres, o ketchup, discutir con miña nai, poñer vestidos, “Star Wars”, a música comercial, lesionarme, a decepción, facer deporte con pantalón longo, as violacións, os nervios antes dun exame ou dun concerto, os árbitros que pitan mal, a maior parte do pensamento cristián, estudar Xeografía, a tauromaquia, a xente que deixa o teléfono con son nos concertos, o son da trompeta, os xogos de palabras traducidos, 23


a forma de pensar de Pondal, o marisco, a carne moi feita, os bebés, as sandalias, as persoas que te clasifican pola túa idade, sexo ou aspecto; a maquillaxe, Eurovisión, os telexornais, ter sono durante unha clase, a xente que pretende aparentar, as ditaduras, os luns, o maltrato ás mulleres, a xente egoísta, o quentamento global, as agullas, os libros con final aberto, os paxaros, a falta de educación, o medo, o sufrimento, a xente que se burla doutra, o segredismo, o politicamente correcto, as censuras absurdas, “El señor del cero”, a caza...

24


Febreiro-2019 IES Ramón María Aller Ulloa 4º ESO C Coordinador: Xosé Payo

25


26


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.