2ยบ ESO C
1
IES Ramón María Aller Ulloa. Lalín 2º ESO C (Desdobre). Curso 2017-2018 Edita: Departamento de Lingua Galega Imaxe das caretas da portada: http://www.elperello.es/es/content/teatro-amateur-el-perello-escena-0 2
ÍNDICE: 1.
A empanada. Texto e ilustración, Breixo Pereira Gaiteiro.
2.
O recado. Texto e ilustración, Vanesa Pérez Vallejos.
3.
Aventura no zoo. Texto e ilustracións, Andrea Segade Rozas.
4.
Parella moderna. Texto e ilustración, Antía Segade Rozas.
5.
O segredo. Texto e ilustracións, Iria Viéitez Iglesias.
3
4
A empanada PERSONAXES: XAN RAMÓN PEPIÑA ALCALDES PERIODISTAS POBO DE LAMEIRO POBO DE CORISTANCO Acto 1 Escena única (Na taberna de Ramón) XAN: Bos días. RAMÓN: Ola! PEPIÑA: Boas, por dicir algo. XAN: E logo? PEPIÑA: (Con cara de sorpresa) Non vos decatastes do que aconteceu no Concello. RAMÓN: Non. Que pasou? PEPIÑA: Entraron no despacho do alcalde e seica roubaron uns papeis moi importantes. XAN: De que trataban? PEPIÑA: Iso é o que ninguén sabe, só o alcalde. Acto 2 Escena única (No concello, o alcalde concede unha rolda de prensa) ALCALDE: Como xa todos sabedes esta noite entraron a roubar ao meu despacho para coller uns papeis, pois ben, non me lembro que tiñan eses papeis. PERIODISTA 1: Estasnos tomando o pelo? PERIODISTA 2: Que pensas facer para solucionalo? PERIODISTA 3: Eran moi importantes? ALCALDE: Un, non vos estou tomando o pelo; dous, aínda o estamos pensando; e tres, si eran moi importantes aínda que non me lembro. PERIODISTA 1: Entón como sabe que son tan importantes? ALCALDE: (Con cara de concentrado) Esperen, agora me lembro que estaban nun caixón que poñía “Moi Importante Receita da Avoa de Lameiro” PERIODISTAS: (Todos ao unísono) Noooooon! ALCALDE: Foron os de Coristanco. POBO: Si, seguro que si. ALCALDE: Aí os veñen coa empanada. POBO: Imos matalos. POBO DE CORISTANCO: Que rica está, que rica está a empanada de Coristanco! 5
ALCALDE e POBO: Ladróns! ALCALDE: Isto decídese nunha competición de empanadas, a mellor gaña e dálle a receita á outra localidade. POBO e ALCALDE DE CORISTANCO: Vale, así se decidirá, dentro dunha semana no límite fronteirizo. Acto 3 Escena única (Unha semana máis tarde) XUÍCES: E a empanada gañadora é...(Redobre de tambores) a de Lameiro. POBO: (Berrando) Siiiiiiiiiii! ALCALDE: Ben coristancos dádenos o que nos tedes que dar. ALCALDE DE CORISTANCO: Vale, como bos perdedores darémosvos o que merecedes, a receita. Pero o ano que vén imos gañar nós. ALCALDE: Vale, ata o ano que vén. (50 anos máis tarde) XAN: E así e como comezou a famosa competición da empanada, meus netiños. Cae o pano Breixo Pereira Gaiteiro
6
O recado PERSONAXES: MANOLIÑO: Protagonista. NAI: Nai do protagonista. XOÁN: Amigo de Manoliño. ANA: Amiga de Manoliño. TÍO F.: Tío do protagonista. IRIA: Amiga de Manoliño e filla do panadeiro.
Acto 1 Escena Primeira (Érguese o pano e aparece o narrador) NARRADOR: Hoxe vouvos contar unha historia sobre un rapaz chamado Manoliño, cativo e moi despistado. Atentos que xa comeza... Escena segunda (Aparece un fondo cunha cociña de leña, vese unha señora traballando e ao seu carón un rapaz novo, con pelo marrón e vestido cun pantalón longo e unha chaqueta) MANOLIÑO: Nai, nai, abúrrome, que fago? NAI: (Xa un pouco cansa) Pois vai polo pan á praza (dándolle una moeda). MANOLIÑO: (Con alegría) Vou! Acto 2 Escena primeira (Sae Manoliño do escenario e apáganse as luces, cando xa as prenden o escenario é o dunha praza) XOÁN: Ola, Manoliño. MANOLIÑO: Ola! XOÁN: Queres vir comigo a xogar ao balón cos rapaces? Ou tes algo que facer? MANOLIÑO: (Cavilando) Eu..., nada. Escena segunda (Por uns segundos vense uns rapaces xogando, pero Manoliño vaise) ANA: Ola, Manoliño!, canto tempo. Queres vir xogar á corda cos compañeiros? O tés algo que facer? MANOLIÑO: (Sen pensalo). Eu nada. Escena terceira (O escenario presenta un lugar cheo de tendas) TÍO F.: (Dende lonxe) Es ti Manoliño?, ven a axudarme coa leña. (Axúdalle ata cansar, ve a Iria, a filla do panadeiro, e entón marcha con ela a xogar na panadaría)
7
Acto 3 Escena única (O escenario amosa unha panadaría chea de barras, bolos, doces...) IRIA: Manoliño imos xogar ás agachadas. MANOLIÑO: Non me atoparás xamais. IRIA: (Cada vez mais baixiño) 1, 2, 3, 4, 5... (Manoliño tápase con barras de pan, e escapa por unha fiestra, e para que Iria non o atopase marchou para a casa) Acto 4 Escena única (Xa na casa) NAI: (Sorprendida) Manoliño, moi ben! MANOLIÑO: (Confundido) Por? NAI: (Dándolle unha aperta) Por primeira vez fas o recado á primeira. MANOLIÑO: (Polo baixo) Non entendo nada, pero dá igual. NAI: Xa pensaba eu que ías estar xogando cos teus amigos, e esquecerte do pan. (Saen os personaxes, e entra o NARRADOR) NARRADOR: (Dirixíndose ao público) Ledo Manoliño, non se deu conta que levaba os cartos no peto, pero daba igual xa os gastará en lambetadas. Cae o pano Vanesa Pérez Vallejos
8
Aventura no zoo PERSONAXES: CARME: A nai MANOLO: O pai RAPAZA DO DESPACHO DE BILLETES. CARLOS: e DANIEL: Os fillos
ACTO 1 Escena única (Unha familia apréstase a entrar no zoo) CARME: Veña Manolo vai mercar as entradas, eu mentres vou ao servizo (Manolo e os fillos entran) CARME: Manolo!!!!! Esta muller di que non podo pasar. MANOLO: Como non te van deixar pasar se che merquei eu a entrada. CARME: Pois ven ti porque a min non me fai caso! MANOLO: (Indo cara o portelo) A ver muller que pasa? Porque non deixa pasar a miña señora? RAPAZA DO DESPACHO DE BILLETES: : A súa señora non ten entrada e non a podo deixar entrar. MANOLO: Pero como que non!? Collinlla eu! RAPAZA DO DESPACHO DE BILLETES: Señor vostede só mercou tres. MANOLO: Claro, un, dous, tres (sinala a Carme, a Carlos, e a si mesmo) CARME: Manolo!! E logo Daniel!? É pequeno pero vese ben! RAPAZA DA DESPACHO DE BILLETES: Son 5€, grazas. ACTO 2 Escena única (Xa dentro) CARLOS: Mamá, nos zoos hai piscinas? CARME: (Mirando cara a el) Non fi... Ai, meu deus!!!! Manolo, Manolo ven aquí!! MANOLO: Muller non te preocupes, que só son tartarugas (na carteleira pon: tartarugas caimán). CARME: Ai, logo non pasa nada. Veña Daniel vai saíndo. (Máis tarde) DANIEL: Mamá iso que son, tighres? CARME: Non filliño, tigres. DANIEL: Pois o que eu dixen, tighres. (Cansos de percorrer todo o zoo, encamíñanse cara á saída) CARLOS: Mamá levamos un pingüín para a casa?
9
CARME: (De forma irรณnica) Cal queres? Ese estรก simpรกtico. CARLOS: Boh, mamรก non sexas parva. CARME: Si ou si. (Carlos merca o peluche e marchan para a casa) Cae o pano Andrea Segade Rozas
10
Parella moderna
PERSONAXES: ESTELA e XOÁN: Parella tradicional. PRESENTADOR. MARTA e ANTONIO: Parella moderna.
ACTO 1 Escena única (Uns mozos no salón da súa casa, vendo un programa de intercambio de parellas) ESTELA: Que modernidade isto de intercambio de parellas. Xoán pasa dela. (Murmurando). Ás veces non é mala idea. XOÁN: Si muller xa te escoitei. Só que ás veces dis cada cousa, que é mellor non facerche caso. ESTELA: Pois tampouco ten mala pinta, así para un día que non teñamos que facer... Vas alí, coñeces xente, e ata podemos facer amigos. XOÁN: (De forma irónica) Si, e logo, chama aí que xa imos maña (Estela colle o teléfono e marca). Pero muller que era broma!!! (Estela pasa del, e chama) ESTELA: (Falando polo teléfono) Mire, chamaba polo intercambio de parellas, hai que reservar ou algo? XOÁN: (Murmurando e rindo) Si, coma nun restaurante. (Estela faille un xesto para que cale e segue a falar) ESTELA: Pois maña, a iso das sete imos. XOÁN: Que ganiñas de marearme a cabeza. Nos xa non estamos para estas cousas. ESTELA: Deixa de te queixar e tira para a cama que maña espéranos un día bonito. ACTO 2 Escena única (Á maña seguinte) ESTELA: Que Xoán, estás preparado para a tarde que nos agarda? XOÁN: Non me queda outra que estar preparado, ti lévasme aínda que sexa de arrastro. ESTELA: Ai meu amor, como me coñeces!!! Agora veña imos xantar que eu despois quedei coa veciña. XOÁN: Xa lle vas ir co conto... Xa me tardabas. (Achegándose as sete, aparece Estela) ESTELA: Pero Xoán, aínda estas así? Pasa prepararte que nos son horas de marchar.
11
ACTO 3 Escena única (Xa no programa) PRESENTADOR: Preséntovos, esta é a parella que ides coñecer, son Antonio e Marta. Antonio e Marta estes son Xoán e Estela. ESTELA e XOÁN: Encantados (toman asento e piden algo para beber). (Xa en confianza) MARTA: E a vós como vos deu por vir a un intercambio de parellas? XOÁN: Miña muller dixo que non tíñamos amigos e que se víñamos aquí podiamos facer algunha amizade. ANTONIO: (Con ton picante) Amizade e algo máis. ESTELA: (Ao oído a Xoán) Ai meus deus! Estes queren darlle. XOÁN: Non, non, se xa me estou dando conta. ESTELA: Fai como se te atopases mal. XOÁN: (Cara a Antonio e Marta) Sentíndoo moito, imos ter que ir indo, porque non me atopo moi ben. ANTONIO e MARTA: En serio? Pois que pena, gustabádesnos moito. (Con ton picante) Pois outro día será... ACTO 4 Escena única (De camiño á casa) XOÁN: Eu xa che dixen que era mellor seguir coa nosa rutina, que nós non estamos para tanta modernidade xunta. ESTELA: Meus deus! Esta xentiña de hoxe en día... Se o sei quedo na casa. Cae o pano Antía Segade Rozas
12
O segredo
PERSONAXES: NOA: A rapaza perdida. XABI: Humano metade raposo. UXÍO: Lobishome.
ACTO 1 ESCENA ÚNICA (Noa esperta o carón dun río, onde corre a auga, rodeado dun bosque espeso con moita néboa) NOA: Onde estou (silencio). Alguén me escoita!!!! Olaaa!!! Por favor alguén me pode axudar. Se alguén anda aí que dea a cara. XABI: Se a dou, has ter medo? NOA: Por? XABI: Porque non son coma ti. Son un monstro. NOA: Home, eu non o sei ata que te vexa. (Fronte súa aparece unha sombra que se vai acercando ata que ve un home con cara de raposo) NOA: Ala!!! Pois non vexo ningún monstro, só vexo unha persoa! XABI: Anda, non mintas que che vai medrar o nariz. Por certo, como te chamas? Como chegaches aquí? NOA: Chámome Noa. Non sei como cheguei. Só recordo que estaba dando un paseo co meu can e sentín un golpe na cabeza. XABI: Vaia! Son Xabi. Acompáñame porque debes ter fame. ACTO 2 Escena primeira (Noa segue a Xabi un pouco desconfiada, pois o rapaz é metade humano, metade raposo) XABI: Case chegamos. NOA: Despois de comer, podes axudarme a volver á casa. XABI: Claro, pero mañá, que se está facendo noite. NOA: Tes unha casa ben bonita. Pensaba que ía ser doutra forma. XABI: Pensabas que era un tobo? NOA: Pois si. (Despois de comer, NOA cóntalle un pouca da súa vida) NOA: Esa é a miña vida, normaliña. XABI: Si… a verdade coma a de todo ser humano. NOA: Como te convertiches en raposo? XABI: É unha longa historia. Fun un experimento. NOA: Vaia, síntoo que te usaran como unha rata de laboratorio. É moi triste. (Di con mágoa) XABI: Xa, pero eu necesitaba o diñeiro.
13
ACTO 2 ESCENA SEGUNDA (De repente, a porta ábrese e aparece un ser… un lobishome) XABI: Ola, Uxío. Ela é Noa. Estaba perdida no bosque. NOA: Ola. UXÍO: Non confío nela, pode descubrir o noso segredo. XABI: Non te preocupes. Non llo vai dicir a ninguén. ACTO 3 ESCENA PRIMEIRA (Á mañá seguinte, Noa espertou ao lado de Xabi e Uxío. Despois de almorzar, acompañárona á súa casa) NOA: Grazas aos dous por acompañarme. XABI: De nada, muller. (Mentres Uxío garda silencio) XABI: Sabes unha cousa, Noa. Es moi fermosa! NOA: (Encarnada) Graaa…zas, pero….. por que mo dis agora? XABI e UXÍO: Adeus.. NOA: Adeus, e grazas pola vosa axuda. UXÍO: Adeus, e cóidate moito. E xa sabes garda o noso segredo. XABI: Uxío non sexas teimudo. NOA: Non te preocupes Uxío. Non llo direi a ninguén. ACTO 3 ESCENA SEGUNDA (Noa dá uns pasos pero vólvese cara a atrás para darlle dous bicos a Uxío e a Xabi) NOA: Grazas amigos nunca vos esquecerei. UXÍO: (Ruborizado) Isto vai traer problemas. XABI: Eu penso que non. (Noa corre para a súa aldea, chorando, deixando atrás a Uxío e Xabi. Despois diso non os volvería ver. Sempre tiña un pensamento para eles. O que non sabía era que ambos os dous a vixiaban, eran os seus protectores). Cae o pano Iria Viéitez Iglesias
14
Marzo-2018 IES Ramón María Aller Ulloa 2º ESO C (desdobre 2) Maquetación e coordinación: Xosé Payo
15
16